Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Avelino González - Actuación na Semana Cultural Xuntanza 03.09.2018 5:50
Avelino González actúa hoxe ás 22.30h na Semana Cultural de Randufe cun monólogo do que nos fixo un avance na nosa sintonía. Previamente ás 21.30h haberá un espectáculo maxia a cargo de Elisa e Ian.
Ent. Suso Vila, historiador - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 2018 03.09.2018 15:10
Dar a coñecer os distintos aspectos da cultura xudía e polos en valor é o obxectivo das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebran en diversos países de Europa que comezaron no día de onte. Tui súmase a esta celebración con diversas iniciativas ate o próximo domingo día 9. O historiador tudense, Suso Vila, falounos destas actividades.
Ent. Sara González Rodríguez, xogadora Unión Deportiva Tenerife Egatesa 31.08.2018 5:39
O Estadio Álvarez Durán de Tui acolle mañá a 1 do mediodía un partido de fútbol feminino internacional que enfrontará a Unión deportiva Egatesa contra o Sporting Club Braga. Precisamente no club canario milita a tudense Sara González Rodríguez, Sara Tui, quen nos contaba esta mañá como enfronta o encontro de mañá.
Ent. Gustavo Rodríguez e Hector Catalá, Triatletas - Campionato de España Paratriatlón 31.08.2018 12:10
Este fin de semana Gustavo Rodríguez xunto con Héctor Catalá vai disputar o Campionato de España de Paratriatlón Será unha proba que levan preparando en conxunto tan so unha semana pero que toman como un proba para un posible mundial, que se celebrará en dúas semanas en Gold Coast, Australia. O actual campión de España de Triatlón de corta e larga distancia, Gustavo Rodríguez, acompañará a Hector...
Ent. Ramón Corral, Alicia González e Francisco López - Setembro cultural de Guillarei. 30.08.2018 16:18
Como tódolos anos, esta festa celébrase os dous primeiros fines de semana de setembro. A primeira xornada, mañá, venres a cita será co humor cun monólogo a cargo de Meli e as 22:30h concerto do grupo Radio Bungalow. A cita contnuará o sábado co festival de bandas de Guillarei e o domingo co festival Folclórico Virxe das Dores
Ent. MJ Pérez, cantautora - Vive o Camiño 30.08.2018 6:59
Ás 21.00h desta noite a praza de San Fernando será o punto no que recale o programa de artes escénicas “Vive o Camiño” promovido por Turismo de Galicia e que está a percorrer este verán o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa. A cita hoxe en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia. A proposta desta noite chega protagonizada por Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” e de MJ Pérez...
Ent. Vanesa Rodríguez, Alba Martínez e Bea Pérez, Membros da Directiva Asoc. Cultural Xuntanza- Semana Cultural Randufe 29.08.2018 10:58
Esta fin de semana comeza a XXXIII Semana Cultural de Randufe, será o venres, día 31 as 21:30h cos Playbacks de Baldráns e Xuntanza. A programación se prolongará toda a semana até o próximo xoves, día 6, que rematará coa festa gastronómica e animación musical coa Charanga Cantos Somos de Tui. A festa conta cun amplo programa que conta con actividades deportivas, humor, animación para nenos, música...
Ent. Javier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses - Revista Castelum Tyde nº5 29.08.2018 13:25
Onte presentábase a 5ª Edición da revista Castellum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses. Estivo na nosa sintonía esta mañá Javier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses, quen remarcaba a necesidade de que unha cidade como Tui conte cunha publicación cultural. A revista, este ano, está dedicada a Francico Ávila y La Cueva, primer gran historiador tudense.
Ent. César López, xerente de Lenda - Lenda 28.08.2018 15:34
A marca Lenda é unha das marcas lider de pensos a nivel europeo e ten a súa sede aquí, en Tui. Esta empresa creada hai máis de dez anos dedícase a venda de comida de gama alta, con aimentos de primeira calidade para cans e gatos.
