Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Hugo Lage de Buguina - Visitas Guiadas Tui 10.07.2018 10:29
Coñecer máis polo muído o conxunto histórico de Tui é posible nas visitas guiadas "Free Tours" que a empresa Buguina comezou a realizar esta fin de semana. Teñen lugar os venres, sábados e domingo ás 11 e 12.30h en castelán e ás 19.30h en inglés. Amais os xoves deste mes organizan rutas de sendeirismo que comezan esta semana nas fortalezas de Goián, o próximo xoves polo Rego da Pedra no Monte Aloi...
Ent. Joaquín Valverde, Diego Alonso e Ramón Corral de Arume de Malvas - Festival de Ortigueira 09.07.2018 9:27
A banda de gaitas Arume de Malvas participa no festival de Ortigueira que se celebra esta semana. Van facer pasarúas e concertos na rúa durante todo o festival e o domingo terá lugar o desfile das bandas xunto con grupos de todo o mundo, dende aquí, de Tui, ata Escocia ou Irlanda. Unha cita que afrontan con emoción e nerviosismo xa que é un festival moi recoñecido no mapa da música folk e que cada...
Ent. Mª del Carmen Alonso, alcaldesa do Rosal - XXVI Feira do Viño do Rosal 09.07.2018 4:18
A conselleira de Medio Rural, Ángel Mejuto, inaugurará este venres ás 20h na praza do Calvario do Rosal a XXVI Feira do Viño do Rosal que se celebrará até última hora do domingo. A continuación dará lectura ao pregón Jane Evans, vicepresidenta do Institute os Masters os Wine de Reino Unido. A alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, daba conta da ampla programación prevista no Rosal no que os...
Reportaxe: Tui celebra o Pacto de Tui tendendo pontes musicais con Sondeseu e Teresa Salgueiro 06.07.2018 5:17
Sondeseu e Teresa Salgueiro tenderán pontes musicais entre Galicia e Portugal para celebrar o Pacto de Tui. Será hoxe e mañá ás 22.30h na rúa Compostela con entrada solidaria a favor dos afectados de Paramos. Amais mañá inaugurarase unha exposición de azulexos lusos na sala municipal.
Ent. Argentina Sousa e Rui Ferreira do Juvalença - IV V Open Eurocidade de Judo 05.07.2018 5:35
O pavillón de deportes de Valença acolle este sábado, a partir das 15 hora española o IV Open Eurocidade de Judo, organizado polo club de judo valenciano Juvalença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, a Federación Portuguesa de Judo e o Instituto Portugués de Desporto. Trátase dunha proba puntuable para o ranking nacional portugués que congregará a deportistas tanto portugueses coma galego...
Ent. Fina Fernández e Marcos Rocha - Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía en Baldráns 05.07.2018 7:13
Máis de 1000 ración de polbo porán á venda este sábado en Baldráns na XXV Romaría do Polbo, que forma parte da programación das Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía. A lectura do pregón a cargo de Manu Garrido o sábado ás 20h dará o pistoletazo de saída ao programa festivo que continuará até o luns. Así nolo contaron Fina Fernández e Marcos Rocha, presidenta e tesoureiro das festas, que anunc...
Ent. Teresa Salgueiro - Concerto no Pacto de Tui 05.07.2018 15:52
"O horizonte e a memoria" é o título de concerto que a cantante Teresa Salgueiro ofrecerá este sábado, ás 22.30h na rúa Compostela de Tui dentro da celebración do Pacto de Tui. A excompoñente de Madredeus interpretará os temas do seu último traballo "O horizonte" pero tamén fará un repaso por outros temas da súa discografía. Un evento musical que tenderá pontes entre Galicia e Portugal.
Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Rafael Yebra - III Aula Internacional de Saxofón 04.07.2018 9:38
O Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá os días 11, 12 e 13 deste mes de xullo, a III Aula Internacional de Saxofón, organizada por este centro de ensino musical e a Asociación Frai Rosendo Salvado. Terá a especialidade de saxofón pero este ano tamén análise e improvisación e jazz como explicaba Rubén López, director do Conservatorio, Jorge Vicente e Rafael Yebra. Dentro das activida...
Ent. Xosé Liz de Sondeseu - Concerto no Pacto de Tui 04.07.2018 9:59
Dentro do programa previsto polo Pacto de Tui este venres, 6 de xullo, ás 22.30h actuará na rúa Compostela a orquestra folk Son de Seu que presentará na cidade o seu último traballo “Beiralúa” pero tamén temas doutros traballos, coma hoxe explicaba Xosé Liz de Sondeseu.
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Celebración do Pacto de Tui 04.07.2018 8:17
O pacto de Tui asinouse o 4 de xullo de 1137 na sala capitular da Catedral daquela en plena construción. Un acordo de amizade que supuxo establecemento da primeira fronteira política entre Galicia e Portugal. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, sinalando que durante anos o espazo cultural continuou a ser homoxéneo ata o século XIX. Tui conmemorará esta fin de semana est...
Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, de Acitui - III Feira do Peregrino 03.07.2018 8:42
Este sábado e domingo, 6 e 7 de xullo, celébrase a III Feira do Peregrino organizada por ACITUI. Charlas, mercado de artesanía, obroiros infantís, actuacións de grupos folclóricos...forman parte do programa previsto na praza de San Fernando e na contorna, do que deron conta Juan Carlos Blanco e Manuel Santos da asociación de comerciantes.
Ent. Ana Isabel Vila Pereira e Clara Macedo - Campamento de Verán Un Máis 2018 03.07.2018 9:43
Este verán Tui acollerá a segunda edición do campamento da Asociación Un Mais, de familiares e amigos de persoas con trastorno do espectro autista dirixido especialmente a nenos con TEA entre os 5 e 18 anos. A temática das actividades estará distribuída semanalmente e serán música, deporte, natureza, medios audiovisuais e saídas pola comarca. A novidade máis importante este ano é a inclusión de ne...
