Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Xornada previa á Moción de Censura 16.10.2017 19:06
A un día de que se celebre o pleno da moción de censura Carlos Vázquez Padín, voceiro de C21 e candidato a alcalde, indicaba que ante o reto que agora afronta recoñecía que o ser alcalde de Tui é unha tarefa complicada. O feito de que o goberno que vai presidir sexa novamente cuadripartito dicía que esa é a menor das súas preocupacións, lembrando que teñen un acordo programático. Ao tempo que amos...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Incendios Forestais 16.10.2017 5:21
En Tomiño a alcaldesa, Sandra González, deu conta do lume rexistrado na tarde de onte en Amorín, onde un veciño viu coma o lume prendeu en tres puntos e o incendio aproximouse ás casas.
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Incendios forestais 16.10.2017 4:04
En Salceda o lume afectou a seis das sete parroquias. O Concello montou un operativo tentando coordinar os efectivos e aos propios veciños que se organizaron para facer fronte aos incendios. Segundo explicou o alcalde, Marcos Besada. No CRA Raíña Aronga suspenderon as clases debido a que a meirande parte dos profesores veñen de Ourense, e tamén no IES de Parderrubias debido ao fume. Mantense a nor...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incendios forestais 16.10.2017 6:15
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, daba conta coma con medios municipais e dos veciños se fixo fronte aos tres incendios. O Monte das Penizas quedou totalmente calcinado dende Paramos a Guillarei, estendéndose logo a Salceda. Tamén posteriormente se rexistrou outro incendio en Areas que quedou controlado de madrugada. Lamentaba o rexedor tudense a falla de medios por parte da Xunta para extingui...
Ent. José Ramón Núñez, apiterapeuta - Apiterapia, tratamentos con abellas 13.10.2017 22:21
Na RMT recibimos a José Ramón Núñez para falar dun tratamento 100% natural: a apiterapia. Trátase dunha técnica contra distintos problemas como a dor cervical, a lumbalxia, as migrañas ou a artrose co veleno das abellas. José Ramón Núñez explicounos amais as facultades da apiterapia e como actúan outros compoñentes producidos polas abellas no corpo humano.
Ent. María Jesús da Silva, voceira de APTui - Situación política 13.10.2017 9:19
Na rolda de entrevistas aos voceiros dos distintos partidos con representación no Concello de Tui para falar sobre a moción de censura hoxe falamos con María Jesús da Silva. Ela é a nova voceira de APTui fixo que a moción foxe posible dende o punto de vista numérico. Sobre os motivos para asinar a censura ao actual goberno asegura que non pode opinar sobre a falta de diálogo, xa que non estivo en...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Situación política 13.10.2017 13:56
Para falar sobre a moción de censura tivo o seu espazo na RMT tamén Carmen Núñez, voceira do BNG e actual concelleira de Patrimonio. A súa opinión é clara, a moción de censura non está xustificada, amais asegurou que acordo programático que se presenta coa moción de censura non merece ningunha credibilidade despois da inactividade do PP cando gobernaba en maioría. Sobre o momento no que se present...
Ent. Antonio Castro Negro, voceiro de PP - Situación política 13.10.2017 12:19
Entre as voces que buscamos hoxe para falar da actualidade política en relación coa moción de censura está a do voceiro do PP, Antonio Castro Negro. Sobre os motivos presentar a moción de censura reiterou o que xa foron explicando os voceiros dos demais grupos asinantes. Falaba Castro Negro de mal entendemento e mala coordinación entre os grupo que forman parte do goberno. Tamén asegurou que é cer...
Ent. Esther Sánchez do Betún - programación do Betún 13 e 14 de outubro 13.10.2017 4:49
Coma cada venres damos conta da programación da Asociación Cultural Betún. Esta noite na rúa Cuenca terán a O Manipulador e a The Lazy Faithful a partir das 22h e mañá dende ás 23h será a quenda do DJ residente Funkente cunha selección de voces femininas da música afroamericana. Contóuno todo Esther Sánchez.
Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI - balence do II Pinta Tui e avance da Feira de Nadal 11.10.2017 6:47
O pasado domingo tivo lugar en Tui o II concurso de pintura ao aire libre Pinta Tui organizado por ACITUI e o Concello de Tui. Esta mañá ma Radio Municipal de Tui falamos con Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI, que fixeron un moi bo balance desta cita coa arte na que houbo 34 inscritos e 29 participantes que podían plasmar calquera elemento relacionado coa cidade a través de distinta...
Ent. José Manuel Martínez, pte. da Coral Centro Social - Festival de Outono de Corais de Tui 11.10.2017 15:34
Esta tarde terá lugar o Festival de Outono no Teatro, unha iniciativa coa que as tres corais tudenses presentan no Teatro Municipal parte dos seus repertorios. A Coral Centro Social de Tui, a Coral Polifónica Ponte das Febres e a Coral San Telmo serán as protagonistas nunha tarde na que quedan abertas as portas ás sorpresas. Falamos con José Manuel Martínez, presidente da Coral Centro Social, e co...
Ent. Tono Mugico, técnico en turismo - Conferencia sobre o atractivo turístico e cinematográfico do Camiño de Santiago 10.10.2017 4:54
Hoxe ás 19.30h na Área Panorámica o Camiño de Santiago será o protagonista dunha conferencia con proxección e coloquio dedicada ao seu atractivo turístico e cinematográfico. Nesta iniciativa do Club Faro coa Deputación de Pontevedra intervirán o actor, director e produtor galego Rubén Riós e o técnico en turismo Tono Mugico. Con el precisamente falamos esta mañá para que nos contara en que vai con...
Ent. José Martínez Tato, concelleiro de Medio Ambiente - Carpa de Compostaxe da Deputación de Pontevedra 10.10.2017 2:57
Falamos co concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, sobre a actividade que se está a realizar durante toda a mañá na rúa Compostela en Tui. Os interesados en saber como facer compost na casa pódense achegar ata a carpa da Deputación de Pontevedra situada xunto ao composteiro desta rúa, onde recibirá toda a información sobre a compostaxe e unha bolsa con un quilo de compost do Plan Revita...
Ent. Rafael Álvarez, xerente de Avelaíña - Día Mundial da Saúde Mental 10.10.2017 16:30
A Asociación Avelaíña celebrou hoxe o Día Mundial da Saúde Mental cunha Marcha Saudable que reuniu preto de 250 persoas entre usuarios, profesionais, familiares e achegados, e tamén alumnos dos centros educativos A Sangriña xunto ás autoridades locais. Esta celebración coincide cos actos que están a realizar este mes como parte do seu vixésimo aniversario na Guarda e que se encadran baixo o título...
Ent. Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui - Situación política 09.10.2017 24:51
Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui, membro do equipo de goberno e concelleiro de Deporte, Servizos Sociais e Turismo, valorou a moción de censura presentada a semana pasada. Dende o seu punto de vista trátase dunha moción inxustificada e unha decisión tomada fora de tempo motivada pola ambición persoal. Considera que os votantes do PP teñen motivos para sentirse decepcionados polo que, nas súa...
Ent. Tito Asorey, da compañía ilMaquinario Teatro - Espectáculo Resaca no Outono no Teatro de Tui 06.10.2017 6:29
Esta fin de semana arranca a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. O sábado ás 20.30h será o turno da compañía ourensá ilMaquinario con "Resaca". As entradas estarán á venda en www.culturatui.info ata as 12h ou pola tarde dende ás 19h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 4,5€. Falamos sobre este traballo con Tito Asory, o seu director.
Ent. Mila González, voceira de CsT - Situación Política 06.10.2017 16:40
Mila González, voceira de Ciudadanos Tudenses, explicou que tras as negociacións levadas a cabo nos últimos meses e retomadas tras acceder ela ao cargo de voceira de CsT chegaron a un acordo para presentar a moción de censura baseándose no que consideran foi unha falta de diálogo por parte do actual goberno. Suma tamén aos motivos desta moción a falta de proxectos Afirmaba que o novo goberno non s...
