Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Maria José Fernández, José Montes, Luis Montes e Fernando Dacosta, ATUCA - IV Mostra da Camelia Cidade de Tui 16.01.2019 15:54
Esta fin de semana danse cita por cuarto ano consecutivo en Tui máis de 70 amantes da Camelia, nun evento organizado pola asociación de Amigos Tudenses da Camelia co patrocinio do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra e a Sociedade Española da Camelia. A cita comezará as 9 da mañá, cando á Área Panorámica acolla os expositores que prepararán e colocarán as flores, e se prolongará até o domin...
Ent. Juan Miguel Diz Guedes - Candidato por Ciudadanos ao 26M 15.01.2019 21:07
Juan Miguez Diz Guedes encabezará a lista de Ciudadanos á eleccións municipais do 26 de maio en Tui. Hoxe deunos conta dos motivos que o levaron a encabezar esta lista, cales son os prinicipais problemas que ten a cidade, entre outras cuestións...
Ent. Fátima Ruibal, profesora IES Antón Alonso Ríos - "21 Días co galego e máis" 14.01.2019 6:09
IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, participa dende hoxe na experiencia “21 Días co Galego e máis” como representante da provincia de Pontevedra. É un programa educativo que ten como obxectivo o aumento do uso da lingua galega como lingua habitual e a experiencia da reflexión individual sobre o uso desta. É un proxecto que recibiu xa en 2015 o Premio de Innovación en Dinamización Lingüística e, en 2...
Ent. Francisco Ferreira, pte Asoc. Pescadores - Inicio temporada Lamprea 10.01.2019 4:55
Con escasas capturas comezou a temporada de lamprea que comezou a pasada semana e rematará o 20 de abril. Así o explicaba o presidente da Asociación de Pescadores do Miño, Fernando Ferreira. En canto a outro dos produtos estrela do Miño, coma é o meixón, está a piques de rematar a lúa de xaneiro, e queda aínda a febreiro. Fernando Ferreira daba conta das escasas captura que se teñen rexistrado.
Ent. Javier Crespo, Concelleiro de Patrimonio de A Guarda - Recuepración do patrimonio 10.01.2019 5:53
O Concello da Guarda ven de recuperar parte do seu patrimonio e identidade cultural grazas ao Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra, que permitiu ter unha persoa responsable do arquivo. Esta persoa, en colaboración co departamento de Patrimonio do Concello, logrou dixitalizar e recuperar multitude de documentos históricos de A Guarda, fotografías antigas, arquivos da Sociedade Pro-M...
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Defensa da candidatura de Tui á Red de Juderías de España 09.01.2019 6:32
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría e o historiador tudense, Suso Vila, defenderán ás catro desta tarde en Madrid a candidatura de Tui para formar parte da Rede de Xuderías de España. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicaba que poder formar parte desta rede de xuderías suporía para a cidade entrar nun grupo de cidades con gran transcende...
Ent. Teresa Pérez , Concelleira de Cultura de Salceda - Cabalgata de Reis 04.01.2019 1:26
En Salceda Os Reis Magos Partirán da Praza da Devesa as 18.00h e recorrerán as rúas do centro do municipio. O percorrido rematará na Praza do Concello.
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Cabalgata de Reis de Oia 04.01.2019 2:07
En Oia Os Reis Magos tamén percorrerán todas as parroquias da vila. Sairán da Portela e pasarán por Acevedo, Mavia, Torroña e Pedornes entre outras parroquias ó longo de todo o día. Pola tarde a comitiva real sairá as 15.00h da casa cultural de Viladesuso cara a de Pedornes, baixada ó Mosteiro de Oia acompañados pola Rondalla de Mougás e rematará o percorrido con panxoliñas na Igrexa de Sta. María...
Ent. Maria del Carmen Alonso, alcaldesa de O Rosal - Cabalgata de Reis 04.01.2019 3:18
No Rosal teñen todo preparado xa para mañá recibir as súas maxestades de Oriente. Alí percorren todos os barrios da vila e as 17.00h os Reis MAgos estarán na praza do Calvario para recibir os cativos e cativas.
Ent. Antonio Lomba, alcalde A Guarda - Cabalgata de Reis 03.01.2019 6:38
O Concello da Guarda ultima xa os detalles para a Cabalgata de Reis deste ano que comeza as 18.00h na alameda da Guarda e remata coa recepción dos máis pequenos na Casa dos Alonsos.
Ent. Cristina Martínez, concelleira Cultura Tomiño - Cabalgata de Reis 03.01.2019 4:52
Este sábado tamén Tomiño celebra a Cabalagata da Reis. Sairá as 16.30 do Alivio e rematará na praza do Seixo. Do percorrido das súas maxestades, nos falaba Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño.
Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura de Tui e José Monte, vereador de Cultura de Valença - Cabalgata de Reis 02.01.2019 9:57
O vindeiro día 5 de xaneiro terá lugar entre Tui e Valença a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui - Valença. Sairá da estación de tren de Valença as 17.00h, depois da recepción ós nenos, e chegará preto das 19.00h ó Paseo da Corredoira, onde será a recepción para os nenos e nenas de Tui.
Ent. Mila González, voceira Ciudadanos Tudenses - Felicitación Ano 31.12.2018 1:26
Mila González, voceira de Ciudadanos Tudenses, felicitou o ano 2019.
Ent. Carmen Núñez do BNG - Felicitación ano 31.12.2018 0:29
A voceira do BNG, Carmen Núñez, deixounos a súa felicitación para estas festas e os seus desexos para 2019.
Ent. Laureano Alonso, de Son de Tui - Felicitación aninovo 31.12.2018 4:14
O concelleiro de Son de Tui, Laureano Alonso, deixounos hoxe a súa felicitación e os desexos para 2019.
Ent. Miguel Capón, voceiro de Alternativa Tudense - Felicitación Ano 31.12.2018 4:14
O voceiro de Alternativa Tudense, Miguel Capón, enviou tamén a súa felicitación para o ano 2019.
Ent. Antonio Castro Negro, voceiro do PP - Felicitación de ano 31.12.2018 2:59
O voceiro do Partido Popular de Tui deixábanos esta mañá a súa felicitación para o ano 2019.
Ent. Enrique Cabaleiro, do PSOE - Felicitación Ano 31.12.2018 5:42
O voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, deixounos a súa felicitación por estas festas.
Ent. José Prada, concelleiro non adscrito - Felicitación ano 31.12.2018 2:35
O concelleiro non adscrito, Jose Prada, deixounos hoxe a súa felicitación para o ano 2019.
Ent. Patri - Prebadaladas de Fin de Ano 31.12.2018 1:54
Na rúa Porta da Pía haberá hoxe dúas citas, ás 13h e ás 19h, para comezar a despedir o Fin de Ano. O padeeiro Iván Alonso dará as badaladas nas que non tomarán doce uvas, pero sí outros produtos e brindarán por un feliz 2019.
Ent. Iván Fernández - Chapuzón solidario para despedir o ano 31.12.2018 3:49
Medio centenar de persoas daránse esta tarde, ás 16.30h, un chapuzón solidario no pantalán da rúa Olímpicos Tudense para despedir o ano. Aportarán quilóns de alimentos non perecedoiros que doarán a SOS Tomiño Baixo Miño.
Ent. Ricardo Martínez. Vicente Álvarez, Adolfo Besada e Eduardo Freiría - Concerto Fin de Ano 28.12.2018 14:14
Hoxe as 21.00h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano que van protagonizar a Coral San Telmo e a Banda de Música Popular de Tui. Será a coral quen abra o evento , acompañados en algunhas pezas polo grupo Lirolai. Despois, darán paso a Banda de Música de Tui. Dúas horas antes do comezo do concerto, no lateral do teatro, se habilitará un espazo para depositar alimentos, cada...
Ent. Teresa Pérez , Concelleira de Cultura de Salceda - Programación de Nadal 28.12.2018 6:34
En Salceda hai varias propostas navideñas para esta fin de semana e para tódolos públicos, dende deporte, pasando por música e turismo. Esta tarde, as 21.30h celebrase a oitava edición da carreira San silvestre que sae da praza do concello. Mañá sábado a partir das 17.00h da tarde haberá un certame de ranchos tradicionais na Asociación Cultural A feira e outro certame o domingo, neste caso, o de p...
Ent. Charo Tabales, Concelleira de cultura de O rosal - Programación de Nadal 27.12.2018 7:04
O Concello do Rosal tamén ten programadas actividades para este Nadal, como a maioría, moi centradas nos máis pequenos e nas familias. Xa onte, os cativos tiveron cita coa apalpadora, pero hoxe, teñen máis citas. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal daba conta esta mañá na nosa sintonía desas propostas navideñas..
Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Actividade de Nadal 27.12.2018 6:31
A Guarda está a celebrar unha ampla programación de Nadal na que implicaron a poboación e aos distintos colectivos da vila, e na que as rúas son o escenario de parte das actividades previstas. Entre as novidades da programación está a pista de xeo instalada na Alameda que está a ter unha boa acollida como hoxe sinalou a concelleira de Cultura, Elena Baz. O grupo Do Lusco ó Fusco puxo está mañá á m...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.