Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Pedro Toro e Esther Sánchez- Carteis da Asociación Cultural Betún e programación do 27 de xaneiro 26.01.2018

Esta mañá Esther Sánchez contounos a programación desta fin de semana na Asociación Cultural Betún, que contará mañá sábado coa presenza do seu colaborador habitual Dj Funkente. Amais tivemos ocasión de falar con Pedro Toro, que se ten encargado en moitas ocasións de realizar os carteis para os concertos do Betún.

Ent. Juanma Quelle, coach e autor do libro 'Territorio Felicidad' - Evento benéfico nas Neves 25.01.2018

Juanma Quelle, coach e autor do libro “Territorio Felicidad” participa este sábado a partir das 18.30h nun evento benéfico que terá lugar no Auditorio Municipal das Neves. A finalidade do evento é a recadación de fondos para colaborar tras os lumes nese Concello.

Ent. Mónica Pampín - Programa Ponte ao Emprego da Asociación de Empresarios As Gándaras do Porriño 25.01.2018

A Asociación de Empresarios As Gándaras do Porriño leva a cabo este ano unha nova edición do programa Ponte ao Emprego, financiado pola Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Este ano participan 85 mozos menores de 30 anos, dos que unha gran parte son de Tui coa colaboración do Concello. Estivemos a falar sobre este programa con Mónica Pampín, coordinadora do mesmo, que nos deu má...

Ent. Suso Corral e Fina Fernández - Gala de homenaxe a Antón Corral 25.01.2018

O músico e mestre de gaiteiros Antón Corral será homenaxeado mañá no Teatro Municipal de Tui nunha gala organizada polo Concello. Estivemos a falar con Suso Corral, fillo de Antón Corral, e con Fina Fernández, autora do libro “Antón Corral. A alborada dun soño”, sobre unha homenaxe que contará coa participación dalgúns dos seus alumnos como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Anxo Pintos. Amais estarán...

Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Prazo de Inscrición do Entroido 23.01.2018

Até este venres está aberto o prazo de inscrición para participar no desfile de comparsas de Entroido do venres de Foliada en Tomiño. Este ano dende o Concello decidiron cambiar as bases e as prazas non se cubrirán por orde de inscrición, senón que será un comité o encargado de seleccionar as comparsas e carrozas participantes en caso de que haxa máis de 20 inscritas Falamos sobre os prazos e as c...

Ent. Ángel Ramón Mtnez Ramos, pte CM Areas - Asemblea Xeral 23.01.2018

A baixada do prezo da madeira fará que a Comunidade de Montes de Randufe teña que baixar o importe do seu orzamento para este 2018 e consecuentemente as actuacións a realizar. Así o explicaba hoxe o seu presidente Ángel Ramón Martínez Ramos, falando dos temas que tratarán na asemblea xeral que van celebrar este domingo. Será ás 9 en primeira convocatoria e ás 11h en segunda na casa cultural de Ran...

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e Patrimonio - Novidades do PECH e a ARI e convenio cultural con Abanca 22.01.2018

Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui, visitou esta mañá a RMT para falar de distintos temas nos que están a traballar nas súas áreas. En primeiro lugar deunos conta do convenio que o Concello acaba de asinar con Abanca e coa súa obra social, Afundación, para acoller en Tui a mostra fotográfica "Auga, o sangue da terra". Amais falounos dos últimos...

Ent. Javier Pérez, secretario Cámara de Comercio - Xornada presentación DepoEmprende 19.01.2018

A Cámara de Comercio de Tui acollerá o próximo mércores, 24 de xaneiro, de 10 a 11.30h a presentación do proxecto depoEmprende 2017. Trátase dun proxecto no que a Cámara colabora coa Deputación. É un obradoiro dirixido a persoas que esteán pensando en pór en marcha o seu propio negocio ou empresa.

