Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Alberto Beltrán, especialista en criminoloxía - Presentación en Tui do libro 'Propaganda Terrorista' 21.03.2018

O tudense Alberto Beltrán presenta este sábado no Espazo Lector Nobel o seu libro "Propaganda Terrorista. La violencia como mensaje", publicado pola editorial Tébar Flores. A cita será ás 18h e contará coa presentación, un coloquio do autor e unha firma de exemplares ao remate.

Noticias 13.30h - Martes, 20 de marzo de 2018 20.03.2018

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Ent. Antonio Costas, Leni Pérez, Manolo González e Rafael Pérez - Festival de Primavera da As. O Mosteiro de Pexegueiro 20.03.2018

Este domingo en Pexegueiro teñen cita co folclore no Festival de Primavera organizado pola Asociación O Mosteiro. Contarán coa actuación do grupo Trécolas, que forma parte da Asociación O Carballo de Sárdoma, e da Coral Ponte das Febres, que presentará un espectáculo en primicia coa colaboración de membros da rondalla de Pexegueiro.

Ent. Enrique Gómez - Busto de bronce para homenaxear a Don Ricardo 20.03.2018

Comeza a campaña de recadación de fondos para realizar un torso en bronce de Don Ricardo que será inaugurado o próximo ano coincidindo co segundo aniversario do seu pasamento. Un grupo de amigos leva a cabo esta campaña de cuestación para a que os interesados poden depositar a súa contribución nunha conta aberta en ABANCA. Estivemos afalar con Tito Gómez, unha das persoas que está a traballar nest...

Ent. Paula Outón,especialista en dislexia, e Silvia Tobío, secretaria da ANPA CEIP Nº1 - Charla sobre dislexia 20.03.2018

Mañá ás 18h terá lugar en Tui unha charla sobre métodos de estudo en alumnos con dislexia. Trátase dunha actividade organizada pola ANPA Diómedes do CEIP Nº1 en colaboración con outras nove ANPAs de centros educativos tudense. Terá lugar no salón de actos do CEIP Nº2 e correrá a cargo de Paula Outón, profesora na USC e especialista en dislexia.

Ent. Teresa Domínguez, directora CRA Mestra Clara Torres - Solicitude de prazas nas aulas do CRA 19.03.2018

A un día para que peche o prazo de solicitude de prazas nos centros educativos o CRA Mestra Clara Torres conta con moi poucos alumnos nalgunhas das súas aulas. A súa directora, Teresa Domínguez, deunos conta hoxe de cales son as diferenzas e as vantaxes da educación no CRA.

Ent. Manuel Fernández e José Sío Castro, Plataforma cidadá de afectados polo Plan Xeral no barrio de San Bartolomé 19.03.2018

A Plataforma cidadá de afectados polo Plan Xeral no barrio de San Bartolomé reclama que o Concello de Tui leve a cabo a modificación do PXOM na zona dos PERI’s de San Bartolomé, aplicando o estudo que se levou a cabo de acordo coa consellería de Infraestruturas, o que suporía un investimento de 59 mil euros en varias anualidades. Manuel Fernández e José Sío Castro explicaron que demandan que se fa...

Ent. Jorge Gonçalves Murta, Raimundo Bugarín e José Claudio Cardoso - Semana Santa en Tui 16.03.2018

A Semana Santa en Tui, organizada pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e a Irmandade da Santa Casa da Misericordia, comezará este domingo coa lectura do pregón ás 18h na capela de San Telmo na S. I. Catedral. Estivemos a falar sobre todos os actos que terán lugar a partir do Domingo de Ramos, o 25 deste mes.

Ent. Alberto Montes Rajoy, formador do Seminario Menor de Tui, e seminaristas - Celebración do Día do Seminario 16.03.2018

Este domingo, 18 de marzo, celébrase o Día do Seminario baixo o lema “Apóstoles para os xoves”. Por este motivo hoxe visitáronnos o Formador do Seminario Alberto Montes Rajoy e os 36 seminaristas que estudan alí. Estivemos a falar con algúns deles.

