Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz "Ferruxo", de Levada Libre - Acto na Volta da Moura 09.03.2018

Mañá sábado ás cinco da tarde na Volta da Moura, entre Tui e Salceda, será reinagurado o monumento ás vítimas, coa plantación de tres oliveiras, nun acto no que tamén haberá música e poesía, segundo explicaba Manuel Vázquez de la Cruz, de Levada Libre, colectivo que está a organizar os Días da Memoria no Baixo Miño, Louriña e Condado.

Ent. José Prada, concelleiro do PP en Tui - Dimisión de José Ángel L. Taboada 09.03.2018

Esta mañá coñeceuse a decisión de José Ángel L. Taboada de dimitir como presidente do PP de Tui. Durante a mañá falamos con distintos membros do PP con cargos de responsabilidade para coñecer a súa valoración da situación, o cencelleiro José Prada foi un deles.

Ent. Moisés Rodríguez, deputado de PP no Parlamento Galego - Dimisión de José Ángel L. Taboada 09.03.2018

Esta mañá coñeceuse a decisión de José Ángel L. Taboada de dimitir como presidente do PP de Tui. Durante a mañá falamos con distintos membros do PP con cargos de responsabilidade para coñecer a súa valoración da situación, o deputado no Parlamento Galego Moisés Rodríguez foi un deles.

Ent. Rafael Pérez, pte. do Club Atletismo Tui Thermalia - Expulsión das pistas da Macoca 09.03.2018

Os deportistas do Club Atletismo Tui-Thermalia que estabana a adestrar na tarde de onte nas pistas da Macoca foron expulsados das instalacións polo presidente da Entidade Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez Martínez. Estivemos a falar sobro o sucedido con Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, que lamenta verse en medio a desacordos políticos que non teñen nada que ver co depo...

Ent. Lino Martínez, judoca - Campionato de Europa de Judo Veterano 08.03.2018

O judoca tudense, Lino Martínez, participa esta fin de semana Xenebra no Campionato de Europa de Judo Veterano na modalidade de judo tradicional na categoría M6, onde o ano pasado xa se proclamara campión de Europa en M5, e posteriormente campión do mundo. O obxectivo para esta nova temporada é revalidar estes títulos.

Ent. Carolina Figueroa, do Patinaxe Ribex - Acuden a Campionato de España 08.03.2018

O CPA Ribex viaxa mañá a Avilés para participar no Campionato de España de Grupos Show Sénior, cita onde estarán os 25 mellores equipos a nivel nacional. Estivemos a falar coa súa adestradora, Carolina Figueroa, que nos explicou cales son as súas aspiracións nesta competición.

Ent. Tomás Camacho, guitarrista, e Rubén López, director do Conservatorio de Tui - Concerto na Sala de Audicións 08.03.2018

Ás 20h a sala de audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá un concerto de guitarra a cargo do mestre Tomás Camacho. Interpretará obras de Bach, Ravel, Albéniz e Granados. A entrada é gratuíta, até completar a capacidade do local. Estivemos a falar con el e con Rubén López, director do Conservatorio e da Escola de Música.

Ent. Manuel Fernández e Manuel Vázquez "Ferruxo", de Levada Libre - Días da Memoria no Baixo Miño, Condado e Louriña 07.03.2018

Mañá xoves a Casa da Cultura Castelao en Sanceda acolle a segunda proposta de Levada Libre dentro dos seus Días da Memoria, será unha conferencia do historiador Xosé Álvarez sobre "Educación e República". O sábado terá lugar o acto central na Volta da Moura coa inauguración dun novo monolito, música e poesía.

8M - Charo Varela, avogada 07.03.2018

Hoxe mantivemos unha nova conversa co gallo do 8M. Charo Varela é avogada, probablemente a muller tudense con máis experiencia no mundo da avogacía despois de trinta anos na profesión, período no que teñen cambiado moitas cousas.

Recomendacións literarias May Acebes - 07/03/2018 07.03.2018

Novo tempo de libros no Día a Día. Hoxe May Acebes tróuxonos nas súas recomendacións literarias dous título. A proposta en castelán é a obra de Nell Leyshon "Del color de la leche" e en galego falounos de "Cartas de inverno", escrito por Agustín Fernández Paz.

8M - Laura Villaverde, actriz 06.03.2018

Na RMT de Tui imos dedicar a semana ás mulleres con gallo do 8 de marzo e hoxe comezamos unha rolda de conversas con mulleres tudenses de distintos ámbitos da sociedade. A actriz Laura Villaverde foi a encargada de inaugurar esta semana da muller.

Ent. Benito Alonso, voceiro Emigrantes retornados - Inspeccións de Facenda pensións 06.03.2018

A Axencia Tributaria está comezando a enviar novos requerimentos aos emigrantes retornados que reciben pensións do extranxeiro para que declaren eses ingresos e tributen por eles tras dous anos de tranquilidade. Falamos con Benito Alonso sobre a situación destes pensionistas e sobre o que lles reclaman dende Facenda.

Ent. Manuel Vázquez, de Levada Libre, e Xulio Leal, de Avelaíña Teatro - Días da Memoria Baixo Miño, Condado e Louriña 02.03.2018

Tui acolle mañá a primeira actividade dos Días da Memoria de Levada Libre coa representación teatral de “A Lola” de Avelaíña Teatro, unha historia que fala de todas as mulleres que sobreviviron aos seus familiares asasinados durante o franquismo. A cita será ás 19.30h no salón de actos do Instituto San Paio.