Ent. Esther Sánchez do Betún - Jam Session e Maple Apple 06.10.2017 2:02
O Betún ofrece esta fin de semana unha Jam Sessión hoxe venres pola noite e mañá en concerto aos Maple Apple. Deunos conta desta proposta Esther Sánchez.
Ent. Miguel Capón, voceiro de ALT - Situación política 05.10.2017 19:19
Miguel Capón voceiro de Alternativa Tudense, membro do equipo de goberno e concelleiro de Eurocidade e comercio, sobre a moción de censura presentada este luns recoñecía que é legal pero non lexítima porque non hai razóns extraordinarias para a súa presentación. Negou que houbese falta de diálogo coa oposición e tamén a existencia de división no seo do equipo de goberno. Ao tempo fixo repaso das a...
Ent. Marián González, da compañía Trompicallo - Estrea do espectáculo Planeta Ardora no Outono no Teatro de Tui 05.10.2017 5:28
Trompicallo será a compañía encargada de abrir este venres, 6 de outubro, no Teatro Municipal de Tui a programación de outono. Será ás 20h coa estrea da súa última montaxe “Planeta Ardora”, un espectáculo dirixido a público familiar coa luz como protagonista. Nos 50 minutos que dura a obra Sabela Amado Rojo, Luís González e Marián González conforman o elenco. Esta última, que tamén é a autora do e...
Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez, de ACITUI - II Concurso Pinta Tui 04.10.2017 6:23
Este domingo celébrase en Tui o concurso de pintura ao aire libre "Pinta Tui", que organizan por segundo ano consecutivo ACITUI e o Concello de Tui. Os participantes poderán utilizar distintas técnicas e os cadros deberán representar algún aspecto da cidade. Dende ACITUI, Juan Carlos Blanco e José Manuel Díez déronnos máis detalles.
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Situación política tras a presentación da moción de censura 04.10.2017 25:26
Carlos Vázquez Padín, líder de C21, será o próximo alcalde de Tui tras o 17 de outubro coa moción de censura presentada o pasado luns. Asúme este reto con responsabilidade e prudencia recoñecendo que non é doado ser alcalde. Con el analizamos polo muído os motivos desta moción e cal vai ser o programa que queren levar adiante.
Ent. Ana Carpintero e Fran García - SomosOcéano 03.10.2017 16:12
En agosto de 2016 saiu ao mercado a empresa SomosOcéano formada por Ana Carpintero e o tudense Fran García. Hoxe presentáronnos a súa iniciativa empresarial na que apostaron por unha liña de moda sostible e cun compoñente sentimental galego. As camisetas Riquiñas, República Indenpendende as Illas Cías, son só algúns do modelos que teñen nunha oferta baseada no algodón e na que os calcetíns teñen u...
Ent. María Jesús Prieto - Exposición de cadros ao óleo e arte con teas 03.10.2017 5:37
Dende hoxe pódese visitar na sala de exposicións do edificio da Área Panorámica unha exposición de cadros ao óleo e arte con teas. Trátase dunha mostra do traballo de María Luisa Crespo na parte de pintura e María Jesús Prieto na parte de tecidos ou patchwork. Esta exposición poderase visitar ata o vindeiro 23 de outubro en horario de 10h a 14h e pola tarde de 16h a 20h. Chus Prieto foi a encargad...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación política 03.10.2017 19:21
"Non hai razón obxectivas para presentar unha moción de censura, sí as hai políticas". Así o afirmou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen non cuestiona a lexitimidade desta moción, e pon por diante a defensa da institución e dos veciños. Sobre o balance do goberno que preside recoñece que non foi doado por estar formado por catro grupos e pola situación que había no concello, pese a iso...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.