Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martín Crusat, Adegas Vimbio - The Wine Advocate 22.03.2019

“Viños excepcionais,” así cataloga a revista The Wine Advocate ós viños da Adega Vimbio, que conta cunha produción de entre 10 e 15 mil botellas e que logrou 90 puntos de valoración.

Antonio Lomba, alcalde de A Guarda - Fins de semana gastronómicos 22.03.2019

Mañá arranca na Guarda unha xornada gastronómica para exaltar a lamprea do Miño que se prolongará até o 14 de abril. O obxectivo é potenciar o municipio como destino gastronómico da lamprea e desestacionalizar o turismo.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Programación 2019 21.03.2019

O festival Play Doc será escenario da estrea en España da película “Nice Girls Don’t Stay for Breakfast” a última do cineasta Bruce Webber, tamén coñecido por ser un dos fotógrafos de moda máis recoñecidos a nivel mundial que traballou para marcas como Calvin Klein ou Victoria Secret. Webber presentará tres das súas películas, “Broken noses”, sobre un boxeador, “Lets get lose”, sobre o trompetista...

Ent. Julian Iglesias, Club Náutico San Telmo - 5º Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote 21.03.2019

Tui acolle este domingo o 5º Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote organizado polo club náutico San Telmo para o que remata mañá o prazo de inscrición.

Ent. Eduardo Freiría, Concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente de Tui - Telón Teatro Principal... 20.03.2019

O concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente de Tui, Eduardo Freiría falou esta mañá na nosa sintonía do telón do Teatro Principal, que será exposto nas festas de San Telmo depois dun traballo de limpeza restauración. Deu conta tamén das actividades previstas polo Día da Árbore e do peche do entroido este domingo co Enterro do Bacallau.

Ent. Alseyni Kamara e Vanesa Rodríguez - Presentación disco de Mbolo Mooye Doolé 18.03.2019

O grupo Mbolo Mooye Doolé presenta o seu disco "Suba" este venres, 22 de marzo, ás 22h no Sinatra Coctel Bar. Hoxe Alseyni Kamara e Vanesa Rodríguez falaronnos deste proxecto musical que fusiona a cultura galega e a senegalesa.

Ent. Pablo Comesaña, productor de Play - Doc - Play- Doc 2019 15.03.2019

A 15 días de que comece o festival Play - Doc, a organización fai un chamamento tanto a persoas interesadas en participar como voluntarios ou como supporters. Ademais, as inscrición para os talleres e obradoiros do festival, xa están abertas. Pablo Comesaña, productor de Play - Doc, detallou os requisitos.

Pablo Costa e Santi Martínez, "Take it Easy" 15.03.2019

O grupo composto por Pablo Costa e Santi Martínez, Take ir Easy, presentounos na nosa sintonía o seu novo traballo.

Ent. Patricia Rodríguez, Acubam e Sandra González, alcaldesa de Tomiño - XVI Mostra de Cultivos do Baixo Miño 14.03.2019

Mañá comeza a Mostra de cultivos do Baixo Miño no Pavillón de Goian coa intención de pór en valor o sector do agro da comarca traballando a partir de conceptos como sustentabilidade social e ambiental. Ás 12.15 h terá lugar a presentación da misión comercial inversa que se realizará no sur de Galicia e no norte de Portugal. O obxectivo é contribuír ao posicionamento sectorial traendo a potenciais...

Ent. Alberto Montes, Seminario Menor - Charla de Carlos Mouriño 14.03.2019

Ás 18 h no salón de actos do Seminario Carlos Mouriño, presidente do Celta falará sobre “A vocación ao Deporte” dentro das conferencias que organiza o Seminario Menor co gallo do seu 60 aniversario. Así nolo contou Alberto Montes Rajoy.

Ent. Eduardo Fernández, de Biciosos - VIII Eurocidade BTT 14.03.2019

1.200 inscritos, o máximo establecido, hai na VIII Eurocidade BTT que se celebra este domingo organiza polo club Biciosos. Unha proba que partirá ás 9 h dende a piscina de Valença. O sparticipantes poderán optar polo percorrido longo de 77 quilómetros ou polo curto de 45. Percorrerán as rúas de Tui, Valença, pasarán pola vella Ponte Internacional, e subirán ao Monte Aloia e ao Monte Faro.

Ent. Eduardo Rodríguez "Tatán", Tanxarina - Programación cultural 14.03.2019

O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques.

Ent. Manuel Pereira, presindete da Comunidade de Montes de Areas - Día da Árbore 13.03.2019

As comunidades de montes veciñais en Man Común de Malvas, Pexegueiro, Randufe e Areas convidan a todos os nenos e nenas a deixar a súa pegada ecolóxica nunha plantación de frondosas no monte comunal de Areas. Será este sábado ás 16.00h en Malvesada. Ademáis, habera despois unha charla baixo o título “A tecnoloxía natural que coida de nós” a cargo de Manuel Domínguez Rey.

Ent. Salvador Garcia, pte Axuda Paramos - Posta en liberdade de Francisco Lameiro 13.03.2019

Malestar entre os afectados de Paramos pola posta en liberdade nas últimas horas de Francisco Lameiro propietario da pirotecnia La Gallega e do almacén ilegal que explotou o pasado 23 de maio no barrio da Torre. A xuíza decretou nas últimas horas a súa posta en liberdade provisional sen fianza, decisión que van recorrer os afectados.

