Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Cristina Martínez, concelleira Cultura Tomiño - Actividades de Nadal 26.12.2018

Tomiño ten preparadas distintas actividades de Nadal. Esta mesma mañá no Seixo recibiron a visita da Apalpadora. Hoxe, mañá xoves e venres haberá obradoiros e contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos no Mercado Municipal de Tomiño. O sábado ás 17h o Mercado de Tomiño acollerá o ‘Cantacontos’ de Migallas Teatro, e o domingo ás 18h no auditorio de Goián Educateatro Producións presenta ‘Os t...

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Actividade de Nadal 26.12.2018

A Apalpadora estará hoxe pola tarde no Centro Cultural de Mougás dentro das actividades de Nadal que teñen en Oia. Tamén programaron distintos obradoiros para nenos, presentarán un libro e unha curtametraxe, e cultimarán as propostas coa Cabalgata de Reis.

Ent. David Álvarez, Carlos Otero, Diego Fernández e Ruben Gómez - DJ - Nadal solidario 26.12.2018

Na tarde de hoxe a partir das 18.00h a carpa do paseo da corredoira acollerá unha sesión de música con djs para amenizar a velada con motivo do Nadal Solidario. David Álvarez, Carlos Otero, Diego Fernández e Ruben Gómez porán música de tódolos estilos a esta xornada navideña. A entrada é gratuíta.

Ent. Nieves Iglesias, de Labranza Solidaria - Rallie Solidario 26.12.2018

Dous coches de Labranza Solidaria participan tamén no Rallie Solidario a Marrocos que se celebra nestas festas. Entre os participantes deste equipo está a nosa compañeira Nieves Iglesias.

Ent. Piño Gómez, pte de Conrazones - Rallie Solidario 26.12.2018

Tres coches todo terreo partiron hoxe dende A Guarda para participar no Rallie Solidario que os levará ata Marrocos, para distribuír roupa, calzado, xoguetes… entre a poboación de distintos pobos. Un dos coches é o da Asociación Conrazones. O seu presidente Piño Gómez, é o terceiro ano que participa nesta experiencia que deixa pegada.

Ent. Mª del Carmen Alonso, alcaldesa do Rosal - Felicitación de Nadal 24.12.2018

A alcaldesa do Rosal, Mª del Carmen Alonso, deixounos está mañá a súa felicitación de Nadal

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Felicitación de Nadal 24.12.2018

Dende A Guarda o seu alcalde, Antonio Lomba deixounos a súa felicitación de Nadal.

Ent. Jorge Salgueiro, pte Cámara de Valença - Felicitación Nadal 24.12.2018

Dende Valença o presidente da Cámara, Jorge Salgueiro Mendes, déixanos a súa felicitación para estas datas.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Felicitación de Nadal 24.12.2018

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deixounos hoxe os seus desexos para estas datas na súa felicitación de Nadal na nosa sintonía.

Sorteo Cesta de Nadal ACITUI 24.12.2018

Esta mañá estiveron na nosa sintonía Luis Conde, tesoureiro de ACITUI e a súa técnica, Elena Rodríguez para facer o sorteo da Cesta de Nadal da asociación. O número premiado é 1510, vendido en Opticalia.

Ent. Marcos Besada, alcalde de Salceda - Felicitación de Nadal 24.12.2018

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, deixounos esta mañá a súa felicitación de Nadal cos seus desexos para estas datas.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Felicitación de Nadal 24.12.2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deixounos hoxe a súa felicitación de Nadal, na tradicional entrevista que cada ano mantemos cos rexedores da comarca en Noiteboa. Con el falamos tamén da situación do municipio.

Ent. Bego Arana - Mercado creativo de Nadal 21.12.2018

O Concello de Tomiño organiza este domingo na praza do Seixo o seu primeiro Mercado creativo de Nadal onde haberá postos de artesanía, ilustración, modo, arte e decoración entre outras. Será dende as 11.00h da mañá até as 21.00h.

Ent. Sonia Mirón, escritora - Presentación "Mi corazón en una caja de zapatos" 21.12.2018

Esta mañá a escritora Sonia Mirón estivo na nosa sintonía para presentarnos o seu último libro "Mi corazón en mi caja de zapatos" para un público adolescente. É a historia de Gabi, unha adolescente de 16 anos que o ten todo, até que lle ocorre algo inesperado que dará un vuelco a súa vida.

Ent. Eduardo Cadenas, presidente da Asoc. Amigos da Catedral - Nadal na Catedral de Tui 21.12.2018

Ás sete desta tarde terá lugar na Catedral a inauguración da exposición de Beléns que cada ano acolle o templo catedralicio. Na capela das reliquias expóñense un gran número de beléns de distintos lugares do mundo, dos máis diversos formatos e materiais. Hoxe acudirá o bispo da diocese a inauguración.

