Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Andrea Pousa - Concerto en Valença co gallo das Letras Galegas 16.05.2018 4:37
Valença súmase tamén á celebración das Letras Galegas con gastronomía, libros, artesanía e música mañá á tarde na Fortaleza. Haberá unha demostración de cociña miñota a cargo de Joao Guterres, e outras propostas gastronómicas con Caldo Verde, as pataniscas de bacalhau, a lampreia fumada recheada, os callos ou as madalenas serão. Haberá postos de libros, de artesanía e música tradicional galegas. E...
Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Letras Galegas 2018 16.05.2018 3:07
A II Mostra dos Maios de Salceda, na que participan vinte colectivos, abre mañá a programación das Letras Galegas no Concello de Salceda. Logo terán lectura de textos de Mª Victoria Moreno e ás 19h Concerto de Roberto Oliveira , Premio Martín Codax, no Auditorio Municipal. Así o detallou a concelleira de Cultura, Teresa Pérez.
Ent. Julia Sobrino, pta. Agrupación Cultural Guardesa - Letras Galegas 16.05.2018 3:26
Mañá ás 17h sairá dende a Alameda o desfile folclórico organizado pola Agrupación Cultural Guardesa dentro das actividades co gallo do Día das Letras Galegas. Os grupos participantes , Ballet Estudio 88 Talent Latino, Grupo de Gaitas da 3ª Idades, Do Lusco ó Fusco, A Boalleira, Anduriñas, A Ribeira do Miño, Churumbela, Xamaraina, Vento Mareiro, Caramuxiñas, Doxe nun Ano e O Trebón dos Xidos. Logo...
Ent. Lali Álvarez, secretaria Agrupación Musical do Rosal - Letras Galegas 16.05.2018 2:30
A Praza do Calvario do Rosal acolle hoxe e mañá os actos organizados pola Agrupación Musical do Rosal co gallo das Letras Galegas dos que nos falou a Lali Álvarez, secretaria da Agrupación Musical do Rosal- Hoxe dende ás 22.30h actuarán "Coro Fuscalheiro", "QuédeQué" e a popular e televisiva "A Banda da Balbina". Dende ás 21:00 horas haberá Porco ó Espeto a prezos populares. Mañá están previstas d...
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Letras Galegas 2018 16.05.2018 2:38
A praza do Seixo será mañá o lugar onde se celebren as actividades previstas en Tomiño co gallo do Día das Letras Galegas. O programa previsto comezará ás 10.30h coa Feira do Libro que se prolongará ao longo de toda a xornada. Amais haberá obradoiros pola mañá e ás 12.30h actuará a Agrupación Musical de Goián. Mentres ás 20h a Casa da Cultura acollerá a Talía Teatro con “Bicos con lingua”. As entr...
Ent. Julián Iglesias do Club Náutico San Telmo - Cursos para o obter título e licenza navegación 16.05.2018 4:26
O Club Náutico San Telmo ten aberta a convocatoria de cursos para obter os títulos de PNB, PER e tamén as licenzas de navegación. Así o explicaba hoxe Julián Iglesias, o técnico do club, indicando para que habilita cada un destes títulos. Pódese ampliar a información e facer a inscrición no CN San Telmo ou no 657 87 57 16.
Ent. Mané Villa, da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández - Presentación do libro 'Máis de 800 apelidos galegos' 15.05.2018 6:52
Mañá, 16 de maio, preséntase no Centro Goianés o libro "Máis de 800 Apelidos Galegos", escrito por Ernesto Iglesias Almeida. Trátase dunha acción coa que acadar fondos para continuar cos obxectivos da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, así como encher de obras as paredes da Aula-Museo de Goián. Amais presentarán a reedición da obra de Manuel Fernández Rodríguez "Goyán. Esquema histórico...
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Problema Lamiña, Monte Trega, Concepción Arenal, Plan Concellos... 15.05.2018 26:05
A situación da zona da Lamiña e o Codesal pola acción do río na beira é o problema máis urxente en solución que ten arestora o Concello da Guarda. Así o afirmaba hoxe o alcalde, Antonio Lomba, indicando que polo momento non teñen unha solución. Calcula que se teñen perdido máis de mil metros de superficie e miles de tonelada de area. Teñen comunicado ao problema as distintas administracións con re...
