Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Alberto Romer - Presentación do libro Aloianos 04.05.2018

Alberto Romero presentará mañá ás 17.30h no Centro Cultural de Randufe o sue novo libro titulado “Aloianos”. Amais do autor tamén estará presente Xosé Luís Méndez Ferrín, Mª José Baz e membros de Mauxo. Alberto Romer falounos hoxe do seu libro.

Ent. Sergio Alonso e Tonho Nogueira de The Lelli Kelly's -Programación Betún 4 e 5 de maio 04.05.2018

Hoxe no Betún terán poesía cun recital a cargo de Trigo. Será a partir das 23h con entrada de balde para todos os socios. Mañá continuarán con música a partir das 22h da man de The Lelli KElly's. Estivemos a falar con Tonho Nogueira, un dos tresmembros deste grupo rock de Moaña.

Ent. Alberto Pereiro Lueiro 'Holly', fotógrafo - Mostra 'Falan de ti, falan de min' 04.05.2018

Mañá sábado, 5 de maio, ás 18.30h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica o fotógrafo porriñés, Alberto Pereiro Lueiro “Holly” inaugura a mostra fotográfica “Falan de min, falan de ti”, unha reportaxe fotográfica-documental que, a través do personaxe Pepe Kórdoba "Niño", trata de reivindicar o respecto a todas aquelas persoas que traballan dignamente nas rúas en diferentes actividades...

Ent. Marisa Giraldez, pta. do Club Bádminton Tui - Copa Promoción Bádminton Xogade 04.05.2018

O pavillón do IES San Pio acolle mañá de 10 a 15h a décima xornada da Copa Promoción Xogade de Bádminton. Participarán xogadores benxamíns e infantís de toda a provincia. 34 deles pertencen ao club Bádminton Tui. Falounos desta cita deportiva Marisa Giráldez, presidenta do club Bádminton Tui.

Ent. Yovana Velázquez, Mari Campos, Carni Carnero e Mª del Mar Fandiño - XXII Feira de Artesanía de Tui 04.05.2018

Corenta e dous artesáns daranse cita esta fin de semana no conxunto histórico de Tui na XXII Feira de Artesanía. Este evento está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12h e poderá visitarse tanto mañá coma o domingo...

Joaquín Cadilla, presidente de OR.PA.GU. - Novos produtos Gourmet 03.05.2018

ORPAGU, a Organización de Palangreiros Guardeses, vén de presentar novos produtos con atún á súa línea gourmet. Estivemos a falar desta nova proposta comercial con Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Varios 03.05.2018

Hoxe visitou a RMT Sandra González, alcaldesa de Tomiño, coa que estivemos a falar dos asuntos máis importantes na actualidade do seu concello como os avances do proxecto para a Variante de Tomiño, as reunións con representantes do Consorcio da Zona Franca de Vigo ou a inauguración do pantalán accesible no río Miño. Amais a rexedora de Tomiño falounos da ponte peonil, da situación da biblioteca ou...

Ent. Xacobe Morais, coordinador e adestrador da Quinta - Peche da temporada 02.05.2018

Unha longa temporada pero moi especial é a que está a piques de rematar A Quinta de Tui de fútbol sala. O van celebrar este sábado ás 16.30h cunha festa con todos os equipos. Así nolo contou hoxe Xacobe Morais, adestrador e coordinador da Quinta de Tui. Amais este sábado presentarán o albume de cromos do equipo, no que aparecen todos os xogadores dos distintos equipos.

Ent. Patricia Groba, profesora da Escola Cambridge English - Exames KET, PET e FIRST en Tui 02.05.2018

O centro examinador de Cambridge English organiza no Colexio Maristas os exames para obter os títulos oficiais de KET, PET e FIRST. O prazo de matrícula está aberto até este domingo, 6 de maio, e estivemos a falar con Patricia Groba, profesora do centro examinador.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde - Non aprobación dos orzamentos e cuestión de confianza 30.04.2018

Hoxe falamos co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, logo de que o pasado venres non fosen aprobados os orzamentos de 2018 en pleno. Este negativa ás contas recoñecía que é un golpe importante para a cidade. Dicía que a oposición, pese a incorporar parte das súas propostas, actuou con irresponsabilidade e ánimo de vinganza. Pensará se presenta ou non unha cuestión de confianza, e instaba a oposic...

Ent. Manel Riveiro - Barbería Solidaria 30.04.2018

Estivemos a falar con Manel Riveiro, de Manel Riveiro Peluqueros, sobre o seu novo proxecto de barbería solidaria. Mañá estarán na praza do Seixo entre as 10h e as 16h a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño e para axudar ás familias máis necesitadas da comarca.

Ent. Fran Rodríguez, presentador do programa 'Súper Lembranzas' - Proxecto de recuperación de imaxes La Cinematográfica 30.04.2018

Dentro da programación de Play Doc unha das propostas deste ano é o Día do Cinema Doméstico ou Home Movie Day en colaboración con La Cinematográfica, unha agrupación viguesa que traballa na dixitalización de imaxes. Nesta cita co cinema doméstico proxectaranse gravacións antigas de Tui tras a dixitalización de 7.000 metros de películas recuperadas na cidade. Estas imaxes formarán parte, xunto ás r...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG Tui - Orzamentos 2018 26.04.2018

O BNG de Tui votará mañá en contra dos orzamentos do Concello de Tui no pleno ordinario de abril. Así o avanzaba hoxe a súa voceira, Carmen Núñez, quen matizaba que a responsabilidade de que as contas non saian adiante non é da oposición senón do alcalde.

