Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Gemma Marqués, de La Casa Taller - Market La Casa Taller na Guarda 01.06.2018

Mañá sábado La Casa Taller acollerá de 11h a 20h un mercadiño con entrada de balde no que haberá cerámica, complementos, roupa ou pintura. Pero amais a xornada estará amenizada con concertos en sesión vermú e merenda ou con talleres para os máis pequenos. Estivemos a falar con Gemma Marqués.

Ent. Beti Rey - Homenaxe da Agrupación Cultural Guardesa 01.06.2018

A nosa compañeira Beti Rey será homenaxeada pola Agrupación Cultural Guardesa co gallo do Día das Letras Galegas nun acto que se celebrará hoxe ás 21h no Centro Cultural da Guarda. A homenaxe contará coa participación de José Font e coas actuacións musicais do Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, do grupo Antorcha e do Grupo de Cámara da Agrupación Musical Guardesa.

Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, de Acitui - Suspendidas as actividades para o mes de xuño 31.05.2018

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui decidiu suspender a Festa do Peregrino que tiñan programada para o 9 e 10 de xuño en solidariedade cos afectados pola explosión de Paramos. Do mesmo xeito queda aprazada a Gala do Comercio. As actividades retomaranse na segunda quincena de xullo.

Ent. Elías Vieiro, presidente do Tyde FC - Participación no Torneo Internacional de Versmold 31.05.2018

Arestora os rapaces do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold están a comezar a súa viaxa ata a cidade alemá. Esta mañá participaron nun acto de despedida no Concello co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e amais tivemos ocasión de falar con Elías Vieiro, presidente do Club que os acompaña nesta experiencia á que van con idea de revalidar o título.

Ent. Lupe Pérez da Plataforma de Afectados Paramos 31.05.2018

Lupe Pérez, voceira da Plataforma de Afectados de Paramos deu conta no programa Día a Día, do tratado na reunión de onte á noite.

Ent. Mercedes Martín, de Verdeazul - Recollida de plásticos no Miño 31.05.2018

Para este sábado a empresa de ocio e turismo activo Verdeazul ten organizada unha recollida de plásticos no río Miño. Está pensado como un paseo polo río e un modo tanto de achegarse ao entorno natural como de tomar conciencia da grande cantidade de residuos que producimos e de todo o que consumimos. Mercedes Martín, de Verdeazul, falounos desta iniciativa.

Ent. Olaya Sánchez-Llanos, Paula Rico, Alba Cid, Ricardo Fdez. e Néstor Álvarez, de Maristas - Día Mundial sen Tabaco 31.05.2018

Os alumnos de 6º de primaria do Colexio Maristas realizaron a semana pasada un obradoiro sobre o consumo de tabaco como actividade previa ao Día Mundial sen Tabaco que se celebra hoxe. Cinco desde alumnos déronnos conta de todo o aprendido.

Ent. Reme Carrera, do Grupo San Roquiño - Estrea de 'Xoscados' no Auditorio de Goián 31.05.2018

Esta fin de semana o Auditorio de Goián acollerá a estrea de “Xoscados”, a cuarta longametraxe producida polo grupo tomiñés San Roquiño. Contará con dous pases o sábado e dous o domingo, e amais a próxima semana proxectarase tamén no Auditorio do Rosal. Contóunolo Reme Carrera, que forma parte de San Roquiño.

Lupe Pérez, plataforma - Reunión no CC de Paramos 30.05.2018

Ás nove desta noite a Plataforma de Afectados de Paramos vai celebrar unha reunión no Centro Cultural de Paramos. Así nolo contou hoxe a súa voceira, Lupe Pérez.

Ent. Elías Vieiro, Manuel Rodríguez, Silvia Pousa, Alicia González e Adela Lamela - Acción solidarias na fin de semana 30.05.2018

Entre a grande cantidade de inicitativas solidarias cos afectados pola explosión de Paramos está fin de semana terán lugar dúas actividades na parroquia de Guillarei. Por unha parte o sábado terá lugar ás 18.30h un partido benéfico entre o Tyde e o Guillarei no campo da Gándara, e por outra o domingo ás 18h comezará unha Masterclass de Zumba no torreiro das Festas da Virxe das Dores.

Ent. Pablo Nunes, de Notblank - Álbumes fotgráficos solidarios 30.05.2018

Dende a empresa de fotografía Notblank contan cunha iniciativa solidaria para que os afectados de Paramos poidan comezar de cero cos seus recordos fotográficos. Xunto con outras empresas fotográficas da zona que se están a sumar á iniciativa ofrecen servizos de fotografía de familia de balde. Explicóunolo Pablo Nunes.

Ent. Teresa Domínguez, Manuel Méndez, Ana Fernández - Iniciativas solidarias cos afectados de Paramos 29.05.2018

Son diversas as iniciativas solidarias que están a xurdir para axudar aos veciños de Paramos afectados pola explosición do pasado mércores no barrio da Torre. Este xoves as distintas comisións de festas venderán unha rifa solidaria para os afectados nos aparcamentos coindindo coa mercado semanal. O domingo haberá zumba solidaria en Guillarei, e estánse a concretar outras accións coma baixadas en p...

Ent. Kely García e Rubén Reinaldo en directo - Programación Betún 26 de maio 23.05.2018

Esta fin de semana haberá máis música na Asociación Cultural. O venres terán unha nova sesión de Discobeta, pero o prato forte chega co concerto o sábado, a partir das 23.30h de Kely García e Rubén Reinaldo. Estivemos a falar con eles, que pasaron pola RMT para tocar en directo.

