Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Xosé Manuel Álvarez, vicedtor IES Indalecio Pérez Tizón, Ana Belen Piñeiro e Desiré Boquete, alumnas - Eramus + 27.07.2018 5:09
O alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón realizará prácticas o próximo curso en Italia e Portugal dentro do programa Erasmus +. É un programa que consiste en establecer convenios con empresas e institucións da UE para facilitar a formación en centro de traballo dentro da Unión Europea.
Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - II Feira do Mirabel 26.07.2018 8:24
O Mercado de San Miguel de Tabagón, no Rosal, acollerá este domingo, 28 de xullo, a II Feira do Mirabel. Este froito estará presente de moi diversas formas, dende platos salgados e dulces, a cosmética ou augardentes. Ao longo da xornada haberá un amplo programa que explicou na RMT a concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales.
Ent. Milucho Romero da CMVMC de Areas - Andaina nocturna e voluntariado 26.07.2018 6:54
A Comunidade de Montes Veciñais en Manb Común de Areas organiza para mañá á noite unha andaina nocturna polo monte Comunal. Está prevista a saída do Centro Cultural de Areas ás 22.30h para facer un percorrido de hora ou hora e media. Terán lúa chea e dende a Pedra do Aire poderán contemplar amais o eclipse de lúa previsto para mañá á noite. Así o explicaba Milucho Romero da Comunidade de Montes. N...
Ent. Juanjo España - VIII Travesía a nado da Eurocidade 26.07.2018 6:59
O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Trátase dunha proba plenamente consolidada que co nome de eurocidade leva oito edicións, pero que se celebraba xa con anterioridade como lembraba hoxe Juanjo España, de Actividades Actuáticas Minho A proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Ma...
Ent. Rosa Torres Pardo, Rocío Márquez e Clara Múñiz - Espectáculo "Desconcerto" no IKFEM 24.07.2018 9:48
O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe martes, ás 21.30h o espectáculo "Desconcerto" a cargo da pianista Rosa Torres Pardo, da cantaora Rocío Márquez e da actriz Clara Múñiz. Hoxe falamos con elas deste concerto. As entradas poranse á venda ás 20.30h ao prezo de 4€.
Ent. José Martínez Tato, do club AndaTui - Andaina nocturna da Eurocidade 24.07.2018 8:09
Até mañá mércores, ás 23.59 h está aberto o prazo de inscrición para a Andaina Nocturna da Eurocidade que este sábado unirá o Monte Aloia e o Monte Faro nun percorrido de 17 quilómetros de dificultade doada. José Martínez Tato do club AndaTui, daba conta do espectacular do percorrido que rematará ao mencer.
Ent. Pablo González e Alfonso González-Noite internacional 23.07.2018 5:00
Mañá celebrarase a XIX edición da Noite Internacional do Miño en Rebordáns, Tui. Contarán, unha edición máis, con grupos dos distintos continentes, este ano, Saiki de Xapón, Razdolie da República de Buriatia, a Compañía Artisitica Danzar de Colombia e o Ballet Calden Gaucho de Arxentina. Estiveron esta mañá no tempo de Día a Día os organizadores do evento, Pablo González e Alfonso González.
Ent. Fernando Miguel Jaloto- Concerto IKFEM 2018 23.07.2018 7:45
O IKFEM continúa cos concertos, hoxe será a quenda de Fernando Miguel Jaloto quen dará un concerto de música barroca para órgano en feminino onde fará un recorrido de obras de mulleres compositoras que viviron entre o século 17 e o 18, un período do cal a maioría da xente non coñece o seu traballo. Jaloto quixo destacar a importancia do lema deste ano, o Woamn Sound, con este concerto preparado ex...
Ent. Rafael Fernández e Marcos Figueiras, Fibralar 20.07.2018 9:25
A empresa Fibralar oferta internet de alta velocidade no rural dos municipios de Tui e Tomiño. Estiveron con nós esta mañá os socios do operador, Rafael Fernández e Marcos Figueras , para contarnos o que hai que facer en caso tanto de non ter conexión a internet como no caso de buscar un cambio.
Ent. Julio Resende, pianista - Concerto no IKFEM 2018 20.07.2018 3:11
Hoxe ás 21:30h no Paseo Fluvial dentro do IKFEM actuará o pianista Júlio Resende nun concerto baixo o título "Amália, Fado & Further".
O IKFEM tende pontes musicais na Eurocidade 20.07.2018 8:50
Hoxe venres comeza o festival IKFEM na Eurocidade Tui- Valença cunha xornada inaugural solidaria con Paramos e Guillarei. Hoxe se celebrará no Paseo Fluvial de Tui e o sábado e domingo se desprazará a Praza da República na Fortaleza de Valença. O luns e martes volverá a Tui, concretamente a catedral e ao aula da UNED.
Ent. Mercedes Martín de Verdeazul - Fila H2O de IKFEM e Descenso Nocturno 19.07.2018 7:46
Mañá á tarde haberá a posibilidade de seguir a xornada inaugural do IKFEM dende o río Miño coa fila H2O que oferta a empresa Verdeazul. Mercedes Martín explicou que brindan a posibilidade de seguir o evento en kaiak no propio río. Amais para o venres 27 deste mes, coincidindo coa lúa chea, realizarán un descenso nocturno en kaiak dende Caldelas ata Tui.
Ent. Andrea González, Eduardo Freiría, Jose Monte - IKFEM 2018 19.07.2018 12:55
O Paseo Fluvial será mañá o escenario da xornada inaugural do IKFEM, O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade 2018. Vaise celebrar dende mañá venres e ata o martes 24. Do mesmo falamos coa súa directora Andrea González, co concelleiro de Cultura de Tui, Eduardo Freiría, e o vereador de Cultura de Valença, Jose Monte.
