Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Xabier Díaz, músico - Programación de Outono 06.11.2018 9:44
Este venres as 21.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de Xabier Diaz e Adufeiras de Salitre. O músico tocará por primeira vez en Tui nun concerto no que presentará o seu último traballo, “Noró”, un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. Esta mañá estivo na nosa sintonía onde nos falou da súa mñusica e do concerto deste venr...
Ent. Maxi Rodríguez, psicologa de familia de AFAGA - Día do cuidador 05.11.2018 9:57
Co gallo do día do coidador esta mañá entrevistamos a Maxi Rodríguez, psicóloga de familia da asociación de Alzheimer afaga.
Ent. Padre Gonçalo do Vale - Feira de Santos de Valença 31.10.2018 5:09
Miles de persoas acudirán mañá á tradicional Feira de Santos de Valença, cita ineludible para moitos no primeiro día de novembro. Está organizada polo Padr Gonçalo do Vale, con quen falamos esta mañá.
Ent. José Fernández - Mercadillo e Exposición de Motos Antigas 30.10.2018 10:23
Esta fin de semana celebrase en Goian a XV edición do mercadillo de motos antigas. O evento comezará o sábado as 10 da mañá e se prolongará até o domingo as 2 do mediodía. Será unha feira de recambios e ferramentas pero haberá tamén motos antigas, coches clásicos e miniaturas.
Ent. Fernando Moreno, actor - Peter Pan y Wendy con El Perro Azul 29.10.2018 4:56
A historia de Peter Pan y Wendy actualizada chega este mércores ás 20h ao Teatro Municipal de Tui da man de El Perro Azul Teatro de Logroño. A obra está dirixida por Jorge Padín, quen se encarga tamén da dramaturxia e a escenografía. Sobre o escenario estarán Gemma Viguera e Fernando Moreno. Precisamente Fernando Moreno deunos conta desta obra que estrearon hai dous anos e coa que están a percorre...
Ent. Justi Peixoto - III Urban Trail Night 26.10.2018 8:01
O próximo sábado, 3 de novembro, celebrarase a III Urban Trail Night, unha carreira nocturna de 14 quilómetros que unirá Valença e Tui. A proba forma parte do programa da deportivo da Eurocidade Tui-Valença, e está organizada por Qualité Sport e Sra. Emilia Publicidade. Da mesma falounos hoxe Justi Peixoto.
Ent. Sete Sousa, productor musical - Maletas de cartón 26.10.2018 12:34
A canción "Maletas de cartón", na que participan 14 finalistas no casting de Operación Triunfo desta edición, leva dos días no mercado e xa está a ser un éxito. Esta mañá estaban na nosa sintonía o tudense Sete Sousa, produtor do tema e o compositor Raul Ben.
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Rolda de outubro 26.10.2018 26:53
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fixo hoxe un balance positivo do ano que leva ao fronte do concello de Tui tendo en conta as dificultades ás que tiveron que facer fronte a intensidade política destes meses. Así o explicou na rolda de conversas que cos grupos políticos da corporación mantivemos neste mes de outubro.
Ent. María Jesús Da Silva, concelleira de urbanismo - Rolda outubro 25.10.2018 20:22
Continuando coa rolda de entrevistas coa corporación municipal, esta mañá foi a quenda de María Jesús da Silva, concelleira de APTui, quen dicía que está a ser un ano difícil para o equipo de goberno, tanto pola perdida de concelleiros como pola oposición.
Ent. María Penedo - Gala Benéfica a favor dos afectados de Paramos e Guillarei “Raiares” Moda e maxia 25.10.2018 5:13
Este sábado ás 20.30h celébrase na Casa Cultural de Guillarei a Gala Benéfica a favor dos afectados de Paramos e Guillarei “Raiares” Moda e maxia. María Penedo de Divo’s explicaba que esta cuarta gala benéfica será solidaria cos veciños de Paramos. Sobre a pasarela haberá 34 modelos de 5 a 13 anos presentado a moda de Mayoral desta temporada, xunto ao Mago Luís e a voz de Lucía Samuelle, e En un T...
Ent. Antonio Cordo - IV Encontro de Confrarías de San Telmo 25.10.2018 6:49
Tui acolle esta fin de semana o IV Encontro de Confrarías de San Telmo que vai reunir na cidade a confrarías de Fromista, Huelva, Palencia, e Porto. A organización corre a cargo da Confraría de San Telmo de Tui. Antonio Cordo, confrade, lembraba coma xurdiron hai oito anos estes encontros de confrarías que teñen carácter bianual e explicaba as actividades a desenvolver na cidade.
Ent. Aurelio Rodríguez e Joaquín Valveder - Andaina Arume de Malvas 24.10.2018 8:26
Este sábado a partir das 17.00h a celebrase a V edición da andaina Arume de Malvas. Os participantes percorrerán preto de 3 km polos montes da parroquia de Malvas e arredores nunha ruta de dificultade baixa, apta para persoas de todas as idades. A saída será nos colexios de Malvas, onde tamén remata. Alí haberá bocadillos, viño, castañas e sopas de burro cansado amenizado polos grupos de Malvas e...
Ent. Rosendo Bugarín, médico - Libro A gripe de 1918 en Tui 24.10.2018 14:36
O médico tudense Rosendo Bugarín presenta este venres ás 20h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica o seu novo libro "La gripe de 1918 en Tui". Ao longo de 262 páxinas analiza o que foi unha pandemia da época que afectou a Tui na segunda oleada, no último trimestre de 1918. Repasa Bugarín no libro como era a asistencia sanitaria da época e fai refencia aos facultativos que na cidade tiveron qu...