Ent. Maddi Sanz e Ismael Cabaleiro, dúo Nuri, e Esther Sánchez e Álex Farrepeira - Programación Betún 19 e 20 de xaneiro 19.01.2018

Esta fin de semana a Asociación Cultural Betún volve cunha ampla programación musical. Hoxe terán a súa habitual Jam Session e mañá a programación será dobre con oferta para os cativos e para adultos. Ás 18h o dúo Nuri ofrece o conto musicado para nenos "La historia de los sentimientos" e ás 22h volverán actuar para presentar o seu primeiro disco "Alalá". Contáronnos os detalles Esther Sánchez e Á...

Ent. Felicitas Iglesias, Asociación Parkinson Baixo Miño - Curso de Coiro 19.01.2018

A Asociación de Parkinson do Baixo Miño está a impartir os luns de 17 a 19h no centro Sociocomuntario un Curso de Coiro para o que teñen prazas vacantes. O prezo é de 10€ ao mes, sendo os fondos recadados para a asociación.

Ent. Marisa Giráldez, pta. Bádminton Tui - Torneo TTR SUB11 e SUB17 de Bádminton 19.01.2018

O pavillón do IES San Paio acolle este domingo, dende ás 10h, o Torneo TTR SUB11 e SUB17 de Bádminton no que o club Bádminton Tui estará representando por 12 deportistas. Marisa Giráldez, presidenta de Bádminton Tui, resaltou que é un logro importante contar na cidade cun torneo a nivel galego.

Ent. Rodrigo Arbones, promotor do proxecto -Peregrinaxe en barcos de Remo 18.01.2018

Facer o Camiño de Santiago en barco de remo será posible este verán grazas ao proxecto que está en marcha promovido por Rodrigo Arbones. Tui será a base e punto de partida desta peregrinación coa colaboración dos clubs de remo locais. Os barcos empregados serán os fabricados en kit por Alec Jordan, cuxa ensamblaxe se faría en Tui. Deunos todos os detalles o promotor da iniciativa Rodrigo Arbones.

Ent. Marcos Pérez e José Sabucedo, de ISV Consultores Reconstructores de Accidentes S.L 18.01.2018

ISV Consultores y Reconstructores de Accidentes S.L. é unha empresa do Porriño que se dedica a dar soporte técnico para a investigación de accidentes. Teñen desenvolvido o software SamRAT como ferramenta para facilitar a reconstrucción de accidentes e colaboraron na identificación do coche do por entonces presunto asasino de Diana Quer.

Ent. Edgar Martínez, de A Túa Horta - Obradoiro de iniciación á agricultura orgánica en Areas 17.01.2018

Este sábado terá lugar no Centro Cultural de Areas Os Gaios un obradoiro de iniciación á agricultura orgánica a cargo de Edgar Martínez, de A Túa Horta e coa colaboración da Comunidade de Montes de Areas. Será unha xornada dedicada a distintos aspectos relacionados coa agricultura orgánica e ecolóxica como o solo, a fertilidade,o rego ou a flora e a fauna dunha horta. Así nolo contou Edgar Martíne...

Ent. Joaquín Cadilla - Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro" 17.01.2018

Nos últimos meses conformouse na Guarda unha nova asociación co obxectivo de recuperar o patrimonio mariñeiro da vila baixo o nome de Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Tivemos ocasión de falar co seu presidente, Joaquín Cadilla, que nos explicou que o obxectivo é que non desaparezan as tradicións mariñeiras da Guarda, así como recuperar a historia das embarcacións, os utens...

Ent, Manel Riveiro - Calendario Solidario 2018 17.01.2018

Por segundo ano consecutivo dende Manel Riveiro Peluqueros presentan un calendario solidario co que colaboran con SOS Tomiño-Baixo Miño. Trátase dunha reportaxe que segue a estética hipster e pin-up do ano pasado incorporando máis presenza de exteriores que agora mesmo están en plena campaña de venda de calendarios con moi bos resultados.