Ent. Samuel Diz, director Música no Claustro - Edición 2018 22.05.2018

Música no Claustro celebrará o próximo mes de agosto – do 4 ao 10 – a súa décimo terceira edición tras un ano de paréntese. O festival regresa con novidades: sete días de programación e dobre sede.

Ent. Miguel Santalices, de Repara tu Deuda 22.05.2018

Estivemos a falar con Miguel Santalices, director en Vigo e na súa Área Metropolitana de Repara tu Deuda, compañía especializada no que se coñece como Lei da Segunda Oportunidade. Miguel Santalices explicounos en que consiste esta figura apareceida en España en 2015 e que é o que pode ofrecer a compañía para axudar a aqueles que están nunha situación económica complicada.

Ent. Mª Carmen Rodríguez e Elsa Méndez, alumnas de francés e de portugués - Sección EOI en Tui 21.05.2018

Estivemos a falar sobre a sección da Escola Oficial de Idiomas de Vigo en Tui con dúas das súas alumnas. Mª Carmen Rodríguez é alumna de francés dende hai 5 anos, mentres que Elsa Méndez leva un ano estudando portugués. Elas contáronnos as súas boas experiencias e o funcinamento das aulas da EOI na cidade.

Ent. Miguel Ángel Rodríguez, de 'Ideas para tu huerto' - Concurso de NaturGreen 21.05.2018

Miguel Ángel Rodríguez comezou hai uns anos un proxecto de ideas sostibles para a horta xurdido dunha colaboración co CEIP nº1 de Tui. Dentro dese proxecto está o cultivo de setas en borra de café, que agora participa nun concurso convocado pola empresa de produtos ecolóxicos NaturGreen.

Ent. Andrés Senra, pte. Acanor Atlético Novás - Ascenso á División de Honra Prata Masculina 21.05.2018

O Rosal cumpriu esta fin de semana o soño de que o seu equipo, o Acanor Atlético Novás, milite na División de Honra Prata Masculina do balonmán. O seu soño fíxose realidade nunha intensa fin de semana na que O Rosal acolleu precisamente esta fase de ascenso, nun vibrante partido final no que o pavillón municipal estivo completamente ateigado de siareiros.

Ent. Roi Rodríguez, padeeiro do Kaiak Tudense - Record do mundo e ouro en k1 500m en Szeged 21.05.2018

O padeeiro tomiñés do Club Kaiak Tudense regresa da Copa do Mundo de Szeged con dobre medalla e un record do Mundo. A primeira medalla lográbaa o venres no k1 1000metros onde foi bronce, e onte domingo no k1 500 bateu o record do mundo desta distancia cun tempo de 1:35.149 milésimas, e se fixo coa medalla de ouro. Amais foi quinto no k1 5000 metros.

Ent. José Prada, concelleiro non adscrito - Acordo co alcalde de Tui sobre orzamentos 2018 21.05.2018

O concelleiro non adscrito, José Prada, absterase no pleno deste mes maio na votación dos orzamentos de 2018, polo que as contas poderán ser aprobadas cos votos do equipo de goberno. Onte chegaba a este acordo co alcalde, Carlos Vázquez Padín.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Acordo con José Prada para Orzamentos 2018 21.05.2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro non adscrito José Prada Álvarez, chegaron onte a un acordo para sacar adiante os orzamentos do concello de Tui para 2018. O alcalde amosaba hoxe a súa satisfacción por este acordo, ao tempo que explicaba que hoxe mesmo convocará a comisión informativa para ditaminar o proxecto de orzamentos - o mesmo que se presentou hai un mes - para levalos...

Ent. Marcos González e Lino Martínez, da Peña Cabalar Valle del Louro - XVII Romaría do Cabalo 18.05.2018

Esta fin de semana ten lugar a XVII Romaría Cabalo organizada pola Peña Valle del Louro, un evento único no que se dan cita miles de persoas e que conta con espectáculos recoñecidos a nivel español.

Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura do Concello da Guarda - Mostra do Traxe Galego e Feira do Libro 18.05.2018

Esta fin de semana A Guarda conta con varias propostas relacionadas coa cultura galega. Mañá sábado terá lugar no exterior do Centro Cultural o Mostra do Traxe Galego organizada polo Concello e a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego. Amais o domingo rematarán a semana das Letras Galegas cunha Fira do Libro na praza do Reló, con obradoiros, sesión vermú, xogos populares e concerto de Mamá C...

Ent. Víctor Lomba, pte. da Comisión de Festas de Oia - Festas da VIrxe do mar e I Festival Omae 18.05.2018

Esta fin de semana Oia celebra as súas Festas da Virxe do Mar, a Virxe do Carme e o Santísimo. Nesta ocasión a programación contará coa primeira edición do Festival de Música Atlánticas Emerxentes Omae, que reunirá mañá pola tarde a distintos grupos emerxentes galegos no enclave do Mosteiro de Oia.

160518 Ana Carpintero e Fran García de Somos Océano - Calcetíns, nova colección... 16.05.2018

SomosOcéano celebra o día das Letras Galegas cunha colaboración con Carrick. Así nolo contaron hoxe Ana Carpintero e o tudense Fran García, con quen tamén falamos da nova colección coma a camiseta de manga curta "Riquiña" ou da súa presenza en Bruxelas da man de Google.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.