Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Carlos Babío, coautor do libro 'Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio' - Presentación en Tui 19.04.2018 10:38
Hoxe ás 20h preséntase en Tui o libro "Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio" dentro do ciclo "Sobredo, 95 anos despois". Estivemos a falar con un dos seus autores xunto con Manuel Pérez Lorenzo, Carlos Babío, sobre esta cita que terá lugar na Sala Xacobeo da Área Panorámica.
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente - BookCrossing, camelio, charla vespa velutina 19.04.2018 7:41
O Concello de Tui está a promover a través da concellería de Cultura e Patrimonio unha liberación de libros no conxunto histórico da cidade con motivo da celebración do Día do Libro e o Día Internacional dos Monumentos e Sitios. Estivemos a falar con Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente, sobre este e outros asuntos.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Programa 14º Play Doc 18.04.2018 10:34
Falta moi pouco para que comece en Tui a 14ª edición do Festival Internacional de Documentais Play Doc. Hoxe contamos coa presenza dun dos seus directores, Ángel Sánchez, que nos presentou a programación para os seis días de festival comezando polo acto inaugural que terá lugar o xoves 26 ás 20.30h, deténdose na retrospectiva de Peter Emmanuel Goldman e sen esquecer a sección de concurso ou as act...
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui - Orzamentos 2018 18.04.2018 17:52
Laureano Alonso, concelleiro de Son de Tui, lembrou hoxe as proposta que presentou para incorporar aos orzamentos da adquisición da casa de Salomón, que se suma ás recollidas no seu voto particular de humanización de Antero Rubín, dotar de material deportivo para o centro municipal de piragüismo e remo, e dotar de medios o Centro de Interpretación do Camiño de Santiago. Para Laureano Alonso o plan...
Ent. Victoriano Rodríguez, pte. Éguete Baixo Miño - Participación na asemblea da UNAD e situación actual da asociación 17.04.2018 13:36
Érguete Baixo Miño participou a semana pasada na XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da UNAD en Madrid. Con este motivo estivemos a conversar co seu actual presidente, Victoriano Rodríguez, que nos deu conta de como é a situación nestes momentos das asociacións e federacións que traballan na loita contra as drogodependencias.
Especial 25 anos da Radio Municipal de Tui 16.04.2018 2:01:37
A RMT cumpre hoxe 25 anos, 25 anos informando sobre a actualidade máis próxima e facendo compañía a través das ondas. Esta mañá o Día a Día contou cunha edición especial para celebrar este importante cuarto de século.
Ent. Celso Fariñas e Paco Valderrama - Libro 'Historia de 50 años del balonmano guardés' 13.04.2018 11:10
Celso Fariñas e Paco Valderrama son os autores de "Historia de 50 años del balonmano guardés'. No mes repasan o último medio século do Atlético Guardés, que comezou adestrando e xogando no patio do colexio dos Pais Somascos, e lograr o máximo título de balonmán a nivel nacional. Hoxe os autores desta publicación faláronnos desta obra, que en certo modo é tamén unha homenaxe aos presidente que esti...
Ent. José Montes, vereador de Cultura de Valença - Festival gastronómico Sabores da Aldeia 13.04.2018 3:34
Esta fin de semana Valença ten unhas das súas máis importantes citas gastronómicas co festival Sabores da Aldeia. As actividades comezarán esta mesma tarde coa apertura do festival a partir das 21 hora española e amais contarán todos os días con animación musical. Estivemos a falar sobre esta cita con José Montes, verador de cultura de Valença.
Ent. Rafa Alonso, DJ Funkente, e Juanma Ons, de Libertango Trío - Programación Betún 13 e 14 de abril 13.04.2018 11:25
Dobre proposta musical esta fin de semana no Betún. Esta noite estarán Libertango Trío para presentar o seu novo traballo "Xeites" e mañá contarán cunha nova sesión de Dj. Funkente. Estivemos a falar tanto con Juanma Ons, de Libertango, como con Rafa Alonso, máis coñecido como Dj Funkente.
Ent. Javier Rodríguez, Manuel Fernández e Anxo Ferreiro Currás - Xuntanza de Confraternidade Republicana de Levada Libre 13.04.2018 15:00
O colectivo Levada Libre ten organizados distintos actos para conmemorar a instauración da II República e o seu décimo aniversario, que coincide con esta data histórica. Será unha xornada dedicada a homenaxear aos clero católico que se opuxo ao franquismo na que contarán con distintas actividades e coa participación do historiador Anxo Ferreiro Currás.
Ent. Marisa Giraldez, pta. do Club Bádminton Tui - Final do Campionato Galego de Badminton Plus 12.04.2018 0:28
Esta fin de semana Tui acolle a finla do Campionato Galego de Escolares de Bádminton, competición que se desenvolve baixo o título de Bádminton Plus. A cita será o sábado 14 no pavillón do IES San Paio entre as 10h e as 15h. Estivemos a falar con Marisa Giráldez, presidenta do Club Bádminton Tui, que se encarga da organización desta competición
Ent. Silvia Pousa, ANPA Guillarei - Festa do Deporte no CEIP de Guillarei 12.04.2018 8:14
Este sábado, 14 de abril, no CEIP de Guillarei celebran a Festa do Deporte, nunha xornada na que contarán con distintas propostas e actividades arredor do deporte. Nas actividades participarán preto de 150 nenos de distintos centros educativos tudenses, que poderán aprender sobre alimentación, deporte e valores da man dalgúns dos máis relevantes deportistas da contorna.
