Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Naturgreen premia o 'Ideas para tu huerto' realizado por Miguel Ángel Rodríguez no CEIP nº1 26.06.2018

Fresas, repolos, cebolas, flores… crecen na horta do CEIP nº1 de Tui. Hoxe este espazo no patio do centro foi o lugar elixido para dar a coñecer que o proxecto “Ideas para a túa horta” do tudense Miguel Ángel Rodríguez foi o gañador do concurso convocado por Naturgreen, sendo a primeira vez que un galego se leva o galardón.

Ent. Bea González - Festa solidaria en Anubis e Queen 26.06.2018

Este sábado, 30 de xuño, ás 23h celebrarase na discoteca Anubis de Tui unha festa solidaria . A entrada custará 5€, e se sorteará unha tatuaxe. Xa 14 de xuño en Queen haberá outra festa solidaria. Falounos destas citas Bea González, presidenta da ANPA de Guillarei.

Ent. Rita Álvarez e José Gómez - Recollida de herbas de San Xoán 22.06.2018

Flores Rita volve colaborar con Sos Tomiño Baixo Miño cunha iniciativa solidaria que realizarán mañá e da que hoxe nos falaron Rita Álvarez de Flores Rita e José Gómez de Sos Tomiño Baixo Miño. Recollerán herbas de San Xoán, que mañá intercambiarán na florería por alimentos ou doazóns económicas que transformarán en litros de leite.

Ent. Carlos Vazquez Padín, alcalde - Paramos e Orzamentos 22.06.2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, afirma que a catástrofe de Paramos é o maior problema da historia recente de Tui recente, ao tempo que recoñecía que na zona máis afectada vai levar tempo reestablecer a normalidade. Deu conta do traballo que se está a facer dende o Concello e da contatación esta semana do desamiantado e da xestión de residuos.

Ent. Manuel Castro, pte Comunidade de Montes de A Guarda - III Festa Castrexa 22.06.2018

A Guarda celebra esta fin de semana a III Festa Catrexa cun programa que comeza esta noite con queimada, que mañá e o domingo contempla música, obradoiros, andaina, ruta cabalar,e citas gastronómicas. Está organizada pola Asociación Veciñal das parroquias da Guarda. Falamos con Manuel Castro.

Ent. Héctor Cajaraville, escritor - Presentación de Nova Nursia en Tui 22.06.2018

Héctor Cajaraville presenta ás 20h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica en Tui o seu último libro "Nova Nursia". No mesmo recolle de xeito novelado a biografía de Frei Rosendo Salvado.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo do Di Som - V Campionato Ibérico de Kung Fu 22.06.2018

O pavillón municipal de Tui acolle este domingo dende ás 10.30h o V Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e moderno no que van participar máis de 300 deportistas españois e portugueses. Será unha proba deportiva moi dinámica e vistosa coma explicaba o seu director técnico, Eduardo Méndez Sanjurjo.

Ent. Carmen Núñez do BNG de Tui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018 21.06.2018

A explosión de Paramos foi unha conmoción pola súa magnitude non só de danos persoais senón tamén materiais. Así o explicaba hoxe a voceira do BNG, Carmen Núñez, quen recoñecía que no momento inicial as cousas funcionaron ben pero despois deste primeiro momento comeza unha fase máis complicada para que os veciños poidan recuperar as súas vidas. Apuntando a importancia de que os veciños poidan ver...

