Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 3 e 4 de novembro 03.11.2017

Coa fin de semana chega máis música á Asociación Cultural Betún, na rúa Cuenca. Esta noite terán a Jam Session de cada primeiro venres de mes. Mañá a cita será con outro habitual, Funkente. Contóunolo todo Jorge Aldir, que tamén apuntou que segue pendiente a celebración dun magosto.

Ent. Rubén López e Algirdas Pocius, director e exprofesor do Conservatorio de Tui - Concerto de inicio de curso 02.11.2017

O curso no conservatorio de Tui está dando os seus primeiros pasos e mañá venres será a data na que lle dean a benvida con un concerto de presentación que amais servirá de homenaxe ao que ata fai pouco foi un dos seus profesores, Algirdas Pocius. Esta mañá estivemos a falar con el e con Rubén López, director do Conservatorio.

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Patrimonio, Cultura e Medio Ambiente - Novidades nas súas áreas 31.10.2017

O concelleiro de Patrimonio, Cultura e Medio Ambiente, Eduardo Freiría, deu conta hoxe das liñas mestras que traza nos seus departamentos. O PEPCHA, que agarda sexa aprobado nos próximos meses, dicía é a clave para actuacións no conxunto histórico. Avanza cambios en Cultura e as actuacións previstas en Medio Ambiente.

Ent. Eva Iglesias e Arantxa Giráldez, do Liceo Casino - Actividades de Halloween 31.10.2017

O Liceo Casino terá novos pases da Caverna do Terro hoxe a partir das 20h e ata a media noite despois dunha fin de semana na que a actividade foi un éxito de participación. Eva Iglesias contounos un pouco en que consiste esta proposta e Arantxa Giráldez deunos conta do balance despois das actividades do sábado.

Ent. Guti Martín, de Sherpa Project - organizador Trans Nomad e Big Ride 31.10.2017

Sherpa Project é unha empresa tudense que dende a organización da Big Ride en Tui deu o salto a probas con recoñecemento internacional. Na actualidade están a traballar na iniciativa aragonesa Trans Nomad, unha proba de catro días no Pirineo Aragonés e Francés. Estivemos a falar sobre este proxecto con Guti Martín, un dos responsables de Sherpa Project.

Ent. Suso Vila, historiador - Visitas guiadas temáticas 30 e 31 de outubro 27.10.2017

O historiador tudense Suso Vila explicou as dúas visitas guiadas temáticas que se van celebrar o luns 30 de outubro e o martes 31 dentro das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui.

Ent. Francisco Bobadilla, pte. da Fed. Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago - Reunión en Tui-Valença 27.10.2017

A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago con ocasión da admisión coma membro da Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago, coa que pasan a ser unha federación de carácter internacional. Na RMT estivemos a conversar con Francisco Bobadilla, presidente da Federación de Academias de Gastronomía dos...

Ent. Vicente Viso, pte Vintage VW Club Galicia - Camiño de Santiago 27.10.2017

O Paseo da Corredoira acollerá este domingo de 10 a 12.15h unha concentración de vehículos Volkwagen Aircooled participantes no Camiño Camiño Portugués a Santiago organizado polo Vintage Volkswagen Club de Galicia. Hoxe falamos co presidente do Vintage Volkswagen Club, Vicente Riso.

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 27 e 28 de outubro 27.10.2017

Dobre proposta esta fin de semana na Asociación Cultural Betún, na rúa Cuenca, da que nos deu conta unha semana máis Jorge Aldir. Esta noite dende ás 23h terán Discobeta e mañá en concerto a partir das 22h a Su Garrido Pombo.

Ent. Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui - Declaración do Descenso do Miño coma Festa de Interese Turístico 26.10.2017

A directora Xeral de Turismo da Xunta confirmou esta mañá ao concelleiro de Deportes de Tui a declaración do Descenso Internacional do Miño coma Festa de Interese Turístico Galego. Así o avanzou o propio Andrés Urseira á Radio Municipal de Tui congratulándose deste recoñecemento.

Ent. Sara Quintana - Cursos Cómo Mirar un Cadro na aula da UNED 26.10.2017

O próximo luns comeza na Aula da UNED de Tui o curso “Cómo mirar un cadro. Unha viaxe pola historia da pintura e os seus secretos”. Esta actividade correrá a cargo da tudense Sara Quintana. Celebrarase os martes de 18 a 19.30h ata o 6 de febreiro cun total de 20 horas lectivas. O prezo da matrícula é de 40€.

Ent. Nieves Rodríguez, actriz e presentadora tudense - Nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia 26.10.2017

A actriz e presentadora tudense Nieves Rodríguez acaba de ser elixida como nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, cargo no que sucederá a Ernesto Chao. Esta mañá estivemos a conversar con ela sobre a responsabilidade que supón facerse cargo dunha asociación que agrupa a máis de 300 profesionais. Amais falounos das prioridades da Asociación e dos seus proxectos actuais.

Ent. Xenxo Paramos e Mª Rosario Alfaya - Mellores lectores do ano da Biblioteca 25.10.2017

A Biblioteca Pública Municipal de Tui entregou esta semana aos “Mellores Lectores do Ano” na categoría infantil e de adultos, diplomas que recaeron en Xenxo Paramos Freiría de 7 anos, estudante de 2º Primaria, que levou en empréstito este ano 78 libros, e Mª Rosario Alfaya Fernández de 70 anos e xubilada que levou emprestados 86 libros no que vai de ano. Cada un deles levou un diplomas e un lote d...