Ent. Antonio Castro, voceiro do PP - Rolda outubro 23.10.2018 22:20
A aprobación dos orzamentos de 2018 que sentan as bases para o traballo a realizar foi un dos puntos destacados do ano que levan no goberno municipal por Antonio Castro Negro, voceiro do PP. Así o expuña hoxe na nosa sintonía na rolda de conversas que neste mes de outubro estamos a manter cos distintos grupos políticos. Abondaba entre os proxectos que figuran neses orzamentos na modificación da RP...
Ent. Cielo Martínez. avogada - Reclamación impostos hipotecarios 23.10.2018 12:50
Esta mañá estivo na nosa sintonía a avogada Cielo Martínez, do bufete Rodríguez Gil e Asociados, para falarnos da nova sentencia do Tribunal Supremo con respecto ó pago dos impostos das hipotecas.
Ent. Enrique Cabaleiro, voceiro do PSOE -Rolda outubro 22.10.2018 21:33
O pasado 17 de outubro cumpriuse un ano da moción de censura pola que Carlos Vázquez Padín accedeu á alcaldía de Tui. Un tempo no que o voceiro socialista e exalcalde dicía hoxe non houbo goberno. Así o afirmaba esta mañá na rolda de conversas que neste mes de outubro estamos a manter cos voceiros dos distintos grupos municipais.
Ent. Julia Rodriguez, cantante - Programa Recantos 19.10.2018 7:08
A xoven de Salvaterra, Julia Rodrgíguez, está a participar no programa Recantos do Luar na TVG. Na primeira actuación hai dúas semanas conseguiu 30 puntos grazas ó apoio do público e a boa calificación do xurado, polo que agora participará na segunda fase do concurso a partir do 16 de novembro.
Ent. Elena Pousa, profesora de portugués IES San Paio - Encontro de docentes de ensino medio de portugués 19.10.2018 7:42
Tui acolle mañá o encontro de docentes de ensino Medio de Portugués en Galicia. A cita dará comezo as 10 da mañá co saúdo as autoridades e as 11.00h comezarán as sesión de traballo co análise da problemática do profesorado e o alumnado. As 13.00h será a elaboración de cadros reivindicativos para o ensino medio. Xa pola tarde, haberá unha visita guiada pola Eurocidade dando conta das influencias cu...
Ent. Laura González e Paula Villaverde de Scouts Alhoia - Inicio de Temporada 19.10.2018 7:13
O grupo Scouts Alhoia realiza mañá ás 17h no Paseo da Corredoira o xogo de inicio de temporada titulado “Queres ser espía por un día?” Vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 16 anos. A partir da próxima semana as reunións serán nos locais do grupo en Riomuíños os sábado de 16 a 18h. Faláronnos desta actividade Laura González e Paula Villaverde.
Ent. Guti Martín e Elena Varela, xerente da Ruta do Viño das Rías Baixas - Ruta BTT do viño Rías Baixas 18.10.2018 10:44
Completadas ás 200 prazas que se ofertaban para a III BTT Ruta do Viño Rías Baixas que se vai celebrar este domingo cun percorrido de 45,5 quilómetros entre os concellos do Rosal e Tomiño. A saída será ás 9.30h dende a praza do Calvario no Rosal, onde volverán os ciclistas tras completar o percorrido logo de case dúas horas.
Ent. Brais Curras, investigador da Universidade de Coimbra - "A Guarda, Mar de Sal" 18.10.2018 9:31
Ás 17.00h desta tarde terá lugar unha visita guiada ás salinas da Guarda. Sairán dende o Seixal, a 750 metros da depuradora. Estas salinas forman parte dun complexo que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial. O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encab...
Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Afectados non terán que tributar no IRPF 18.10.2018 9:47
Os afectados de Paramos e Guillarei non terán que tributar no IRPF polas axudas que reciban tras a catástrofe do pasado mes de maio. Así o expuña onte a subdelegada do goberno Maica Larriba, á Asociación de Afectados. O seu presidente Salvador García amosaba a súa satisfacción por este nova tan agardada. Tamén valoraba positivamente a reanudación da atención psicolóxica en Tui. Esta tarde terán as...
Ent. José Prada, concelleiro non adscrito 17.10.2018 16:22
Na Radio Municipal de Tui continuamos coa rolda de entrevistas cos membros da corporación municipal. Esta mañá foi a quenda do concelleiro non adscrito, Xosé Prada, quen fixo un balance deste primeiro ano de goberno trala moción de censura e que aseguraba que el non ten compromisos con ningún partido polo que el actúa en beneficio para os veciños. Falaba ademáis de outros asuntos de actualidade no...
Ent. Koki, escritor - Presentación literaria 17.10.2018 7:46
O Mercado municipal de Tomiño acolle este venres as 20.00h a presentación de tres libros de Francisco Álvarez “Koki”. Será unha reedición de “un neno na emigración” e unha nova edición de “vasoiras barreiro” ambos cunha temática común, son contos infantís que falan da emigración. Ademáis este último conta con ilustración do pintor guardés Antonio Rodríguez Cachi. O terceiro libro que se vai presen...
Ent. Diego Alfonsín, escritor - Presentación do libro "Heidelberg y otros relatos" 16.10.2018 14:40
O escritor tudense Diego Alfonsín presentará o seu ultimo libro "Heidelberg y otros relatos" este sábado as 19.00h na sala Félix Rodríguez do Edificio Área Panorámica de Tui. O libro está formado por catro relatos, “Cuando ella no está”, “La aspiradora inteligente”, Heidelberg que da título o libro, e “elogio de la lentitud” todos eles en castelán, dos que nos falaba o propio autor do libro, Diego...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.