Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Carlos Balea, presidente de Banta - Nova campaña 08.01.2018 9:46
Banta, O Banco de Tapóns do Baixo Miño, inicia o ano cunha nova campaña de recollida de tapóns. Trátase da campaña nº13, que está en marcha dende hai algúns días e coa que colaborarán con un adulto e dous menores. Estivemos a falar sobre o inicio desta nova campaña con José Carlos Balea, presidente da Asociación, que nos deu máis detalles sobre cada un dos casos que forman parte da campaña.
Ent. José Ángel Taboada, presidente do PP - Situación política local 08.01.2018 13:42
A renuncia presentada á acta de concelleiro por José Rodríguez abre ás portas á que entre na corporación municipal de Tui o seguinte na lista do PP, José Prada Álvarez. O presidente do PP local, José Ángel Taboada, agradeceu o traballo feito a José Rodríguez, e indiciou a disposición amosada por Prada para ser concelleiro. Pendentes están agora de reunións tanto co goberno local coma do propio par...
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, xerente Xacobeo - Datos ano 2017 Camiño de Santiago 08.01.2018 16:57
Máis de 300 mil peregrinos obtiveron en 2017 a Compostela, aínda que dende o Xacobeo calculan que poden ser un 20% máis os peregrinos que chegaron a Santiago. Así o explicaba o seu xerente, Rafael Sánchez Bargiela. Este 2018 será o ano do Camiño Portugués a Santiago, unha vía que transitan o 20% dos peregrinos que van a Santiago, sendo o segundo itinerario cara Compostela. Está previsto o investim...
Ent. Piño Gómez e David Rodríguez - Experiencia do Rallie Solidario 05.01.2018 12:49
Piño Gómez, David Rodríguez e Manuel Rial realizaron do 26 de decembro ao 4 de xaneiro un Rallie Solidario que os levou até Marrocos. Hoxe contáronnos coma foi esta experiencia na que percorreron 4.800 quilómetros.
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Cabalgata Internacional de Reis 2018 sae ás 17h 05.01.2018 1:24
Ás 17h sae do albergue de peregrinos en Valença a Cabalgata Internacional de Reis, que tras un percorrido de 3,5h chegará ao Paseo da Corredoira en Tui ás 19h. Os Reis recibirán aos nenos na carpa situada fronte ao Seminario Menor. O concelleiro de Cultura de Tui, Eduardo Freiría, confirmou que se aposta por realizar o percorrido completo da cabalgata ao mellorar a previsión do tempo.
Ent. Sara Alonso e Pablo Comesaña do Betún - Programación fin de semana 05.01.2018 9:47
Balance do concerto de fin de ano celebrado o pasado sábado, e a proposta musical que chega este domingo con The Selva, foron os dous temas que abordaron hoxe Sara Alonso e Pablo Comesaña.
Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Cabalgata de Reis 2018 05.01.2018 3:02
Seis carrozas formarán parte esta tarde da Cabalgata de Reis de Salceda que sairá ás 18h dende a Devesa e chegará á praza do Concello. Teresa Pérez é a concelleira de Cultura de Salceda.
Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Cabalgata de Reis 2018 05.01.2018 4:07
Ás 18h sairá da Alameda da Guarda a Cabalgata de Reis que rematará na Casa dos Alonso. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda, deu conta dos detalles, e da recepción real que haberá no remate para os nenos.
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Cabalgata de Reis 2018 05.01.2018 2:33
Ás 16.30h sairá do Alivio a Cabalgata de Reis de Tomiño, na que participarán as treboadas de Tomiño, que rematará no Seixo onde será recibida pola corporación municipal. Logo os nenos poderán falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, e haberá un sorteo de agasallos.
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Cabalgata de Reis 05.01.2018 2:31
Os Reis Magos visitan dende ás 11h as parroquias de Oia nun percorrido no que van visitar todo o municipio. Rematarán esta tarde no Mosteiro e no CEP Mestre Manuel García onde terán animación infantil, chocolatada... e para rematar ás 19h estarán en Mougás, segundo explicou a alcaldesa Cristina Correa.
Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis 05.01.2018 5:14
Dende primeira hora desta mañá os Reis Magos están a percorrer as parroquias e barrios rosaleiros, nunha cabalgata que esta tarde os levará de regreso á praza do Calvario, onde recibirán aos nenos e compartirán un chocolate. Mentres na sala de exposicións celébrase o Mercado de Reis. Así nolo explicou a concelleira de Cultura, Charo Tabales.
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Cabalgata Internacional de Reis 2018 04.01.2018 7:08
A de mañá será unha das citas máis agardadas do ano, sobre todo polos máis pequenos da casa. Melchor, Gaspar e Baltasar, terá que traer na carroza o paraugas, pero iso non impedirá que reciban aos nenos e xunto coa comitiva real protagonicen a Cabalgata Internacional. Eduardo Freiría, o concelleiro de Cultura de Tui, deu conta dos preparativos e da decisión final do percorrido que se tomará mañá a...
