Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Luis Conde, representante de turismo de ACITUI - Presencia na Bolsa de Turismo de Lisboa 22.02.2018 7:33
O representante de Turismo de ACITUI, Luis Conde, viaxará até Lisboa para participar na Feira de Turismo desta cidade, a BTL, que se celebra do 28 de febreiro ata o 4 de marzo. Alí estará a vindeira fin de semana, o 3 e 4 de marzo, representando a Tui nunha das citas máis importantes do turismo en Portugal.
Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza - Nacemento da AECT Río Miño 22.02.2018 9:53
Este sábado será unha data histórica na cooperación transfronteiriza entre o sur da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal coa sinatura ante notario dos estatutos da nova AECT Río Miño, que suporá o nacemento oficial desta Agrupación Europea de Cooperación Tranfronteiriza. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio en Valença. Falounos do que significa esta nova AECT, o deputado de cooper...
Ent. Carles Vila Mumbrú, educador social e mestre na Universidade de Barcelona - Semana da Educación en Tomiño 21.02.2018 10:13
Continúa a Semana da Educación en Tomiño. Hoxe o Auditorio de Goián acollerá ás 19h a ponencia do educador social e Mestre na Universidade de Barcelona Carles Vila Mumbrú coa súa intervención “Como escoitamos e miramos ás persoas adolescentes?”. Él mesmo foi o encargado de avanzarnos algo sobre o tema.
Ent. Manuel Martínez Tato e Pachi Alonso - Concentración por unhas pensións dignas convocada por MODEPEN 21.02.2018 14:29
MODEPEN, o Movemento pola Defensa das Pensións, ten convocada unha concentración para mañá ás 11h na praza da Inmaculada en Tui. Estivemos a falar con Manuel Martínez Tato e con Pachi Alonso sobre esta iniciativa na que convidan a participar a todos os cidadáns para loitar por unhas pensións dignas.
Ent. José Luís Villar e Gerardo Calvo da Garda Civil- Pase a reserva activa de José Luís Villar 21.02.2018 13:58
O suboficial maior José Luís Villar pasará nos próximos días á reserva activa tras dúas décadas en Tui e 40 anos na Garda Civil. O venres 2 de marzo os seus compañeiros organizan unha cea homenaxe. Hoxe falamos con José Luís Villar e co capitán de Tui, Gerardo Calvo.
Ent. Nati Romero Domínguez, da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro - Actividades 21.02.2018 7:08
A Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro conta con distintas actividades abertas a todos aqueles que queiran participar e destinadas tanto a pequenos como a maiores. Moitas das súas actividades teñen prazas vacantes e Nati Romero deunos conta de cal é a oferta.
Ent. Jacobo González, do trío de jazz JJA - Concerto no Coservatorio de Tui 21.02.2018 11:34
Onte o músico Jacobo González deu un concerto no Conservatorio de Tui con seu trío de jazz JJA. Previamente na RMT tivemos ocasión de falar con él sobre este evento que forma parte da súa preparación para o fin de carreira.
Ent. Juan Carlos Blanco, pte. ACITUI - Sorteo San Valentín e iniciativas para os vindeiros meses 21.02.2018 6:35
A Asociación de Comerciantes de Tui está a traballar en distintas campañas e iniciativas para os vindeiros meses, como o concurso Saborea Tui ou a recuperación da Feira Agrícola de San Telmo. Deunos conta de todo isto o seu presidente, Juan Carlos Blanco. Amais na nosa sintonía levouse a cabo o sorteo de San Valentín.
Ent. Alba Alonso, cofundadora de RealKiddys - Semana da Educación de Tomiño 'O bullying de xénero' 20.02.2018 5:48
Ás sete desta tarde no auditorio de Goián, Alba Alonso Feijóo, cofundadora de RealKiddys, proxecto para promover a igualdade de xénero entre a infancia dende a transversalidade, impartira á conferencia ‘O bullying de xénero, ou cando o mundo rosa/azul tórnase negro’. Será na segunda xornada da Semana da Educación de Tomiño. Hoxe avanzounos o tema que vai tratar esta tarde.
Ent. Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui - Gala do deporte e Calendario Deportivo da Eurocidade 20.02.2018 14:36
Tui recoñece este venres aos deportistas e clubs destacados do 2017. Será na VI Gala do Deporte Tudense que se vai celebrar a partir das 20.30h no Teatro Municipal. Desta festa do deporte falounos o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira. Tamén se referiu ao ambicioso calendario deportivo da Eurocidade que contempla unha trintena de actividades ao longo do ano, algunas delas novidosas. Tamén falo...
Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Obras urbanización entorno novo centro de saúde e outras 20.02.2018 9:56
En breve o Concello de Salceda de Caselas rematará o proceso de contratación da obra de urbanización do acceso ao novo Centro de Saúde, na rúa Mártires de Sobredo, cun investimento de preto de 200 mil euros. Nolo contou o alcalde de Salceda, quen tamén se referiu a unha obra que cualificou de histórica, a que vai acometer a Deputación de Pontevedra vai mellorar e urbanizar parte do treito urbano d...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Semana da Educación 19.02.2018 11:48
A Semana da Educación de Tomiño chega á súa terceira edición baixo o lema ‘Da casa á escola: ferramentas para unha educación eficiente’para visibilizar a importancia da educación na sociedade. Destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos da educación. Estivemos a falar con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, sobre esta inicia...