Ent. Ignacio Tobarra, comandante Naval do Miño - Exercicios do MARSEC 18 no Miño 15.05.2018 3:32
Esta semana o Tramo Internacional do Río Miño acollerá por vez primeira dous exercicios conxuntos de seguridade marítima denominados MARSEC-18 que teñen lugar a nivel nacional entre a Armada española e a Portuguesa. Así o explicaba esta mañá o Comandante Naval do Miño Ignacio Tobarra. Hoxe a partir das once terá lugar a primeira das actuación fronte á Comandancia Naval co auxilio dunha embarcación...
Ent. Alejandro da Cuña - Camiño Solidario 14.05.2018 8:14
Alejandro Dacuña leva máis de 400 quilómetros polo Camiño Francés dentro da iniciativa solidaria que está levando a cabo para elaborar un libro sobre esta experiencia. Hoxe saíu dende Sagunto e contounos cómo está a ser a experiencia.
Ent. Andrez González - IKFEM 2018 14.05.2018 12:18
O IKFEM está a traballar para poder celebrar un novo evento este ano na vella Ponte Internacional de Tui. O festival terá lugar do 20 ao 24 de xullo baixo o título "Women sound". A súa directora Andrea González falounos hoxe do reto que supón cada ano mellorar a edición anterior. Tamén lembrou que xa está aberto o prazo para as masterclasses.
Ent. Ana Fernández, Li Alonso, e Pilar Álvarez - Voluntarios/as para as alfombras do Corpus 14.05.2018 5:39
O grupo de voluntarias que asume un ano máis a realización das alfombras florais de Corpus realiza un chamamento a máis persoas para que sumen a este labor. Así nolo contaron hoxe Ana Fernández, Li Alonso, e Pilar Álvarez. O tempo xoga en contra porque teñen xa que comezar a preparar o verde, ao tempo que precisan tamén do verde. Estas voluntarias están a traballar no Claustro da Catedral en horar...
Ent. Juan Carlos Blanco, Sandra Garreiro e Manuel Santos, de Acitui - Sorteo do Día da Nai 11.05.2018 6:45
Esta mañá pasaron pola RMT Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui, xunto Manuel Santos e Sandra Garreiro, tecnica da asociación, para realizar o sorteo de catro vales de 50 € con motivo da campaña do Día da Nai. Os números gañadores foron o 9.303, 12.619, 8.730 e 7.660. Amais volveron anticipar algunhas cousas de cara á Festa do Peregrino.
Ent. Tino Baz, músico - Cantares do Brueiro en Tomiño 11.05.2018 10:54
A música será a protagonista esta fin de semana no Auditorio de Goián dentro da programación de Primavera que organiza o Concello de Tomiño. O domingo ás 19h será a quenda de Cantares do Brueiro, coa posta en escena do obradoiro de canto que dirixe o músico guardés Tino Baz. A entrada será de balde.
Ent. Aloia Martínez, directora do coro Mistura Vocal - Concerto Coral na igraxe de San Domingos 11.05.2018 4:22
A igrexa de San Domingos acollerá mañá sábado ás 20h un concerto coral organizado pola Asociación Amigos da Catedral. Correrá a cargo do Proxecto Vocal Concerto Tempo do Ferrol, dirixido por José Antonio García Mato, e do coro Mistura Vocal, integrado por cantores de todo o sur da provincia, que dirixe a tudense Aloia Martínez, coa que estivemos a falar.
Ent. Carla Pérez, concelleira de Deportes Salceda, Manuel Fernández e José Luis Freijeiro - XI Andaina Concello Salceda 10.05.2018 12:10
O vindeiro 19 de maio terá lugar a XI Andaina Concello de Salceda, unha proba incluída na Copa Galega de Andainas e que conta cunha opción de 50 km e outra de 25km. Para falar sobre esta cita co deporte estivemos con Carla Pérez, concelleira de Deportes e Medio Ambiente de Salceda de Caselas, e con Manuel Fernández Ramírez e José Luis Freijeiro, que forman parte da organización.
