Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. 171117 Alberte Blanco, autor de 'O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional' - Presentación en Tui 17.11.2017 6:47
A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle ás oito desta tarde a presentación do libro “O Monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional” organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Martires de Sobredo. O acto contará, entro outros, coa presenza de Alberte Blanco Casal, autor e coordinador do libro. Precisamente con el estivemos a falar desta cita literaria.
Ent. Cándido Pazó, autor da obra teatral "Nacidas Libres" - Contraproducións no Teatro Municipal de Tui 17.11.2017 4:48
As actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, soben esta noite ao escenario do Teatro Municipal de Tui para pór en escena “Nacidas Libres” baixo a dirección de Cristina Domínguez. A cita será ás 21.30h. A obra escrita por Cándido Pazó recolle a historia de catro actrices en paro que deciden autoempregarse, para non desaparecer da escena, montando unha peza. Precisamente...
Ent. Jessica Pichel, de Viajes Plastur - II Feira de Bodas no Parador 17.11.2017 6:01
Aqueles que van casar teñen unha cita este domingo de 12 a 20h no Parador de Turismo San Telmo de Tui coa celebración da II Feira de Bodas organizada por Viajes Plastur. A entrada será gratuíta e no mesmo daranse cita distintos profesionais que ofertan servizos para estes eventos. Falamos sobre esta feira con Jessica Pichel.
Ent. Sergio Alonso - Programación Betún 18 e 19 de novembro 17.11.2017 2:26
Dobre é a proposta que temos esta fin de semana no Betún, na rúa Cuenca. Mañá dende ás 23h terán Horterada Betuneira con Pumoso sen Gaseosa e o domingo dende ás 20h actuará o trío de improvisación Hrz. Deunos conta da programación Sergio Alonso.
Ent. Ángel Sánchez, director do Play-Doc - Nominación ao Premio do Público en Culturgal 2017 16.11.2017 5:01
O Festival Internacional de Documentais Play-Doc vén de ser nominado pola Feira das Industrais Culturais Culturgal, na categoría do Premio do Público. Esta mañá tivemos ocasión de falar sobre esta nominación con Ángel Sánchez, un dos directores de Play-Doc.
Ent. Jesús Asorey, pte. Asociación de Apicultores de Galicia - Ataques de vespa velutina 16.11.2017 8:53
A raíz da morte dun veciño do Porriño tras un ataque de vespas velutinas falamos con Jesús Asorey, presidente da Asociación de Apicultores de Galicia, sobre como actuar nunha situación semellante.
Ent. Nuria Feijoo, Nina Méndez e Alba Estévez; mestra e alumnas do CEIP Nº1 - Flashmob solidario 'Pingas de Espera' 15.11.2017 9:41
O vindeiro venres 24 de novembro o paseo da Corredoira será escenario dun fashmob solidario levado a cabo polo CEIP Nº1. Todos os nenos e profesores participarán nunha cita á que están invitadas tanto as familias dos alumnos coma todos os tudenses e que ten por obxectivo recoller auga potable para o Concello das Neves. Tivemos ocasión de falar con Nina Méndez e Alba Estévez, dúas nenas de 3º e 6º...
Espazo Xove - Martes, 14 de novembro de 2017 15.11.2017 3:07
O Espazo Xove de Tui acolle esta semana a primeira xornada presencial do proxecto Lidera, pero amais está preparando outras propostas de técnicas de estudo e de expresión oral e escrita de cara ás vindeiras semanas. Deunos conta de todas as novidades a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.
Ent. Mª Jesús da Silva, concelleira - Expulsión de APTUI 14.11.2017 18:47
María Jesús da Silva, concelleira de Urbanismo do Concello de Tui, e que foi recentemente expulsada de APTUI, deu conta hoxe da súa postura tras esta expulsión da que non recibiu notificación formal nin puido formular alegación. Explicou que tivo coñecemento da mesma polo escrito presentado no concello. Considera que esa expulsión non é formal mentres non se confirme, e nese senso sinalou que a se...
Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI - Campaña "Mercando na túa vila ti tamén gañas" 13.11.2017 5:56
A Asociación de Comerciantes de Tui vén de presenter unha nova campaña para impulsar o comercio local. A campaña, organizada dentro da FESURGA, sera válida ata o vindeiro 7 de xaneiro, centrándose así na campaña de nadal. Estivemos a falar con Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, que nos explicou en que consiste esta iniciativa.
Ent. José Manuel Sousa, de APTui - expulsión de Mª Jesús DA Silva de APTui 13.11.2017 12:22
Esta mañá José Manuel Sousa, presidente de APTui falaba na RMT sobre os motivos para a expulsión de Mº Jesús da Silva, reiterando que a actual concelleira de urbanismo incumpriu dous artigos dos estatutos do partido e que non tiveron noticias sobre as súas decisións dende o mes de xullo. Por outra banda, con respecto á integración de APTui no PP Sousa quixo destacar que se trata dun acordo que exi...
Ent. Laureano Alonso, de Son de Tui e grupo Mixto - Expulsión de APTUI de Mª Jesús da Silva 10.11.2017 14:46
Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui e membro do grupo Mixto na corporación municipal de Tui, saiu ao paso das declaracións realizadas onte polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, onde apuntaba que podería ter o edil certo interese na expulsión de Mª Jesús da Silva de APTUI e membro até o de agora do grupo Mixto. No seu parecer o alcalde debería pedir a dimisión da edil coma concelleira.
Ent. Sergio Alonso - Programación Betún 11 e 11 de novembro 10.11.2017 4:57
Como cada fin de semana na Asociación Cultural Betún teñen oferta musical. Hoxe para todos os que queiran pinchar a súa música haberá unha nova sesión Disco Beta. Xa mañá contarán con un concerto a cargo das improvisacións de cuarteto de corda Suelen Estar Quartet. Deunos todos os detalles Sergio ALonso, que tamén nos avanzou algunha cousiña de cara á vindeira semana.
Ent. Manuel Domínguez, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns - Festa do Porco ao Espeto 09.11.2017 8:46
Este domingo 12 de novembro no Centro Cultural San Fins de Rebordáns organiza a Festa do Porco ao Espeto. Unha cita gastronómica que contará amais con exposicións, exhibicións e música en directo. Estivemos a falar sobre esta iniciativa con Manuel Domínguez, da directiva da Asociación San Fins, que tamén que o Nadal Cultural de Rebordáns xa ten a súa programación pechada con teatro, música e monól...
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Valoración expulsión de Mª Jesús da Silva de APTUI 09.11.2017 6:13
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, expuxo hoxe na nosa sintonía sobre a expulsión de Mª Jesús da Silva, membro do seu equipo de goberno e concelleira de Urbanismo, de APTUI, hai que clarificar as garantías xurídicas desta decisión, motivo polo que a secretaria municipal requirirá un informe ao partido independente.
Ent. Juan Rodríguez, de Caramuxo Teatro - Redondo no Teatro Municipal de Tui 09.11.2017 3:55
Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función de “Redondo” unha obra de teatro para nenos de 6 meses a 3 anos que chega da man de Caramuxo Teatro. A cita será ás 17.30h e ás 19h estando limitado o aforamento a 100 espectadores por función. Sobre os detalles desta proposta falamos co seu autor e único actor sobre o escenario, Juan Rodríguez.
Ent. Laura González, Ana Vila, Montse Mon e Clara de Macedo - "Música para todos" de 1Máis e o Conservatorio de Tui 08.11.2017 13:28
A raíz do campamento para nenos con TEA que se realizou este verán en Tui a profesora do Conservatorio Laura González e a psicóloga do gabinete Anarela Ana Vila iniciaron un proxecto que agora se fai realidade en “Música para todos”. Trátase dunha iniciativa para achegar a formación musical aos nenos con Trastorno do Espectro Autista. Falamos con elas e coas nais de dous dos nenos que están a part...
