Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Concurso 'Pinta Tui' 03.10.2017

O Concello de Tui organiza por segundo ano consecutivo en colaboración con ACITUI, a Asocación de Comerciantes e Industriais de Tui, o concurso de pintura “Pinta Tui”. A cita será este domingo 8 de outubro e o obxectivo é achegar a arte e a cultura aos visitantes, así como incentivar a dinamización das actividades na cidade. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, explicounos en que consistirá.

Ent.Carlos Vázquez Padín de C21 - Presentada moción de censura en Tui 02.10.2017

Tras a presentación a primeira hora desta mañá da moción de censura o voceiro de C21 Carlos Vázquez Padín, explicou na nosa sintonía os motivos que os levan a presentar un goberno alternativo. A falla de diálogo e dun acordo programático do actual goberno son parte dos motivos nos que basean a súa proposta.

Ent. Miguel Capón Rey, voceiro de AtT - Moción de Censura 02.10.2017

Miguel Capón voceiro de Alternativa Tudense e concelleiro da Eurocidade e Comercio, sobre a presentación da moción de censura é a crónica dunha morte anunciada porque se contaba com que se puidera presentar. Indicaba que a moción de censura é legal, pero non comparte a súa lexitimidade, xa que considera que non está xustificada.

Carmen Núñez, do BNG - Moción de Censura 02.10.2017

Carmen Núñez, voceira do BNG e concelleira de Patrimonio no goberno tudense, valorou a presentación da moción de censura indicando que no seu parecer é legal pero non xusta. Sinte que se presente polos proxectos que tiñan en marcha.

Ent. Laureano Alonso, Son de Tui - Moción de Censura 02.10.2017

Laureano Alonso, de Son de Tui e concelleiro de Deportes, Turismo e Servizos Sociais, indicaba que políticamente non entenden que se poida presentar moción aínda que legalmente teñen dereito e teñen 9 votos para facelo. No seu parecer a moción suporá un parón a proxectos que se están a realizar no Concello.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presentada a moción de censura en Tui 02.10.2017

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, valorou a primeira hora desta mañá a presentación da moción de censura levada a cabo esta mañá por PP, C21, CsT e APTUI. Sinalou que "nunca cuestionei a lexitimidade da moción de censura" ao tempo tempo que se amosou decepcionado por non poder rematar o traballo iniciado, con especial referencia a culminar a execución da apertura da rúa Ourense.

Ent. María Jesús Silva, concelleira APTUI - Toma de posesión 29.09.2017

Onte tomou posesión coma concelleira de corporación municipal de Tui María Jesús Silva representando a Alternativa Popular de Tui. Hoxe falamos con ela sobre esta nova etapa que afronta coma edil.

Ent. Carlos Lima e Esther Sánchez - Programación Betún 29 e 30 setembro 29.09.2017

Nova fin de semana de programación musical na Asociación Cultural Betún, na rúa Cuenca. Carlos Lima e Esther Sánchez faláronnos da sesión Disco Beta desta noite e da actuación de Dj Junior e Cía de mañá. Amais déronnos conta dalgunhas novidades para as actividades desta tempada no seu local, que está aberto á colaboración con quen teña algunha proposta.

Ent. Miguel Roja, xornalista de Rádio Vale do Minho - Eleccións autárquicas en Portugal 28.09.2017

Este domingo, 1 de outubro, celébranse eleccións autárquicas nos municipios portugueses. Sobre a situación política nos concellos do Alto Minho estivemos a conversar con Miguel Roja, xornalista de Rádio Vale do Minho.

Ent. Pedro Lemos, candidato de CDS á Câmara de Valença - Eleccións autárquicas en Portugal 28.09.2017

Os portugueses están convocados a votar nas eleccións autárquicas que se celebran o domingo 1 de outubro. Falamos con Pedro Lemos, candidato á Câmara de Valença de CDS. Este partido volve presentarse ás eleccións despois de oito anos de inactividade no municipio cun equipo de mozos que buscan, precisamente, reivindicar a presenza da xuventude.

Ent. Alípio Nunes, candidato de CDU á Câmara de Valença - Eleccións autárquicas en Portugal 28.09.2017

Os portugueses están convocados a votar nas eleccións autárquicas que se celebran este domingo, 1 de outubro. Tivemos ocasión de falar co candidato de CDU á Câmara de Valença, Alípio Nunes, sobre a súa proposta e as prioridades ás que se enfrontan o domingo como un dos partidos minoritarios.

Ent. Elena Espinosa, Óscar Ferreiro e Alessia Malerva, xefa de estudos e profesores de francés e chinés da EOI 28.09.2017

O pasado 19 de setembro daba comezo o curso na Escola Oficial de Idiomas de Tui cuns 400 alumnos e distintas ofertas para aprender portugués, francés, inglés e chinés, unha das novidades. A pesares disto dende hoxe e ata o 11 de outubro estará aberto un novo prazo de matrícula co que pensan chegar a preto de 450 alumnos. Falamos coa súa xefa de estudos, Elena Espinosa, e cos profesores de francés...

Ent. Patricia de Ochoa, de Quinta do Ramo - Xornadas de portas abertas 28.09.2017

Este fin de semana o establecemento Quinta do Ramo terá xornada de portas abertas para presentar a posibles clientes as súas instalacións así como unha mostra de proveedores con que traballar en distintos eventos. Patricia de Ochoa é a responsable de Quinta do Ramo que nos deu os detalles.

