Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Teresa Dominguez, Directora CRA Mestra Clara Torres 18.12.2018

Mañá mércores o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo acolle a presentación do calendario competencial do Cra mestra Clara Torres de Tui, un recurso para educar de outro xeito, que dende o servizo de orientación do Cra mestra Clara Torres entenden, é mellor e de máis calidade, adaptado as novas necesidades xurdidas dos cambios da sociedade e cun estilo educativo e parental positivo.

Ent. Susi Pérez, Iris Saavedra, Hortensia Rodríguez - Barrio das Flores 14.12.2018

Trinta e catro comerciantes das rúas Foxo, Travesía Foxo, Rosa Bahamonte e a súa prolongación véñense de unir nunha iniciativa que denominan o Barrio das Flores, para revitalizer esta zona. Dende esta tarde os seus establecementos lucirán o logotipo deste barrio, que se suma á colocación de xardineiras que teñen levado a cabo, e á que convidan a sumarse tamén aos veciños. Amais unhas pegadas de co...

Ent. Silvana Crisóstomo e David Guerao - Nadal Porta da Pía entre veciños 14.12.2018

Baixo o título de “Nadal Porta da Pía entre veciños” cinco establecementos se unen neste Nadal para organizar unha serie de actividades e decorar a rúa coma hoxe nos explicaban Silvana Crisóstomo e David Guerao. Explicaráronnos como xurdiu a iniciativa.

Ent. Víctor Bargiela, párroco de Ribadelouro - Concerto Solidario 14.12.2018

Este domingo ás 17.30h na igrexa parroquial de Ribadelouro celébrase un concerto solidario no que participarán a Coral Polifónica Asomamos e Coral Polifónica Ponte das Febres. Recolleranse alimentos e xoguetes para Caritas como explicaba Víctor Bargiela, párroco de Ribadelouro.

Ent. Pachi Alonso e Manuel Martínez Tato de Modepen - Concentración 14.12.2018

A coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, MODEPEN, convoca mañá ás 11h unha concentración na praza da Inmacualda dentro da Xornada de Loita Estatal polas defensa das pensións. Pachi Alonso e Manuel Martínez Tato déronnos conta hoxe dos motivos desta convocatoria, a suba das pensións, a reforma laboral….e convidaban unha vez máis a participar.

Ent. Manuel Martínez, de Asoc. Trisquel e Medulio - Presentación libro "Vivencias de Juventud" 13.12.2018

Mañá venres ás 20h da tarde terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica a presentación do libro de escritos e debuxos de plumiña de Martín Rodríguez Álvarez titulado “Recuerdos de Juventud”. O acto está organizado pola Asociación cultural Trisquel e Medulio. Falounos deste acto Manuel Martínez de Trisquel e Medulio, e o propio Martín Rodríguez do seu libro.

Ent. Alba Fernández, Rosa Cal e Manuel Vázquez - Homenaxe a Telmo Comesaña 13.12.2018

Alba Fernández, historiadora, Rosa Cal, mestra, xornalista e investigadora, e Manuel Vázquez de Levada Libre faláronnos hoxe da Homenaxe a Telmo Comesaña Pampillón prevista para este sábado en Tui. Comezará na Volta da Moura, continuará na Aula da UNED, nos xardíns de Troncoso e no Parador.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Desentullo e demolición 12.12.2018

O alcalde de Tui solicitou está mañá ao arquitecto encargado da catástrofe de Paramos un informe sobre se o desentullo de Paramos ten carácter de emerxencia polo risco que presenta. Fixo está solicitude logo do informe conxunto negativo da secretaría e intervención para que o Concello acometa o desentullo por vía de emerxencia, coma se aprobou en pleno, deixando a prota aberta a esta opción. Tamén...

