Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Jorge Aldir, da AC Betún, Carlos Cerqueira e Felipe Mejía, de Micalip's - Programación Betún 8 e 9 de decembro 07.12.2017 10:00
Unha fin de semana máis a Asociación Cultural Betún chega con propostas musicais. Mañá a partir das 22h terán a súa habitual Jam Sessión e o sábado á mesma hora concerto de Micalip's. Tivemos ocasión de falar tamén con dous membros deste grupo que nos adiantaron o que teñen preparado para a súa actuación.
Ent. Eduardo Feiría, concelleiro de Cultura do Concello de Tui - Programación de Nadal 05.12.2017 3:10
O acendido da iluminación de Nadal en Tui terá lugar mañá mércores ás 19h na praza da Inmaculada. O acto contará coa actuación da Coral San Telmo e do grupo de acordeóns da Asociación Cultural Xuntanza. Disto e doutras actividades que se están a programar para o nadal falounos Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura do Concello de Tui.
Ent. Manuel Domínguez e Cristina López, da Asociación Cultural San Fins - Nadal Cultural en Rebordáns 04.12.2017 11:05
A Asociación Cultural San Fins de Rebordáns conta cunha ampla programación cultural durante toda a semana dentro do seu Nadal Cultural. Estivemos a falar con Manolo Domínguez e Cristina López, vocal e secretaria da Asociación San Fins, sobre o que terán a partir de mañá e ata o sábado.
Ent. Conchi Regueiro, escritora - Fase de edición da nova novela "O currículo dos viles" 04.12.2017 9:35
O novo traballo da escritora Conchi Regueiro titúlase “O Currículo dos Viles” e é unha obra coa que se afasta da súa habitual ciencia ficción para crear un thriller sobre un importante asasinato. O traballo está agora mesmo en fase de edición en Edicións do Peirao, que traballa a través do crowfunding, e co que se pode colaborar a través da páxina https://www.indiegogo.com/projects/o-curriculo-dos...
Ent. Alejandro Da Cuña - proxecto solidario sobre o Camiño de Santiago 01.12.2017 5:08
Alejandro Da Cuña “Cuñi” presentaba hai dous anos o libro solidario "Receitas con Historia” que recolle pratos da zona do Baixo Miño e da Louriña, e que tivo un grande éxito. Agora Da Cuña vai facer o Camiño Francés a Santiago dende Roncesvalles para escribir un libro a modo de diario cosas súas vivencias durante ese mes. Explicóuno el mesmo.
Ent. Juan Feijoo - Aniversario Padel 8 01.12.2017 4:40
O xogador da WPT Chico Gomes realizará mañá sábado un partido exhibición en Padel 8 en Guillarei coincidindo co primeiro aniversario destas instalacións deportivas. Xogarán con Héctor Guisande, Hugo Belerdas e Jaime Carrera. Previament ás 16h realizará un clinic para o que xa están as prazas cubertas segundo explicou Juan Feijoo.
Ent. Ana Rodríguez, cantante - Concerto de Rockin' Gina & The Sentinels 01.12.2017 6:29
Hoxe o White Clover acolle o concerto fin de xira de Rockin' Gina & The Sentinels antes de que se metan de cheo nun novo traballo discográfico. Estivemos a falar con Ana Rodríguez, a súa vocalista, sobre a súa andaina dos últimos dous anos e sobre o que ofrecerán ao público esta noite. A cita será ás 23h no White Clover
Ent. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra - IV Festa do Espumoso 01.12.2017 5:01
Esta fin de semana celébrase en Salvaterra a IV Festa do Espumoso, a única destas características que ten lugar en Galicia. O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, convidou a participar do amplo programa que comeza o sábado ás 12h e remata o domingo a última hora da tarde.
Ent. Jorge Aldir - Programación na Asociación Cultraul Betún do 2 e 3 de decembro 01.12.2017 4:15
A Asociación Cultural Betún volve ter programación musical esta fin de semana. Na noite de mañá sábado contarán do Dj. Sábena Bajera e o domingo terán o concerto do dúo Escarpados. Deunos conta das propostas Jorge Aldir.
Ent. Sandra González, alcaldesa Tomiño - Varios novembro 30.11.2017 21:30
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, estivo esta mañá na RMT facendo un balance dalgunhas das actuacións do Concello durante os últimos meses. Asegurou que dende o punto de vista económico a xestión do seu equipo foi exemplar durante este ano, que pechan sen problemas de tesourería e cumprindo en canto ao gasto. Amais repasou algúns dos proxectos que lograron rematar e doutros nos que avanzaron...
Ent. Teresa Domínguez, Montse Mon e Eva Martínez- Presentación Cantos Contos 30.11.2017 13:31
A casa do concello de Tui acolle mañá ás 18h a presentación de "Cantos Contos" un traballo que reúne dez historias da editora OQO ás que puxeron voz actores galegos coma Antonio Mourelos ou Carlos Blanco, con voz de Rodrigo Romaní. É unha iniciativa solidaria a favor da asociación de Síndrome de Delección 1p36 e da Asociación Un Maís. Do mesmo faláronnos hoxe Teresa Domínguez, Montse Mon, presiden...
Ent. Gustavo Rodríguez, triatleta - Proxecto para participar no Ironman de Kona en 2019 29.11.2017 9:14
O triatleta tudense Gustavo Rodríguez conta cun proxecto a dous anos co que intentará chegar ao Iron Man de Kona, en Hawaii, de 2019. Trátase dunha das probas máis esixentes e con máis repercusión a nivel internacional dentro do Tríatlon. Esta mañá falamos con el sobre o seu calendario para os vindeiros meses.