Ent. José Quinteiro e Pilar Álvarez, de SOS Tomiño Baixo Miño - Varios 08.11.2017 17:58
SOS Tomiño Baixo Miño atende na actualidade a 117 familias no Rosal, Tomiño e Tui ás que levan entregadas 118 toneladas de alimentos no que vai de ano. Estos son os datos dos que falamos con José Quinteiro e Pilar Álvarez, que amais nos deron conta da súa búsqueda de local en Tui e das campañas que levarán a cabo nas vindeiras semanas.
Ent. Elena Rodríguez, coordinadora provincial de Educación Viaria - Xornadas de Educación Viaria Escolar 07.11.2017 5:38
A Xefatura provincial de Tráfico e o Concello de Tui están a levar a cabo un ano máis a súa iniciativa de educación viaria para nenos. Durante o pasado curso esta actividade levouse a cabo nos CEIP nº1 e nº2, e nesta ocasión son os nenos dos colexios das distintas parroquias os que se están a formar en seguridade e normativa viaria. Falamos sobre as xornadas con Elena Rodríguez, coordinadora provi...
Ent. Ángel Olguera, pte. COGAMI - concertracións 'Accesibilidad Ya' 07.11.2017 5:57
Esta mañá tiveron lugar unha serie de concentracións en distintas localidades coa finalidade de facer visible a discriminación á que se enfrontan as persoas con discapacidade pola presenza xeneralizada de barreiras. COGAMI participa así no marco dunha campaña de COCEMFE Nacional baixo o lema “#AccesibilidadYA: pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos”. Ángel Olguera é o president...
Ent. Serafin Martínez de Quality Sports - Urban Trail Night 06.11.2017 8:15
A Urban Trail Night chegará por segundo ano consecutivo á Eurocidade Tui-Valença este sábado día 11, unha proba de 14 km cun trazado que pretende sorprender aos participantes con todo tipo de escenarios entre dous países. Está organizado pola empresa Quality Sports, dende a que Serafín MArtínez nos deu máis detalles desta cita deportiva.
Ent. Xabier Garrido - Homenaxe á Marea Branca na Guarda 06.11.2017 5:13
O Concello da Guarda celebrará unha homenaxe a todas as persoas que axudaron na limpeza das costas galegas tras o afundimento do Prestige. Será o vindeiro domingo 19, cando se cumpren 15 anos do desastre, ás 12.30h xunto ao monumento "Homenaxe á Marea Branca" no mirador de Fonte Quente. O acto contará, entre outros, coa intervención de Xabier Garrido, creador do monumento e impulsor da homeanxe, c...
Ent. Areta Bolado, de A Panadaría - 'Elisa e Marcela' no Teatro de Tui 03.11.2017 5:49
Hoxe ás 21.30h A Panadaría presenta “Elisa e Marcela”. Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vidaao primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras e de defensa dos seus dereitos. Con Areta Bolado tivem...
Ent. José Expósito, de Pistacatro - 'Outono' no Teatro de Tui 03.11.2017 5:37
A compañía de novo circo galego Pistacatro celebra os seus dez anos reunindo a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos e con música en directo. É unha celebración da amizade e do fracaso. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor. Sobre o escenario estarán Aitor Garuz, Natalia Outeiro “Pajarito”, Pablo Reboleiro e Manu Lago. Falamos sobre este espectáculo de circo clá...
Ent. José Fernández, da Asociación de Amigos das Motos Antigas Dalle Gas - XIV Mercadiño e Exposición de Motos Antigas 03.11.2017 7:14
Esta fin de semana terá lugar no pavillón polideportivo de Goián o XIV Mercadiño e exposición de motos antigas organizado pola Asociación de Amigos das Motos Antigas Dalle Gas. Sobre esta cita co motor e coa historia estivemos a falar con José Fernández.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.