Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Marcos Míguez, do Motoclub Os de Sempre - IV Papanoelada Moteira Solidaria 22.12.2017

Dende o paseo da Corredoira sairá a IV Papanoelada solidaria organizada polo Motoclub Os de Sempre. A cita será a partir das 15.30h do domingo e pasarán por distintas casas culturais, amais de achegarse ata Valença. Falamos desta iniciativa con Marcos Míguez, que nos explicou algunha outra proposta que terán durante a mañá.

Ent. Teresa Prieto,San Telmo, Marta Rguez., Ponte das Febres, e J. Manuel Mtnez., C. Sociocomunitario - Corais Panxoliña 22.12.2017

Mañá sábado terá lugar outra das citas coa música típica do Nadal no Concerto de Panxoliñas a cargo das corais tudenses, a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, a Coral San Telmo de Tui, e a Coral Polifónica Ponte das Febres. Será na Igrexa de San Francisco ás 20h. Falamos con un representante de cada unha delas.

Ent. Esther Sánchez, da AC BEtún, e Adrián Pérez, membro de Radio Bungalow - Programación Betún 22 e 23 de decembro 22.12.2017

Dentro da programación musical que cada semana ofrece a Asociación Cultural Betún temos dúas propostas para esta finde semana. A primeira delas será hoxe ás 22h co atípico dúo de guitarra clásica e saxo, Ramilo & Fraile. A segunda será mañá con Radio Bungalow, que volve cun tono moito máis eléctrico. Falamos destes dous concertos con Esther Sánchez e cun dos membros de Radio Bungalow, Adrián Pérez...

Ent. Eduardo Cadenas, de Amigos da Catedral - Mostra de Beléns e concusos de Beléns e Panxoliñas 22.12.2017

Esta tarde na Catedral de Tui inaugurase a mostra de Beléns que inclúe o gran nacemento que se instala cada ano e representacións de beléns de distintos puntos do mundo. Falamos dese acto con Eduardo Cadenas, de Amigos da Catedral, quen nos deu tamén datos sobre os concursos de Beléns e de Panxoliñas para os que o prazo de inscición remata mañá.

Ent. Iago Ramilo e Miguel Fraile, saxofonista e guitarrista - Concerto de Ramilo&Fraile no Betún 21.12.2017

Dentro da programación musical que cada semana ofrece a Asociación Cultural Betún temos dúas propostas para esta finde semana. A primeira delas será mañá venres ás 22h co atípico dúo de guitarra clásica e saxo, Ramilo & Fraile. Tivemos ocasión de falar con seus componentes, Iago Ramilo ao saxofón e Miguel Fraile á guitarra, que, amais de tocar na RMT algunhas pezas en directo, nos contaron un pouc...

Ent. Esteban Alonso - Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Tui 21.12.2017

Mañá ás 21h a Orquestra Sinfónica de Tui ofrecerá no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Nadal no que participará tamén a coral da Academia da Música da Fortaleza de Valença. Esteban Alonso, membro do Conservatorio de Tui.

Ent. Alfonso Rueda - Presentación do novo edificio xudicial de Tui 19.12.2017

O novo edificio xudicial de Tui será unha realidade no primeiro semestre de 2019. Así o afirmou esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación do proxecto realizado no salón de sesións da casa do concello. Xunto co alcalde, Carlos Vázquez Padín, o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e o arquitecto Angel Cid, deron a coñecer os pormenores do proxecto que suporá un investi...

Ent. Patricia Rodríguez, pta. de ACUBAM - Xornadas de Presentación do Plan Estratéxico do Sector Agrario do Baixo Miño 19.12.2017

Ás 16h presentarase no salón de plenos do Concello de Tomiño o Plan Estratexico do Sector Agrario do Baixo Miño nunhas xornadas abertas para facilitar a creación dun espazo de reflexión e intercambio de información entre grupos de interese do sector e entre a cidadanía. A apertura das xornadas contará con participación de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Patricia Rodríguez, presidenta de AC...

Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI - Concurso de escaparates e proxecto 'América' 18.12.2017

Acitui, a Asociación de Comerciantes de Tui, conta este Nadal con un concurso de escaparates no que aínda se pode participar, xa que o prazo para inscribirse é finalmente ata este venres 22. Contóunolo o presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco. Pero amais con el falamos tamén da Asamblea que celebraron o pasado venres 15 e do proxecto "América" para homenaxear aos emigrantes galegos a ese contine...

Ent. Rosendo Bugarín, médico - Presentación do libro "Violencia de Género. Aspectos éticos en la atención primaria" 18.12.2017

A sala Félix Rodríguez no edificio da Área Panorámica de Tui acolle mañá a partir das 19.30h a presentación do libro escrito polo doutor Rosendo Bugarín “Violencia de género. Aspectos éticos en la atención primaria”. Estivemos a falar con Rosendo Bugarín sobre este traballo e sobre a evolución nas últimas décadas do tratamento da violencia de xénero dende as consultas de medicina xeral.

Ent. Manu Garrido, padeeiro - Polémica en redes por comentario do alcalde 18.12.2017

O padeeiro tudense amosouse hoxe doído polo comentario feito sobre el polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín. Explicou que o que máis dano lle fixo foi que dixese que era unha persoa acomodada, cando leva traballando dende os 16 anos na hostalería.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Polémica en redes por comentario sobre Manu Garrido 18.12.2017

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reiteirou hoxe na nosa sintonía as desculpas polo comenterio que fixo nun tuit sobre o padeeiro Manu Garrido, recoñecendo que foi un erro esa alusión. Tamén se referiu ao proxecto de remodelación do centro municipal de piragüismo, ou a presenza mañá en Tui de Alfonso Rueda para presentar o proxecto do novo edificio xudicial.

Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui - II Torneo de Nadal 15.12.2017

O vindeiro venres 22 de decembro celebrarase no Pavillón do IES San Paio de Tui o II Torneo de Nadal organizado polo Club Badminton Tui e patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Estivemos a falar con Marisa Giráldez sobre este evento deportivo que se desenvolverá entre as 16h e as 21h.

Sheila Patricia, cantautora - Concerto na Asocación Cultural Betún 15.12.2017

A programación para mañá da Asociación Cultural Betún chega con triple proposta e un dos pratos fortes é o concerto de Sheila Patricia, intérprete e compositora que define o seu traballo como "world music" ou "folclore do mundo" e que presenta o seu primeiro disco "El Camino de los Sueños". Estivemos a falar con ela e tivemos o privilexio de escoitar dous temas en directo. Amais Sergio Alonso deun...

Ent. Juanjo España, do C. Actividades Acuáticas Minho - VI Trofeo Eurocidade de Natación 15.12.2017

Mañá a partir das 16.30h (hora española) a Piscina Municipal de Valença acollerá o VI Trofeo Eurocidade de Natación. Estivemos a falar con Juanjo España sobre esta proba que se vai consolidando ano a a ano.

Ent. Emilia Rosende - XXIV Certame de Poesía na Escola (última edición) 15.12.2017

Mañá sábado ás11h entréganse na aula Félix Rodríguez da Área Panorámica os premios do XXIV Certame de Poesía na Escola. Trátase dun certame organizado pola presidenta da Asociación de Poesía Baixo Miño, que chega este ano á súa última edición, xa que Emilia Rosende non se ocupará máis de organizalo. Estivemos a falar con ela sobre un certame que a acompañou durante moitos anos e que lle deixa gran...

Ent. Magín Blanco - Presentación de 'Camiños' na Asociación Cultural Betún 14.12.2017

Magín Blanco estará este sábado ás 18h na Asociación Cultural Betún para presentar o seu libro-cd "Camiños". Trátase dun proxecto multidisciplinar que inclúe relatos, ilustracións e cancións. Estivemos a falar sobre el e sobre a presentación do sábado con Magín Blanco.

