Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Pedro Bugarín, mago - Obradoiro de maxia no Espazo Xove en Tui 20.09.2017

Esta tarde ás 18h dará comezo o obradoiro de maxia programado polo Espazo Xove de Tui. Será unha ocasión para aprender pequenos trucos e desenvolver capacidades creativas da man dos magos Xacobe e Pedro Bugarín. Con este último falamos sobre unha proposta para a que aínda queda algunha praza dispoñible. Despois do obradoiro ofrecerán un espectáculo de maxia para o público en xeral.

Ent. Fina Fdez, José Arosa e Laura Corgo, presidenta, secretario e vogal da As. Val de Flores de Baldráns - Actividades 19.09.2017

A Asociación Cultural Val de Flores comeza dentro de pouco un novo ano de actividades entre as que se manteñen baile tradicional e tamén gaita e percusión, así como a proposta de playback dos sábados pola mañá. Dende a nova directiva Fina Fernández, presidenta, José Roso, secretario, e Laura Corgo, unha das vogais, faláronnos tamén das demais actividades e da xuntanza con churrascada prevista para...

Ent. Teresa Prieto e Vicente Álvarez, da coral San Telmo - viaxe da coral San Telmo a San Juan de la Arena, Asturias 19.09.2017

Os membros da coral San Telmo pasarán esta fin de semana en San Juan de la Arena, en Asturias, onde se celebra a festa de San Telmo. Este festa é das máis importantes en San Juan de la Arena, despois da propia festa de san Xoán, e coincide coa fin da campaña do bonito, ocasión na que como pobo mariñeiro dan grazas a San Telmo e á Virxe do Carme.

Ent. Margarita Pino, coordinadora Aula UNED - Oferta educativa curso 2017/18 19.09.2017

O grao en psicoloxía, o curso de acceso á universidade e unha ampla oferta de cursos de extensión universitaria de variada temática idiomas, educación, empresas... é a que presenta neste novo curso académico a Aula da UNED de Tui. Da mesma deunos conta hoxe a coordinadora deste centro, Margarita Pino.

Ent. Rubén López, director do Conservatorio e da Escola de Música de Tui - Novo curso académico 18.09.2017

Esta tarde será a presentación do novo ano académico e a entrega de horarios para os alumnos de cursos intermedios da Escola de Música e do Conservatorio de Tui. O vindeiro luns, 25 de setembro, terá lugar o inicio oficial das clases. Estivemos a conversar con Rubén López, director do centro, co que repasamos como se presenta este novo ano académico.

Ent. Iván Alonso, padeeiro - Fará un alto na súa carreira deportiva esta temporada 18.09.2017

O padeeiro Iván Alonso, tras 23 anos dedicado ao piragüismo, e tras lograr tres campionatos mundiais, 2 pratas e dous bronces a nivel Mundial, amais de cinco medallas de ouro e dúas de prata en campionatos de Europa, fará este ano un paréntese na súa carreira. Hoxe conversamos con el, tras retirarse xa no Mundial de hai quince días, e anunciar o alto que fai na súa carreira. Na nosa sintonía expli...

Ent. Arantxa Giráldez, representante do Liceo Casino - Novas actividades e propostas do Liceo Casino 18.09.2017

Este ano académico comeza con novas propostas tamén no Liceo Casino, que presenta certos cambios cos que pretenden atraer máis xente ás súas instalacións. Entre as novidades principais están as reformas que se teñen feito nas pistas. Tamén a cafetería do Liceo Casino cambia o seu funcionamento e permitese o acceso a persoas que non son socias, e tanto socios como non socios poderán amais participa...

Ent. Esther Sánchez - Concerto fin do verán organizado pola Asociación Cultural Betún 15.09.2017

A música dos Best Boy despedirá o verán mañá en Tui nunha iniciativa da Asociación Cultural Betún na que colabora o Concello de Tui a través das concellerías de Ensino e Cultura e de Patrimonio. A praza de Fromista será o escenario, en pleno conxunto histórico, dunha festa na que música e gastronomía irán da man a partir das 20.30h. Onte falamos desta iniciativa coa betuneira Esther Sánchez.