Ent. Sergio Alonso - Programación Betún 16 e 17 de marzo 16.03.2018

A de hoxe será unha noite de experimentación musical electrónica no Betún da man de Ton-Dose e Hipercubos e os seus dispositivos sonoros artesanais. Será a partir das 22h con entrada de 4€ para os socios beta. Contóunolo Sergio Alonso, que tamén nos deu conta da sesión en vinilo de mañá co tudense Diego Estevez a.k.a. Dj Junior que achegará dende ás 23.30h.

Ent. David Acevedo - 340 persoas participan esta fin de semana Ultreia que sae dende Tui 16.03.2018

Este domingo saen de Tui os 340 participantes en Ultreia, a marcha de sendeirismo popular, que percorrerá a distancia de 53 quilómetros, até Pontevedra, nunha única xornada. Estaba prevista para o pasado día 4 pero foi adiada polo mal tempo. David Acevedo, os máis rápidos poderían facer o percorrido en 8 horas, pero a media estará entre as 10 e 12 horas.

Ent. Laureano Alonso, voceiro Son de Tui e exconcelleiro de Deportes - Conflito nas instalacións deportivas na Macoca 16.03.2018

O xoves pasado o presidente da Entidade Local de Pazos de Reis, Enrique Pérez Martínez, esixiu aos membros do Club Atletismo Tui que abandonasen as pista da Macoca, actuación que xustificou nunha entrevista na RMT por desacordos con antigo concelleiro de Deportes, Laureano Alonso. Hoxe el quixo responder a estas alusións ao considerar que é pouco afortunado referirse a el cando xa non é concelleir...

Ent. Manuel Freiría, pte. Tea Mondariz - 2ª Copa de España de Slalom Olímpico en Mondariz 16.03.2018

Mañá e pasado celébrase en augas do río Tea, en Mondariz Balneario, 2ª Copa de España de Slalom Olímpico na que van participar os mellores deportistas a nivel nacional desta especialidade deportiva, nas categorías senior, xuvenil, cadete e veterano. Participan 15 clubs españois e 6 portugueses cun total de 232 padeeiros. Nesta competición estarán entre outros o Penedo de Caldelas, os Teixugos de G...

Ent. Manuel Pedrares, técnico Kayak Tudense - Campionato de España de Inverno 16.03.2018

O Club Kaiak Tudense está xa en Sevilla onde vai participar no Campionato de España de Inverno, buscando revalidar por 13ª vez consecutiva o título nacional. Participa con 30 padeeiros que mañá sábado farán a fase clasificatoria e o domingo a proba de 5 mil metros. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense, deu conta desta destacada cita deportiva.

Ent. Juan Carlos Blanco e Sandra Garreiro, pte. e técnica ACITUI - Feira de Oportunidades, Saborea Tui e Día do Pai 16.03.2018

Mañá e o domingo celebrarán no Paseo da Corredoira, dende a glorieta de Vigo até o Seminario a Feira de Oportunidades. Participan postos de comercio e artesanía que abrirán de 11 a 21h. Pero amais ACITUI ten en marcha outras dúas iniciativas, Saborea Tui e a campaña do Día do Pai, das que tamén nos deron conta.

Ent. Eduardo Cadenas, pte. Asoc. Amigos da Catedral - Pregón da Semana Santa 15.03.2018

Carlos Alberto Llorente del Campo dará lectura este domingo, ás 18h, na capela de San Telmo da Catedral ao pregón da Semana Santa en Tui, nun acto organizado pola Irmandade da Santa Casa da Misericordia, a Confraría de San Telmo de Tui e a Asociación Amigos da Catedral coa colaboración do Cabildo da Catedral de Tui. Falamos con Eduardo Cadenas, presidente da Asociación Amigos da Catedral.

