Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Jose Fonterosa - Programa formativo "Mais Posible" en Tomiño 16.10.2018 6:20
Hoxe ás 20.30h no salón de sesión da casa do Concello de Tomiño terá lugar a primeira reunión de traballo do programa formativo e de asesoramento individualizado “Máis Posible”, destinado a todo tipo de negocio ou PYME local, froito do convenio entre o Concello de Tomiño e ADETO. Falabamos con José fonterosa, un dos técnicos que estará a impartir estas xornadas.
Ent. José Manuel Martínez González, e Gonzalo González González - XII Festival de Outono de Corais 11.10.2018 6:40
Este sábado ás 20h terá lugar na igrexa de San Domingos o XII Festival de Outono de Corais organizado pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. Participarán a Coral Polifónica A Cela de Baredo, Baiona, o Grupo folk Inquedanzas de Pazos de Reis, a Coral Santa María de Salceda, Xosé Manuel – teclado e a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
Ent. Alicia González, Lano Aiala, Fermín Hervás e Xosé Roda - V Xuntanza dos Pobos Raianos 11.10.2018 8:15
Este domingo celébrase a quinta xuntanza da dos pobos raianos no recinto de festas da Virxe das Dores en Guillarei. Nesta festa participan as parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e as freguesías de Verdoexo, Friestras e Ganfei. Dará comezo as 11.00h da mañá co encontro dos pobos e se prolongará até media tarde con música e gastronomía.
Ent. Pepablo Patiño, actor, director de Ghazaflehos - Rubicundo 11.10.2018 3:19
Hoxe ás 20h chega ao Teatro Municipal de Tui a obra "Rubicundo" nunha adaptación do conto de María Canosa realizado por Ghazafelhos. Trátase dunha obra moi máxima coma hoxe explicaba Pepablo Patiño, autor, director e actor desta peza teatral.
Ent. Marcos Romero, presidente Dona Urraca - III Rally Eurocidade 11.10.2018 7:31
Esta fin de semana celébrase o III Rally da Eurocidade que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui- Valença e da federación portuguesa de automobilismo. O rally, organizado pola escudaría Parallel Velocity Club, en colaboración coa Escudaría tudense Doña Urraca percorrerá cerca de 70 km, polos concellos de Valença, Paredes de Coura e Vila Nova de Cerveira. O venres as 20.30h terán lu...
Ent. Carmen Núñez, do BNG - Rolda outubro 11.10.2018 18:20
A próxima semana cúmprense un ano da moción de censura Tui. A este feito refeiruse hoxe a voceira do BNG, Carmen Núñez, na entrevista que mantivemos con ela dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos neste mes de outubro. A menos dun ano das próximas eleccións municipais Carmen Núñez indicou que está a disposición do seu partido, o BNG, e dos militantes indica...
Ent. Gerardo Calvo, capitán da Garda Civil - Festividade do 12 de outubro 10.10.2018 14:58
A explosión no barrio da Torre de Paramos ten marcado dende o pasado 23 de maio boa parte da actividade do cuartel da Garda Civil de Tui, como explicaba hoxe o Capitán xefe da primeira compañía da Garda Civil, Gerardo Calvo, quen estivo esta mañá na nosa sintonía co gallo da festividade da súa patroa que se celebra este venres. Relataba precisamente Gerardo Calvo as actuación dende o primeiro minu...
Ent. Lis Montes da Asociación de Amigos do Camiño Portugués - Constitución da Federación Internacional do Camiño 10.10.2018 12:22
Tui acolle este sábado unha asemblea na que se constituíra a Federación Internacional de Amigos do Portugués de Santiago, na que se unirán asociacións de amigos do Camiño de Galicia e Portugal. A Federación Internacional reunirá e unificará a todas as asociación do Camiño portugués o que facilitará tanto o control dos peregrinos coma as necesidades do Camiño. Así o explicou Lis Montes, directivo d...
Ent. Ricardo Figueroa - I Carreira Internacional de Orientación Eurocidade 09.10.2018 10:47
O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organiza a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro dentro da VII Liga Aromon Chema Sport. Este evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e po...
Ent. José Ángel Fernández - Candidato PP eleccións de Tui 05.10.2018 14:50
Esta mañá tivemos a oportunidade de entrevistar ao candidato do partido popular, primeiro candidato para as eleccións do próximo ano no concello de Tui. Aseguraba José Angel Fernandez Rodriguez que se presenta a estas eleccións coa intención de dar un cambio e coa intención de atender a cidadanía tudense.
Ent. Manuel Martín Heredero - Monte Aloia 05.10.2018 10:24
A campá da ermida do monte Aloia foi roubada en Nadal do ano 2014, dende entonces, nunca máis volveu a soar. Agora, un grupo de veciños de Tui queren dar vida de novo a ese campanario a través dunha colecta para recadar fondos para pagar a nova campá. Esta mañá estivo connosco Manuel Martín Heredero para falarnos desa recadación que están a facer para poder financiar a campá.
Ent. Mila González, concelleira Educación Mercado, Persoal, Formación e Emprego de Tui 03.10.2018 25:32
Prosegue a rola de entrevistas da corporación municipal e hoxe tiñamos connosco a Mila González, de cidadáns tudenses e concelleira de Educación, Mercado, Persoal e Formación e Emprego.
Ent. Julia Rodríguez, cantante e pianista - Programa Recantos de Luar 03.10.2018 7:43
A xoven de Salvaterra Julia Rodríguez vai participar no programa Recantos do Luar. Estivo esta mañá na nosa sintonía para contarnos os seus obxectivos dentro da música e como foi ese proceso de selección para o programa da TVG no que vai a representar a zona do Miño.