Ent. Rubén López, director Conservatorio - Concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música 12.12.2018

O conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música ofrecerán mañá xoves, ás 20h, no Teatro Municipal o seu Concerto Solidario de Nadal. Dende ás 17.30h poderanse retirar as entradas, na sala Xacobeo, a cambio dun quilo de alimentos que serán cedidos a SOS Tomiño Baixo Miño. Tamén dende ás 19.15h entregaranse os boletíns deste primeiro trimestre do curso.

Ent. Yovana Velázquez, Juan Carlos Blanco e Juanjo España - Nadal Solidario de Tui 11.12.2018

Do 18 de decembro ao 6 de xaneiro no Paseo da Corredoira haberá unha carpa cunha pista de xeo de 150 metros, e que albergará tamén distintas actividade de lecer para toda a familia. Terá carácter solidario cos afectados de Paramos e Guillarei. Falamos deste Nadal Solidario coa concelleira de Comercio, Yovana Velázquez, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, e Juanjo España.

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e Juan Soto de Levada Libre - Homenaxe a Telmo Comesaña Pampillón 11.12.2018

Este sábado realizarase unha homenaxe a Telmo Comesaña Pampillón, un emblema da memoria histórica de Galicia, que representa aos orfos que aínda viven e a todas as familias das vítimas. Os actos comezarán ás 11h na Volta da Moura, continuarán na aula da UNED, nos xardíns de Troncoso, e rematarán cun xantar no Parador. Faláronnos do homenaxeado e do programa previsto Manuel Vázquez de la Cruz e Jua...

Ent. Dr. Pose, xefe de servizo do Centro de Saúde de Tui - Dimisión dos xefes de Servizo 11.12.2018

Os xefes dos centros de Saúde de Tui, A Guarda e Salceda, presentarán hoxe a súa dimisión xunto aos de Pintor Colmeiro, Lavadores, Coruxo, Bembrive, Navia, Nicolás Peña, Cuba, Taboada Leal, Casco Vello, Sárdoma, A Doblada e Matamá, en Vigo; Chapela, O Porriño, Val Miñor, Gondomar, e Redondela. Trátase do 80% dos xefes do servizo e da unidade de Atención Primaria da Área de Vigo que coa formalizaci...

Recomendacións literarias May Acebes - 10/12/2018 10.12.2018

"Michigan acaso Michigan" de Antón Reixa é a recomendación literaria que hoxe nos deixou May Acebes. O propio Antón Reixa falounos do seu libro no programa Día a Día.

Ent. Andrés Urseira e José Monte - Anima Eurocidade 05.12.2018

A Eurocidade Tui-Valença acollerá dende mañá e ata o domingo unha serie de actividades musicais e de maxia que se irán celebrando tanto en Tui coma en Valença cada xornada. Hoxe deron conta das mesmas o concelleiro de Eurocidade de Tui, Andrés Urseira, e o verador de Valença, José Monte. Este último falouno tamén o programa de Nadal no seu municipio.

Ent. Mingos Méndez - Nacemento de 15 metros cadrados 04.12.2018

Tras case catro semanas de montaxe nunha superficie de 15 metros cadrados e coa colocación de 220 pezas loce xa en Cota de Gaio, nas Bornetas, o nacemento que cada ano elabora Mingos Méndez e que pode ser visitado polo público.

Ent. Juan Carlos Blanco, pte de Acitui - Mercadillo de Nadal 03.12.2018

ACITUI organiza este venres 7, sábado 8 e domingo 9 de decembro un Mercadillo Solidario de Nadal no Paseo da Corredoira no que haberá distintas actividades durante os tres días. Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, deu conta hoxe de todos os detalles.

Ent. Telmo Paramos - Telmo Import 30.11.2018

Esta mañá estivo na nosa sintonía Telmo Paramos, de Telmo Import, quen celebra este ano os 30 anos dende que creou a empresa de telefonía. Fixo un repaso da compañía nestes anos, dende os comezos cando empezaba con game boys, tamagochis e videoxogos até hoxe en día, que conta con 7 tendas centradas na telefonía.

