Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. María torres, compañía Elefante Elegante - Programación cultural 07.02.2019 3:40
"Patapatúm" da compañía Elefante Elegante chega mañá o Teatro Municipal de Tui as 20.00h. É unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. María Torres e Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín...
Ent. Carlos Vázquez Padín - Candidato de Converxencia 21 á alcaldía de Tui 06.02.2019 15:50
Carlos Vázquez Padín, actual alcalde de Tui, confirmaba a súa candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio. Estaba esta mañá na nosa sintonía, onde dicía que afronta esta nova lexislatura con ilusión e que cree que Converxencia 21 é a ferramenta que necesita Tui para prosperar.
Ent. Enrique Cabaleiro - Candidato á alcaldía de Tui 05.02.2019 20:32
Enrique Cabaleiro volve a encabezar a lista do Partido Socialista en Tui para ás eleccións municipais do 26 de maio. Hoxe na nosa sintonía deu conta de que esta nova candidatura responde a petición dos seus compañeiros de partido, di ademáis, que o afronta esta candidatura con moita ilusión pero tamén con moita responsabilidade
Ent. César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación - IES San Paio 04.02.2019 5:37
A pasada semana o IES San Paio sufría as consecuencias das intensas chuvias. As instalacións do centro sufriron goteiras que se converteron en filtracións preto das instalacións eléctricas e que provocaron o peche de varios corredores e desprendementos do falso teito. Na mañá do venres a unidade técnica da Xunta de Galicia desprazouse até alí para analizar os desperfectos e buscar o foco do proble...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - IV Semana da educación 04.02.2019 9:22
318 persoas van participar esta semana na IV Semana da Educación de Tomiño que se celebra este ano baixo o título “Educación activa, sociedade proactiva”. A cita será cada día ás 19h no Auditorio de Goián. Ademais, aproveitaba a alcaldesa para anunciar que se volve a presentar as eleccións municipais como cabeza de lista do BNG.
Ent. Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Empresarios de Ambulancias - Desperfectos en ambulancias 04.02.2019 10:39
A Federación Galega de Empresarios de Ambulancias denuncia o sabotaxe a varias ambulancias do 061 que se saldou cunha queimada e outra con múltiples desperfectos como a rotura de cristais, pintadas e cables arrincados que obrigaron o seu reemprazo por parte da empresa para garantir o servizo de transporte sanitario urxente
Ent. Marisol González - Festas na honra a Virxe da Saúde do Rosal 01.02.2019 3:57
Este fin de semana celébrase a festa na honra á Virxe da Saúde no Rosal que comezará esta mesma tarde coa Treboada do Alivio e a tradicional subida do Arco ás 18.00h. O sábado e o domingo haberá misas rezadas as 10.00h 11.00h e 17.030h e misa solemne as 12.00h. Ademáis o sábado haberá verbena con Gran Parada e Trébol e o domingo concerto da Agrupación Musical do Rosal.
Ent. Antia Diz, Daniela Sanz e Diego Saavedra, do club Tuitaku do IES San Paio - I Comic-con Tuitaku 01.02.2019 7:18
Preto de 120 afeccionados o manga, anime e comics daranse cita o próximo luns no IES San Paio na primeira edición do comic-on Tuitaku. Será unha convención d que organiza o club tudense do Ies San Paio Tuitaku e no que varias actividades e concursos. O evento comezará preto das 10 da mañá e se prolongará ó longo de todo o día.
Ent. Manuel Rodríguez, Centro de Estudos Rexionais Galicia- Norte de Portugal - Xornadas de Turismo Transfronteirizo 31.01.2019 8:32
Hoxe están a ter lugar no Castelo de Vila Nova de Cerveira as Xornadas de Turismo no contexto transfronteirizo Cerveira – Tomiño. No acto, que comezou as 9 desta mañá, déronse cita diferentes axentes relacionados co turismo que deron a coñecer as súas propostas para unha oferta común entre o territorio da Eurocidade. Houbo dúas mesas de traballo ó longo da mañá, unha sobre natureza, cultura e pais...
Ent. Diego Rey de Talía Teatro - O servidor de dous amos 31.01.2019 5:56
Talía Teatro presenta mañá venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal a comedia "O servidor de dous amos". A compañía galega trae á actualidade o clásico de Goldini, nunha obra que ten a peculariedade de que actúa toda a compañía co gallo do seu 30 aniversario. Así nolo contou o seu director Diego Rey, quen tamén sobe ao escenario neste espectáculo.
Ent. Severino Oliveira - O burro Platero 28.01.2019 7:21
Hoxe na nosa sintonía falamos de Platero, pero neste caso non é o Platero do que falaba Juan Ramón Jiménez, sino o Platero de Severino Oliveira, un veciño de Goian que acaba de mercar un burro para que lle faga compañía. É un exemplar de “Equus africanus asinus”, en perigo de extinción na actualidade dado que, segundo os últimos datos hai censados en España preto de 30.000. Agora, Platero xa está...
Ent. Teresa Domínguez, directora CRA MestraClara Torres, Mila González, concelleira de educación - Escola de Nais e Pais 28.01.2019 21:14
Este mércores comeza na Radio Municipal de Tui a Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación" que se vai desenvolver os derradeiros mércores de cada mes até o mes de xuño. Serán seis sesións onde expertos sobre asuntos relacionados coa educación darán charlas e responderán as dúbidas que os ointes poidan ter en relación a temática de cada sesión.