Ent. Alberto Romer e Javier Rivadulla, As. Muiñeiros do río Tripes - Os Nosos Fariñeiros Burros e Muíños 26.04.2018

Unha das citas desta fin de semana en Tui é a romaría Os Nosos Fariñeiros, que terá lugar o domingo no entorno dos muíños do Tripes. Estivemos a falar con Alberto Romer e Javier Rivadulla, dous membros da Asociación Muiñeiros do Río Tripes, encargada de organizar esta festa e tamén da recuperación e conservación dos muiños.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Orzamentos 2018 26.04.2018

Mañá serán levados a pleno os orzamentos do concello de Tui para 2018, por terceira vez. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín explicaba esta mañá a importancia de aprobar estas contas polo seu carácter expansivo, Amais considera que son os orzamentos de toda a corporación porque nos mesmos recolleu parte das solicitudes plantexadas polos distintos grupos. Considera que se non se aproban non serí...

Ent. Alejandro Dacuña "Cuñi" - Proxecto solidario no Camiño de Santiago 25.04.2018

Alejandro Dacuña “Cuñi” pon en marcha esta fin de semana a súa nova iniciativa solidaria, un proxecto que leva xa uns meses preparando e que consistirá en realizar o Camiño Francés até Santiago para despois contalo nun libro-diario. O sábado desprazarase ata Roncesvalles, dende onde sairá o domingo coa intención de finalizar o camiño en 27 días. Despois traballará todo o verán nun texto que recoll...

Ent. Sara García, codiretora de Play Doc, Gustavo Beck e Dominic Gagnon - Retrospectivas no Play Doc 25.04.2018

O Play Doc presenta dúas retrospectivas de cine brasileiro programadas por Gustavo Beck: a primeira de carácter internacional sobre Aloysio Raulino e outra a modo de homenaxe a Ozualdo Candeias. Estivemos a falar con Gustavo Beck e tamén con Sara García, codiretora do festivas, e con Dominic Gagnon, realizador canadiense que regrasa ao Play Doc por segundo ano consecutivo.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Acto inaugural 24.04.2018

Este xoves arranca a 14ª edición do Play Doc cun acto no Teatro Municipal protagonizado por unha proxección-concerto que unirá imaxes domésticas de Tui dos anos 60, 70 e 80 coa música de tres intérpretes norteamericanos. Estivemos a falar sobre este acto de inauguración con Ángel Sánchez, codirector do festival.

Ent. Miguel Capón, voceiro de ALT - Orzamentos 2018 24.04.2018

Alternativa Tudense votará en contra dos orzamentos do concello de Tui 2018 este venres en pleno se non houbo ningún cambio no documento con respecto á comisión informativa. A súa negativa a estas contas obedece a unha cuestión cualitativa máis que cuantitativa, segundo explicou o seu voceiro Miguel Capón Rey.

Ent. Jose Manuel Manao, comandante da BRILAT - Concurso de Patrullas 24.04.2018

Catorce patrullas das Forzas Armadas saen mañá de Tui para realizar o Camiño Portugués de Santiago nunha marcha rápida onde se porá a proba a súa habilidade e resilencia xa que amais do camiño tamén terán que afrontar sete probas ao longo dos 120 quilómetros do percorrido. A BRILAT é a organizadora desta proba militar, considerada das máis duras de España, pero que conta con gran aceptación. Jose...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - ciclo (Anti)heroinas 23.04.2018

A muller estará moi presente no Play Doc 2018 a través dos distintos documentais e actividades coma o Seminario da Crítica Feminista. Amais o ciclo Antiheroinas pon o aceno en catro mulleres moi distintas. Do mesmo falounos hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival. “Anna” de Alberto Grifi e Massimo Sarchielli, que se proxectará o venres ás 16.30h e “La Noire De…” de Ousmane Sembène, que se poder...

Ent. José Villaverde, da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei - III Trail Monte Aloia 23.04.2018

Este domingo terá lugar o III Trail Monte Aloia, unha proba de 25km organizada pola Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei. Amais existe a posibilidade de facer o Mini Trail, unha segunda proba cun percorrido reducido de 15km. Estivemos a falar con José Villaverde, un dos organizadores, sobre os aspectos principais da proba e o prazo de inscrición, que remata mañá.

Ent. Sergio Alonso, de Betún, e Alfonso Dorido, de Homem em Catarse - Programación Betún do 20, 21 e 22 de abril 20.04.2018

Esta fin semana a Asociación Cultural Betún conta con tres propostas musicais. Comezarán esta noite coa súa habitual Jam Session e mañá terán un dos pratos fortes a partir das 22h co concerto de "Homem em Catarse" e o cantautor portugués Alfonso Dorido, co que tivemos ocasión de falar. Xa o domingo continuarán os concertos con acento portugués ás 20h da man de "Laudo", dúo de cordas no que se mist...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Sesión inaugural e cinema galego 20.04.2018

Comezou a conta atrás para o comezo oficial de Play Doc, o festival internacional de documentais de Tui. A cita será o próximo xoves, 26 de abril, ás 20.30h no Teatro Municipal coa sesión inaugural, gratuíta, na que se proxectarán imaxes de Tui dos anos 60 e 70 rodadas por tudense en Super 8 acompañadas de música en directo. Contouno Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen tamén nos falou da s...

Ent. Maria João Domingues e Jorge Areais - Presentación do documental 'A Cantiga do Recreio' en Valença 19.04.2018

Este sábado o Auditorio do CILV acolle a presentación do documental "A cantiga do recreio", producida por Maria João Domingues e realizado por André Martins. Estivemos a falar con Maria João Domingues e con Jorge Areais, técnico de cultura de Valença.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.