Ent. Rafael Cuíña, alcalde de Lalín - Presentación en Tui da 50 Feira do Cocido de Lalín 16.01.2018

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña acompañado do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín realizou hoxe a presentación oficial aos medios de comunicación da edición número 50 da Feira do Cocido de Lalín na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui. Antes tivemos ocasión de falar con Rafael Cuíña, alcade de Lalín, na RMT sobre esta presentación promocional e sobre a Feira do Cocido

Ent. José Prada, número seis da lista do Partido Popular - Próximo edil do Concello de Tui 15.01.2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, ten intención de deixar fóra do goberno a José Prada, novo edil do PP que tomará posesión despois da dimisión de José Rodríguez por motivos de saúde. Durante a semana pasada tiveron lugar distintas reunións entre José Prada e o alcalde de Tui, e tamén presidente do PP provincial. Así nolo explicaba o propio José Prada.

Ent. Esther Sánchez, da AC Betún, e Galo Cant'Às Duas - Programación Betún 13 de xaneiro 12.01.2018

Mañá o Betún ten nova proposta musical coa actuación do dúo portugués Galo Cant'Às Duas. Deunos os detalles da programación Esther Sánchez e tivemos ocasión de falar con un dos membros de Galo Cant'Às Duas.

Ent. Jesús María Fernández Portela - fin da súa etapa como alcalde 12.01.2018

Jesús María Fernández Portela pon fin á súa etapa como alcalde do Rosal despois de case 19 anos ao fronte da corporación municipal. Tivemos ocasión de falar con el sobre esta decisión, que toma a piques de cumprir os 65 anos, xa que dí que chega o momento da xubilación e de deixar paso ás novas xeracións.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Peche da Rúa Bispo Salvado pola caída da cuberta dunha vivenda 11.01.2018

As fortes chuvias que caeron durante a mañá de onte en Tui provocaron varios desperfectos en Tui. O principal problema foi a caída do tellado dunha vivenda na rúa Bispo Salvado que provocou o corte da rúa tanto para o tránsito de vehículos como de peóns. Así nolo explicaba esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín.

Ent. Silvia Capón, da Asociación Mind & Soul Arte e Benestar - "Os Camiños do Ceo. Astronomía para xente miúda" 11.01.2018

Dende a Asociación Mind & Soul, Arte e Benestar, con sede en Salceda, están a organizar para este sábado 13 unha actividade para nenos de entre 5 e 12 anos como parte da inciativa “Os Camiños do Ceo. Astronomía para xente miúda”. Deunos máis detalles Silvia Capón.

Ent. José Montes, Lis Montes, Fernando Dacosta, Mª José Fernández - III Mostra da Camelia Cidade de Tui 10.01.2018

Tui terá este mes unha importante cita coa III Mostra da Camelia Cidade de Tui. Tivemos ocasión de falar cos membros da directiva da Asociación Amigos Tudenses da Camelia que organiza este evento. José Montes, Lis Montes, Fernando Dacosta e Mª José Fernández déronnos conta do que se poderá ver na mostra e tamén doutros proxectos da Asociación.

Espazo Xove - Martes, 9 de xaneiro de 2018 09.01.2018

Dende o Espazo Xove a súa directora, Mónica Bugarín, deunos conta das novidades nos prezos para o carné de alberguista, o curso convocado pola DGT para profesor de formación viaria ou as achegas do Ministerio de Educación para realizar un Máster nos EEUU.

Ent. Fernando Ferreira, pte. Asociación de Pescadores do Río Miño - Campaña da lamprea 09.01.2018

O pasado 3 de xaneiro comezaba a tempada da lamprea no río Miño, unha campaña que nestas primeiras xornadas está a ter poucas capturas. Estivemos a falar con Fernando Ferreira, presidente da Asociación de Pescadores do Río Miño, que nos explicou como nos anos máis secos a cantidade de lamprea é menor e dos problemas engadidos que están a ter pola presenza dunha alga invasora.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.