Ent. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra - Festas do Viño do Concedado de Tea 24.08.2018 7:43
Será as 8 da tarde a inauguración desta 59 edición da festa, unha das máis antigas de Galicia. Haberá postos de comida e estarán alí tamén representación das máis de 50 bodegas da zona para presentar o seu viño. A festividade será toda a fin de semana, a apertura é hoxe, as 7 da tarde, poderanse visitar os estánds e bodegas. Mañá, sábado, as 10 da mañá haberá cata de viños, onde non haberá premios...
Ent. Mino Álvaro e Francisco Álvarez - Exposición de Antunez Pousa en Estás 24.08.2018 8:27
A vixésima semana cultural de Estas chega o seu fin nunha edición na que quixeron homenaxear a José Antúnez Pousa cunha mostra conmemorativa do escultor, quen fai 20 anos inauguraba por primeira vez esta xa recoñecida exposición. Trátase dunha serie de pezas modernas, de liñas definidas e cavidades feitas en mármore. O corpo humano e a natureza inspiran as creacións do artista, en pezas coma “Mate...
Ent. Manuel Alonso Pereira, presidente Comisión de Festa de Caldelas- Festas Virxe da Rocha 24.08.2018 7:20
Cos playbaks da parroquia hoxe ás 21.30h. remata a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua en Caldelas, e mañá comeza alí mesmo, en Caldelas, a festa da honra á Virxe da Rocha que reunirá a miles de persoas na ribeira durante os próximos días, nomeadamente o próximo luns na tradicional cea da empanada. Mañá á mañá terán pasarrúas e animación con gaiteiros. Ás 20h celebrarase mi...
Ent. Raquel Areal, violinista - Concerto San Domingos 23.08.2018 11:27
A xoven violinista tudense, Raquel Areal, que cursa na actualidade segundo curso de violín na escola superior de música Reina Sofía en Madrid, dará mañá, venres, as 20:30h un concerto na igrexa de San Domingos en Tui. Tocará un programa de pezas clásicas de compositores coñecidos como Mozart o Bach. Nesta ocasión ven acompañada da pianista catalá Isolda Crespi Rubia, con que xa coincidiu na escola...
Ent. Iago Pérez, técnico de Consulvin- Estado da viña pola calor 22.08.2018 5:32
O técnico de Consulvin estivo esta mañá con nos para darnos uns consellos e solucións para afrontar estes días de extrema calor con respecto os viñedos.
Ent. Andrea Costas, directora de Arraianos- Festival Arraianos 22.08.2018 8:38
Tui volverá a Idade Media a partir do próximo venres, día 31, co comezo dunha nova edición do festival Arraianos Un festival cheo de historia, cultura, espectáculos, teatro, gastronomía e actividades lúdicas co que os tudenses poderán viaxar durante 3 días a Idade Media . O programa, que vai dende as 8 da tarde do venres 31 até a noite do domingo 2 de setembro, contará este ano con algunha novidad...
Ent. Suso Gómez, Luís Pimentel e Andrés Urseira - Feira Cabalar de San Bartolomeu 22.08.2018 12:57
Este venres celébrase a secular Feira Cabalar de San Bartolomeu que un ano máis reunirá a miles de persoas. O programa comeza a primeira hora da mañá e coma novidade inclúe un partido de horseball, así coma un recoñecemento ao escuadrón de cabalería de Garda Civil.
Ent. Ramiro Gutierrez, xefe de servicio Consorcio de Augas de Louro e Antonio Castro, alcalde en funcións- Uso da auga 22.08.2018 8:57
Dende o Consorcio de augas de Louro fan un chamamento ao uso responsable do auga nestes días de calor. O motivo deste chamamento foi o pico alto de consumo de auga que se produciu nos últimos días e que puxo en alerta o Consorcio de augas de Louro e ao Concello de Tui. Piden que se faga un uso correcto e responsable, con indicacións básicas como reducir o tempo das duchas ou pechar a billa mentres...
Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visitas guiadas Tralas Pegadas do Tempo 21.08.2018 7:29
Este venres será a segunda xornada das visitas “Tralas pegadas do tempo” pola arqueoloxía tudense Tralo éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres a ruta será polos petróglifos da Macoca e o Castro do alto dos Cubos e o castro de francos. Unha arqueoloxía moi descoñecida e incluso boa parte, aínda por descubrir. Haberá ao igual que na cita anterior unha actividade experimenta...
Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Concentración e manifestación 3 meses 21.08.2018 7:57
A asociación de afectados de Paramos e Guillarei convoca para este xoves, 23 de agosto, ás 16.15h unha concentración no barrio da Torre, cando se cumpren 3 meses da explosición de material pirotécnico nun almacén clandestino. O domingo ás 12h realizarán unha manifestación dende a Área Panorámica ata a praza da Inmaculada. Así nolo explicou hoxe Salvador Gardía, presidente da Asociación de Afectado...
Ent. Alba Martínez e Lara González, Asociación Deportiva Xuntanza- Carreira Popular 20.08.2018 4:56
Este domingo celébrase a XXXII carreira popular de Randufe . A primeira saída será as 10:00h a carreira da categoría adulta, a partir dos 17 anos. Unha vez finalizada esta será a quenda das categorías inferiores. Para a retirada dos dorsais e imprescindible presentar o DNI e a organización recomenda ao menos presentarse unha hora antes. A carreira é gratuíta pero organizan unha operación kilo para...
Ent. Vanessa Villar e José Ramón Bernabeu, Asoc, Cultural a Insua- Semana Cultural de Caldelas 17.08.2018 6:20
Mañá, sábado comeza a semana cultural de Caldelas, en Tui. Haberá música, maxia, cinema e teatro. Arrancará o sábado, as 21:30h, coa proxección da película de animación Ferdinand na Ribeira. Mentres o domingo haberá xogos populares e festa da escuma a partir das 16:30h, tamén na Ribeira de Caldelas. A festa que comeza esta fin de semana, se prolongará até o venres 24 Todas as actividades serán na...
Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense Axuda Paramos - Descenso popular e Internacional 17.08.2018 10:54
O río Miño encherase mañá de piraguas sucando as súas augas. 850 persoas - cifra record - participarán no VIII Descenso Popular entre Caldelas e Tui, e 600 padeeiros están inscritos no 47º Descenso Internacional, cita destacada do piragüismo galego entre Salvaterra e Tui. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense Axuda Paramos, falounos destes eventos.
Ent. Anxo Lorenzo, músico - Concerto Festa Do Miño 17.08.2018 6:07
O músico Anxo Lorenzo porá o broche de ouro a Festa Do Miño deste ano as 22:30h na rúa Lugo. Será un concerto moi especial no que presentará o seu novo traballo “Vortex” en primicia. Haberá sorpresas e colaboracións neste concerto e tamén no seu novo disco, que aínda non sairá ao mercado até setembro. Será un traballo menos acústico creado entre Galicia, Escocia e Irlanda. Haberá temas novos, algú...
Ent. Eduardo Freiría, Vanesa Rguez e Manuel Fdez. - VIII Festa Gastronómica 17.08.2018 10:21
Mañá a partir das 20h celébrase na rúa Lugo a VIII Festa Gastronómica que forma parte da programación da VIII Festa do Miño. Este ano participarán 12 asociacións culturais que ofrecerán petiscos a prezos 1, 2 e 3 euros. Faláronnos desta actividade o concelleiro de Cultura Eduardo Freiría xunto a dous representantes das asociacións culturais Vanesa Rodríguez e Manuel Fernández.
Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visitas guiadas 16.08.2018 8:28
Mañá venres darán comezo as visitas guiadas polo patrimonio arqueolóxico de Tui organizadas polo concello. Comezarán cos petróglifos grabados nas rochas con carácter simbólico e que forman parte dos rituais dos nosos antepasados da prehistoria. Nesta primeira cita daranse a coñecer os do Alto do Coello e Fontiñas, unha obra arqueolóxica pouco coñecida a pesar do seu valor histórico e a súa beleza....
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.