Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Secundino Domínguez e Lorena Pazo do grupo de teatro Aloia - X Semana de Teatro Amador 04.04.2018 5:44
Prosegue a X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Hoxe ás 21h o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis estrea “O lío que lle lían a Pío” de José Cedena. Secundino Domínguez e Lorena Pazo forman parte do elenco de nove actores dirixidos por Noelia Solla.
Ent. Rafa Pérez, pte. Club Atletismo Tui - Carreira Popular San Telmo 03.04.2018 7:36
34 anos leva celebrándose a Carreira Popular de San Telmo que esta fin de semana terá unha nova edición. Dende hai oito anos está organizada polo Club Atletismo Tui, coma explicaba hoxe o seu presidente Rafael Pérez. Celebrarase o sábado, cun cambio de data para non interferir así con outros eventos que teñen lugar o domingo. A inscrición está aberta até mañá mércores ás 23.59h con carácter gratuí...
Ent. Juan Carlos Blanco e Sandra Garreiro de Acitui - Sorteo SaboreaTui 03.04.2018 5:01
Esta mañá realizouse na nosa sintonía o sorteo da ruta de petiscos Saborea Tui. O seu presidente Juan Carlos Blanco fixo balance da campaña.
Ent. Rosana Domínguez e Inma Rodríguez do grupo de teatro de Malvas - X Semana de Teatro Amador 03.04.2018 5:17
Hoxe ás 21h o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas estreará “Tecendo Mentiras” dentro da X Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Rosana Domínguez Seves e Inma Rodríguez Álvarez baixo forman parte do elenco de nove actores que interpretan esta comedia. As entradas poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 1,5€, sen numerar.
Ent. José Martínez Tato, de AndaTui - Andaina de San Telmo 2018 03.04.2018 6:21
Un percorrido urbano de 8 quilómetros saíndo dende o Palco da Música na Corredoira o sábado ás 10h é o que se realice este ano na Andaina de San Telmo organizada polo club AndaTui e a Eurocidade Tui-Valença. A inscrición é gratuíta, ao formar parte esta actividade da Campaña de Prevención de malos tratos na infancia, polo que se solicita aos participantes que vaia cunha prenda de azul. José Martín...
020418 María Salinas e Berto Pirata - Presentación Libro Elefantes de Papel en Salceda 02.04.2018 13:22
O libro solidario Elefantes de Papel, de María Salinas e Berto Pirata, continúa o seu percorrido e este venres chegará á casa da cultura de Salceda. Levan xa máis de 20 presentacións, nun reto de realizar medio centenar. Hoxe María Salinas e Berto Romero, faláronnos de cómo está a ser a experiencia, na que haberá sorpresa final.
Ent. Natalia Jorge, historiadora - XXXV Romaría do Lanzo da Cruz 02.04.2018 4:22
En Sobrada celebran hoxe a XXX Romaría do Lanzo da Cruz, unha tradición que se mantén ao longo dos anos cos tradicionais lanzos, e co abrazo dos curas das dúas beiras no medio do río coma sinal de amizade entre os dous pobos. Así nolo contou a historiadora Natalia Jorge.
Ent. Alicia Martínez e Miguel Iglesias do grupo Mesturanzas de Areas - X Semana de Teatro Amador 02.04.2018 5:19
O grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas será o encargado de abrir esta noite, ás 21h, no Teatro Municipal a X Semana de Teatro Amador coa estrea de "Os pintores non teñen recordos". Hoxe Alicia Martínez e Miguel Iglesias dous dos actores faláronnos desta montaxe.
Ent. Moisés Rodríguez, deputado autonómico - Traballo no parlamento e política local 28.03.2018 15:55
O deputado autonómico e exalcalde de Tui Moises Rodriguez Perez acompañounos hoxe para falar do seu traballo no Parlamento de Galicia, pero tamén da política local. Afirma que o PP de Tui ten que mirar cara ao futuro e preparar un candidato/a e un proxecto de cara ás próximas eleccións municipais.
Ent. Pablo Comesaña, produtor de Play-Doc - Play Doc Suport, voluntario 28.03.2018 12:55
Queda menos dun mes para comece Play Doc. Hoxe o seu produtor Pablo Comesaña acompañounos no programa Día a Día para falarnos de distintas iniciativas que teñen en marcha coma o Play Doc Support ou a captación de voluntarios para o festival.
Ent. Clara Macedo, Montse Mon e Mónica Menéndez de UnMáis - Día Mundial do Autismo. 28.03.2018 12:39
O próximo luns, 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo, e a Asociación Un Máis o vai conmemorar con distintos actos dos que hoxe nos falaron Clara Macedo, Montse Mon e Mónica Menéndez
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Retrospectivas Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias 27.03.2018 6:09
Do 26 de abril ao 1 de maio celebrarase en Tui unha nova edición de Play Doc, do que pouco a pouco imos coñecendo todo que nos ofrecerá nos seis días que durará este ano. Hoxe deuse a coñecer dúas retrospectivas programadas, que estarán dedicadas aos brasileiros Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias, sendo a primeira vez que se poderán ver en España as súas películas.
Ent. Pilar Blanco do Restaurante El Molino 27.03.2018 12:33
Hoxe acompañounos Pilar Blanco do Restaurante El Molino, para falarnos do meixón, da actualidade e de cando até en un día servían 7 quilos deste produtos. Hoxe viu acompañada da súa neta Laura, a cuarta xeración ao fronte deste establecemento tudense.
Ent. Nieves Silva do Cruceiro do Monte 26.03.2018 18:56
Esta mañá acompañounos no programa Día a Día Nieves Silva do Cruceiro do Monte. Falounos da cociña, do meixón, ... dende a súa longa experiencia ao fronte deste restaurante tudense.