Ent. Vanesa Rodríguez, María Esther Paz, Andrés Fernández e Elías Vieiro - Irmandade entre Tui e Versmold 12.04.2018 15:37
Tui e Versmold cumpren cinco anos de irmandade, relación que foi renovada este domingo nun acto no Concello e que trouxo á cidade a algúns veciños desta localidade alemá. Hoxe tivemos ocasión de conversar con algúns dos participantes neste intercambio, entre eles Vanesa Rodríguez, presidenta da Asociación Tui-Versmold, e con María Esther Paz, presidenta da Asociación Versmold-Tui.
Ent. Felicitas Iglesias, Asociación Parkinson Baixo Miño - Día Mundial do Parkinson 11.04.2018 15:52
Hoxe celébrase o Día Mundial do Parkinson, unha data que serve sobre todo para visibilizar a enfermidade e a situación das persoas que a padecen. A Asociación Parkinson Baixo Miño levará a cabo distintas actividades o sábado no Liceo Casino de Tui a partir das 18h do sábado. Estivemos a falar sobre esta cita con Felicitas Iglesias.
Ent. Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo - IV Concurso Internacional de Pesca a Flote 10.04.2018 5:42
Este domingo terá lugar no río Miño en Tui o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote. Trátase dun concurso de pesca de salmónidos con cana dende embarcacións no que se participa en equipos. Estivemos a falar sobre esta cita coa pesca deportiva con Julián Iglesias, técnico do Club Náutico San Telmo, que nos deu máis detalles.
Programa especial Festas de San Telmo 2018 07.04.2018 2:07:26
Programa Especial Festas de San Telmo 2018 na RMT. Sábado, 7 de abril, de 11 a 13h. Con entrevistas a: - Andrés Urseira, concelleiro de Deportes e Felipe Miñambres, dtor deportivo do RC Celta - Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui - Antonio Cordo, da confraría de San Telmo - Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Jacobo Pérez Paz, Luís Pimentel, Jesús Gómez e Andrés Urseira sobre a Feira...
Ent. Pablo Perea - Concerto de La Edad de Oro del Pop Español nas Festas de San Telmo 06.04.2018 9:48
Un dos pratos fortes da programación para a fin de semana das Festas de San Telmo é o concerto de La Edad de Oro del Pop Español, que terá lugar o domingo na rúa Compostela a partir das 22.30h. Estivemos a falar con Pablo Perea sobre este proxecto co que intentan compartir con distintas xeracións a esencia do pop español dos anos 80 e 90.
Ent. Miguel Pérez e Maximino Fernández, do grupo de teatro Atalaia Centro Sociocomunitario - X Semana de Teatro Amador 06.04.2018 7:25
O sábado 7 de abril a cita no Teatro Municipal é novamente coa X Semana de Teatro Afeccionado. O grupo Atalaia, do Centro Sociocomunitario, estreará a obra "Teño un tolo na casa". Estivemos a falar con Miguel Pérez e Maximino Fernández. dous dos integrantes deste grupo.
Ent. Miguel Novás, do grupo de teatro da Asoc. Cultural San Fins de Rebordáns - X Semana de Teatro Amador 06.04.2018 4:11
Esta tarde continúa a X Semana de Teatro Afeccionado San Telmo con "Descotrol hospitalario" da man do grupo de teatro San Fins de Rebordáns. A cita será no Teatro Municipal, na Área Panorámica, ás 21h. Estivemos a falar sobres esta proposta teatral con Miguel Novás.
Ent. Manuel Rodríguez e Bea Sío Campos, da BG San Xoán de Paramos - IV Encontro de Bandas de Gaitas "Cidade de Tui" 06.04.2018 8:01
Mañá terá lugar na igrexa de San Domingos o IV Encontro de Bandas de Gaitas "Cidade de Tui", que nun principio se ía celebrar na praza de San Fernando e cambiu o seu emprazamento por mor da chuvia. Este ano participarán a Banda de Gaitas de Cantabria, a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. Estes últimos son os organizadores desta cita musical dentro das Fe...
Ent. Areta Bolado, dtora Chirlomirlo - X Semana de Teatro Afeccionado 05.04.2018 3:44
Areta Bolado é a directora do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza. O grupo estrea ás 21h a obra "Aquí non paga ninguén" no Teatro Municipal de Tui dentro da X Semana de Teatro Amador. As entradas, sen numerar, ao prezo de 1,5€ poranse á venda ás 20.30h
Ent. Enrique Cabaleiro, voceiro PSOE - Comisión informativa Orzamentos 2018 05.04.2018 14:53
Onte á tarde celebrouse comisión de Facenda no Concello de Tui para tratar as propostas da oposición sobre os orzamentos de 2018. O voceiro socialista, Enrique Cabaleiro, indicaba que hai puntos de achegamento e aledábase que o alcalde modificase a súa postura inicial xa que explicaba que ante un documento tan transcendental non entendía a postura do alcalde de aprobar os orzamentos sen negociació...
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Retrospectiva Peter Emanuel Goldman 05.04.2018 8:43
O realizador Peter Emanuel Goldman terá no Play-Doc 2018 a súa primeira retrospectiva en España. O festival tudense bríndalle así ao autor de "Echoes of Silence" unha homenaxe contando co propio autor en Tui, coma explicaba Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc.
Ent. Lara Rodríguez - Concerto de Broken Peach 04.04.2018 7:06
Mañá xoves ás 22.15h o grupo Broken Peach estará en concerto no Paseo da Corredoira de Tui dentro da programación das Festas de San Telmo.
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Comisión de Facenda e cambio na programación das Festas 04.04.2018 9:09
Ás sete desta tarde na casa do Concello terá lugar unha comisión informativa de Facenda co obxectivo de que os grupos da oposición concreten as súas demandas con respecto aos orzamentos de 2018. Así o informou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, confirmando a disposición do goberno a modificar algúns aspectos do proxecto de orzamentos que fóra levado a pleno anteriormente. Tamén deu conta no cambio d...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.