Ent. Silvana Crisóstomo de Ideas Peregrinas - Premio Camiños de Santiago 27.09.2017

Englobar nun único espazo unha tenda, unha cafetería, un punto de información e amais un establecemento hoteleiro valeulles a Ideas Peregrinas o premio Camiño de Santiago outorgado por Turismo de Galicia. En tan só ano e medio fixéronse un oco importante con nome propio no Camiño Portugués apostando pola innovación combinada coa tradición. As irmas Silvana e Mónica Crisóstomo están ao fronte desta...

Ent. Victoria Álvarez e Alfonso Ferreira, presidenta e historiador membro de Iacobus Tui e Baixo Miño - Forum Peregrino 27.09.2017

O Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”, organizado pola Asociación Iacobus Tui, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra, terá lugar este sábado, 30 de setembro, no Centro de Interpretación do Camiño no antigo Convento de San Domingos. No evento participarán representantes de distintas asociacións que traballan nos Camiños de Santiago en Galicia e que falarán sobre as activida...

Ent. Lolo Alonso, Rita Núñez, e Javier Torre - Colectivo contra a Moción de Censura en Tui 27.09.2017

Lolo Alonso, Rita Núñez, e Javier Torre, tres membros do Colectivo contra a Moción de Censura en Tui estiveron esta mañá no programa Día a Día onde explicaron que tras a resposta positiva que tiveron da cidadanía este verán nas accións convocadas. Mantéñense á expectativa do que poida pasar e convocan á cidadanía a acudir mañá ao pleno da corporación.

Ent. José Martinez Tato, pte. AndaTui e Marina Carvalho de Celtas do Miño - Andainas Camiño Portugués 26.09.2017

Dobre cita esta fin de semana dentro do circuíto de andainas saudables da Eurocidade polo Camiño Portugués. O sábado a proposta é o percorrido entre O Porriño e Tui, e o domingo entre Vila Nova de Cerveira e Tui. José Martínez Tato, presidente de AndaTui, e Marina Carvalho de Celtas do Miño, déronnos os detalles destas andainas cuxo prazo de inscrición pecha este xoves.

Ent. Mª Carmen Colmenero e Javier Montenegro, presidenta e traballador social Fundación Las Samaritanas - Novos Cursos 25.09.2017

A Fundación Las Samaritanas naceu como casa de acollida fai 12 anos da man de María del Carmen Colmenero, unha sevillana movida pola súa paixón por axudar aos demais. Dende hai dous, amais de traballar como casa de acollida e axuda, contan cun círculo de cursos cos que mellorar a vida das persoas dende outros ámbitos. Teñen un amplo calendario de actividades para os meses de outubro, novembro e de...

Ent. Pancho Álvarez, músico - Novo disco 'Celtics Australis' 22.09.2017

Pancho Álvarez presentounos o seu novo disco, un traballo con 17 temas que pretende colocar o noso territorio como referente da música celta no sur de Europa, en contraposición aos países do norte como Irlanda ou Escocia. Celtics Australis é o título, que recolle o nome científico dunha árbore, o lodeiro, baixo o que encadra esta idea de Galicia como límite septentrional do mundo celta.

Ent. Isi, humorista 22.09.2017

Falamos co coñecido humorista estradense Isi, José Manuel Rodríguez, que nos contou os proxectos que está a levar a cabo tanto na radio como na televisión, mentres continúa cos seus monólogos e espectáculos por toda Galicia.

Ent. Susana García, responsable grupo Scout Alhoia - xogo "Ven Facer o Indio" na Corredoira 22.09.2017

O Grupo Scout Alhoia organiza para este sábado unha actividade de inicio de curso. Será no Paseo da Corredoira o sábado de 17 a 19h baixo o título “Ven Facer o Indio” e que vai dirixida a rapaces de 8 a 16 anos. Falamos con Susana García, responsable de Scout Alhoia, sobre este e outros temas, como a nova sede do grupo.

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 23 de setembro 22.09.2017

Hoxe o Betún permanecerá pechado, pero mañá volven con máis oferta musical. A noite do sábado empezará no local da Asociación Cultural ás 22h co rap de Rawkids. A entrada será de balde para todos os socios beta e betuneiros. Falamos con Jorge Aldir sobre esta nova proposta, pero amais apoveitamos para facer balanco do concerto de fin de verán da semana pasada.

Ent. Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo - Novos cursos para obter o PER e o PNB 21.09.2017

O Club Náutico San Telmo comeza este sábado un novo curso para os títulos para manexar embarcacións de recreo. En concreto poderase obter o título de Patrón de Embarcacións de Recreo, PER, e o de Patrón para Navegación Básica, ou PNB. Falamos con Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo, que nos explicou un pouco máis sobre esta oferta.

Ent. Hortensia Rodríguez, Miriam Guerreiro e Rita Álvarez, de ACITUI - Desfile Outono de Moda 21.09.2017

A Asociación de Comerciantes de Tui está a dar as últimas puntadas para o seu segundo desfile de moda, que terá lugar o 1 de outubro. Despois do éxito obtido no desfile celebrado no mes de maio nesta ocasión presentarán as novas coleccións de outono dos establecementos da cidade. Hortensia Rodríguez, Miriam Guerreiro e Rita Álvarez foron as encargadas de contarnos a iniciativa.

Ent. Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA - Día mundial do Alzheimer 20.09.2017

Mañá celébrase o día mundial do Alzheimer, unha enfermidade que padecen unhas 10.000 persoas na área sanitaria de Vigo, pero que polo seu carácter social e o seu efecto no entorno eleva o número de afectados a máis de 30.000. Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, falounos destas cifras e das repercusións que o...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.