José Monte e Andrés Urseira - 132º aniversario Ponte Internacional e Torneo de Mino Basket da Eurocidade 23.03.2018 15:23
Este domingo conmemóranse o 132º aniversario da inauguración da Ponte Internacional entre Tui e Valeça. Estivemos a falar con José Monte, vereador de Cultura e Desporto de Valença, sobre os actos nos que se celebrará esta efeméride. Amais aproveitamos para falar con el e con Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui, sobre o Torneo de Mini Basket da Eurocidade, que reunirá até o luns a máis d...
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Os orzamentos de 2018 quedaron onte de novo sobre a mesa 23.03.2018 9:43
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, tentará volver levar os orzamentos de 2018 ao pleno do mes de abril, logo de que onte quedaran sobre a mesa tras a petición realizada polo edil popular José Prada, e que amais de PSOE, ALT, BNG e Son de Tui, tamén votou a favor o edil de CsT e membro do equipo de goberno Andrés Urseira. O rexedor reunirase a próxima semana con este último e considera o seu c...
Ent. Sergio Alonso, do Betún, Álvaro Fernández e Marcos Sánchez, de Raw Kids - Programación Betún 23 e 24 de marzo 23.03.2018 11:46
Esta noite a partir das 22.30h na Asociación Cultural Betún teñen dobre proposta de hip hop con Globersmokers, de Redondela, e Raw Kids, grupo de Tui do que hoxe contamos na nosa emisora con Álvaro Fernándaz e Marcos Sánchez. Amais Sergio Alonso deunos conta da cita de mañá co músico de Oporto Anibal Beirão.
Ent. Carolina Figueroa, do CPA Ribex - Campionato de España grupo-show xuvenil e cuartetos e III Trofeo Cidade de Alcoy 23.03.2018 2:43
Esta fin de semana o CPA Ribex estará en Alcoy, Alicante, para participar no VIII Campionato de España grupos-show xuvenil e cuartetos e o III Cidade de Alcoy de grups-show grande e pequeno. Estivemos a falar sobre este novo reto para o CPA Ribex coa súa adestradora, Carolina Figueroa.
Ent. Mago Samu - Concursante de 'Got Talent' 23.03.2018 8:43
Falamos co Mago Samu, un rapaz de Amorín, en Tomiño, que vén de participar no programa de televisión Got Talent. Amais de contarnos a súa experiencia na pequeña pantalla tamén nos fixo unha demostración en directo das súas habilidades como mago.
Ent. Pablo Ojea e Marcos Ledo - Rally solidario “Clasicos del Atlas” 23.03.2018 7:53
O equipo “A Parranda”, formado por Marcos Ledo, Pablo Ojea, Maika Castiñeira e Marisa Lagos está xa rumbo a Tarifa para coller o trasnbordador que os levará a Marrocos para participar no Rally “Clasicos del Atlas” cos seus dous Seat Panda. Estivemos a falar con eles.
Ent. Enrique Sáez Ponte, autor do libro "A liberdade no século XXI" - Presentación no Liceo Casino de Tui 23.03.2018 5:04
Hoxe ás 20h o Liceo Casino de Tui acolle a presentación do libro "A liberdade no século XXI", escrito por Enrique Sáez Ponte e publicado pola editorial Galaxia. Estivemos a falar con Enrique Sáez sobre os contidos que recolle no seu traballo, que define como un catálogo das preocupacións dos cidadáns do século XXI, nas súas palabras "ataques á liberdade".
Ent. Suso Vila, historiador - 132º anoversario da inauguración da Ponte Internacional 22.03.2018 15:10
Este domingo, 25 de abril, celébrase 132 anos dende que fora inaugurada a Ponte Internacional entre Tui e Valença. Estivemos a falar sobre esta efeméride co historiador tudense Suso Vila, que nos explicou o importante cambio nas relacións entre Galicia e Portugal que supuxo a construción desta infraestrutura.
Ent. Juan Carlos Blanco e Sandra Garreiro, pte. e técnica de ACITUI - Sorteo da campaña do Día do Pai 22.03.2018 7:10
Esta mañá o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e a técnica da Asociación, Sandra Garreiro, estiveron na RMT para facer o sorteo do Día do Pai entre todos os números participantes. Os premiados con 10 sets de produtos variados son: o 5.034 entregado en Woman, o 7.645 e o 7.669, ambos entregados en Gominolas Nitos, o 9.720 e o 12.278 entregados en Café Bar Antoxo, o 2.615 no Vello Cabalo Fura...
Ent. Celia González, veciña da Gándara, A Guarda - Ataúde para protestar por unha nova marquesina na parada do autobús 21.03.2018 5:23
Os veciños da Gándara levan meses reclamando unha nova marquesina para a parado do autobús de distintos xeitos, entre eles colocando vistosos reclamos na propia parada, coma un ataúde coa súa cruz e unha coroa de flores. Trátase do seu peculiar xeito de chamar a atención das autoridades sobre a carencia que están a sufrir os veciños que agardan cada día polo autobús nese punto. Esta mañá tivemos o...
Ent. Ana Sánchez e Pepín Solleiro, da Protectora Aloia - Balance do primeiro ano da Protectora Aloia 21.03.2018 12:34
A Protectora Aloia naceu en xaneiro de 2017 e agora, despois de máis dun ano de actividade fan balance da súa actividade e das melloras que lograron poñer en marcha nas súas instalacións. Pepín Solleiro e Ana Sánchez foron os encargados de facernos este balance dun ano no que recolleron 177 cans no concello de Tui e deron en adopción máis de cen, pero no que tamén levaron a cabo moitos traballos d...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.