Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Estrella Muradás, concelleira servicios sociais e Paula Guerreiro, técnica de prevención de servizos sociais - 25N 23.11.2018

Este domingo, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. No concello de Tui levan todo o mes traballando en actividades para afondar neste asunto, especialmente nos colexios. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui está a realizar unha serie de obradoiros no que participan 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, no IES Indalecio Pérez...

Ent. Jesica Pichel de Planstur – III Feira de Bodas de Tui 22.11.2018

O Parador de Tui acolle este domingo, 25 de novembro, de 12 a 20h a III Feira de Bodas de Tui na que participarán 19 empresas que ofrecen produtos ou servizos para un día tan especial. Amais ás 16.30h está previsto un desfile de traxes de noiva, noivo e convidados. Contounolo Jesica Pichel de Planstur.

Ent. Julia Rodríguez - Programa Recantos 22.11.2018

Julia Rodríguez volve este venres o programa Recantos de Luar. A actuación será preto da 1 da madrugada e interpretará a canción "Teño saudade" de Andrés Dobarro.

Ent. Samuel Moreno e Javier Argüelles, magos - Miñomáxico 22.11.2018

O vindeiro sábado 1 de decembro o Auditorio Municipal do Rosal acolle o primeiro festival de maxia do Baixo Miño, Miñomáxico. Esta primeira gala está moi relacionada cun proxecto solidario que se desenvolve no hospital Álvaro Cunqueiro, “Sonrisas por tiritas”, que cumpre agora dous anos. Estiveron na nosa sintonía o Mago Samu e Javier Argüelles para falarnos desta I Edición do Festival de Maxia do...

Ent. Pedro Pereira, Ruth Villlar, José Quinteiro e José Gómez - A Gran Recollida 20.11.2018

Esta mañá acompañáronnos Pedro Pereira, presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Ruth Villar, encargada de Comunicación, José Quinteiro e José Gómez de SOS Tomiño Baixo Miño para falarnos da Gran Recollida que van levar a cabo o 30 de novembro e 1 de decembro, ao igual que en toda Europa.

Ent. Rubén López e Manuel Madarnás - Concerto inaugural do curso no Conservatorio de Tui 20.11.2018

Ás nove desta noite a Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui acolle o Concerto de Inauguración do curso escolar 2018/19. Correrá a cargo do exalumno do centro, Manuel Madarnás, á trompeta, acompañado por Rubén López ao piano, Eloy Carrerá ao trombón e Sandra Pérez na percusión. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Ent. Jose Antonio Quiroga, pte Fundación Teatro Principal - Venda do teatro 19.11.2018

A pasada semana o concello de Tui formalizou a compra do Teatro Principal á Fundación Teatro Principal. Por este motivo hoxe acompañounos o presidente da Fundación Teatro Principal, Jose Antonio Quiroga. Con el falamos do traballo realizado ao longo dos últimos 25 anos. Entre os logros da Fundación destacou evitar que o teatro se demolese, e abaratar o custe do inmoble para arcas municipais.

Raúl Ben, músico, Sete Sousa, productor - Tema musical "Maletas de Cartón" 16.11.2018

Esta mañá estivo na nosa sintonía o músico Raúl Ben, acompañado do produtor Sete Sousa para falarnos do éxito que está a colleitar a canción "Maletas de cartón" na que participan xunto a 13 finalistas do casting de Operación Triunfo desta edición. Raúl Ben ademáis, aproveitou para tocar unha das cancións do seu grupo Maese Pérez.

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Xornada 1.118, a pegada do bispo Xelmírez na sede tudense 16.11.2018

A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns e a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica serán o escenario onde mañá se celebre o ciclo de conferencias “1.118. a pegada de Gelmírez na sede tudense”. Está organizado polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración coa Concellería de Cultura de Tui. Deunos conta do programa previsto o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría. Abrirase cunha escenificac...

Ent. Luís Pimentel de Equigalia - Liga Galega Interclubs de Saltos 16.11.2018

O Centro Hípico Equigalia, en Pexegueiro, acolle este domingo a final da Liga Galega Interclubs de Saltos. Luís Pimentel, de Equigalia, explica que a competición comezará ás 11h. O público pode asistir a presenciar ás máis de 80 saídas a pista previstas.

Ent. Anxo Boente - XX Festa do Viño Novo de Arantei 16.11.2018

Este domingo, 18 de novembro, celébrase a XX Festa do Viño novo de Arantei. A cita será no pavillón de Deportes de Arantei. A lectura do pregón correrá a cargo da artista Esperanza Mara. Actuarán Xerme, pandereteiras de Cabreira; grupo de gaitas San Xurxo de Salceda, e charanga A tu ritmo de Tui Haberá polbo, orella, callos, empanada, xamón, carné ao caldeiro, lamprea rechea e viño gratis todo o d...

Ent. Ángel Sánchez, co-director Playdoc e Ricardo Dias Gomes, músico - Play Doc 15.11.2018

En abril deste ano no Play Doc podiamos ver un Tui distinto, o Tui dos 60 70 e 80 a través dos ollos e das cámaras Super 8 das propias familias tudenses. Estas imaxes de situacións domésticas foron cedidas ó Festival Play- doc que vén de producir “1.2.3 nenéns” con música do brasileiro Ricardo Dias Gomes, feita para pór banda sonora precisamente a esas imaxes.