Ent. Aloia Martínez, directora Mistura Vocal - Concerto de Nadal 21.12.2018

Mistura Vocal abrirá hoxe o Concerto de Nadal que ofrecerán xunto á Orquestra Sinfónica de Tui ás 21h no Teatro Municipal de Tui. A tudense Aloia Martínez, directora do coro, explicaba que están últimando os detalles para o que será un gran concerto. As derradeiras 100 entradas poranse á venda ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.

Ent. Miguel Rodríguez, Sebastián González e Salvador García- Café solidario no Nadal Solidario 21.12.2018

Continúa o Nadal Solidario organizado por ACITUI no Paseo da Corredoira. Lembramos a alí podemos disfrutar dunha pista de xeo ecolóxica de 150 metros cadrados. Ten un prezo de 4€ válido para un período de 30 minutos. Tamén hai distintas actividades de animación. Entre elas está o café solidario que mañá dende ás 16h ofrecerán ao prezo dun euros en colaboración con Café do Noso. A recadación íntegr...

Ent. Lupe Pérez, Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei - Suspendida a manifestación 21.12.2018

A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei suspende a manifestación prevista para este domingo na que ían solicitar que o desentullo que se acometa xa. Así o acordaron onte en asemblea. Toman esta decisión ante o compromiso do Concello desconvocan a manifestación, pero si realizarán á mesma hora ás 12h unha concentración na zona cero. Así o explicaba Lupe Pérez, da Asociación de Afectados.

Ent. José Martínez Tato, AndaTui - VII Camiñada Solidaria 20.12.2018

O Club Andatui celebra este domingo a súa VII Camiñada Solidaria 2018. Sairá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira de Tui, para facer un percorrido de 8 quilómetros polas as rúas de Tui e Valença para retornar de novo a Tui. Aqueles que desexen participar deberán presenter o mesmo domingo un pouco antes das 10h na Corredoira cun quilo ou máis de alimentos non perecedoiros que serán...

Ent. Óscar Fernández, directivo Os De Sempre - Papanoelada Moteira 20.12.2018

O luns día 24 terá lugar en Tui a V Papanoelada Moteira organizada polo motoclub Os de Sempre. Sairá do Paseo da Corredoira as 16.30h e percorrerán o centro de Tui disfrazados de Papanoel para despois facer unha ruta polos arredores. Terá unha duración aproximada dunha hora e despois volverán de novo o punto de saída para gozar dunha chocolatada.

Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui- Concerto de Nadal 20.12.2018

A orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal ofrecerán este venres ás 21h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. O concerto está estruturado en 3 seccións. A primeira correrá a cargo de Mistura Vocal formado por corenta cantores do sur da provincia de Pontevedra e dirixido pola tudense Aloia Martínez. A segunda parte, da man da Orquestra sinfónica de...

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Programación de Nadal 20.12.2018

Comezamos a facer repaso das actividades de Nadal que poderemos desfrutar nos distintos municipios da comarca, nesta ocasión falaremos de Tui. Esta mañá o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, daba conta dos actos previstos para estas datas.

Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui - III Torneo de Nadal de Bádminton 19.12.2018

O pavillón do IES San Paio acolle este venres, dende ás 16h, o III Torneo de Nadal de Bádminton no que participarán 150 xogadores tanto do club Bádminton Tui coma doutros clubs da provincia.

Ent. Nuria Garabal, dtora. CEIP nº1 - Normalidade tras a inundación do centro de onte 19.12.2018

Os douscentos alumnos do CEIP nº1 de Tui volveron hoxe ás aulas con normalidade, logo de que onte a media mañá tiveran que ser suspendidas as clases tras a inundación rexistrada no corredor de acceso e na entrada da biblioteca. A directora do CEIP, Nuria Garabal, confirmaba a primeira hora como o día transcorre xa con normalidade.

Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui, Sergio Casal, secretario e Luis Conde, tesoureiro - Nadal Solidario 18.12.2018

Onte comezaba a funcionar a pista de xeo ecolóxica que forma parte do Nadal Solidario organizado por Acitui coa colaboración do concello de Tui. A carpa, de 150 metros cadrados estará no paseo da Corredoira até o vindeiro 6 de xaneiro. Un espazo de lecer para nenos, pero que tamén conta con outras atraccións para os pais. Ademáis a asociación de comerciantes de Tui prepara xa o Saborea Tui que se...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.