Ent. Joana L. Pereira, psicóloga no Centro San Xerome Emiliani - Diálogos en Educación 2017 25.10.2017

Esta semana dá comezo na Guarda a proposta Diálogos en Educación, que este ano cambia as súas datas para celebrarse no outono. Será este venres ás 20.30h coa intervención de Joana Pereira, psicóloga no Centro San Xerome Emiliani. O seu faladoiro desenvolverá un enfoque da educación baixo o título “Educación consciente baseada en Mindfulness”, e con ela estivemos a conversas sobre este concepto e a...

Ent. Alejandro Martínez, responsable da área de emprego da Uvigo - Finde.U 24.10.2017

O IFEVI acolle dende hoxe Finde. U a Feira Internacional do Emprego Universitario nas que están a participar 60 empresa. Daba todos os detalles Alejandro Martínez, responsable da área de emprego da Uvigo.

Ent. Andrea Pousa - Primeiro disco como solista, 'Respira' 23.10.2017

A cantante tomiñesa Andrea Pousa estreará o seu primeiro traballo como solista despois de 15 anos de carreira baixo o título “Respirar”. Será este xoves, 26 de outubro no Teatro A Fundación a partir das 21h cun repertorio que reúne temas en Galego, Castelán e Portugués. Esta mañá tivemos ocasión de conversar con ela na Radio Municipal de Tui sobre este disco.

Ent. Tati Corbacho, de Veraleza - Inicativa "Súmate al verde" 20.10.2017

Despois dos incendios forestais acontecidos nos últimos días a empresa tomiñesa Veraleza decidiu colaborar na recuperación dos bosques queimados a través do lanzamento de “Súmate al verde”. Para esta campaña Veraleza doará un total de 1000 árbores destinadas á reforestación das zonas afectadas, amais teñen habilitada na súa páxina web unha plataforma de donativos. Falamos sobre esta iniciativa con...

Ent. Uxía Senlle - "Aire" de María Fumaça no Teatro Municipal de Tui 20.10.2017

Unha das citas no Teatro Municipal desta fin de semana é o espectáculo musical “Aire”, da man de María Fumaça. A locomotora musical de María Fumaça chega a Tui coa súa nova proposta. Desta volta presentan novas latitudes musicais, acompañadas pola ilusión de sempre e cheos de entusiasmo. De "Aire" e do proxecto de María Fumaça falamos con Uxía Senlle.

Ent. Jorge Aldir - Programación Betún 21 de outubro 20.10.2017

Unha fin de semana mçáis a música chega á rúa CUenca da man da Asociación Cutural Betún. Hoxe permanecerán pechados, pero mañá sábado o cuarteto instrumental FrekBeat porá ritmo a unha noite da que nos falou Jorge Aldir.

Ent. Laura Villaverde; autora, directora e intérpete - Estrea de 'Chola a it girl' no Teatro Municipal de Tui 20.10.2017

Hoxe hai cita no Teatro Municipal de Tui coa estrea de "Chola a it girl", de Artesacía. Falamos sobre este espectáculo coa tudense Laura Villaverde, que é a autora, directora e intérprete. Contounos que nesta ocasión a personaxe do proxecto "Chola & Lola" meterá o seu coche en escena para explicar como converterse nunha "it girl rectificada" en dez sinxelos pasos.

Ent. Mila Gonzalez, concelleira Persoal, Ensino e Mercados - Primeiros días 20.10.2017

Mila González, de Ciudadanos Tudense, será a concelleira de Persoal, Ensino e Mercados, e terá media dedicación. Hoxe conversamos con ela sobre estes primeiros días no concello no que os primeiros contactos cos traballo, traballo e xestión están a marcar a liña inicial. Anunciaba que haberá cambios nas súas tres áreas.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Primeiras horas no goberno municipal 19.10.2017

Carlos Vázquez Padín cumpre ás 48 primeiras horas coma alcalde de Tui. Hoxe na sintonía da RMT deu conta de cómo están a ser estes primeiros días ao fronte do concello Tudense, e avanzou cales son as delegacións de áreas nos concelleiros do equipo de goberno.

Ent. Eva Martínez, Eva Iglesias, María Penedo e Paula Cobián - Gala benéfica Raiares Moda e Danza 18.10.2017

O Liceo Casino será o escenario este sábado da gala benéfica Raiares para recaudar fondos para a Asociación de Afectados de Deleción 1p36. O evento empezará ás 20.30 e tratarase dun espectáculo que combinará moda e danza coa presentación de En Un Tristrás e música en directo. Hoxe falamos con Eva Martínez e Eva Iglesias, presidentas da Asociación de Afectados de Deleción 1o36 e do Liceo Casino, so...

Ent. Lolo Alonso, Silvina Bouzas e Javier Torre, do C. contra a Moción de Censura - Manifestación na praza do Concello 16.10.2017

Ás 20h o Colectivo Contra a Moción de Censura ten convocada unha manifestación na praza do Concello para mostrar o seu descontento ante a situación política. Como representantes deste colectivo hoxe contamos coas declaracións de Lolo Alonso, Silvina Bouzas e Javier Torre.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incendios forestais e Situación política 16.10.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance dos incendios rexistrados onte en Paramos, Baldráns e Areas. Pero tamén deu conta da situación política a un día de que se celebre o pleno da moción de censura.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.