Ent. Pedro Pereira, pte. Banco Alimentos Vigo, e José Quinteiro, pte. SOS Tomiño Baixo Miño - Gran Recollida Solidaria 29.11.2017 21:14
Este venres e sábado a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo realiza a súa Gran Recollida Solidaria en 155 hipermercados de toda a provincia. No caso do Baixo Miño esta iniciativa solidaria lévana a cabo conxuntamente con SOS Tomiño-Baixo Miño. Falamos con Pedro Pereira e José Quinteiro, presidentes do Banco de Alimentos de Vigo e de SOS Tomiño Baixo-Miño.
Ent. Lino Martínez - Campión do Mundo Master de Judo Tradicional WIBK 28.11.2017 5:48
Esta fin de semana celebrouse en Bélxica o Campionato do Mundo Master de Judo Tradicional organizado pola asociación WIBK, no que o tudense Lino Martínez se fixo co primeiro posto na categoría M5 de menos de 81 kg. Amais na categoría Open logrou unha destacable quinta posición. Esta mañá tivemos ocasión de falar con el sobre este campionato.
Ent. Xacobe Morais, Ana Vila, Iria Gómez e Emilia Alonso - Actividade de integración na Quinta de Tui 27.11.2017 19:06
A quinta de Tui de fútbol sala está a realizar xunto coa asociación Anarela un proxecto de integración de nenos con necesidades especiais no club. A iniciativa xurdiu hai ano e medio tralo plantexamento realizado por unha nai, e unha vez superadas as dificultades iniciais grazas á incorporación do equipo de Anarela, a experiencia está a ser moi positiva para todos coma explicaba Xacobe Morais, ade...
Ent. Mª Jesús Pérez e Juan Carlos Blanco, de Máis que Arte e ACITUI - Feira de Nadal 27.11.2017 5:55
Os días 8, 9 e 10 de decembro terá lugar a Feira de Nadal organizada por Máis que Arte e Acitui. Durante eses tres días a artesanía e o comercio tudense estarán presentes en 60 postos onde predominarán os produtos de nadal, a decoración e os agasallos, así como as actividades para os máis cativos. María Jesús Pérez, de Máis que Arte, e Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, foron os encargados...
Ent. Elena Iglesias, Nina Méndez e Alba Estévez, mestra e alumnas do CEIP Nº1 - Flashmob solidario 'Pingas de Esperanza' 27.11.2017 5:43
O paseo Corredoira será escenario dun fashmob solidario levado a cabo polo CEIP Nº1 ao que están invitadas tanto as familias do alumnado coma todos os tudenses. A cita, organizada para o pasado venres 24, cambiou de data ao luns 27 por mor da chuvia e ten por obxectivo recoller auga potable para o Concello das Neves.
Ent. Mercedes Oliveira, profesora - Comando Igualdade 25.11.2017 14:34
Mercedes Oliveira, profesora no instituto Alexandre Boveda de Vigo , tudense de nacemento, falounos dun proxecto creado por ela no seu instituto chamado "Comando da igualdade" que serve para comprometer aos máis novos na loita pola igualdade. Este pouco a pouco vai crecendo e atopando novos espazos"
Ent. Ángel Sánchez, director do Play-Doc - Últimos días para votar no Premio do Público en Culturgal 2017 24.11.2017 4:04
O luns remata o prazo de votación no Premio do Público no Culturgal, ao que está nominado Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, convidaba a participar.
Ent. Miguel Abreu - IV Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade 24.11.2017 6:06
O pavillón de Valença acolle este domingo de 11 a 19h o IV Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade no que participarán 300 bailaríns.
Ent. Jorge Aldir do Betún - Programación 24 e 25 novembro 24.11.2017 4:41
Hoxe a partir das 22h haberá discobeta no Betún, na rúa Cuenca de Tui. E mañá Sheila Patricia presenta o seu novo disco "El camino de los sueños". A entada para os socios beta mañá é de 2€.
Ent. Eulogio Pardo, médico - Charla Charla “De onde veñen os nenos?”, un achegamento á sexualidade do adolescente dende 24.11.2017 5:13
O doutor Eulogio Pardo Lorenzo será o responsable de impartir a charla “De onde veñen os nenos?”, un achegamento á sexualidade do adolescente dende o punto de vista dun pai e dun médico. A cita será hoxe ás 20.30h no Liceo Casino de Tui.
Ent. Noemi Chantada, directora de La Mujer Invisible - Estrea do documental en Tui 22.11.2017 4:57
O salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, acollerá hoxe ás 18.30h a proxección da curtametraxe "La mujer invisible" ao que seguirá un debate co obxectivo de dar a coñecer a realidade da situación das mulleres que se ven na obriga/coacción de exercer a prostitución e tamén de que se visualice o traballo da asociación Médicos del Mundo. A directora deste documental Noemí...
Ent. Manuel Pereira, CMVMC de Areas - Curso de Cogomelos 21.11.2017 4:39
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas organiza para o sábado 2 de decembro un curso de Cogomelos. Ten carácter gratuíto e ofertan 25 plazas. Comezará ás 9.30h no Centro Cultural Seixos Albos de Areas cunha charla informativa sobre o mundo dos cogomelos, para realizar a continuación unha saída ao campo. Os Inscrición no 617 395 929 ou no correo seixosalbos@gmail.com
Ent. Fernando Collazo, pte. As. Viguesa de Dj's - Evento solidario "Máis Música Menos Lumes" 17.11.2017 12:21
A Asociación Viguesa de Dj's organiza esta fin de semana un festival solidario para recaudar fondos para os lugares afectados pola vaga de lumes. Falamos desta cita con Chimo Cabreira e con Fernando Collazo, presidente da Asociación.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.