Ent. Rafael Estévez, pte, da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei - Festas da Virxe das Dores 15.09.2017

Esta semana celébranse as Festas da Virxe das Dores en Guillarei, unha das citas máis importantes da contorna e que practicamente pon o punto e final as festas do verán. Esta mesma noite empeza a programación co acendido do alumeado, e as actividades da festa continúan durante os vindeiros tres días con eventos relixiosos pero tamén lúdicos. Rafael Estévez é o presidente da Comisión de Festas e de...

Ent. Manu Garrido, padeeiro - Subcampión do Mundo de Maratón 15.09.2017

"Para min o piragüismo é un xeito de vida", eran parte das palabras que esta mañá pronunciaba na nosa sintonía o tudense Manu Garrido que na fin de semana se proclamou subcampión do Mundo de Maratón en c1. En Sudáfrica recolleu os froitos dunha longa carreira de máis de 17 anos neste deporte co seu mellor resultado na categoría absoluta, aínda que compre lembrar que xa fóra o mellor Mundo cando er...

Ent. Ana Rodríguez, veciña de Sta Mª da Guía - Mobilización ante a marcha do párroco 14.09.2017

A mobilización dos veciñas de Santa María da Guía de Randufe non foi suficiente para evitar a marcha do seu párroco, Gonzalo Otero. Na mañá de onte tiveron unha reunión no Bispado sobre o tema na que se lles foi comunicada a decisión definitiva do traslado deste. Falamos con Ana Rodríguez, que nos contou como foi esa reunión.

Ent. Rubén Casaleiro - IV Concentración Moteira da Eurocidade 14.09.2017

Esta fin de semana terá lugar a IV Xuntanza Moteira da Eurocidade organizada polo Motoclub Os De Sempre. Terá o seu punto de encontro no paseo da Corredeira o sábado pola mañá para despois comezar a primeira ruta que os levará ata o campo da feira en Valença. Falamos con Rubén Casaleiro, do Motoclub Os De Sempre, que nos deu máis detalles das rutas e de todas as actividades a desenvolver en Valenç...

Ent. Jorge Aldir - Concerto Fin de Verán da Asociación Cultural Betún 13.09.2017

Este sábado a partir das 20.30h a praza tudense de Frómista será o corazón musical da cidade co concerto de fin de verán organizado polo Betún coa colaboración do Concello de Tui. A cita contará co DJ. Funkunte, socio betuneiro e habitual das sesións da Asociación e con concerto do grupo local Best Boy ás 22h como prato forte. Falamos con Jorge Aldir, membro do Betún, que nos deu os detalles sobre...

Ent. Víctor Vaqueiro, etnógrafo, fotógrafo e escritor - Roteiro Literario 'Aloia Máxico, Mítico e Lendario' 13.09.2017

O Monte Aloia será o protagonista do roteiro que se vai celebrar o sábado dentro dos Roteiros Literarios organizados pola Deputación de Pontevedra e a AELG. Será da man do etnógrafo, fotógrafo, escritor e xornalista Víctor Vaqueiro. El mesmo foi o encargado de explicarnos como a maxia, as lendas e a historia serán os fíos condutores da ruta.

Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI - II Concurso de pintura Pinta Tui 13.09.2017

A segunda edición do concurso de pintura Pinta Tui terá lugar o domingo 8 de outubro. Será unha cita coa arte de 8 horas de duración na que os participantes poderán plasmar calquera aspecto da cidade utilizando distintas técnicas de pintura. O evento está organizado polo Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais da cidade, dende a que Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez nos ex...

Ent. Miguel Rodríguez, pte. Comunidade de Montes de Ribadelouro - Presenza de globos incendiarios 12.09.2017

Nos últimos días nos montes comunais de Ribadelouro foron detectados ao menos dous globos incendiarios que caeron en lugares onde había persoas preto, o que permitiu que non se chegara a producir lume no monte. Foron os propios veciños os que deron aviso á Comunidade de Montes e tamén á Garda Civil segundo explicou o presidente da Comunidade de Montes de Ribadelouro, Miguel Rodríguez. Facendo públ...

Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente - Limpeza do centro urbano e do conxunto histórico 12.09.2017

O Concello de Tui ten previsto retirar os contedores de lixo das rúas o próximo mes de outubro, de tal xeito que se colocaran só de 9 da noite a 7 da mañá. Esas serán as horas nas que se poderá depositar o lixo. A medida comezará a aplicarse no conxunto histórico e posteriormente estenderase ao centro urbano. Deste xeito búscase minimizar os cheiros que xeran os colectores e mellorar tamén a imaxe...

Ent. Víctor Pérez Bugarín - Balanzo de Arraianos 2017 12.09.2017

Balance positivo do festival Arraianos que se celebrou en Tui dende o venres ata este domingo. Dende a organización valoran positivamente o número de actividades ofertadas, a resposta do público… así o explicou esta mañá Víctor Pérez Bugarín. Hai actividades que funcionaron moi ben coma as xustas, e outras cuestións que agardan mellorar para o próximo ano.

Ent. Carlos Martínez Villacorta, capitán do Grupo 43 do Exército do Aire – Extinción de incendios forestais 11.09.2017

Falamos con Carlos Martínez Villacorta, que é capitán do Grupo 43 do Exército do Aire, ocupado da extinción de incendios forestais. Este grupo ten a súa base no aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela, dende onde saen normalmente todos os hidroavións que actúan no territorio galego.

Ent. Ana Rodríguez, Ana Montes e Miguel Fernández, veciños de Sta Mª da Guía - Mobilización ante a marcha do párroco 11.09.2017

O pasado luns Gonzalo Otero, que exerce como párroco en Santa María da Guía, en Randufe, comunicaba aos veciños o seu traslado a outra parroquia. Dende ese momento a mobilización en contra foi inmediata. Encabezados por un grupo de rapaces os veciños comezaron a recoller firmas e a poñerse en contacto con medios de comunicación para facer forza e intentar cambiar a decisión do Bispado. Falamos con...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Festas do Alivio 08.09.2017

Esta fin de semana celébranse en Tomiño as Festas do Alivio, motivo polo que hoxe falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Deunos conta da homenaxe ao pintor Mario Rodríguez este domingo no acto cívico, pero tamén abordamos outros temas da actualidade municipal.

Ent. Alejandro Da Cuña - novo proxecto solidario 08.09.2017

Alejandro Da Cuña “Cuñi” é o autor do libro solidario “Receitas con Historia”, un receitario que recolle pratos da zona do Baixo Miño e da Louriña, e que tivo un grande éxito. Agora Da Cuña ten en mente unha nova iniciativa para escribir un libro de vivencias sobre o Camiño a Santiago. Despois de buscar ideas para unha nova acción solidaria decidiu facer o Camiño Francés dende Roncesvalles recolle...

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 8, 9 e 10 de setembro 08.09.2017

Esta fin de semana o Betún colabora co Festival Arraianos e serán punto de encontro para que queira facer un decanso durante esta cita coa historia de Tui. Amais esta noite teñen a súa primeira Jam Poética. Contóunolo todo Jorge Aldir, que tamén aproveitou a ocasión para adiantarnos un pouco a súa proposta estrela da vindeira semana, cando no Betún actuará o grupo tudense Best Boy.

Ent. Laurano Alonso, concelleiro de Turismo e Deporte - Balance turístico e Epic Race Pontevedra 2017 08.09.2017

O 2017 está a ser un bo ano para o turismo en Tui dende o punto de vista do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Nunha entrevista concedida á Radio Municipal fixo un bo balance dos datos dos últimos meses, pero tamén manifestou a súa aposta por desestacionalizar ese turismo que chega á cidade. Amais o concelleiro quixo reivindicar o Camiño Portugués pola costa así como o papel de Tui como cida...

Ent. Rubén Casaleiro e Marcos Míguez, do Motoclub Os de Sempre - IV Concentración Moteira da Eurocidade Tui-Valença 08.09.2017

O sábado 16 terá lugar unha cita coas motos que chega á súa cuarta edición. A IV Concentración Moteira da Eurocidade reunirá aos seguidores das motos nun evento que este ano conta con algunhas novidades. Falamos con Rubén Casaleiro e Marcos Míguez, do Motoclub Os de Sempre, que nos deron conta do que hai programado en canto a motor e deporte.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.