Ent. Ánxeles Ferrer, pintora e ilustradora - Mostra na Biblioteca Municipal de Tui 14.12.2017

A ilustradora e pintora Ánxeles Ferrer espón a partir de mañá na Biblioteca de Tui unha selección de 25 cadros de pequeno e mediano tamaño nos que prima o traballo con acrílico. A mostra inaugúrase mañá na Área Panorámica e estará ata o vindeiro 10 de xaneiro. Moitos dos cadros son recreacións das súas ilustracións. Estivemos a falar con ela sobre o seu traballo.

Ent. Javier Argüelles e Fátima García, de Chirlo Mirlo - Proxecto "Sorrisos por tiritas" da Asociación Berce 14.12.2017

Javier Argüelles é o doutor Wocky e Fátima García a doutora Mirlo. Son dous dos "doutores tirita" que visitan aos nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro como parte do proxecto "Sonrisas por tiritas" da Asociación Berce. Estivemos a falar con eles desta iniciativa para facerlle máis fácil aos cativos o seu tempo no hospital.

Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Música de Tui - Concerto Solidario 13.12.2017

Mañá ás 20.30h o Teatro Municipal na Área Panorámica acollerá un concerto solidario organizado polo Conservatorio e a Escola de Música de Tui. A entrada será coa entrega de alimentos nos perecedoiros para SOS Tomiño-Baixo Miño. Estivemos a falar co director da Escola de Música e o Conservatorio de Tui, Rubén López sobre esta proposta.

Ent. Eva Martínez, pta. Asociación de Afectados de Deleción 1p36 - Calendario solidario "Sorrisos que contaxian" 13.12.2017

Esta semana a Asociación de Afectados de Deleción 1p36 presentou na Deputación de Pontevedra o seu calendario solidario para 2018 "Sorrisos que contaxian". Estivemos a falar con Eva Martínez, presidenta da Asociación sobre esta iniciativa na que os nenos coa enfermidade posan con persoeiros do mundo do deporte, a música ou o teatro.

Ent. José Martínez Tato, pte. Club Andatui Regodapedra - Andaina Solidaria 13.12.2017

O Club Andatui Regodapedra celebrará este domingo, con saída ás 10h dende o palco da música de Tui, unha andaina solidaria que está pensada como un paseo por Tui e Valença accesible para todos. Para participar solicitan simplemente a aportación de alomenos 1 quilo de alimentos, poden ser tanto produtos de Nadal como alimentos non perecedoiros. Estuvemos a falar desta iniciativa con José Martínez T...

Ent. Iria Márquez, intérprete de signo, e Cora Sayers, artista - Concerto en lingua de signos no White Clover 12.12.2017

Esta fin de semana o White Clover será escenario dunha proposta musical inclusiva. Trátase dun concerto no que Cora Sayers porá a música e a voz e Iria Márquez se encargará de interpretar as súas letras en lingua de signos. Tivemos ocasiónd e falar coas dúas sobre esta iniciativa. A cita é o venres ás 21.30h.

Ent. Nahir Soriano, xerente de La Mona Azul - Campaña solidaria de recollida de xoguetes 12.12.2017

La Mona Azul está a levar a cabo este ano a iniciativa “Os teus xoguetes dan sorrisos”, unha recollida solidaria de xoguetes para os nenos de familias sen recursos en colaboración de Conrazones e SOS Tomiño. Falamos sobre esta campaña coa xerente de La Mona Azul, Nahir Soriano.

Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - programación de Valença Natal 07.12.2017

Valença conta cun extenso programa para celebrar o Nadal durante todo o mes de decembro. Dende onte e ata o sábado pódense visitar os postos da Fortaleza de Chocolate, amais contan con iniciativas pensadas para os nenos como Duendilandia e propostas para disfrutar en familia como a pista de xeo Valença Ice ou o Mercado de Natal. Deunos conta de todas as actividades o vereador de Cultura, José Mont...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.