Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Javier Rodriguez, tesoreiro da comisión de festas de San Bartolomeu 14.08.2018 4:25
Mañá mércores comeza a festa de San Roque con procesión as 21:00h e saída das monxas encerradas, acompañados polas bandas de música popular de Tui e a banda de gaitas de Paramos. Vaise inaugurar tamén a feira de antigüidades e artesanía no torreiro de festas de San Bartolomeu. Xa na segunda xornada de festa, o xoves, comezará as 12.30h coa misa solemne con procesión acompañada pola Banda de Música...
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e patrimonio - Tralas pegadas do tempo 14.08.2018 6:51
As visitas "Tralas pegadas do tempo" comezan este venres co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio arquelóxico de Tui. Serán conducidas por arqueólogos e de xeito previo haberá actividades experiementais sobre o xeito de vida na prehistoria. Ofértanse 50 prazas por día e é preciso inscrición previa no whatsapp 610 70 34 88. A primeira cita será este venres ás 20.30h coa Ruta dos petróglifos do Al...
Ent. Julio Domínguez, director Camerata Ad Libitum - Concerto clausura curso Tamara Brooks 13.08.2018 7:00
Mañá terá lugar a clausura do curso de dirección, canto e técnica vocal, coro e orquestra Tamara Brooks, que este ano tivo a súa sede en Mondaríz, e que remata aquí en Tui. O seu director Julio Domínguez explicaba que se trata de dar a coñecer ao público o traballo realizado polo alumnos, de toda España e Portugal, ao longo desta actividade formativa nas últimas semana No concertos de clausura mañ...
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde - Visitas guiadas 10.08.2018 8:30
Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín. Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada.
Ent. Samuel Diz e Yolanda Castaños - Musica No Claustro 10.08.2018 15:38
Tras seis días cunha gran resposta do público, o festival despide a súa decimo terceira edición as 21:30h no claustro da Catedral, un acto ao que asistirá o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo. A Música No Claustro pechará as súas portas pero xa coa vista posta na próxima edición. Samuel Diz, director do festival. A xornada de hoxe comezará con Yolanda Castaño que ofrecerá un recital poético...
100818 Julián Iglesias do CN San Telmo- Remata prazo Semana Náutica 10.08.2018 3:18
Ainda quedan prazas para as actividades Padel surf, sky nautico do luns e rafting para as que se ampliou a idade dos participantes para poder cubrir todas as prazas. Repasabamos esta mañá a programación con Julian Iglesias, do clube Nautico San Telmo Para a actividade de sky nautico do venres xa están todalas prazas cubertas. Para inscribirse hai que 657875716 ou pasando polo Club Nautico san Telm...
Ent. Antonio Lomba, alclade da Guarda - Festa do Monte 2018 10.08.2018 8:34
Chegan os días grandes das festas do Monte na Guarda, unha vila na que agardan a miles de persoas esta fin de semana. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacaba hoxe coma esta festas, que comezaron hai 105, son sobre todo unhas festas para disfrutar. Tamén falamos do traslado dos servizos municipais á Casa dos Alonso, avanzando que a súa intención é que a vella casa do concello albergue a bibli...
Ent. Samuel Diz e Henrique Alvarellos - Presentación libro “De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García 09.08.2018 11:26
Cómo marcou a primeira viaxe a Galicia a Federico García Lorca poderemos coñecelo esta tarde ás 20h en Porta da Pía na presentación do libro “De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García Lorca”. Samuel Diz, director de Música no Claustro, e Henrique Alvarellos de Alvarellos Editor, faláronnos hoxe no programa Día a Día desta públicación.
Ent. Laureano Alonso, Vicepresidente Peña Celtista Tudense - Memorial Quinocho 09.08.2018 5:47
O Celta se medirá ao Mainz 5-0 de Alemania este sábado as 19:30 no campo de Balaídos co gallo do Memorial Quinocho. Ademáis da homenaxe ao ex-xogador e ex-xerente do club, Joaquín Fernández Santomé ‘Quinocho", este ano o trofeo terá un compoñente solidario. O diñeiro recadado cada ano se destina a federación de peñas celtistas, quen este ano decidiu cedelo a asociación de afectados de Paramos e Gu...
Ent. Ismael Alonso, Comisión de Festas de San Caetano - Romaría Solidaria do Polbo 09.08.2018 4:21
Mil racións agardan vender este sábado na Romaría Solidaria do Polbo no Monte das Penizas a partir das 21h. Unha festa que levan celebrando dende hai vinte anos e que este ano a fan para recadar fondos para os afectados de Paramos e Guillarei. Así o explicaba Ismael Alonso,da Comisión de Festas de San Caetano, quen apuntaba que a ración terá un prezo de 10 euros. Non faltarán as actuacións musicai...
Ent. Marta Valcarcel, Concelleira de Cultura de Salvaterra do Miño 08.08.2018 4:35
Este sábado 11 de agosto celebrase a segunda edición do Imos de Guateque en Salvaterra do Miño. Se recordará a música das décadas dos anos 60, 70 e 80 e prégase ir vestido con roupa da época. Será no recinto amurallado de Salvaterra do Miño as 22:00h
Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro e Kebyart Ensemble- Música no Claustro 08.08.2018 8:55
O festival chega a súa quinta xornada esta noite tralo gran éxito de público dos primeiros días. No programa de hoxe haberá música de cámara con Kebyart Ensemble, un dos cuartetos de saxofón máis prometedor da actualidade. Pere Méndez, Rober Seara, Daniel Miguel e Víctor Serra son os compoñentes desta formación creada no ano 2014 na escola superior de música de Cataluña e cun repertorio moi variad...
