Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Entroido 2018 08.02.2018

A recuperación do Entruido Tradicional é unha das novidades que presenta este ano o Entroido en Salceda, un municipio onde este festexo conta con gran raigame, e onde o tradicional enfrontamento entre os barrios da Feira e Castro Barreiro volverá estar presente un ano máis. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda, falounos deste Entroido 2018

Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Entroido 2018 08.02.2018

Os escolares puxeron hoxe a primeira nota de cor ao Entroido da Guarda co desfile que protagonizaron esta mañá dende a Alameda polas rúas da vila. A programación continua xa na fin de semana con diversas actividade e culminará o martes co desfile-concurso. Coma novidade este ano sete restaurantes ofrecen o "Menú de Entroido". Deunos os detalles Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda

Ent. Mila González, voceira de CsT - 100 días de goberno 08.02.2018

Estes cen días de goberno teñen sido de moito traballo, e máis complicados do que agardaban a priori, con total sintonía entre os concelleiros que forman parte dese goberno. Así o explicaba a concelleira de Ciudadanos Tudense, Mila González.

Ent. Alumnos de Calais, Francia - Intercambio no Indalecio Pérez Tizón 07.02.2018

Como cada ano estudantes de Calais, no norte de Francia, están a facer un intercambio con alumnos do Indalecio Pérez Tizón, e unha das súas citas habituais é o paso pola RMT. Eles mesmos nos contaron como está a ser a súa estancia e as principais diferenzas que atopan na súa convivencia con familias tudenses, principalmente relacionadas cos horarios ou cos gustos musicais.

Ent. Antonio Castro, voceiro do PP - 100 días de goberno 06.02.2018

Antonio Castro, voceiro do PP, fixo hoxe balance dos 100 días de goberno que presidente Carlos Vázquez Padín, e do que forma parte. Explicaba que hai que tomar decisións dende o primeiro día, que están tomando decisión en equipo, e que teñen que pórse ao día nos distintos temas, póndolle empeño e gañas para conseguir os obxectivos marcados. Dende o primeiro momento dicía que tiveron claro que tiña...

Ent. Juan Carlos Blanco e José Manuel Diéz de ACITUI - San Valentin, Feira Agrícola, Sabor a Tui... 06.02.2018

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui está traballando para poder celebrar durante as festas de San Telmo de novo unha feira agrícola e industrial na cidade. Así o confirmou hoxe o presidente deste colectivo, Juan Carlos Blanco, quen indicou que xa tivo contactos neste senso co Concello, e que terían coma emprazamento as instalación do CEIP nº2. Xa cursaron invitación a posibles exposi...

Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza - Nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial 05.02.2018

A nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho reúne á Deputación de Pontevedra e á CIM Alto Minho nun organismo que facilite o traballo cooperativo entre os concellos limítrofes dun e outro territorio. Ata 16 concellos do Baixo Miño e o Condado-Paradanta, xunto con dez cámaras portuguesas forman esta AECT, unha ferramenta para a cohesión da contorna do río Miño en moitos ám...

Ent. Enrique Cabaleiro do PSdG - 100 días de goberno 05.02.2018

O voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, sobre os 100 días do goberno de Carlos Vázquez Padín, amosou no ámbito persoal decepción e tristura por cómo están indo as cousas, ainda que dicía era esperado tras a moción de censura, cun desprezo á xestión do anterior goberno. Afirmaba que a oposición está a facer oposición.

Ent. Carlos Esteves - Raid TT Eurocidade de Todo Terreos 02.02.2018

150 vehículos participarán mañá en Valença no Raid TT Eurocidade de Todo Terreos. Sairán ás 9 hora española dende o cuartel dos Bombeiros Voluntarios. O 24 deste mes celebrarase un novo Raid TT pero de motos. Carlos Esteves, presidente do club organizador, Tração ás 4 Valença, falounos do evento.

Ent. Marcos Avento de Avento Producións - Aladino e a lámpada marabillosa na sala Ártika 02.02.2018

Avento producións estreou a pasada fin de semana na Sala Ártika de Vigo a montaxe teatral de “Aladino e a Lámpada Marabillosa”. Unha obra da que se pode volver disfrutar este sábado 3 de febrero ás 18h, e o domingo en función das 12h e das 18h. Ás entradas están á venda en TICKETEA. Falounos do espectáculo Marcos Avento.

Ent. Nicanor Formigo - Gravación de bandas de música e corais "A Laranxa" 02.02.2018

Falamos con Nicanor Formigo sobre a súa plataforma para a gravación de bandas de música e corais. Unha inciativa privada que leva dous anos en marcha baixo o nome "A Laranxa". As gravacións fanse tanto para discos ou como seguimento de actuacións en directo.

Ent. Diego Lorca de Titzina con La Zanja 02.02.2018

Diego Lorca e Pako Merino serán os dous actores que mañá estarán no Teatro Municipal de Tui para representar "La Zanja", a última montaxe de Titzina Teatro. Diego Lorca explicou hoxe os pormenores desta obra que conta o encontro entre dous mundos, entre un enxeñeiro que vai establecer unha mina de ouro e o alcalde que o recibe, cun enlace histórico, co paralelismo coa chegada de Pizarro e o seu en...

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Axenda Corredoira Cultural e Mostra "Auga, o sangue da terra" 01.02.2018

Esta mañá estivemos a conversar con Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, sobre a programación para os vindeiros meses logo de que a semana pasada fose presentada a Axenda Corredoira Cultural. As citas en Tui pasan polo teatro, pero tamén contan con propostas cinematográficas e inclúen o Entroido, as festas de San Telmo ou o Play Doc. Amais no seu paso pola RMT aproveitou para dar conta da inau...