Ent. José Prada, vicepresidente do Club Remo do Miño - XXXIX Regata Miño Internacional 25.01.2019 5:33
Mañá celébrase a XXXIX edición da Regata Miño Internacional organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo. A primeira saída, a de 4 skull feminino, será as 11.50h dende Currás, en Tomiño, e a chegada, 6 km despois, será fronte as instalación do Club Remo do Miño.
Ent. Adolfo Pereira e Javier Quintas - IX Enduro Cidade de Tui 24.01.2019 11:34
Este domingo a Eurocidade Tui- Valença acolle o IX Enduro Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe. Congregará preto de 180 corredores provenientes de toda España e Portugal. Arrancará as 11 da mañá e percorrerá as parroquias de Randufe, Malvas e Pexegueiro
Ent. Carme Núñez - Candidata do BNG á alcaldía de Tui 24.01.2019 15:12
Carme Núñez volverá encabezar a candidatura do BNG ás eleccións municipais do 26 de maio en Tui. Hoxe falamos con ela desta reelección, da situación do municipios e dos proxectos prioritarios. Por último recoñecía que na corporación que saia das eleccións do 26 de maio será complicado que un partido conte coa maioría polo que serán necesarios os pactos. Nese senso apuntaba que están disposto a pac...
Ent. Juan Gaise Fariña e Cielo Martínez, Rodríguez Gil e Asociados - Charla afectados polas accións do Banco Popular 23.01.2019 12:06
Mañá, as 19.00h, a Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, acollerá unha charla informativa para os afectados polas accións do Banco Popular. Esta mañá estiveron na nosa sintonía Juan Gaise Fariña e Cielo Martínez, do despacho de avogados Rodríguez Gil e Asociados, encargados da sesión de mañá.
Ent. Fernando Saco, profesor IES Indalecio Pérez Tizón - Programa de inmersión lingüística 23.01.2019 16:08
O programa de inmersión lingüística da Xunta de Galicia levou a profesores a distintos países para coñecer o seu sistema educativo e as súas culturas, ademáis claro, da profundización no idioma. Os destinos eran Canadá, Lisboa ou París. Fernando Saco, do IES Indalecio Pérez Tizón estivo un mes en Otawa, Canada, esta mañá, na nosa sintonía, nos falou deste programa.
Ent. Jose Manuel Arca, oficial xefe Policía Local Tui - Incendio en Baldráns 22.01.2019 3:59
A Policía Local de Tui estivo onte á tarde no incendio rexistrado en Baldrán. O oficial xefe, Jose Manuel Arca, apuntaba a posible orixe intencionada do lume, nun galpón no que confirmaba non había explosivos.
Ent. Modesto Rodríguez, presidente da Asociación de Gandeiros Serra da Groba - Morte cabalos 22.01.2019 7:30
O pasado domingo apareceron catro cabalos mortos e cinco feridos nunha manga da zona de Areeiro en Viladesuso, Oia. Onte estiveron no lugar do suceso os axentes do Seprona, os veterinarios da Xunta de Galicia e a Asociación de Gandeiros de Cabalos Serra da Groba, que determinaron que a morte dos equinos foi debida a varios golpes na cabeza. A Guarda Civil está agora o fronte da investigación para...
Ent. Daniel Bar, cabo Bombeiros do Porriño - Incendio en Baldráns 22.01.2019 4:22
Susto onte á primeira hora da tarde en Baldráns ao rexistrarse un incendio nun dos lugares onde no pasado mes de maio foran localizados explosivos almacenados ilegalmente tras a explosión do 23 de maio. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, Garda Civil, Bombeiros do Porriño, entre outros. Onte dende o primeiro momento se descartou a presenza de explosivos na zona, pero sí había gra...
Ent. Don Jose Luis Blanco, párroco de San Salvador de Tebra - Recuperación do caliz roubado en 1984 21.01.2019 7:07
O pasado venres a Guarda Civil entregaba o párroco de San Salvador de Tebra un cáliz roubado hai 35 anos. A localización desta peza, roubada en 1984, tivo lugar no rastro de Madrid grazas a localización por internet do cáliz a través dunha web de internet para coleccionistas. (Fotografía Guarda Civil)
Ent. Julia Rodríguez - Programa Recantos 18/01/2019 18.01.2019 9:36
Esta mañá volvía Julia Rodrieguez a nosa sintonía para falarnos da súa próxima actuación no programa Recantos do Luar, que será o 25 de xaneiro e interpretará "Maquillaxe" de Mecano.
Ent. Dani Costas - Segundo traballo "Pequeño infinito" 18.01.2019 23:23
Dani Costas presentou hoxe na nosa sintonía o seu segundo traballo "Pequeño infinito" . Interpretou amais algúns dos temas en directo e nos falou da súa música. El comezou hai en grupos de instituto, logo entrou no mundo das orquestras, onde formo u parte de América SL, entre outras, e agora inicia a súa carreira en solitario. Hai dous anos publicou o seu primeiro disco e agora presenta o segundo...
Ent. Manuel Martínez Heredero - Colocación nova campana na capela do Monte Aloia 17.01.2019 7:09
Dende hoxe a capela do Monte Aloia volver ter unha campana, tras case catro anos sen a mesma, xa que a anterior, con valor histórica fóra roubada.
Ent. Xurxo González, responsable Proxecto Socheo - Fotografías de Eliot Elisofon 16.01.2019 12:31
A pasada semana aparecían en redes sociais fotografías antigas do recoñecido fotografo Eliot Elisofon que parecían ser da Guarda, o que fixo saltar as alarmas de si o fotógrafo estivera na vila guardesa. Nese momento, dende Proxecto Socheo comezaron o traballo de investigación que os levou a atopar até 14 fotografías atribuídas a Elisofon.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.