Ent. José Quinteiro, de SOS Tomiño Baixo Miño - Gran Recollida 30.11.2018

Hoxe e mañá sábado celébrase a Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo, na que participa tamén na comarca SOS Tomiño Baixo Miño. En concreto tanto hoxe coma mañá van recoller alimentos non perecedoiros en 10 supermercados da zona. O que máis precisan son leite, cacao, cereales, e conservas. Agardan chegar aos 15 mil quilos recollidos. Precisan aínda 7 persoas voluntarias para recoller aliment...

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Medio Ambiente e Patrimonio - Varios 29.11.2018

Hoxe acompañounos o concelleirio de Medio Ambiente, Patrimonio e Deportes, Eduardo Frería, para tratar distintos temas. Entre eles o traslado dos camelios e un cactus das propiedades afectadas pola apertura da rúa Ourense, a Gala do Deporte Tudense, as bolsas para deportistas ou a restauración do Palco da Música.

Ent. Ciano Valcárcel, Director do Centro San Xerome - Inauguración novo espazo polivalente 29.11.2018

As 11 desta mañá inaugurábase na Guarda un espazo polivalente no centro de educación especial San Xerome Emilini. Alí tiveron unha festa onde había música, degustación dos patés nos que colaboran coa produción e discursos dos usuarios do centro. Este novo espazo polivalente está situado na parte frontal do edificio do San Xerome, del nos falaba Ciano Valcarcel, director do San Xerome.

Ent. Juanjo España, club de actividades acuáticas Alto Minho - VII Trofeo de Natación da Eurocidade 29.11.2018

Esta fin de semana celébrase o VII Trofeo de Natación da Eurocidade Tui Valença. A proba comezará as 5 da tarde na piscina municipal de Valença e participan 8 clubes de Galicia e Portugal. Pola parte galega, danse cita o club de natación baixo Miño de Tui, club acuático Salvaterra, club natación mos, club natación redondela, club de cerceda e Club Umia de Caldas de reis. Pola parte lusa participan...

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Desaloxo pirotecnia La Gallega S.L. 28.11.2018

Ao longo desta maña efectivos dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil están a realizar a inspección das instalacións da empresa Pirotecnica de Baldráns previo ao desaloxo dos 2.800 quilos de material pirotécnico e explosivo que se calcula permanecen nestas instalacións. Parte do material, sobre 1.500 quilos, é o intervido nos dous almacéns clandestinos localizados tras a explosición no...

Ent. Uxío Benítez, deputado de cooperación Transfronteiriza - II Forum Transfronteirizo 27.11.2018

Este xoves terá lugar no auditorio de Goian o II Forum transfronteirizo. Será unha presentación das conclusións da estratexia Rio Miño 2030 que se levan elaborando dende o ano 2017 e cuxo obxectivo é obter unha guía dos proxectos que queren levar a cabo no territorio transfronteirizo.

Ent. Sergio Magallanes, Nieves Iglesias e Gabriel villa, Labranzas solidarias - Rally Solidario 26.11.2018

Cerca de 90 persoas de toda España sairán o vindeiro 26 de decembro cara Africa, a Marrocos concretamente. Alí recorrerán diferentes pobos nómades até chegar case a Arxelia e pasando por sitios como as dunas de Merzuga. Alí farán entrega de roupa e útiles necesarios para mellorar a calidade de vida deses pobos . Estaban esta mañá na nosa sintonía Sergio Magallanes, Nieves Iglesias e Gabriel Villa,...

Ent. Marga Do Val, Instituto de Estudos Mártires de Sobredo - Conmemoración dos sucesos de Sobredo 23.11.2018

Este domingo cúmprese o 96 aniversario dos sucesos de Sobredo, no que tres veciños faleceron, Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis; Joaquín Estévez Besada, de Soutelo; Venancio González Romero, de Budiño; e máis de vinte persoas resultaron feridas nun levantamento antiforal. Os actos comezarán ás 11h coa concentración na Carballeira de Sobredo, e desprazamento ata o monumento. Logo ás 12h...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.