Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Manuel Crisóstomo - Campionato de Tute Festas de San Miguel 21.09.2018 3:02
Hai vinte anos que se celebra no Anxo, en Pazos de Reis, o Campionato de Tuto Festas de San Miguel de forma previa ás festas na parroquia. A cita será esta noite ás 23h como nos explicaba Manuel Crisóstomo. Agardan reunir entre 25 e 30 parellas.
Ent. Juan Carlos Rodríguez, pte. AFAGA - Día Mundial do Alzheimer 21.09.2018 16:16
A Área Panorámica tinguiuse esta noite de morado para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se celebra neste 21 de setembro. Aproveitando esta data conversamos co presidente de AFAGA, a Asociaicón de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, quen indicaba que cada ano hai maior conciencia social sobre esta doenza, tamén indicaba que o envellecemento da poboación au...
Ent. Juanjo España, directivo do Club de actividades acuáticas Baixo Miño 20.09.2018 11:17
O Club de actividades acuáticas Baixo Miño prepárase xa para comezo desta nova temporada, estivo esta mañá o directivo do club Juanjo España quen nos contou como foi a pasada temporada e como afrontan esta que está a piques de comezar na que participarán en campionatos a nivel autonómico nas categorías promesas, benxamín e alevín.
Ent. Celso Diego, Mabel Pérez e Vicente Álvarez, Coral San Telmo e Rafa Ribeiro, membro de Lirolai- Festival de Corais 20.09.2018 12:43
O sábado terá lugar en Tui o III Festival de Corais e Música tradicional. Será a partir das 8 da tarde na Igrexa de San Domingos onde participarán catro grupos, A Coral Polifónica do Sporting Club do Casino da Coruña, a Coral Moañesa, o grupo tradicional Lirolai e a Coral San Telmo, de Tui. Estiveron esta mañá a na nosa sintonía algúns dos participantes neste festival.
Ent. Antonio Costas - II Festival Folclórico Internacional 20.09.2018 5:51
Este sábado celebrase o II Festival Folclórico internacional que organiza a asociación o Mosteiro, de Pexegueiro. Será as 21.00h e con entrada de balde. Participarán dous grupos, o propio de Pexegueiro, grupo folclórico Mosteiro de Pexegueiro e como grupo convidado participará o grupo portugués Santa Catalina da Fonte do Bispo, do Algarve. Unha actuación que, di un dos organizadores do evento, Ant...
Ent. Diego das Dores, Aroa Rendo, Carlos Alfaya e Javier Álvarez, Club Remo de Tui - Regata da Eurocidade 19.09.2018 17:25
O Río Miño será unha vez máis escenario dunha proba internacional, neste caso é a primeira regata da Eurocidade de yola e batel. Estiveron connosco esta mañá algúns membros e colaboradores do Club Remo de Tui, organizador do evento, para explicarnos en que vai consistir a regata e as diferencias destes tipos de embarcacións. Diego das Dores é o presidente do club remo de Tui, Aroa Rendo a tesourei...
Ent. Manuel Garrido, Kayak Tudense - Campionato do Mundo 18.09.2018 9:17
Manu Garrido proclamábase por segundo ano consecutivo subcampeon do mundo de piragüismo de Maratón en C1. A proba disputouse a pasada semana en Vilaverde, Portugal, onde o padeeiro Manu Garrido revalidaba o seu título de subcampeón do mundo. O padeeiro do Kayak tudense estivo esta mañá connosco para contarnos as sensacións dese campionato, nun rio xa coñecido para el e co apoio da afección que se...
Ent. Herminia Sías e Luisa Blanco, Asoc. Párkinson Baixo Miño 18.09.2018 8:32
Dende esta mesma tarde comezan as actividades da asociación de parkinsón Baixo Miño, neste caso cun curso de risoterapia e outro de coiro que comeza o 1 de outubro. Ámbolos dous impartiranse no centro socio comunitario de Tui e aínda teñen prazas dispoñibles. Os dous obradoiros son para tódolos los públicos, e non é necesario padecer a enfermidade para participar. Ademáis, o Edificio do Área Panor...
Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e patrimonio 17.09.2018 5:16
Acompañábanos esta mañá o concelleiro de Cultura e Patrimonio Eduardo Freiría para falarnos do remate do ciclo de visitas pola arqueoloxía tudense "Tralas pegadas do tempo" e outros asuntos.
Ent. Beni Vilas, arqueólogo - derradeira visita Tralas Pegadas do Tempo 13.09.2018 8:16
O programa “Tralas pegadas do tempo” organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura realizará este sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas. Anticípase a hora de saída ás 20h no aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia. Lembramos que a visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88.
Volta ao Cole 2018 - Marta Álvarez CEIP nº1 13.09.2018 2:47
O curso 2018/19 comeza no CEIP nº1 incorporándose aos centros plurilingües en infantil.
Volta ao Cole 2018 - Lúa Montes CEIP Randufe 13.09.2018 1:50
Lúa Montes, que se estrea coma directora do CEIP de Randufe destacou que o curso comeza con alegría e ilusión. A matrícula baixou lixeiramente ata os 169 nenos, ao entrar só 4 alumnos de 3 anos e marchar dous grupos numerosos cara ao instituto. Tamén detallaba as obras que se realizaron, e solicitaron algunha cuestión máis para arranxar dada a antigüidade do centro.
