Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Marita Alonso, de Miscapisca - Quedada do Día Mundial de Tecer en Público 15.06.2018 6:02
Mañá sábado ás 16.30h terá lugar no Paseo Fluvial unha quedada polo Día Mundial de Tecer en Público. É un acto gratuíto aberto a todo aquel que desexe pasar un bo rato tecendo e compartido ideas, merendar, aprender estiramentos e participar nos sorteos organizados. Esta actividade está organizada por Marita Miscapisca, ARTElier e MyR Abalorios coa colaboración de Mercería Fiadeiras e Osteopatía Tu...
Ent. Miguel Capón, de ALT - Catástrofe de Paramos e Orzamentos 14.06.2018 20:22
Unha catástrofe das dimensións xurdida tras a explosión do pasado 23 de maio en Paramos supera a calquera goberno municipal. Así o afirmaba hoxe o voceiro de Alternativa Tudense, Miguel Capón, quen sinalaba a colaboración total da xunta de portavoces, onde dos distintos grupos xurdiron parte das acción que se están a realizar coma o Fondo de Emerxencia, a convocatoria da Xunta Local de Seguridade,...
Ent. Conchi Sales, Raquel Hernández, Verónica Morais e Juan José Alonso - Certame de gaita e tamboril e Día da Muiñeira 14.06.2018 15:23
A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do IV Concurso de Gaita e Tamboril o sábado, e do V Día da Muiñeira o domingo. Ambos actividades están organizados pola Asociación Xuvenil e Cultural San Telmo, que traballa pola recuperación das tradicións, coa colaboración do Concello de Tui.
Ent. Sergio Alonso, do Betún, e Su Garrido en directo - Programación Betún 15 e 17 de xuño 14.06.2018 18:43
Esta fin de semana a Asociación Cultural Betún ten dúas novas propostas musicais. O prato forte será mañá venres a partir das 22h cun concerto de Su Garrido Pombo, coa que contamos hoxe na nosa sintonía para falar do seu disco "Quedo a vivir aquí", do que amais nos ofreceu algúns temas en directo. O domingo na rúa Cuenca estarán 16mm coa súa proposta de violonchelo e theremin.
Ent. María Esther Ruzo e Sonia Castiñeira - Escola de Hostelería do Baixo Miño 14.06.2018 9:38
Dúas emprendedoras están a poñer en marcha no Concello do Rosal, un proxecto para a creación da primeira Escola de Hostelería do Baixo Miño, que contará con espazos para aulas, degustación, demostracións e dúas exposicións permanentes de elementos etnográficos e de viños producidos na comarca. Estivemos a falar desta iniciativa con Esther Ruzo e Sonia Castiñeira.
Ent. Nando Álvarez, escultor - 3º Simposio de Escultura do Miño 14.06.2018 7:14
A 3º edición do Simposio de Escultura do Miño, unha iniciativa conxunta dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, está a desenvolverse dende hai uns días no Espazo Fortaleza de Goián. Alí, ata finais de mes seis recoñecidos escultores de distintos países están a traballar en vivo para o público en seis obras que pasarán a formar parte do patrimonio escultórico das dúas vilas.
Ent. Manuel Ángel Fálquez, director do CEIP de Pazos de Reis - Aloiada 2018 13.06.2018 3:34
Mañá comeza a Aloiada 2018 con máis de 200 alumnos de 6º de primaria e na que participarán por primeira vez todos os centros educativos de Tui. Estivemos a falar con Manuel Ángel Fálquez, directo do CEIP de Pazos de Reis, sobre como será o programa.
Ent. José Prada Álvarez, non adscrito - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018 13.06.2018 17:23
José Prada, concelleiro e membro do grupo de non adscritos, defendeu a creación dunha comisión con toda a corporación para axilizar determinadas decisións relacionadas con Paramos, e neste senso asegurou que está a completa disposición do alcade dente o primeiro momento. Defendeu amais a contratación de profesionais externos para áreas como urbanismo ou servizos sociais, de modo que os departament...