Ent. Eduardo Fernández, de Biciosos Rías Baixas - VII BTT Eurocidade 02.03.2018

Este domingo terá lugar a VII BTT Eurocidade. Con saída dende a piscina municipal de Valença contará con dous posibilidades de percorrido de 42km ou de 74km. Trátase dunha proba organizada pola Eurocidade Tui-Valença coa colaboración de Biciosos Rías Baixas e que está entre as máis importantes da BTT en Galicia.

Ent. Fran Rei - "Falar sen cancelas" no Teatro Municipal de Tui 02.03.2018

Hoxe ás 21.30h chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo "Falar sen cancelas" con Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. É unha proposta de hora e media de humor sobre a galeguidade, a lingua, as nosas costumes e ritos; unha festa de gags cómicos e situacións nas que veremos o mellor (e o peor) de nós mesmos.

Ent. Cayetano Lledó - "Sherlock Holmes" no Teatro Municipal de Tui 02.03.2018

Maxia, humor, comedia…é a proposta que da man do mago Cayetano Lledó chega este sábado, 3 de marzo, ás 19h ao Teatro Municipal de Tui no espectáculo "Sherlock Holmes". Estivemos a falar con el.

Ent. Rafael Carrera, portavoz de COXAPO - Xornada A Auga no Rural 02.03.2018

Mañá sábado COXAPO celebra no Auditorio de Goián a xornada técnica " A Auga no Rural", na que se falará de temas como os lans hidrolóxicos e as regulacións recollidas no plan da seca, tamén da problemática do gas Radón en Galicia ou das necesidades dunha óptima xestión da auga no agro.

Ent. Juan Carlos Blanco e Arán Feijoo, de ACITUI - Iniciativas do primeiro trimestres de 2018 01.03.2018

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui comeza mañá unha campaña que se desenvolverá durante os catro primeiros venres e sábados do mes de marzo. Esta mañá estivemos a conversar co seu presidente, Juan Carlos Blanco, sobre este e outros proxectos da asociación. Amais contamos coa presenza de Arán Feijoo, que se incorpora como colaborador da Asociación para participar nas súas iniciativas...

Ent. Giuseppe Rea, pintor - Exposición na Área Panorámica 01.03.2018

O pintor italiano Giuseppe Rea, afincado en Guillarei, amosará dende mañá venres, 2 de marzo, a súa obra na sala de exposicións municipal na Área Panorámica ata o 17 de marzo. Presentará unha trintena de cadros

Ent. Patricia Rodríguez e Sandra González, pta. ACUBAM e alcaldesa Tomiño - 15ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño 28.02.2018

A cita máis importante co agro no Baixo Miño terá lugar esta fin de semana na Mostra de Cultivos organizada por ACUBAM co apoio do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra, e que chega á súa edición número 15 en plena forma. Este ano será un punto de inflexión de cara á profesionalización da Mostra dentro do sector do agro. Estivemos a falar máis polo miúdo sobre este evento con Patricia R...

Ent. Montserrat Magallanes, deputada de Emprego - Presentación do programa DepoIntegra en Tui 28.02.2018

Ás 11h desta mañá na aula CEMIT, da Área Panorámica, será presentado o programa DepoIntegra Xove da Deputación de Pontevedra, que busca mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de 16 a 30 anos da provincia. Así o explicaba Montserrat Magallanes, deputada de Emprego. Para o Baixo Miño está previsto o desenvolvemento dun itinerario formativo de "Confección e publicación de páxinas web".

Rosendo Pena Besada, pte da Comunidade de Montes de Caldelas - Plantación de árbores 27.02.2018

A Comunidade de Montes de Caldelas levará a cabo o próximo martes, 6 de marzo, unha plantación de árbores autóctonas no monte comunal fronte o colexio de Caldelas, á que convidaron ao alumnado do centro. Así o explicaba esta mañá Rosendo Pena Besada, presidente da Comunidade de Montes de Caldelas. Amais da plantación os nenos terán unha pequena charla a cargo de técnicos do Distrito Forestal. Tamé...

Ent. Carolina Figueroa, entrenadora do CPA Ribex - Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos 23.02.2018

O novo pavillón de deportes de Tui acollerá o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos, organizado polo propio CPA Ribex, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui. Falamos con Carolina Figueroa, entrenadora do CPA Ribex.

Ent. Miriam Sandoval e Sergio Alonso - Programación Betún 23 e 24 febreiro 23.02.2018

Como cada fin de semana a Asociación Cultural Betún ten programación musical. Esta noite a partir das 23h habe´ra sesión Discobeta e mañá terán actuación en directo con Miriam Sandoval Trío. Estivemos a falar con ela sobre as súas versións do folclore latinoamericano e temas inéditos de poetas galegos que viviron na inmigración. Amais tivemos ocasión de escoitala en directo.

Ent. Sandra González, a alcaldesa de Tomiño - Finalistas concurso ponte peonil 23.02.2018

Álvaro Siza, Javier Zubía e Paula Teles ou Ginés Garrido son os autores veñen de copar os tres premios do concurso de ideas celebrado pola Deputación de Pontevedra para elixir o deseño da nova ponte peonil sobre o río Miño entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, amosa a súa satisfacción polo nivel dos finalistas.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.