Ent. José Martínez Tato, Andatui - Andainas saudables Eurocidade 02.10.2018 3:46
Este sábado día 6 celebrase a derradeira andaina da Eurocidade cun recorrido pola Pedra Santa que sairá as 09.00h da mañá do centro interfederado e rematará cun sorteo de petiscos e agasallos. A ruta, de 9 km aproximadamente e dificultade baixa, irá en paralelo ao río Louro, atravesarán o río a altura de Alvelos, despois pasarán por Guillarei e Rebordáns preto do camiño portugués e logo pola ponte...
Ent. Miguel Ángel Capón, alternativa tudense 02.10.2018 22:17
Coincidindo co primeiro ano de goberno do actual alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, nos continuamos coa rolda de entrevistas da oposición, onte falabamos con Laurano Alonso de Son de Tui, e esta mañá tivemos connosco a Miguel Ángel Capón, voceiro de alternativa tudense.
Ent. Miguel Garrido, Dronegal 01.10.2018 13:54
Co avance da tecnoloxía o uso dos drons ampliouse e pasa de ser un utensilio para fotografías e vídeos a unha ferramenta para diversos usos profesionais. Na actualidade pódense utilizar entre outras cousas para estudos e medicións, inspeccións de estruturas, cartografías, topografía.. É por iso, que a lei trata de concretar cada vez máis o uso estes aparellos. Estivo esta mañá connosco Miguel Garr...
Ent. Rosa Base Xosé Monte - Exposición de radios en Valença 01.10.2018 11:34
Hoxe inaugurase en Valença unha exposición de radios antigas pertencentes a Sansón Bas- a mostra, que se podrá visitar no arquivo municipal de Valença, conta 483 radios antigas, a maioría delas en funcionamento. Pertencen a Sansón Bas polo que esta mañá a súa filla Rosa Bas xunto a Xosé Monte, variador de cultura da cámara de Valença estiveron na nosa sintonía para falarnos desa exposición e da fi...
Ent. Laureano Alonso- Son de Tui 01.10.2018 22:17
Falabamos esta mañá con Laureano Alonso para tratar asuntos de interese do concello na actualidade, quen aseguraba que nunca houbo no concello de Tui tal clima de crispación coma nesta momento. Apuntaba ademáis o voceiro de Son de Tui que no concello constan informes de que o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, obrigou a técnicos municipais a levantar precintos na pirotecnia de Baldráns sen o co...
Ent. Lino Martínez - XII Xogos Europeos de Policias e bombeiros 28.09.2018 9:28
Este domingo 30 rematan os VII Xogos Europeos de Policias e Bombeiros que se celebran en Alxeciras, unha competición con máis de 180 eventos de 60 deportes diferentes. A Eurocidade Tui- Valença estivo representada polo policía tudense Lino Martínez. O policia de tui acadou a medalla de prata en Judo e se fixo co título de campión de Europa en Newasa. Participou tamén en Juijitsu onde subiu o terce...
Noticias 13.30h - Xoves 27 de Setembro de 2018 27.09.2018 20:05
A actualidade deste 27 de setembro en Noticias 13.30h
Ent. Milucho Romero e Santiago Gavín - As Penizas Folk 27.09.2018 15:19
O festival As Penizas Folk celébrase este venres e sábado no monte das Penizas en Paramos. Haberá música pero tamén gastronomía, feira de artesanía e solidariedade, xa que todo o recadado nesta edición irá destinado aos afectados pola explosión no Barrio da Torre. O venres, a partir das 21.00h habrá concerto de Xulio Lorenzo e Pelapau. O sábado a 12.00h tocarán os treboeiros da Muimenta e os Estra...
Ent. Agustín Ferreira, presidente Anabam - Exposición Marcas dos Pescadores 26.09.2018 10:58
O pasado sábado inaugurábase na casa dos Alonso a exposición Marcas de Pescadores de Povoa de Varzim e da Guarda, un acto que se acompañaba dunha travesía e a chegada ao porto da embarcación tradicional Fe em Deus na que puideron participar varios veciños da Guarda. A mostra exposta dende o sábado, recolle fotografías de aparellos de pesa, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pesc...
Ent. Laura Villaverde, actriz Artesa Cia - Compañía Artística Interdisciplinar 24.09.2018 10:16
Poesía, teatro, cine, música ou debuxo son algunhas das disciplinas que poden participar no curso “ Compañía artística interdisciplinar” organizado por Espazo xove de Tui e que impartirá a actriz da compañía Artesa Cia, Laura Villaverde, quen estivo con nos esta mañá para explicarnos en que vai consistir.
Ent. Anahil González de Espazo Vip e Mónica Rodríguez de Vontade - II Barbeiros Solidarios 21.09.2018 59:36
Dende as 11.00h deste domingo a praza do Seixo converterase nunha perruquería na segunda edición de barbeiros solidarios, un evento organizado pola perruquería espazo Vip no que todo o recadado se destinará a asociación Vontade. Anahil González da perruquería Espazo Vip que organiza o evento e Mónica Rodríguez de Vontade explicáronnos como vai ser o evento no que participan máis de 30 perruqueiros...
Ent. Ana González e Arancha Giráldez - Actividades nova temporada. 21.09.2018 10:52
O Liceo Casino de Tui ofrece nesta nova temporada que arranca diversas actividades tanto para nenos cmo para adultos. Hoxe faláronos das mesmas Arancha Giráldez e Ana González. Esta última conducirá "Bright Minds" que o martes terá unha xornada de proba para cativos de 3 a 5 anos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.