Ent. Felicitas Iglesias, Asociación Parkinson Baixo Miño - Asemblea Anual e charla-coloquio sobre logopedia 19.02.2018 4:22
Este xoves 22 a Asociación Parkinson Baixo Miño ten dúas citas importantes. A primeira delas é a Asemblea Xeral Anual, ás 18h na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica para todos os socios. A segunda das citas é unha charla-coloquio sobre logopedia e a súa importancia nas enfermidades neurolóxicas, aberta a todo o público e de balde.
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Arraianos/Pacto de Tui, reloxo antidébeda, Entroido 19.02.2018 8:51
O goberno municipal de Tui que preside Carlos Vázquez Padín aposta pola celebración no mes de xullo do Pacto de Tui do século XII, e entenden que non habería lugar para dúas festas medievais na cidade, polo que convidaron ao Festival Arraianos a facerse cargo da parte medieval deste novo evento, convite que rexeitaron. Así o explicaba Carlos Vázquez Padín hoxe, quen tamén se referiu á instalación...
Ent. Cristina Palacios, pta. ARELAS (Asociación de familias de menores Trans) - Mostra 'Sorrisos Transformadores' en Tui 19.02.2018 4:27
Mañá inaugurase en Tui a mostra fotográfica “Sorrisos transformadores” cunha charla a cargo de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, a Asociación de familias de Menores Trans. Estivemos a falar con ela sobre esta mostra fotográfica que puxeron en marcha en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que chega a Tui despois de ter pasado por outros concellos da contorna.
Ent. Jorge Salgueiro Mendes, pte. da Câmara Municipal de Valença - San Teotónio 16.02.2018 7:21
Esta fin de semana Valença celebra a festividade do seu patrón, San Teotónio, o primeiro santo portugués e natural deste municipio. O día grande será o domingo coa Sesión Solemne como acto central, na que se fará o recoñecemento ao mérito municipal a João Guterres.
Ent. Mariano Fernández e Pablo Quiñones, do Dúo Quiñones Fernández - Programación Betún 16 e 17 de febreiro 16.02.2018 12:27
Como cada fin de semana a Asociación Cultural Betún chega coa súa programación musical. Esta noite terán ao dúo arxentino Quiñones Fernández, cos que tivemos ocasión de falar, a partir das 22h, Xa mañá sábado será a quenda de Javi Pelón coa súa sesión en vinilo dende as 23.30h.
Ent. Patricia Rodríguez, pta. ACUBAM - XV Mostra de Cultivos e Plan Estratéxico do Agro no Baixo Miño 15.02.2018 14:29
Do 2 ao 4 de marzo terá lugar a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, cita co agro que cumpre 15 anos e que marca un punto de inflexión para apostar pola profesionalización do sector. Estivemos a conversar sobre este evento con Patricia Rodríguez, presidenta de ACUBAM, quen tamén nos falou do Plan Estratéxico do Agro na comarca que puxeron en marcha co Concello de Tomiño.
Ent. María del Carmen Alonso, alcaldesa do Rosal - Primeiros días coma alcaldesa 15.02.2018 5:09
Maria del Carmen Alonso é dende o pasado sábado a alcaldesa do Rosal. Na última semana obstentou xa este cargo en funcións tras a renuncia de Jesús María Fernández Portela ao cumprir a idade de xubilación. Maria del Carmen Alonso, que leva 14 anos coma concelleira, levando até o de agora as delegacións de Servizos Socias, Muller e Igualdade, e Animación Sociocultural. Agora deixa estas dúas áreas...
Ent. Pablo Valeiras, voceiro de Alternativas na Xustiza - Folga indefinida na Xustiza galega 14.02.2018 9:15
Os traballadores da Xustiza galega están en folga indefinida dende o pasado 7 de febreiro cun seguimento por riba do 90%. En liñas xerais piden acabar coa discriminación que sofren con respecto aos demais traballadores do estado e denuncian que a Xunta está a ter unha postura inamovible. Pablo Valeiras é o voceiro da plataforma de unidade sindical Alternativas na Xustiza e explicounos máis polo mi...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Presentación Senda do Miño en Madrid 14.02.2018 9:01
Buscar financiamento para a realización da Senda do Miño que suporá un investimento de case 1,5 millóns de euros foi o obxectivo da visita que a pasada semana realizou a Madrid a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. En concreto reuniuse co subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo,nun encontro no que estivo acompañada por xefa do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra,...
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - 100 días de goberno 09.02.2018 27:15
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, pechou hoxe a rolda de conversas para valorar os 100 días do goberno que preside. Estes primeiros meses, dicía, teñen sido moi enriquecedores e está contento polo grao de coordinación que hai no equipo de goberno, destacando a aplicación do acordo programático.
Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Entroido 2018 09.02.2018 4:17
Preto de 600 persoas participarán este domingo dende ás 11h no desfile concurso de Entroido no Rosal. A súa concelleira de Cultura, Charo Tabales, falounos deste evento.
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Entroido 2018 09.02.2018 4:46
20 carrozas, 15 comparsas, 1100 persoas... participarán o próximo luns no desfile concurso de Entroido que se vai celebrar en Tui. Sairá ás 17.30h nun circuíto polas rúas novas. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, deunos conta desta cita festiva.
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Entroido 2018 09.02.2018 2:45
Máis de 1500 persoas desfilán esta noite no Venres de Foliada de Tomiño que sairá pasadas ás 21.30h do colexio Pedro Caselles. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño, deu conta de todos os detalles e destacou tamén o Entroido máis tradicional de Goián.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.