Ent. Rubén López, dtor Conservatorio - Concerto de Fin de Curso 13.06.2018 5:33
Mañá ás 20.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Tui. A apertura de portas para a retirada de entradas será ás 19h, e dende ás 19.15h os alumnos e alumnas do conservatorio poderán recoller as cualificacións do cursos. O concerto estará dedicado aos afectados de Paramos, e tamén ao profesor Jesús González que se xubila. Actuarán...
Mª Jesús da Silva, concelleira de Urbanismo e voceira de APTui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018 13.06.2018 15:34
María Jesús da Silva, voceira de APTui e concelleira de Urbanismo, asegurou hoxe que a prioridade do seu departamento dende a explosión no barrio da Torre é resolver a situación na zona. Neste senso apuntou que se traballa para formar un gabinete urbanístico externo dedicado en exclusiva a Paramos. Recordaba amais que ao existir un proceso xudicial aberto é a xuíza a que da as autorizacións e marc...
Ent. Uxío Benítez, deputado e director da AECT Río Miño - Constituída a asemblea da AECT 11.06.2018 17:17
A AECT Río Miño celebrou a pasada semana a súa primeira asembla na que foron aprobados os orzamentos para este 2018. Uxío Bénitez será durante dous anos o primeiro director desta Agrupación Territorial. Hoxe na nosa sintonía explicaba que o obxectivo inicial é acceder a fondos europeos e crear a marca Río Miño.
Ent. Laureano Alonso de Son de Tui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018 11.06.2018 18:47
A catástrofe de Paramos marcará a xestión dos gobernos municipais de Tui durante moito tempo, así o afirmaba hoxe o concelleiro de Son de Tui, Laureano Alonso. Este feito quedará moi marcado na historia de Tui, e agarda que as axudas dos distintos organismos poidan contribuír a recuperar as vida das persoas afectadas. Por último con respecto á aprobación dos orzamentos municipais no pleno de maio...
Ent. Sergio Alonso, de Betún, e Iván, contrabaixista de Pegas Negras - Programación Betún 8 e 9 de xuño 08.06.2018 5:56
Máis música na Asociación Cultural Betún para esta fin de semana. Esta noite comezarán coa habitual Jam Session e mañá contarán co grupo Pegas Negras e a súa proposta de temas propios cheos de cowntry, rock and roll e toques galaicos. Tivemos ocasión de falar cun dos seus membros.
Ent. Ramón Martínez, pte Comunidade de Montes de Randufe - III Romaría do Comuneiro 08.06.2018 6:43
Este domingo a Comunidade de Montes de Randufe celebra a súa II Romaría do Comuneiro, que pola posobilidade de chuvia terá finalmente lugar na Casa da Cultura. Estivemos a falar co seu presindente, Ramón Martínez.
Ent. Eriberto García, dtor IGVS - Axudas aos afectados de Paramos publicadas no DOG 07.06.2018 6:25
O Dog publica hoxe a orde coa bases que regulan a concesión de axudas aos afectados pola explosión de Paramos do pasado 23 de maio tanto para o alugueiro coma para a reconstrución das vivendas e enxoval doméstico afectados Esta mañá o director do IGVS, Eriberto García, lanzaba na nosa sintonía unha mensaxe de tranquilidade aos afectados indicando que van a colaborar en todo para a tramitación dest...
Ent. Carlos Estévez, do Club Sen Amarras - Proba do Campionato de Motonaútica inclusiva 07.06.2018 6:04
Este sábado Tui volve a ser sede dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica, organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui, no que participarán deportistas con e sen discapacidade.
Ent. Lupe Pérez, voceira Asociación Afectados Paramos Guillarei 07.06.2018 21:21
Lupe Pérez é a voceira da Plataforma de Afectados pola explosión en Paramos, recentemente constituída como Asociación de Afectados Paramos-Guillarei. Hoxe deunos conta das trabas burocráticas coas que se están a atopar para a solicitude das axudas, así como das súas reivindicacións ao Parlamento Galego ou da falta de coordinación entre as distintas administracións na xestión do acontecido.