Ent. Alumnado do CEIP nº1 - Reforestación Plantación Poética 13.03.2019

O alumnado do CEIP nº1 de Tui vai celebrar este venres unha "Reforestación Poética" no monte de Areas a carón do Viveiro Forestal co que van celebrar tanto o Día Mundial dos Bosques coma o Día da Poesía. Darán lectura a un manifesto e a poemas, amais de contar cunha charla sobre cómo plantar unha árbore, que logo porán en práctica. Pecharán con música da man da Gramola Gominola. Hoxe nolo contaron...

Ent. Marina Carvalho, Montañeiros Celtas do Minho - Andainas Saudables da Eurocidade Trilho da Lamprea 13.03.2019

Este sábado comeza o ciclo de andainas saudables da Eurocidade Tui- Valença. A primeira cita será o Trilho Sabores da Lamprea, cun percorrido de 6.5 km. A saída será ás 9.00h (hora portuguesa) da Igrexa San Pedro da Torre. Ó remate haberá unha degustación de lamprea. As prazas están xa completas.

Ent. Santiago Pose, Xefe de Servizo do Centro de Saúde de Tui - Dimisión Xefes de Atención Primaria 13.03.2019

22 xefes de servizo de atención primaria presentan a súa dimisión definitiva. Dimitiron por primeira vez hai tres meses, pero o SERGAS non o aceptou e comezaron a manter conversacións a partir das que, o Sergas, asumiu o compromiso de preparar un novo modelo de atención primaria atendendo ás necesidades solicitadas polos médicos. Onte volveron a dimitir, nesta ocasión, de xeito irrevogable. Sobre...

Ent. Hiba, Nuria, Beltrán e Martin do IES San Paio - Participación no no Cpo Escolar Provincial de Orientación a Pé 11.03.2019

O IES San Paio participará este mércores no Campionato Escolar Provincial de Orientación a Pé que se vai celebrar no Campus Universitario de Vigo no Parque do Coñecemento. Hai tres anos que neste instituto tudense comezaron a practicar este deporte. O equipo de Tui buscará praza para o Campionato Galego.

Ent. Marcos Orsi, actor - Senior 07.03.2019

"Senior" é o título da comedia que mañá ás 21.30h presenta Culturactiva no Teatro Municipal de Tui. Con moito humor abordan a chegada aos 50 anos, e fano cos actores Luís Iglesias e Marcos Orsi. Este último falounos da obra que estreada hai un ano e que mañá chega a Tui.

Ent. Montse Magallanes, concelleira de A Guarda - Día Internacional da Muller 07.03.2019

O concello da Guarda abre hoxe mesmo as súa programación co gallo do día internacional da muller coa inauguración da mostra «Rompe. Xoga en igualdade», hoxe ás 12h na Casa dos Alonso. Ademáis, mañá o propio día 8 de mazo, haberá concentración e lectura dun manifesto a que a concelleira convidaba a todos os veciños a achegarse.

Ent. Alberto Montes Rajoy, formador e administrador do Seminario Menor de Tui- Actividades 60 aniversario 06.03.2019

O Seminario Menor de Tui ten previstas varias charlas e actividades para este mes de marzo para conmemorar o 60 aniversario da institución, que se vai celebrar en outubro deste ano, coa intención de compartir con toda a cidade tantos anos no municipio

Ent. Estrella Muradás e Paula Guerreiro, concelleira e técnica de Servizos Sociais - Día Internacional da Muller 06.03.2019

Co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra este venres, o concello de Tui ten previstas varias actividades organizadas pola concellería de servizos sociais. Xa dende mañá pola noite e o venres a Área Panorámica iluminarase de lila ao tempo que se colocarán pancartas conmemorativas na fachada deste edificio e tamén da casa do concello. Ademáis, o venres ás 12.30 h na praza do Concello h...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Día Internacional da Muller 04.03.2019

Obradoiros de igualdade de xénero, unha charla de Ianire Estébanez, talleres para profesorado, unha representación teatral e un mural conmemorativo forman parte das actividades co gallo do 8M en Tomiño. Esta semana concretamente terá lugar, o xoves, unha concentración con lectura de manifesto, o venres ás 12 da mañá. O domingo, tamén englobado nas actividades do Día da Muller, ás 18.00h o auditori...

Ent. Eduardo Freiría, concelleiro Cultura Tui - Entroido 2019 04.03.2019

Mañá ás 12 h do mediodía tomarase a decisión, función da previsión do tempo, de se pola tarde se celebra ou non o Desfile-Concurso de Entroido. Así o explicaba o concelleiro de Cultura, Eduardo Frería. De suspenderse adiarase para o domingo 17 deste mes. Está prevista a participación de 850 persoas e 13 carrozas pertencentes a 10 comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, e Redondela

Ent. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura de Salceda - Entroido 2019 01.03.2019

Daba comezo esta mañá o entroido en Salceda con mais de 1.200 nenos e nenas recorrendo as rúas salcedenses. Un ano máis Salceda aposta por recuperar tradicións, co enfrontamento dos barrios de A Feira e Catro Barreiro. O sábado pola tarde haberá un concerto da banda de música, e o domingo o XXI desfile de carrozas e comparsas coa participación de 13 agrupacións. Como novidade este ano haberá un “B...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.