Ent. Representantes corais e concelleiros Cultura - III Encontro Corais Eurocidade 15.11.2018

A igrexa de San Domingos acolle este sábado, ás 21.30h, o III Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença, coa participación das corais tudenses do Centro Sociocomuntario, Ponte das Febres, e San Telmo, e das valencianas de San Teotonio e Verdoejo. Falamos hoxe con Manuel González da Coral Ponte das Febres, José Manuel Martínez da Coral do Centro Sociocomunitario, Ricardo Martínez da Coral San Te...

Ent. Juan Carlos Blanco, presidente Acitui e Tania Otero, Cucada - Outono de Moda 15.11.2018

Varios comercios tudenses van participar este sábado no desfile de moda de outono, organizado por Acitui, no que os comerciantes van presentar ante os alí presentes a roupa para esta tempada. Nesta IV edición haberá dende roupa de todos los estilos e tallas, coma calzado ou traxes de noivas.

Ent. Alfonso Lorenzo, Presidente Agrudebam - Carreira Campo a través de Guillarei 15.11.2018

O CEP Altamira, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Randufe, CEIP N1 e N2, CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes, CEP Pedro Caselles e o CEIP Pintor Antonio Fernández teñen cita mañá co deporte, concretamente nunha carreira de campo a través no torreiro de festas de Guillarei. Será mañá pola mañá, en horario lectivo, nunha proba que pretende favorecer a...

Ent. Miguel Abreu, Jose Monte e Eduardo Freiría - Torneo de Baile Deportivo da Eurocidade 15.11.2018

O pavillón municipal de Tui acolle este domingo, 18 de novembro, de 12 a 21h, o V Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença. A entrada será de 7€. Faláronnos desta actividades Miguel Abreu, da Escola de baile Pasos, e os responsables de deportes de Tui, Eduardo Freiría, e Valença, José Monte.

Ent. Kirenia Celia Martínez, de Entremáns - Espectáculo Gaia 15.11.2018

A danza e a voz son as protagonistas do espectáculo Gaia, no que coa interacción doutras disciplinas artísticas se nos fala da interacción do ser humano e a terra. Así o explicaba Kirenia Celia Martínez, codirectora e bailarina da compañía Entremans.

Ent. Lis Montes e José Montes, membros de ATUCA - IV Mostra da Camelia cidade de Tui 14.11.2018

Os vindeiros 19 e 20 de Xaneiro de 2019 vaise celebrar a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui polo que os rganziadores xa comenzaron con actividades de cara a este evento. Nolo contaban esta mañá os organizadores, Lis Montes e José Montes.

Ent. José Prada, vicepresidente Club Remo do Miño - IV Gala do Remo Galego 13.11.2018

O Club Remo do Miño recibiu o recoñecemento a súa labor deportiva este sábado en Marín na IV Gala del Remo Galego. En concreto o club tudense foi galardoado como Mellor Club Absoluto Masculino Galego, Mellor Club Absoluto Feminino Galego, e como Mellor Resultado Internacional, para o seu remeiro Rodrigo Conde Romero.

Ent. Suso Vila,historiador - Xornada "1118,a pegada de Gelmírez na sede tudense". 12.11.2018

O instituto de Estudos Tudense organiza para este sábado unha xornada titulada "1118,a pegada de Gelmírez na sede tudense". Hoxe coñecemos con detalle o programa previsto da man do historiador tudense Suso Vila. A xornada abrirase ás 12h na propia igrexa de San Bartolomé cunha pequeña interpretación do bispo Gelmírez e visita ao templo a cargo de Xabier Castiñeiras. Xa pola tarde a cita será na Sa...

Ent. Belinda Lorenzo e Juan Carlos Gómez, profesores de pilates - Pilates Solidario 12.11.2018

Este domingo terá lugar en Tui unha xornada de pilates solidario cos veciños de Paramos e Guillarei. A cita será de 12.00h a 14.00h deste domingo con motivo da IV Convención Internacional Evolution Pilates que se vai celebrar esta fin de semana en Tui para os profesionais desta modalidade deportiva.

Ent. Marta Álvarez, Sara Quintana e alumnado de 5º - Proxectos curso 2018/19 12.11.2018

A ciencia forma parte dos proxectos que levan a cabo no CEIP nº1 de Tui, traballando sobre vocacións de futuro vinculadas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería, á arte, e ás matemáticas. Este mes súmanse á celebración do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares. Amais ponen en marcha o Club da Ciencia A próxima semana a historiadora tudense Sara Quintana impartirá no centro para Primaria...

Ent Piño Gómez, Conrazones - Rally Solidario 09.11.2018

Esta mañá estivo na nosa sintonía Piño Gómez, da asociación Conrazones da Guarda para falarnos do Rally Solidario que realizarán a finais do mes de Decembro. Ademáis, aproveitou a ocasión para falar de outros asuntos da asociación.

Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, Asociación de Afectados pola Deleción 1P36 - Calendario Solidario 07.11.2018

“Sorrisos que contaxian” é o título do calendario protagonizado por rapazas e rapaces afectados polo síndrome 1P36 xunto a persoeiros do ámbito musical, deportivo e televisivo. Trátase dunha acción que a Asociación de Afectados pola Deleción 1P36 leva a cabo por terceiro ano consecutivo como forma de recadar fondos, unha fonte de ingresos moi importante para a asociación que o ano pasado recadou c...

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Visita aos ministerios de Política Territorial e Interior en Madrid 07.11.2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, está hoxe en Madrid para solicitar ante o Ministerio de Política Territorial que acometa á maior brevidade o desentullo da zona cero de Paramos, e amais ante o de Interior demanda que a subdelegación colabore no desaloxo das instalacións da pirotecnia en Baldráns. Precisamente entregou hoxe sendas cartas dirixidas aos ministros neste senso, e atendo aos medi...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.