Ent. Alberto González - O Silabario abrirá na sede do Celta en Vigo 01.02.2018

O cociñeiro tudense Alberto González abrirá nuns meses o restaurante Silabario na última planta da sede do Celta en Vigo. Agora mesmo están en fase de obra do novo local no que Alberto González continuará a súa aposta por unha cociña coidada, de base tradicional galega e na que non deixará de sorprender. O seu bofacer culinario foi recoñecido tanto coa Estrela Michelín coma co Sol de Repsol.

Ent. Olimpio Pérez Castro, enxeñeiro técnico industrial - Conferencia 'Incendios basta xa' 01.02.2018

Esta tarde ás 20.30h o Liceo Casino acolle a conferencia "Incendios basta xa! A verdade dos incendios", que contará coa ponencia de Olimpio Pérez Castro, enxeñeiro técnico industrial e profesor de instituto. Amais estará acompañado de representantes das distintas comunidades de montes de Tui nunha mesa redonda moderada por Emilio Alonso. Trátase dunha cita organizada por VONAGA.

Ent. Gloria Mosquera - Mamá Cabra con 'Paxaro Amigo' 01.02.2018

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres ás 20h o espectáculo "Paxaro Amigo" de Mamá Cabra. Hoxe Gloria Mosquera que forma parte do elenco da obra contounos que mesturan teatro, música, poesía...coa paz coma tema de fondo. As entradas estarán á venda dende ás 18h ao prezos de 4€ e 3€.

Ent. Carmen Núñez do BNG - 100 días de goberno 01.02.2018

Carmen Núñez, voceira do BNG, manifesta que estes cen días do novo gobernó é un folletín por capítulos, e os motivos nos que xustificaron a moción de censura non se están a cumprir no seu parecer. Por outra parte Carmen Núñez sinalaba que arestora non hai resultados do novo gobernó, indicando que a súa xestión ten que ser continuista en temas coma a tramitación do PEPCHA ou a apertura da rúa Ouren...

Ent. Evaristo Gómez - Iniciativa para facer un torso en bronce de Don Ricardo García 31.01.2018

Evaristo Gómez é o impulsor dunha iniciativa para construír unha escultura co torso de Don Ricardo García, quen foi cóengo da catedral de Tui, falecido o pasado ano. O obxectivo é que perdure a súa labor no tempo e que non se perda unha figura tan importante no ámbito social, político e relixioso da cidade de Tui.

Ent. Miguel Capón de ALT - 100 días de goberno 31.01.2018

Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense, considera que o goberno municipal que preside dende hai 100 días Carlos Vázquez Padín, segue aterrizando, e bota de menos maior prudencia por parte do alcalde, sen novidades salvo a supresión do imposto de plusvalía.

Ent. José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui - Obras na Catedral de Tui 31.01.2018

Na Catedral de Tui están a levar a cabo as obras de acondicionamento dos espazos que formaban parte da antiga residencia do bispo, do palacio episcopal, para poder destinalos a usos culturais. A intención é que nun futuro o museo diocesano e o museo catedralicio poidan pasar a ocupar esas dependencias. Estivemos a falar sobre estes traballos con José Diéguez Dieppa, deán da Catedral de Tui, que no...

Ent. Laura Llauder de O Pelouro - Espectáculo de danza 30.01.2018

Hoxe ás 18h a Abadía do Pelouro, en Caldelas, acolle o espectáculo “música para salvar vidas” de Adança de Uganda, dentro da xira que están a realizar por Europa. Trátase dun espectáculo benéfico, cuxa entrada será de 5€, os fondos serán para un orfanato de Urganda. As prazas son limitadas. Así o explicou Laura Llauder. Participará tamén a compañía Udanza da Escola O Pelouro que dirixe Laura Llaud...

Ent. Teresa Domínguez, directora CRA Mestra Clara Torres - Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación" 30.01.2018

A RMT é partícipe dun proxecto que inicia mañá da man do CRA Mestra Clara Torres. Trátase da Escola de Nais e Pais “Pensando nunha nova educación”, que poñen en marcha dende este centro educativo e que nesta ocasión contará con entrevistas e espazos dedicados á educación tamén na radio. Teresa Domínguez, a directora do CRA, estivo a falar con nós sobre esta nova edición e explicounos en qué consis...

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui - 100 días de goberno 30.01.2018

Cen días despois da toma de posesión do novo goberno tras a moción de censura os proxecto que tiña sobre a mesa o anterior goberno están paralizados ou se cambian para retrasalos. Así o indicou esta mañá o voceiro de Son de Tui, Laureano Alonso, afirmando que a moción de censura supuxo unha paralización, ao tempo que pregunta pola situación dos proxectos que estaban encamiñados ou dos aprobados ao...

Ent.. Mª Jesús Silva, concelleira de Urbanismo - 100 días de goberno 29.01.2018

A concelleira de urbanimo, Mª Jesús Silva, fixo hoxe balance dos 100 días de goberno presidido por Carlos Vázquez Padín. Referíase ao traballo arreo con gran grao de responsabilidade que están a desenvolver. Porén foi máis crítica co labor da oposición, e no ámbito político o seu balance é negativo.

Ent. Manolo Crisóstomo - Subida a pé á Romería de San Xulián 26.01.2018

Mañá celébrase no Monte Aloia a Romería de San Xulián e dende fai anos un grupo de amigos se reúnen para subir andando ata a capela na peregrinaxe que se facía antigamente. A cita para todos os que queiran participar é no café El Pilar ás 9h para chegar ás 12h, cando comezará a misa solemne con procesión. Amais farán unha parada especial nun muíño onde se degustarán papas de millo. Contóunolo Mano...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.