Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Herminia Sias e Luisa Blanco, Asociación Párkinson Baixo Miño - Día Mundial do Párkinson 09.04.2019

Charla-coloquio, música e baile son algunhas das actividades que a Asociación Párkinson Baixo Miño organiza para este sábado co gallo do Día Mundial do Párkinson que se celebra este xoves 11 de abril.

Ent. Manuel Vázquez de la Cruz, membro de Levada Libre - II Semana da Memoria 09.04.2019

O pasado sábado daba comezo a II Semana da Memoria que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica Baixo Miño-Louriña-Salceda e que se prolongará ó longo de toda esta semana con diversas actividades.

Ent. José Prada, concelleiro non adscrito - Rolda abril 09.04.2019

O concelleiro non adscrito, José Prada, estivo hoxe no programa Día a Día dentro da rolda de conversas que comezamos o luns cos representantes políticos na corporación municipal de Tui. Con el fixemos balance dos catro anos de mandato que están a piques de rematar, e da situación da cidade.

Ent. Laureano Alonso de Son de Tui - Rolda abril 08.04.2019

A mes de medio de que se celebren eleccións municipais, o 26 de maio, iniciamos a última rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Hoxe foi a quenda de Laureano Alonso de Son de Tui.

Día a Día Especial Play Doc 2019 05.04.2019

O programa Día a Día trasladouse hoxe até o vestíbulo da Área Panorámica para facer un programa especial co gallo do Play Doc 2019. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do festival, e tamén cos directores de documentais Eloy Domínguez, Camila José Donoso e Iria Sanjurjo. Nos minutos finais acompañounos amais José Monte, vereador de Cultura de Valença, para falar do Torneo de Basket da Eurocidade...

Ent. Victor Perez Bugarín e Pepe Buceta, mebros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica- II Semana da Memoria 04.04.2019

Este sábado arranca a II Semana da Memoria que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Salceda. As actividades comezarán xa este sábado e se prolongarán até o próximo domingo 14.

Ent. Wolf Eckart Büler, realizador - Retrospectiva en Play Doc 2019 04.04.2019

Unha das restrospectivas do Play Doc 2019 está dedicada a Wolk Eckart Bühler, cineasta alemán que presenta no festival a estrea de dous documentais sobre o actor Sterling Hayden. Hoxe acompañounos no programa Día a Día para falar da súa obra, dixitalizada tras 35 anos e que agora exhibe en Tui.

Ent. Mario San Miguel, Semana de Formación ás Familias - “A Fabulosa fórmula da felicidade”. 04.04.2019

Ás 18.30 h remata no salón de actos do Seminario Menor de Tui a Semana de Formación ás familias que se celebra dende o luns organizada polas ANPAS do CEIP nº1, Maristas, Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns, Caldelas e do IES San Paio. Hoxe será a quenda de Mario San Miguel que falará de “A Fabulosa fórmula da felicidade”.

Ent Diana Rodríguez Salgado - Semana Formación ás familias 03.04.2019

Ás 18.30 h no salón de actos do Seminario Menor de Tui Diana Rodríguez Salgado, licenciada en psicoloxía e máster en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos falará de “Educación respectuosa”. Hoxe falamos con ela no programa Día a Día. Lembramos que esta actividade está organizada polas ANPAS do CEIP nº1, Maristas, Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns, Caldelas e do IES San Paio.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Play- Doc 02.04.2019

Mañá ás 20.30h arranca o festival Play- Doc co acto inaugural e acto seguido a proxección da película A Story From África, unha historia que a través de fotografías recorda o momento no que as grandes potencias europeas tomaban o control das colonias en África. Na mañá de hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, falounos dese compromiso que ten play doc co cinema en galego.

Ent. Antonio Rial Boubeta, psicólogo, Doutor en Psicoloxía Social - Semana da Formación ás familias 02.04.2019

Onte comezaron as xornadas da Semana de Formación ás familias organizadas polas Anpas dos centros educativos tudenses que teñen lugar no Salón de actos do seminario de Tui. Hoxe é a quenda de Antonio Rial Boubeta baixo o título “Botellón, selfies e whastapp: claves e desafíos para educar no novo contexto dixital”

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Festival Play- Doc 01.04.2019

A dous días de que comece o festival Play-Doc, o seu codirector Ángel Sánchez vainos adiantando os detalles do que imos a atopar, nesta ocasión veu a nosa sintonía a falar do realizador alemán Wolf- Eckart Bühler e das súas dúas películas sobre Starling Hayden.