Ent. Jose Martínez Tato -Ruta histórica Nocturna 08.08.2018 7:30
Este sábado 11 de agosto celebrarase andaina IV Ruta histórica de Tui nocturna. Trátase do quinto percorrido do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2018. Sairá ás 22h do palco da música no Paseo da Corredoira para realizar un percorrido de 4 quilómetros de carácter cultural-histórico. O prezo para poder participar é de 5€ por persoa. A inscrición pode realizarse en andatui.e...
Ent. Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia 07.08.2018 5:46
Ernesto Chao foi Miro Pereira, Ramón Sampedro ou Fernández Albor na ficción, pero tamén foi presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e do Centro Damático Galego na realidade. Unha persoa comprometida, xenerosa e pioneira que deixa pegada no mundo das artes escénicas, hoxe de loito tralo seu falecemento. Falábamos esta mañá coa actual presidenta da Asociación de Actores e Actrices...
Ent. Manuel Castro, coordinador Festas do Monte, a Guarda. 07.08.2018 7:26
Hoxe continúan as Festas do Monte na Guarda tralo éxito da primeira xornada a pesar da choiva. Trala lectura do pregón, a cargo do presidente da asociación O Piueiro, Juaquin Cadilla, os guardeses desfrutaron das primeiras orquestras dunha semana chea de actividades. Continuou a festa xa esta mañá cos grupos de gaitas que recorreron as rúa do pobo e actividades para nenos na alameda. Esta noite, v...
Ent. Samuel Diaz e Jonatan Alvarado - Música no Claustro 07.08.2018 12:08
Hoxe celébrase a cuarta xornada de Música no Claustro. Un festival que está a colleitar nestes días gran éxito de público. Onte mesmo á noite o claustro encheuse para disfrutar do concerto de Tina e Joe con clásicos do blues e do jazz. Samuel Diz explicaba precisamente esa excelente resposta con 900 persoas disfrutando do evento onte á noite. Xa no programa de hoxe ás 18h está prevista a presenza...
Ent. Samuel Diz e Beatriz Fontán, Música no Claustro, Eloy Hemelo, ONCE- Música No Claustro 06.08.2018 13:12
Continúa a programación do festival de Música no Claustro na Catedral de Tui. Esta tarde, as 18:00h, haberá un itinerario artístico-escultórico adaptado a persoas con discapacidade visual, baixo o nome de "Caricias en braille" e coa colaboración da ONCE. Rematará a noite co concerto de Tina Masawi as 21:00h.
Ent. Manuel Campo Vidal 06.08.2018 35:13
Aproveitando a súa estancia no Baixo Miño, Manuel Campo Vidal fixo parada na nosa sintonía para falar de comunicación.
Ent. Xerardo Santomé, Manfred Stingel, Alfonso González e Maximiliano Cortes- Festa Galego- Alemana 03.08.2018 11:46
Hoxe venres celébrase a festa galego- alemán en Rebordáns, Tui. Actuará o grupo Volkstanzgruppe Frommern, escola San Fíns de Rebordáns e Xistra de Coruxo. Será no parque de Laxal as 21:30h e con entrada de balde.
Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro e María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura 03.08.2018 17:26
Esta fin de semana comeza o festival Música no Claustro na Catedral de Tui. Dende mañá até o próximo venres o festival acollerá cada noite ás 21:30h un concerto con entrada de balde. Mañá, na inauguración estaba prevista unha charla entre Samuel Diz, director do festival, e Maria Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura, pero esta tivo que ser suspendida por problemas de saúde. Falabamos...
Ent. Paula Cobian, Dani Rodríguez e Virginia Valero - Curso de danza 02.08.2018 17:45
Este luns deu comezo na academia de danza Paula Cobian o curso de danza impartido pola recoñecida Virginia Valero do conservatorio superior de Danza María de Ávila, en Madrid. Estiveron na nosa sintonía esta mañá Paula Cobian, a directora da escola tudense, Virginia Valero, da escola superior de Danza María de Ávila e Dani Rodríguez, ex alumno da primeira, e admitido este ano no conservatorio madr...
Ent. Julián Iglesias, técnico do CNST - IV Semana Náutica 02.08.2018 6:03
Do 13 ao 17 de agosto o Club Náutico San Telmo organiza a III Semana Náutica promovendo unha serie de deportes náuticos no río Miño dirixidos a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos. Neste caso se trata dunha oferta a prezos reducidos Julián Iglesias, técnico do Náutico San Telmo, explicaba en qué consiste esta actividade. Para inscribirse os interesados poden pasar polo Club Náutico San Telmo ou conta...
Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Acordos asemblea 02.08.2018 10:25
A asociación de Afectados de Paramos e Guillarei convocará unha nova mobilización neste mes de agosto, en data por concretar, en Tui. Seguen a reclamar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil , e as exencións fiscais. Este martes celebraron asemblea na que ratificaron á xunta directiva e acordaron contratar a Calisto Escariz para a representación legal da...
Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro 01.08.2018 12:49
Este ano o festival xira en torno a figura de Diego de Avellaneda, obispo de Tui durante case unha década no século XVI. Poderase coñecer a súa historia, a do seu sepulcro e a súa chegada o Museo Nacional de Escultura. Comenzará o sábado cunha viaxe pola música relixiosa do século XVI e continuará durante toda a semana con concertos de artistas xa consolidados como Germán Díaz ou Tina Masawi sen e...
Ent. Jose Angel Docobo, catedrático de astronomía - Eclipse luar 27.07.2018 4:47
Este venres haberá lúa chea, e debido a alineación do sol coa terra, producirase un eclipse total de lúa, probablemente o máis largo do século XXI. Esta mañá estaba un experto en astronomía na nosa sintonía.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.