Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ángel Sánchez, codirector PlayDoc - Programación 2019 01.03.2019 9:06
A pouco máis dun mes para que comece Play Doc hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, lembrounos as dúas retrospectivas anunciadas xa desta edición de 2019. E nos presentou as actividades formativas que levarán a cabo do 3 ao 7 de abril.
Ent. Elena Baz, Concelleira de Cultura A Guarda - Entroido 2019 01.03.2019 5:24
Está mañá daban comezo as actividades de entroido no Concello da Guarda co "desfile dos coles" que recorrían as rúas do municipio dende a Alameda de A Guarda até a Esquina do Galo. Dende mañá até o martes teñen programadas máis actividades, o sábado dan comezo coa apertura do Skate Park e o "Sábado de Guateque", e o domingo, día dedicado as familias.
Ent. Cristina Martínez, concelleira Cultura Tomiño - Entroido 2019 28.02.2019 4:04
Este venres comeza o entroido en Tomiño co tradicional venres de Foliada que dará comezo ás 21.30h e no que preto de 1500 persoas pertences a 21 comparsas desfilarán polas rúas tomiñesas. Tamén celebran o entroido en Goian, a partir do sábado pola mañá con treboadas pola rúa e gran tortillada. Alí rematará o mércores, co tradicional Enterro da Taiña.
Ent. Charo Tabales, concelleira Cultura - Entroido O Rosal 28.02.2019 3:51
Pendentes do tempo están no Rosal para a celebración este domingo do tradicional desfile concurso de Entroido no que participarán máis de 700 persoas das categorías individuais, grupos, carrozas e comparsas, entre as que repartirán 3.500€ en premios. Así o explicaba a concelleira de Cultura, Charo Tabales, quen tamén facía referencia ao Entroido máis tradicional que ten lugar en Fornelos e Novás.
Ent. Elisa Alfaya, "Cousas de nenos" - Programación cultural 28.02.2019 7:20
Mañá hai nova cita no Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural do primeiro semestre do ano. A partir das 20h Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan “Cousa de nenos” , un espectáculo para toda a familia no que mesturan maxia e sombras chinescas nunha actuación chea de corido e ilusión.
Ent. Telmo Diz, xerente - Inauguración novas instalacións de Autos Diz 28.02.2019 7:13
A empresa tudense Autos Diz inaugura mañá novas instalacións na estrada de Camposancos 123, Vigo, tras catro anos en Tui. O seu xerente, Telmo Diz, explicaba que son especialistas en modelos exclusivos e edición limitada, así como, marcas Premium. Amais nas novas instalacións serán delegación de Super Garage.
Miguel Ángel Rodríguez, "Ideas para tu huerto" - 3º Premio no Concurso Naturgreen 28.02.2019 12:23
37 foron os proxectos presentados neste 1º concurso Naturgreen no que participaba a iniciativa emprendedora Ideas para tu huerto de Tui. Presentouse co seu proxecto “Reciclar borra de café cultivando setas” co que conquistou o xurado do concurso formado por representantes de entidades relacionadas coa agricultura e a ecoloxía a nivel nacional. Para este proxecto, colaborou tamén o alumnado e o equ...
Ent. Marta Puig, Directora Xerente da Rede de Xuderías de España Camiños de Sefarad - Tui candidata da Rede de Xuderías 26.02.2019 13:30
O Comité de Admisión da Rede de Xuderías de España visitou onte Tui para coñecer o seu patrimonio como parte do proceso avaliador da cidade para pasar a formar parte da Rede de Xuderías de España, cuxa resolución se coñecerá o 27 de marzo. Na mañá de hoxe falabamos con Marta Puig, Directora Xerente da Rede de Xuderías de España Camiños de Sefarad, quen valoraba positivamente a visita.
Ent. Laureano Alonso - Candidato de Son de Tui á alcaldía de Tui 25.02.2019 18:33
Laureano Alonso encabezará a lista de Son de Tui ás eleccións municipais de Tui. Agora, dicía hoxe na nosa sintonía, ábrese un periodo ilusionante para tratar conseguir transformar Tui a partir do 26 de maio, e ten por diante tamén un traballo arduo, dicía, para conformar a lista que presentarán. Para isto último dicía conta co traballo xa andado nos últimos anos. Sobre as prioridades que ten Tui...
Ent. Andrea Costa, directora asociación Arraianos - Tui & Tapa 25.02.2019 9:52
Un total de 29 locais tudenses van a participar a partir deste venres e até o último sábado de marzo na ruta de tapas, Tui & Tapa, organizada pola Asociación arraianos. A organización propón catro rutas para facer unha cada fin de semana, veñen explicadas nos folletos xa repartidos nos locais participantes
Ent. Samuel Moreno, mago - Espectáculo "Why not?" 22.02.2019 11:59
O Mago Samu estivo esta mañá na nosa sintonía para falar de maxia e do espectáculo "Why not?" que está a facer no barrio da Latina en Madrid.
Ent. Eduardo Feiría, concelleiro de Deportes - Gala Do Deporte Tudense 21.02.2019 5:34
O Teatro Municipal de Tui acolle mañá as 20.030h a VII Gala do Deporte Tudense onde se fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018 como recoñecemento do traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado.