Ent. Héctor Martínez, coordinador - IICampus Denis Suarez 20.06.2018

-Salceda acollerá do 2 ao 13 de xullo, de luns a venres de 9 a 14h, en dúas quendas o II Campus de Fútbol Denis Suárez. Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos, cun prezo de 140€ unha semana e 200€ as dúas semanas. O coordinador deste campus Héctor Martínez denunos todos os detalles. A inscrición está aberta ata o venres 29 en https://escueladefutboldenissuarez.com/es/campus

Ent. Campus Cb Tui 20.06.2018

Entrevista co presidente de CBTui e directiva da eempresa encargada de animacion

Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Paramos e Orzamentos 20.06.2018

Probablemente estamos ante un suceso o máis grave da historia recente de Tui con centenares de damnificados, unha traxedia que supera as posibilidades humanas e materiais do Concello de Tui. Así o afirmaba o Enrique Cabaleiro, voceiro do Partido Socialista, quen destacou que dende os grupos da oposición dende o primeiro momento se puxeron a dispor do goberno.

Ent. Valerià Paül, director da FCEER - I Forum do Miño Transfronteirizo 20.06.2018

A Escola de Ciencias Empresariais de Valença acolle mañá o I Forum do Miño Transfronteirizo pensado coma un espazo de debate sobre a estratexia común para o territorio do Miño transfronteirzo nas dúas beiras nas que se plasme cara onde queremos ir no futuro. Así o explicou hoxe Valerià Paül, director da FCEER

Ent. Asociación 1Máis - nforme sobre a situación dos alumnos con discapacidade nos centro de ensino 19.06.2018

A Unión Europea emitiu un informe sobre a situación dos alumnos con discapacidade nos centro de ensino. Hoxe quixemos coñecer de preto cal é a situación na nosa contorna para que nos acompañaron Montse Mon, presidenta e Clara de Macedo, secretaria de Un Máis, as nais Nieves Carrera e Mónica Menéndez e as profesoras Mª José Solleiro, orientadora, e Mª José Sánchez, PT.

Ent. Xosé Manoel Álvarez, Rocío Ferreiro, Alejandro Guntiñas e Javier Oliveira - Oferta ciclos no IES Indalecio Pérez 19.06.2018

Hoxe coñecemos un pouco máis amplamente a oferta de ciclos formativos do IES Indalecio Pérez, nos que teñen unha ampla inserción laboral. Estiveron no programa Día a Día Xose Manoel Álvarez, profesor dos ciclos de electricidade e vicedirector do centro; Rocío Ferreiro, profesora do ciclo medio de electricidade; Alejandro Guntiñas, profesor dos ciclos de comercio e Javier Oliveira exalumno e xerent...

Ent. Salvador García, pte da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei - 1ª Asemblea Xeral 19.06.2018

A Asociación de Afectados Paramos-Guillarei celebra esta tarde a súa primeira Asemblea Xeral. Será ás 21h no local das Penizas. Salvador García, o seu presidente, deunos conta de cómo están os afectados, e dos asuntos a tratar esta tarde.

Ent. Uxío Benítez, deputado e director da AECT Río Miño - I Forum TRansfronteirizo 19.06.2018

Valença acolle este xoves, 21 de xuño, o I Forum Transfronteirizo do que hoxe falamos co deputado Uxío Benítez. O obxectivo do forum é escoitar aos distintos actores da sociedade civil para ter a finais de ano o documento definitivo da Estratexia 2020/30 de Cooperación Intelixente do río Miño.

Ent. José Quinteiro, José Gómez e Pilar Álvarez, de SOS Tomiño-Baixo Miño -X aniversario e Xantar Solidario 18.06.2018

SOS Tomiño-Baixo Miño cumpre 10 anos e celébrao este sábado no seu Xantar Solidario anual, que nesta ocasión terá un carácter moi especial. O seu actual presidente, José Quinteiro, fixo hoxe balance desta década. Amais José Gómez e Pilar Álvarez déronnos conta da actual situación da entidade e das posibilidades para participar no Xantar Solidario este domingo.