Ent. Orlando Oliveira, membro de Fas Diferente - Verdoejo Art Rock 18.07.2018 7:00
O parque de merendas de Verdoejo acolle do venres 27 ao domingo 29 deste mes o IV Verdoejo Art Rock que combina música, arte e diversas actividades organizadas por Fas Diferente. Olando Oliveira, membro da organización, explicou o programa que teñen previsto con concertos de Peste&Sida, Eladio y los Seres Queridos, exposicións de Alfonso Vicente Rey, Camiño Caamaño ou Juan Coruxo e a XI Descida do...
Ent. Xacobe Morais - III Campus de Fútbol Sala Toñin Martín 18.07.2018 8:24
Dende este luns e até o 27 deste mes 79 rapazas e rapaces están a participar no III Campus de Fútbol Sala Toñin Martín organizado por A Quinta de Tui nos pavillóns do IES San Paio e do vello pavillón municipal. É unha actividade de carácter lúdico no que amais de fútbol sala, practican outros deportes, van a piscina, realizan unha actividade rafting... coma explicou hoxe Xacobe Morais, coordinador...
Ent Carlos Alonso, dtor IES A Sangriña - Oferta FP Dual Carrozaría 18.07.2018 8:52
O IES A Sangriña ten aberta ata finais de mes a preinscrición para a FP Dual de Carrozaría que agarda impartir o próximo curso escolar. Estiman contar con entre 8 e 10 alumnos que logo dunha formación teórica realizarán a formación prácticas en empresas da comarca. Coma requisito figura ter os 18 anos cumpridos ou cumprilos ao longo do curso. Deunos conta desta oferta formativa o director do IES A...
Ent. Jose Luis Gándara, delegado do Balonmán Tui - Partido Solidario 17.07.2018 10:21
Hoxe as 8 da tarde no pavillón municipal de Tui disputarase o partido do Acanor Atlético Novás contra a Selección da República Dominicana. Será un partido solidario onde todo o recadado se destinará a plataforma de afectados da explosión de Paramos. O prezo será de 5€ para os adultos e entrada gratuíta para os menores de 14 anos.
Ent. Manuel Santos e Julian Ramirez, representantes de albergues de Tui - Denuncia albergues ilegais 17.07.2018 8:52
Os albergues de Tui únense para loitar contra a competencia desleal de vivendas turística "ilegais". Queren promover unha oferta especializada, de calidade e regulada turísticamente. Os albergues véñense de unir para loitar contra as habitacións-vivenda de uso turístico ilegal que hai na cidade. O seu obxectivo é reducir o impacto negativo da oferta ilegal e promover que Tui sexa un destino de cal...
Ent. Marcos Besada, alcalde - Festas do Cristo 13.07.2018 7:12
O estourazo a cargo da matroa Inés Curre dará o comezo oficial ás festas do Cristo en Salceda, nun programa no que destaca a actuación de Treixadura mañá á noite, o domingo o acto civíco salcedenses distinguidos. O programa previsto, do que nos falou o alcalde Marcos Besada, remata o luns, festivo local, no municipio.
Ent. Alicia González e Emilio Romero - Bandas de Gaitas 13.07.2018 6:50
Este domingo terá lugar no paseo fluvial o concerto solidario "Todos con Paramos" organizado polas bandas de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e a banda San Xoan de Paramos xunto cos alumnos do Conservatorio Profesional de música de Tui coa idea de, ademáis, doar todo o recadado a Asociación de afectados, levantar os ánimos dos seus veciños. A entrada custa 3 euros e haberá fila cero para qu...
Ent. Miguel Pazo, Presidente Asociación Vontade 12.07.2018 8:52
Este mes de xullo se celebran actividades de turismo e deporte inclusivo organizadas pola asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño. É un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronterizo deste ano presentado por Vontade xunto coa Asociación Deportiva e cultural da juventude de Cerveira. A idea do proxecto é non solo para o mes de xullo senón tamén, para o inverno....
Salvador García, pte Asociación Afectados - Presenza no Parlamento 12.07.2018 10:29
Tristes e defraudados volven os afectados de Paramos e Guillarei tras acudir onte ao parlamento onde se debatía unha proposión non de lei sobre a catástrofe de Paramos QUE RECOLLÍA AS DEMANDAS DOS AFECTDOS que finalmente non saiu adiante ao votar en contra o PP. Así o explicaba o presidente da asociación, que reúne xa a 200 persoas, Salvador García. A desgravación fiscal, a atención psicolóxica e...
Noticias 13.30h - Mércores, 11 de xullo de 2018 11.07.2018 22:06
A actualidade deste mércores, 11 de xullo de 2018, en Noticias 13.30h
Ent. Enrique Gómez, organizador homenaxe a Don Ricardo - Encargo da escultura 11.07.2018 12:06
Onte o escultor Diego de Giráldez recibiu xa o encargo oficial da escultura de Don Ricardo García que será sufragada coa cuestación popular que está en marcha. Está previsto que sexa inaugurada en abril do próximo ano no Paseo da Corredoira. Os organizadores desta homenaxe a Don Ricardo abriron hai meses unha campaña de cuestión para recadar os fondos necesarios para cubrir o importe da escultura....
Ent. Silvia Pousa e Estefanía Souto. Festa do motor solidaria 10.07.2018 10:56
O 30 de setembro teñen unha cita os afeccionados ao mundo do motor nunha macrofesta solidariano Borralliño de Salceda para recadar fondos para as vítimas da explosión de Paramos. Será un evento pensado para desfrutar en familia. Asistirán máis 150 vehículos, entre motos, coches clásicos e coches de competición ademáis dunha exposición de vehículos, espazo para os nenos con pintacaras e inchables,...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.