Ent. Silvia Pousa, voceira da ANPA do CEIP de Guillarei - Festa do Deporte 14.03.2018

A ANPA de Guillarei está agora mesmo inmersa nun interesante proxecto deportivo co que queren ir máis alá da simple práctica deportiva e poñer de relevancia os valores pedagóxicos que van vinculados á mesma e que terá lugar o 14 de abril entre as 10h e as 20h. Silvia Pousa é a voceira desta Asociación de Nais e Pais de alumnos do CEIP de Guillarei e explicounos un pouco esta proposta.

Ent. Manuel Martínez Tato e Pachi Alonso - Concentración por unhas pensións dignas de MODEPEN 14.03.2018

O Movemento pola Defensa das Pensións Públicas, MODEPEN, ten convocada en Tui unha nova concentración para este sábado, coincidindo con moitas outras concentracións e manifestacións por toda España. Será na praza da Inmaculada ás 19h e están invitados a participar todos os veciños de Tui e da contorna.

Ent. María Torres, memorialista, e Manuel Fernández, de Levada Libre - Días da Memoria no Baixo Miño, Condado e Louriña 14.03.2018

Esta mañá estivemos a falar sobre a última proposta dos Días da Memoria organizados por Levada Libre. Será mañá ás 20h no Centro Cultural do Porriño coa conferencia de María Torres, memorialista que falará da achega de Vigo durante a II Guerra Mundial e, en especial, da participación do Porriño. Ela mesma nos avanzou un pouco en que vai consistir a cita e amais Manuel Fernández deunos conta de com...

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - O PSOE contará co apoio de CG para aprobar os orzamentos de 2018 13.03.2018

Este xoves irán de novo a pleno na Guarda os orzamentos para 2018 por un importe que supera os 6 millóns de euros. O equipo de goberno que preside Antonio Lomba contará co apoio de Converxencia Galega, logo de plasmar por escrito o acordo co seu concelleiro, Celso Rodríguez Fariñas, coma este demandou para votar a favor das contas.

Ent. José Ángel L. Taboada - Dimisión como presidente do PP de Tui 12.03.2018

José Ángel L. Taboada informou o venres a través dun escrito aos medios de comunicación da súa dimisión como presidente do PP de Tui, decisión que aclara que non o afasta da militancia no partido. Esta mañá estivemos a falar con el sobre os motivos que o levaron a tomar esta decisión.

Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, pte. e vogal de ACITUI - Campaña do Día do Pai 12.03.2018

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, está xa inmersa na súa campaña para o Día do Pai deste ano 2018 dende o pasado xoves 8 de marzo. OS cientes poderán entrar no sorteo de 4 vales de 30€ e 10 sets con diverso contido polas súas compras nos establecementos adheridos.

Ent. Enrique Pérez Martínez, pte. Entidade Menor de Pazos de Reis - Expulsión do Club Atletismo Tui-Thermalia da Macoca 09.03.2018

Durante os adestramentos de onte pola tarde do Club Atletismo Tui-Thermalia nas pistas da Macoca os seus membros foron expulsados das instalacións polo presidente da Entidade Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez Martínez. Estivemos a falar con el sobre os motivos desta medida.

Ent. Manuel Conde - Seminario "Máximo desarrollo en inteligencia emocional y liderazgo interior” no Liceo Casino de Tui 09.03.2018

Mañá terá lugar no Liceo Casino de Tui o seminario “Máximo desarrollo en inteligencia emocional y liderazgo interior” da man de Manuel Conde, formador da UNED e experto en intelixencia emocional e programación neurolingüística. Estivemos a falar con el.

Ent. Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro - "O Rei Morre" no Teatro Municipal de Tui 09.03.2018

Esta noite ás 21.30h Sarabela Teatro presenta no Teatro Municipal de Tui a obra de teatro do absurdo “O rei morre”. Esta peza foi escrita por Eugene Ionesco, está dirixida por Ana Vallés e interpretada por Fernando Dacosta, co que estivemos a falar, Fina Calleja, Sabela Gago, Nate Borrajo e Alfonso Míguez.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.