Ent. Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo Da Guarda- Festa da Lagosta 2018 03.07.2018 8:33
A festa da Lagosta dará o pistoletazo de saída este xoves coas actividades suspendidas pola choiva a semana pasada e continuará o venres coa lectura do pregón de man do actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Este terá lugar as nove da noite na praza do Reló e as dez e media volverá ser o protagonista na Carpa do Porto, desta volta co seu espectáculo “El Cavernícola”. Haberá ademais citas...
Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Curso de Iniciación ao Piragüismo 02.07.2018 7:13
Está xa en marcha o Curso de Iniciación ao Piragüismo que ao longo deste verán imparte o club Kaiak Tudense Axuda a Paramos dirixidos a nenos e nenas de 8 a 13 anos que se imparten os luns, mércores e venres pola tarde. Así nolo contou Manuel Pedrares, técnico do club Kaiak Tudense Axuda a Paramos, explicando que son tamén un xeito de captación de novos padeeiros. A inscrición pode facerse nas ins...
Ent. Salvador Gª, pte Asociación Afectados Paramos - Valoración Manifestación e pleno Deputación 02.07.2018 8:05
Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, amosou a súa satisfacción pola resposta obtida na manifestación de onte ao mediodía na que demandaron que a todas as administración remen na mesma dirección e se impliquen para que Paramos volva á normalidade. En concreto demanda a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, e a exen...
Pumoso con Gaseosa e G821 e Traste & Kronik no Betún 29.06.2018 9:51
Pumoso con Gaseosa estará ás 23.30h no Betún co seu habitual Bizarre Freak Show. Mentres mañá sabádo, dende ás 22h, será unha noite de hip hop da man de G821 e Traste & Kronik.
Iván Méndez, cociñeiro - Un chef no rural na praza de San Fernando 29.06.2018 6:20
A praza de San Fernando será hoxe venres ás 20h a derradeira parada de “Un chef no rural”, demostración gastronómica posta en marcha pola Escola Eu Rural, a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez para poñer en valor os produtos da terra. Entrada de balde ata completar aforo
Ent. Salvador García, pte Asoc. Afectados Paramos Guillarei - Presenza no pleno Deputación e manifestación 29.06.2018 8:02
Os afectados pola explosión de Paramos estiveron esta maña no pleno da Deputación de Pontevedra. O presidente da Asociación de Afectados, Salvador García, falouno esta mañá a primeira hora desta presenza en Pontevedra e tamén da manifestación que convocan o domingo ás 12h dende a Área Panorámica.
Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Programación de verán 28.06.2018 6:46
Máis de 40 actividades conforman a programación do Verán cultural e das Festas do Cristo en Salceda que comeza este venres e se vai prolongar ata o 16 de xullo. Cun orzamento de 50 mil euros inclúe un amplo abano de actividades a desenvolver no Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, a Casa da Cultura Castelao, o Auditorio Municipal, o recinto do CEP Altamira e a Praza do Concello. A primeira...
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Verán Cultural 28.06.2018 7:35
Máis de 50 actividades conforman a programación do verán en Tomiño con propostas de distintas concellerías. Hoxe falamos da oferta cultural coa concelleira de Cultura Cristina Martínez.
Ent. Oscar, Bombeiros do Porriño - Venda de camisetas solidarias en Tui 28.06.2018 4:36
A praza da Inmaculada é o punto de venda hoxe das camisetas solidarias cos afectados de Paramos realizadas polos bombeiros do Porriño. Cada camiseta ten un prezo de 10€, que serán íntegramente para os damnificados coma nos explicou Óscar Álvarez.
Ent. Bea González, pta. ANPA Guillarei - Festa Solidaria Anubis 27.06.2018 6:09
A discoteca Anubis acolle este sábado, 30 de xuño, a partir das 23h a Festa Solidaria a favor dos afectados pola explosión de Paramos. Bea González, presidenta da ANPA de Guillarei, daba conta dos artistas que participan este sábado na festa e explicaba que tanto o importe íntegro da entrada – 5€- como parte das consumición son para os afectados Teñen prevista outra festa solidaria o 14 de xullo n...
Ent. Fátima García de Chirlomirlo - Campamento de verán 27.06.2018 3:56
As instalacións do CEIP de Randufe son o escenario no que dende o pasado venres e durante todo o verán se desenvolve o Campamento de Verán centrado no circo a cargo de Chirlomirlo. Fátima García, unha das responsables desta actividades, explicou que o campamento se desenvolve de 9 a 14h pero ofertan tamén aula matinal e comedor. Vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Pódese asistir todo o ve...
Ent. Oscar, Bombeiros do Porriño - Venda de camisetas solidarias 27.06.2018 4:36
Os bombeiros do Consorcio Provincial de Bombeiros estarán mañá xoves no mercadiño de Tui, na praza da Inmaculada, vendendo camisetas solidarias cos afectados pola explosión de Paramos. O martes estiveron xa no mercadiño do Porriño e onte estiveron en Salceda. Óscar un dos bombeiros explicaba coma xurdiu esta iniciativa “Bombeiros coa zona cero”, nunha catástrofe que viviron dende o primeiro moment...
Ent. Moisés Rodríguez, deputado - Proposición non de lei exencións fiscais Paramos 27.06.2018 7:19
Este venres o deputado tudense Moisés Rodríguez defenderá unha proposición non lei para que o Parlamento inste á Xunta a que demande do goberno de España unha serie de exención fiscais para os afectados de Paramos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.