Ent. Alberto Rajoy, párroco da Guía e formador do Seminario Menor de Tui - Vixilia de Oración por Paramos 06.06.2018 6:58
O arciprestazgo de Tui-Entenza celebrará este venres unha vixilia de oración polas persoas afectadas na explosión de Paramos. Terá lugar na igrexa de San Francisco en Tui a partir das 21.30h. Explicóunolo Alberto Rajoy, párroco da Guía e formador no Seminario Menor de Tui
Ent. Montse Mon, Nieves Carrera e Clara de Macedo, As. 1Máis - Informe Comité Dereitos Persoas con Discapacidade 06.06.2018 14:28
Esta mañá estivemos a falar coa Asociación 1Máis sobre o informe emitido polo Comité Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidos. Dende 1Máis aseguran que se trata dun informe moi importante, xa que conclúe que España está a vulnerar sistematicamente o dereito á educación inclusiva.
Ent. Nureddine El Jabroui, vicepresidente e portavoz en Tui da Asociación Nour - Comunidade marroquí en Tui 05.06.2018 6:49
A Comunidade Marroquí recupérase pouco a pouco trala perda de Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel, falecidos durante a explosión de Paramos. Os seus fillos, unha vez recibida a alta hospitalaria, están xa en Tui a cargo dun matrimonio membro da comunidade marroquí e amigos dos seus pais. Amais están en contacto permanente cos seus tíos.
Ent. Justi Peixoto, membro da directiva e responsable de prensa da Eurocidade 10 - Proba de atletismo Eurocidade 10 05.06.2018 7:52
Este domingo celebrarase a VII Eurocidade 10 organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui. Esta proba de atletismo será solidaria cos afectados de Paramos, para quen será recadación íntegra da proba, pero amais poranse á venda, o mesmo domingo, camisetas solidarias ao prezo de 5€.
Ent. Margarita Pino, directora da Aula da UNED en Tui - Cinematographic Creation Camp 05.06.2018 9:40
A Aula da UNED en Tui celebrará este ano unha nova edición do seu campameto de Inglés para nenos na última semana de xuño e a primeira de xullo baixo o título “Cinematographic Creation Camp.” Margarita Pino, directora da aula de Tui da UNED, explicounos a semana pasada os aspectos máis importantes desta edición.
Ent. Ana Mateo, pta. Fundación para la Diabetes - Programa Camina por la Diabetes a Santiago 01.06.2018 5:38
110 participantes serán os que comecen mañá Camiño a Santiago dende Tui dentro da Proposta Camina por la Diabetes da Fundación para la Diabetes. Estivemos a falar sobre esta actividade de Ana Mateo, presidenta da Fundación.
Ent. D. José Vidal, vicario de Pastoral da Diocese de Tui-Vigo - Situación do Centro de Espiritualidade Xuvenil en Param 01.06.2018 6:31
Un dos edificios que se veu danado durante a explosión de material de pirotecnia en Paramos foi o Centro de Espiritualidade Xuvenil de Juventud Unida en Marcha (JUM). O vicario de Pastoral da Diocese de Tui-Vigo, José Vidal, deunos conta de cal é a situación deste centro e das accións importantes logo a explosión, como a posta a disposición dos afectados das casas rectorais da contorna.
Ent. Esther Sánchez, de Betún, Ton Risco e Jacobo de Miguel, intérpretes de jazz - Programación Betún 1, 2 e 3 de xuño 01.06.2018 8:55
Esta fin de semana a Asociación Cultural Betún chega cargado de música. Esta noite contarán coas interpretacións de jazz de Ton Risco ao vibráfono e percusión e de Jacobo de Miguel ao piano, cos que estivemos a falar. Amais Esther Sánchez deunos conta da actuación de mañá de Steel Sheep e do domingo con L Mantra.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.