Ent. Antonio Lomba, alcalde de A Guarda - Inauguración da nova Casa do Concello 21.02.2019 13:49
O Concello da Guarda inaugura mañá a nova casa consistorial na “Casa dos Alonsos”, lugar no que se atopan as dependencias municipais dende finais de 2018.
Ent. Patricia Blanco e Rosana Coimbra, San Xerome Emiliani, e David Alonso, Pais Somascos- Espazo Sanxe 20.02.2019 15:50
Todos os mércores os membros do centro San Xerome Emiliani comparten patio cos nenos do colexio País Somascos, un proxecto que despois de ano e medio xa está consolidado e normalizado para os nenos de ambos centros. Ademáis outra iniciativa en colaboración entre ambos centros é unha carreira solidaria, que terá lugar ó domingo 17 de marzo na Guarda.
Ent. Herminia Sías e Luisa Blanco, Asoc. Párkinson Baixo Miño - Asemblea Xeral e Charla- Coloquio 20.02.2019 11:11
Este venres a partir das 18.00h terá lugar, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, a Asemblea Xeral da Asociación Párkinson Baixo Miño con 5 puntos na orde do día. Despois da Asemblea haberá unha charla-coloquio a cargo da fisioterapeuta da asociación, sobre técnicas de mobilización e mellora da calidade de vida das persoas con párkinson e outras enfermidades.
Ent. Javier Torre - Economía do Ben común 19.02.2019 15:52
Hoxe coñecemos que é a Economía do Ben Común da man de Javier Torre, colaborador e difusor deste movemento.
Ent. Agustín Ferreira, pte de ANABAM - Falcón abelleiro e avellaruco 18.02.2019 6:18
Dende ANABAM confirman que non teñen constancia da presenza do falcón ou miñato abelleiro no Baixo Miño. O presidente dos naturalistas do Baixo Miño, Agustín Ferreira, explicaba que hai outra ave, o avellaruco, que tamén se podería alimentar das velutinas, do que sí constataron presenza en Tomiño hai seis anos.
Ent. Jesús Asorey da Asociación Galega de Apicultores - Falcón abelleiro 18.02.2019 7:56
A Asociación Galega de Apicultores amósase esperanzada en que o falcón abelleiro poida ser un depredador da vespa velutina. Foi unha das ideas que xurdiron tras a reunión que promoveron entre un grupo de investigadores para buscar unha solución á invasión desta especie que causa danos importantes á apicultura, pola súa repercursión sobre as abellas.
Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados - Concentración ante a subdelegación en Pontevedra 15.02.2019 4:57
Os veciños de Paramos e Guillarei concentráronse esta mañá diante da subdelegación do goberno onde amosaron o seu malestar co goberno polas axudas cos afectados, xa que nada do que reivindicaron foi contemplado no Real Decreto publicado. Así o explicaba Salvador García, presidente da Asociación de Afectados.
Ent. Carolina Figueroa, CPA Ribex - Campionato Galego de Grupos Show Júnior e Cuartetos 15.02.2019 6:02
Mañá ás 17.30h comeza no novo pavillón municipal de Tui o Campionato Galego de Grupos Show Júnior e Cuartetos. A competición comezará ás 17.30h cos cuartetos e ás 18h na categoría junior onde competirá o equipo júnior do Ribex buscando praza no Campionato de España.
Ent. Nieves Rodríguez, actriz - Redrum con Invisibles 15.02.2019 8:37
Ás 21.30h a compañía Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta no Teatro Municipal de Tui "Invisibles". A obra está baseada no libro homónimo de Montse Fajardo. Está dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata ás 12h, e dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezo de 6€ e 5€.
Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Bacallau e San Teotonio 14.02.2019 9:50
O bacallau será o protagonista esta fin de semana en Valença, xa que será o prato destacado en 24 establecementos hostaleiros do municipio, que ofrecerán entre outras preparacións o Bacallau ao San Teotonio. No menú estará tamén o Caldo Verde de Valença, elixido coma unha das Marabillas Gastronómicas de Portugal. E coma sobremesa estarán os “Borrachinhos de Valença”. Contounolo José Monte, vereado...
Ent. Lupe Pérez, Asociación Afectados Paramos-Guillarei - Concentración en Pontevedra 14.02.2019 11:08
A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei vaise concentrar mañá, ás 11 h en Pontevedra diante do edificio da subdelegación do Goberno. Segundo explican nun comunicado con esta acción queren reivindicar que, pese ás reunións mantidas coa subdelegación tanto antes como despois da redacción do Real Decreto-lei 2/2019, de 25 de xaneiro, as necesidades dos veciños de Paramos máis afectados pola...
Noticias 13.30h - Xoves, 7 de Febreiro de 2019 07.02.2019 22:19
A actualidade deste xoves, 7 de febreiro en Noticias 13.30h.
Ent. David Bueno - IV Semana da Educación de Tomiño 07.02.2019 16:06
Hoxe remata a IV Semana da Educación en Tomiño que deu comezo este luns. Durante estes días déronse cita, Coral Regi, Jorge Úbeda e Iria Marañón, que falaron da educación mais aló das modas, a educación nos centros escolares ou a educación en igualdade. Hoxe pecha este ciclo de conferencias con David Bueno, doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona, cunha charla baixo...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.