Ent. Marta Álvarez, xefa de estudos do CEIP nº1 e alumnado - Xornada Científico-Tecnolóxica 18.06.2018

Como vimos contando, os alumnos do CEIP Nº1 realizarán o mércores 20 de 13.15h a 14h unhas xornadas científico-tecnolóxicas nas que mostrarán moitos dos proxectos que nos levan traballado e investigado durante todo o curso. Hoxe contamos de novo con algúns deses alumnos na RMT explicando os proxectos dos seus cursos. Estivemos a falar con Sofía Moroño e Sofía Crusat, Pedro Rodríguez, Iria Bugarín...

Ent. Mila González, voceira CsT - Explosión Paramos e aprobación orzamentos 18.06.2018

Volver pouco a pouco á normalidade na medida do posible é un dos obxectivos que se fixan dende o Concello de Tui tras a explosión do pasado día 23 de Paramos. Considera que todas as administración deben remar no mesmo sentido e non se debe politizar esta traxedia. Mila González amosaba o agradecemento polas múltiples mostras de solidariedade que chegaron dende os primeiros momentos.

Ent. Juan Carlos Blanco e Miguel Martínez, de Acitui - Feira do Peregrino 15.06.2018

A Feira do Peregrino, que estaba prevista para o mes de xuño e que posteriormente foi cancelada en solidariedade cos afectados pola explosión no barrio da Torre, ten xa novas datas: será os días 7 e 8 de xullo. Esta mañá Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui, e Miguel Martínez, un dos membros da asociación, déronnos conta de cal será o novo programa.

Ent. Jose Monte, vereador de Desporto de Valença - Pantalla xigante para o Mundial 15.06.2018

Hoxe estréanse no Mundial de Fútbol de Rusia as seleccións española e portuguesa e o fan precisamente enfrontándose. A cita será ás 20h Portugal -España. Este encontro poderá seguirse na pantalla xigante que a Cámara de Valença instala no xardin municipal para seguir os partidos da súa selección. Contounolo Jose Monte, vereador de Desporto de Valença

Santi Alonso, do CPA Ribex - Festival de Verán de Patinaxe Artística 15.06.2018

Este ano o Festival de Verán de Patinaxe Artística organizado polo CPA Ribex tamén terá carácter solidario, así nolo explicou coma responsable do club Santi Alonso. Terá lugar no Pavillón Municipald e Tui mañá sábado a partir das 19h e a entrada terá un prezo de 2€ íntegros paa os afectados pola explosión no barrio da Torre.

Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres - Festa Solidaria da Piragua 15.06.2018

Este domingo o deporte tamén é solidario coa Festa da Piragua, que sairá dende a Ribeira de Caldelas ás 11h para facer unha baixada polo Miño ata Guillarei. Pódese participar con kaiak propio ou cun dos proporcionados pola organización e todo o racadado irá para os afectados pola explosión no barrio da Torre. As reservas pódense realizar no 619 04 73 72. Trátse dunha iniciativa da Comunidade De Mo...

Ent. Ismael Alonso, Miguel Muñiz, José Ángel Martínez, Nardo Fernández - Xantar Solidario do Codillo 15.06.2018

Este domingo no Monte das Penizas en Paramos terá lugar o Xantar do Codillo, que terá carácter solidario cos afectados pola explosión no barrio da Torre. Trátase dun xantar que xa estaba previsto nesta data e que decidiron transformar de festa a evento solidario despois da catástrofe. Teñen xa confirmadas arredor de 700 reservas.

Ent. Marta Álvarez, Martín Álvarez, Iria Moledo, Carlota Sío e Gabriel Gómez, CEIP Nº1 - Xornada Científico-Tecnolóxica 15.06.2018

Os alumnos do CEIP Nº1 realizarán o mércores 20 de 13.15h a 14h unhas xornadas científico-tecnolóxicas nas que mostrarán moitos dos proxectos que nos levan traballado e investigado durante todo o curso. Algúns dos nenos estiveron está mañá na RMT explicando en que consistirán os stands dos seus cursos xunto coa profesora e xefa de estudos do centro, Marta Álvarez. Martín Álvarez, de 2º, Iria Moled...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.