Ent. Montse Mon e Eliana González, Asociación 1 máis - Día Mundial do Autismo 01.04.2019

Co gallo do día Mundial do autismo que se celebra mañá día 2 de abril a asociación “1 Máis” organiza actividades ó longo de toda esta semana. A presidenta da asociación, Montse Mon, e unha nai, Eliana González, estiveron esta mañá para falarnos delas.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Kidlat Tahimik 29.03.2019

Hoxe chega a Tui Kidlat Tahimil, o realizador filipino a quen Play Doc 2019 dedica unha retrospectiva. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc falounose da súa obra, e avanzou o curioso que serán as súas presentacións.

Carlos Blanco e Manuel Santos - Candidatura ACITUI 29.03.2019

Esta semana falabamos cun grupo de comerciantes que se van a presentar as eleccións da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, que plantexaban a súa postura con respecto á antiga directiva. Falaron tamén da situación da asociación dende que o pasado 9 de xaneiro a xunta directiva dimitiu e da posterior asemblea na que non se chegou a ningún acordo. Na mañá de hoxe, Juan Carlos Bla...

Ent Julia Rodríguez - 4ª Fase do concurso Recantos do Luar 29.03.2019

Julia Rodríguez intepretará "Alma, Corazón e Vida" o próximo venres, 5 de abril, na cuarta fase do concurso Recantos do Luar. Hoxe contounos coma se presenta esta actuación, na que o apoio do público será moi importante para estar entre os oito concurso que pasen a seguinte fase.

Ent. Ana Carpintero e Fran García - Novidades de Somos Océano 29.03.2019

Calcetíns con percebes, suadoiras Merda, camisetas morriña... son algúns dos produtos de Somos Océano. A firma que comezou a súa andaina en 2016 logrou facerse xa un oco no mercado non se de Galicia senón tamén en Madrid, e no País Vasco, onde na próxima semana sumarán un punto de venda en Bilbao. Amais de na súa web. Ana Carpinteiro e o tudense Fran García presentáronnos hoxe as novidades de Somo...

Agostinho Correia - Feira da Foda 29.03.2019

Dende hoxe, e durante toda a fin de semana, Pias, en Monçao, celebra a Feira da Foda, unha festa que acolle gastronomía, historia e tradición. Dela nos falou esta mañá un dos seus organizadores.

Ent. Charo Tabales, concelleira Cultura - Mostra da Camelia 29.03.2019

O Concello do Rosal acolle este fin de semana a Mostra da Camelia con preto de 400 exemplares desta flor. O acto inaugural será o sábado ás 13.00h onde tamén se entregaran diplomas os expositores participantes. O horario para visitar a exposición será o sábado de 16.00h a 20.00h e o domingo de 10.00h a 13.00h. e de 16.00h a 20.00h.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Sección Oficial 28.03.2019

A menos dunha semana de que comece a edición de 2019 de Play Doc o seu codirector, Ángel Sánchez acompañounos no programa Día a Día. Hoxe falaounos da Sección Oficial a Competición, na que todos os seis documentais farán a súa estrea en España no Play Doc.

Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Valoración da inclusión na Rede de Xuderías 28.03.2019

Onte coñecíase a inclusión de Tui na Red de Juderías de España, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, estivo esta mañá na nosa sintonía para facer unha valoración.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Play- Doc 2019 27.03.2019

Falta unha semana para que arranque o Play Doc e os organizadores xa están a pechar os últimos detalles. Na mañá de hoxe, Ángel Sánchez, estivo na nosa sintonía para dar conta dalgunhas das actividades.

Joaquín Cadilla e Celso Fariñas, Asociación O Piueuro - XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 27.03.2019

Un centenar de embarcacións se darán cita na Guarda do 10 ó 14 de xullo no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais. A asociación O Piueuro, organizadora do evento, está a construír ademáis un volanteiro que se pode ver o día do encontro xunto coas outras embarcacións procedentes de toda Galicia, norte de Portugal, Asturias e incluso algunha do Mediterráneo.

Ent. Cristina Rey Castiñeira e Abel Vila - Candidatura ACITUI 26.03.2019

O pasado 9 de xaneiro a directiva da Asociación de Comerciantes de Tui, ACITUI presentou a súa dimisión irrevogable, a partir de aí, convocouse unha Asemblea para a formación dunha nova dirección, que finalmente non chegou a ningún acordo. Agora, un grupo de comerciantes, consideran que houbo irregularidades neste proceso polo que impugnaron esa Asemblea e solicitan unha Asemblea Xeral Extraordina...

Ent. Carmiña Barbosa - Club da Terceira Idade Pensionistas da Guarda 25.03.2019

O Club da 3º Idade Pensionistas da Guarda, fai un chamamento ós guardeses a achegarse o centro e desfrutar das actividades que alí se están a levar a cabo. A directiva, dende hai dous anos liderada por mulleres case na súa totalidade, busca reactivar o ocio nas súas instalación.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.