Ent. Xosé Mª Lores, profesor - IX Tui Lee 10.05.2018 8:20
Os libros toman esta mañá a praza de San Fernando na novena edición de Tui Le, unha iniciativa das bibliotecas escolares de Tui que promoven o intercambio de libros e actuacións diversas co gallo do Día das Letras Galegas. Participan once centros educativos os CEIP’s nº1, nº2 , Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA “Mestra Clara Torres”, IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, Maristas e...
Ent. Javier Rodríguez Vázquez, de Levada Libre - Presentación do libro sobre o Pacto de Tui 10.05.2018 6:06
Mañá ás 11 da mañá o Liceo Casino de Tui acollerá a presentación do libro “O Pacto de Tui. 4 de xullo de 1137. Un acontecemento histórico”, escrito por Javier Rodríguez Vázquez e con ilustración de Albino Rey. Trátase dunha obra de divulgación promovida polo colectivo Levada Libre e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Ent. Ángel Sánchez, de Best Boy - Nominación aos Premios Martín Códax da Música 09.05.2018 3:02
O grupo tudense Best Boy é un dos finalistas aos premios da Música Martin Codax que se fallan esta noite. En concreto a formación liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández están nominados na categoría de Blues/Funk/Soul, xunto a Carmen Rey e The Lakazans.
Ent. José Martínez Tato, do Club Andatui Regodapedra - XV Andaira Tudense Solidaria 09.05.2018 7:46
Este sábado terá lugar a Andaina Tudense Solidaria, que chega á súa décimo quinta edición, como é habitual, cun novo percorrido. Estivemos a falar con José Martínez Tato sobre unha actividade que foi pioneira na zona nos seus inicios e que nesta ocasión porá o acento solidario cunha recollida de alimentos para SOS Tomiño-Baixo Miño.
Ent. Marcos Diz Álvarez, Fernando Gago e Juan Manuel Álvarez, de Novelec - I Día do Instalador 08.05.2018 16:29
Este venres, 11 de maio, a empresa Novelec celebra o I Día do Instalador, unha iniciativa para achegar os fabricantes aos instaladores. Estivemos a falar sobre esta proposta con Marcos Diz Álvarez, socio de Novelec, Fernando Gago, o delegado da empresa en Vigo, e Juan Manuel Álvarez.
Ent. Francisco Álvarez 'Koki', escritor e poeta guardés - Presentación libro 'Na sombra do Trega' 08.05.2018 10:52
Hoxe ás 20h preséntase no Centro Cultural da Guarda o libro “Na sombra do Trega”, coordinado polo escritor e poeta guardés Francisco Álvarez “Koki”. Trátase dunha obra cun longo proceso, xa que Koki leva arredor de catro anos traballando para poder sacar á luz un libro que puidese ser referente do concello da Guarda. Estivemos a falar con el sobre o proxecto.
Ent. Juan Carlos Blanco e Luis Conde, de ACITUI - Vencedor Saborea Tui e próximas campañas 04.05.2018 6:53
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, está a traballar para poñer en marcha distintas campañas e propostas durante os vindeiros meses como a III Festa do Peregrino ou o primeiro desfile de moda deste ano. Estivemos a falar con Juan Carlos Blanco, o seu presidente, e con Luis Conde, que nos deron conta tamén do vencedor de Saborea Tui: O Vello Cabalo Furado.
Ent. Manuel Rodríguez, pte. Comisión de Festas de Ribadelouro - XVII Festa do Chourizo 04.05.2018 5:36
Esta fin de semana en Ribadelouro celebran a súa XVII Festa do Chourizo, que amais este ano contará cunha andaina de 6 km e dificultade baixa. Estivemos a falar de todas as propostas con Manuel Rodríguez, presidente da Comisión de Festas.
Ent. Vicente González da Escudería Clásicos de Vigo - XII Rallie Clásico de Vigo 04.05.2018 4:15
O rallie máis emblemático de clásicos da provincia de Pontevedra con vehículos de 1936 a 1978 chegará mañá ás 17h ao Paseo da Corredoira de Tui, dentro dun dos 16 tramos de regulariedade previstos. Falamos do XII Rallie Clásico de Vigo Premio Lanzal, do que hoxe nos falou Vicente González da Escudería Clásicos de Vigo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.