Ent. Eduardo Cadenas, de Amigos da Catedral - Concusos de Beléns e Panxoliñas 03.01.2018 1:58
A Catedral de Tui acolle ás cinco desta tarde o Concurso de Panxoliñas e se fallará o concurso de beléns. Eduardo Cadenas, presidente da Asociación Amigos da Catedral, deunos os detalles.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Pasamento de Mario Rodríguez 02.01.2018 6:20
Onte faleceu en Figueiró, Tomiño, Mario Rodríguez, aos 86 anos pintor e testemuña da memoria dun pobo. Precisamente foi o homenaxeado o pasado mes de setembro no acto cívico do Alivio. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, falounos hoxe de Mario Rodríguez.
020118 Teresa Dguez, dtra do CRA Mestra Clara Torres - Calendario Competencial 02.01.2018 4:01
"Aprendizaxes para a vida" é o título do Calendario Competencial de 2018 elaborado polo CRA Mestra Clara Torres e editado pola Deputación de Pontevedra. Vai dirixido a escolares de infantil, e por vez primeira tamén aos que cursan Primaria. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres contounos todos os detalles desta publicación.
020118 María Salinas e Berto Pirata autores - Libro solidario Elefantes de papel 02.01.2018 10:46
Este xoves, 4 de xaneiro, ás 20h presentarase no Centro Cultural da Guarda do libro “Elefantes de papel” que reúne 52 relatos cortos escritos en galego e castelán por María Salinas e Berto Pirata. As ilustracións que acompañan a cada historia foron realizadas por Humberto Ademar Farias Iglesias. Un euro da venda de cada exemplar deste libro será doado á Asociación Conrazones.
Ent. Esther Sánchez, Aloia Martínez e The Swinging Flamingos - Concerto de Fin de Ano 30.12.2017 11:16
A Asociación Cultural Betún vai despedir o ano con música. Hoxe dende ás 19h na súa sede na rúa Cuenca celebrarán o Concerto de Fin de Ano co Coro Mistura Vocal e The Swinging Flamingos. Esther Sánchez do Betún, Aloia Martínez de Mistura Vocal e contáronnos todos os detalles desta cita.
Ent. Iván Fernándezz - VI Baño Fin de Ano 30.12.2017 7:18
Este será o sexto ano no que un grupo de amigos despedirá o ano en #Tui dándose un chapuzón no río Miño
Ent. Mari Valverde - Pecha a librería Valverde tras 58 anos de historia 29.12.2017 4:53
Tras 58 anos de historia hoxe sábado a librería papelería Valverde pechará as súas portas. Atrás deixa clientes, que se transformaron en amigos, e varias xeracións dunha mesma familia que depositaron neles a confianza para as súas compras de libros de texto, material escolar, prensa... Mari Valverde explicaba na nosa sintonía que estos últimos están a ser días moi emotivos.
Ent. Néstor Rodríguez, Adolfo Besada, Vicente Álvarez. e Roberto Iglesias - Concerto de Fin de Ano 28.12.2017 15:02
Mañá ás 21h o Teatro Municipal de Tui, no edificio da Área Panorámica, acolle o segundo concerto destas datas, o Concerto de Fin de Ano, que correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral San Telmo. Será un concerto solidario no que as entradas se poderán retirar no despacho de billetes a partir das 19.30h a cambio da entrega de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño. Esta mañá falamos...
Ent. Xabier Añoveros Trias de Bes - Presentación do libro "La noria del siglo XXI" 28.12.2017 6:14
Xabier Añoveros Trias de Bes presentará hoxe xoves, ás 19.30h, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica o seu primeiro libro de ficción "La noria del siglo XXI". No seu haber ten numerosas publicacións, sobre todo de carácter xurídico e histórico, e con esta novela apostou por dende a ficción plasmar a Barcelona de 2010 a través de trinta e dous personaxes. Tui tamén aparece nos seu relato.
Sorteo das Cestas de Nadal de ACITUI 28.12.2017 2:44
Esta mañá estiveron na Radio Municipal de Tui Sandra Guarreiro, técnica de ACITUI, e José Díez, un dos vogais, para facer o sorteo de dúas cestas de Nadal. Para participar os clientes dos distintos establecementos que forman parte da Asociación podían comprar as papeletas durante esta campaña de Nadal. Os números premiados foron o 422, vendido en Joyería José Antonio, e o 327, vendido en Peluquerí...
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Actividades de Nadal 27.12.2017 6:42
Os concertos de Nadal e Fin de Ano, e as actividades de dinamización infantil forman parte da oferta elaborada pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente para estas festas. O seu responsable, Eduardo Freiría, deu conta das mesmas esta mañá na nosa sintonía.
Ent. Piño Gómez, presidente de Conrazones - Rallie Solidario 26.12.2017 5:48
Ás once desta mañá partiron da praza do Reló na Guarda os dous todo terreos de Conrazones que participarán coa ONG Rallie Soliario nun percorrido por África que os levará até o Atlas levando distintos material. Piño Gómez, presidente de Conrazones, que participa nesta iniciativa por segundo ano consecutiva lembrou cóma foi a experiencia o ano pasado. Deunos conta do percorrido que van realizar de...
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura de Tui - Propostas de Nadal para os nenos 22.12.2017 3:18
A programación de Nadal de Tui inclúe propostas para os máis pequenos durate os dúas 26, 27 28 e 29 de decembro e para o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Celebraranse no edificio da Área Panorámica e no Cárcere Vello. Deunos máis detalles destas actividades e doutras co gallo do Nadal Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura do Concello de Tui.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.