Volta ao Cole 2018 - Víctor Rguez de Guillarei, Luís Ruíz do CEIP n2 e Teresa Dguez do CRA Mestra Clara Torres 13.09.2018 6:51
O curso 2018/19 segundo Víctor Rodríguez tamén comezou con normalidade no CEIP de Guillarei onde a colocación dun ascensor foi a obra destacada acometida nos últimos meses. Están pendentes de pequenos arranxos ao longo do curso. A matrícula baixou ata os 99 alumnos, 5 menos que o curso pasado. Luís Ruíz, director do CEIP nº2, tamén salientou a normalidade, ilusión e inquietude co que arranca este...
Volta ao Cole 2018 - Luís Fernández de Rebordáns e Manuel Fálquez de Pazos de Reis 13.09.2018 4:51
En Rebordáns o curso 2018/19 comezou con normalidade cos nervios propios do primeiro día. Pendente dalgunha matrícula chegarán como o ano pasado a 135 alumnos dos que 36 son de Educación infantil. O seu director Luís Fernández, explicaba con respecto as obras que se realizaron no verán o muro de contención na parte traseira do pavillón, susbtitución de tellas, e de halóxonos por led no corredor pr...
Ent. Fernando Bandeira, xerente de La Val - Vendima solidaria da prensa 13.09.2018 6:02
Bodegas La Val, celebrou onte a “Vendimia solidaria da prensa”. Unha iniciativa na que participaron xornalistas e persoas de ASPANAEX, la “Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra”. Nesta ocasión, os beneficios xerados tras a comercialización do vino “edición especial” resultante desta vendimia solidaria, Bodegas La Val donaraos ao proxecto de A...
Ent. Silva Pousa - Festa do Motor no Borralliño 12.09.2018 8:06
O 30 de setembro celébrase no Borralliño a Festa do Motor Solidaria con Paramos. Silvia Pousa deunos conta das actividades previstas.
Ent. Mila González, concelleira Educación Tui - Volta ao cole 2018-19 12.09.2018 11:12
Hoxe comeza un novo curso escolar do que falamos coa concelleira de Educación Mila González, tanto da matrícula nos distintos centros coma das obras realizadas
Ent. Marisa Giráldez, pta Bádminton Tui - Comezo nova temporada 11.09.2018 9:02
O club Bádminton Tui inicia unha nova temporada, a 2018/19. Asi o explicaba esta mañá na nosa sintonía a súa presidenta Marisa Giráldez.
Ent. Lito Besada do Motoclub Os de Sempre - Concentración moteira da Eurocidade 11.09.2018 9:43
O presidente do Motoclub Os de Sempre, Lito Besada, deunos hoxe os detalles da Concentración Moteira da Eurocidade que terá lugar en Tui este sábado e domingo.
Ent. Patricia Martínez, pta ACUBAM - Nova web e xornadas 11.09.2018 10:03
ACUBAM vén de renovar a súa web, e organiza para este xoves unha xornada sobre “A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas“. Falonos desta cita a presidenta da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, Patricia Martínez.
Ent. Berta Castro e Tania Rodríguez - Pandereteiras Tremelique 10.09.2018 14:49
Recén chegadas do Festival da Luz onde actuaron o pasado sábado nunha xornada de intensa calor hoxe estiveron nos nosos estudos dúas das integrantes das Pandereteiras Tremelique. Faláronnos dun verán no que non pararon, gañaron o concurso Interritmos, que lles deu a opción de gravar un sinxelo e participar no festival en Boimorto. Agora pensarán no futuro e na liña que queren seguir coma hoxe nos...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Festas do Alivio en Tomiño 07.09.2018 19:14
As festas da Nosa Señora do Alivio de Tomiño celebraranse hoxe e se prolongarán até o próximo luns. Estivo con nos a súa alcaldesa, Sandra González, para falarnos da festa, e de outros asuntos do concello.
En. Ana Alcaide- Concerto Xornadas da Cultura xudía 07.09.2018 6:27
A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía proseguen hoxe, mañá e o domingo con visitas guiadas e un concerto de Ana Alcaide. Hoxe a cita é ás 20h coa visita guiada pola xudería medieval que partirá dende a praza da Inmaculada. Non é preciso inscrición previa. Mañá sábado a proposta é musical. Ás 21h na Igrexa de San Domingos, Ana Alcaide ofrecerá un concerto de música sefardí. Natural...
Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visita guiada "Tralas Pegadas do Tempo" 05.09.2018 6:52
Este venres terá lugar a terceira cita das visitas “tralas pegadas do tempo” para coñecer o patrimonio arqueolóxico máis descoñecido de Tui. As dúas primeiras citas, ao Alto do Coello e Fontiñas, e os petróglifos da Macoca e o Castro do alto dos Cubos tiveron un gran éxito de público. A visita desta semana lavará os participantes a coñecer outros petróglifos, neste caso os de Rachadón e as Mámoas...
Ent. Emilio Alonso - Andaina da Santa Compaña 04.09.2018 9:25
Será unha andaina de 4 km polas corredoiras de Rebordáns. A dificultade é baixa para que se poida adaptar a tódolos públicos, aunque hai que dicir que non é recomendable para nenos de menos de 6 anos xa que é unha andaina de medo. O prezo da andaina é de 6€ para maiores de 12 anos e 1€ para os menores, neste caso, será e carácter solidario xa que o recadado irá para os veciños de Paramos afectados...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.