Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui Termalia - Carreira Solidaria de San Telmo 24.04.2019 4:57
Hoxe remata o prazo de inscrición para a carreira solidaria de San Telmo que este sábado terá lugar nas rúas de Tui. O pistoletazo de saída será ás 11 da mañá coa proba absoluta e despois competiran as categorías inferiores.
Ent. Rafael Perez, Serafín Domínguez, Joaquin Rodríguez, Claudio González e Modesto Pousa - Orquestra Iberia 23.04.2019 24:39
Na mañá de hoxe estiveron na nosa sintonía algúns dos membros da orquestra que puxo música a boa parte das verbenas entre os anos 1946 e 1970 na comarca do Baixo Miño, a Orquestra Iberia.
Ent. Miguel Ángel Perez e Maximino Fernández, Teatro Atalaia - XI Semana de Teatro Amador 23.04.2019 6:24
Hoxe terá lugar a segunda xornada da XI Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Nesta ocasión a cita será co teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui que estrea a comedia “Nin fe nin café”.
Ent. Enrique Cabaleiro, do PSdG-PSOE - Rolda abril 22.04.2019 24:02
Dentro da rolda de conversas cos grupos políticos da corporación hoxe estivo na nosa sintonía Enrique Cabaleiro, voceiro do grupo socialista.
Ent. CAI Espazo Xove - XI Semana de Teatro Amador 22.04.2019 12:09
Ás 19.00h desta tarde da comezo no Teatro Municipal de Tui a XI edición da Semana de Teatro Amador a cargo da Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove de Tui. Alejandro, Sandra, Rafael, Nuria, Sara, Fátima, Nadia, Javier, Alexia forman o elenco da obra baixo a dirección de Laura Villaverde. Estrearán a obra “Futuro, amor e outras movidas”, unha obra propia na que falan sobre as inquedanz...
Ent. Carlos V. Padín, Antonio Castro, Javier Antoñón, JM ARca, Ángel Colsa e Ramón Docampo - Apertura rúa Ourense 17.04.2019 31:52
Mañá ás 18h terá lugar a apertura da rúa Ourense logo das obras executadas nos últimos meses. Así o anunciou hoxe na nosa sintonía o alcalde, Carlos Vázquez Padín. Estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, o arquitecto municipal e director da obra, Javier Antoñón, o oficial xefe da Policía Local, José Manuel Arca, e polos enxeñeiros da empresa Nortap Ángel Colsa e Ramón Doc...
Ent. Tito Gómez e Mª Antonia Elizalde - Actos homenaxe a Don Ricardo 17.04.2019 13:50
Este domingo terá lugar a inauguración do torso de Don Ricardo García no Paseo da Corredoira, dentro dos actos de homenaxe ao coengo tudense falecido hai dous anos. Hoxe faláronnos de cómo se xestou esta homanaxe e dos actos previstos Tito Gómez e Mª Antonia Elizalde.
Ent. Carlos Pérez-Fonterosa Antón , pregoeiro Festas de San Telmo 2019 17.04.2019 10:46
O tudense Carlos Pérez-Fonterosa Antón dará lectura este sábado, ás 19 h, ao pregón das Festas de San Telmo 2019. Será no acto previsto no Teatro Municipal de Tui. Emocionado falaba hoxe nosa sintonía o pregoeiro,explicando que o seu cariño por Tui foi o que o levou a aceptar esta proposta.
Ent. Patricia Moon - Concerto nas Festas de San Telmo 17.04.2019 8:56
Patricia Moon protagonizará este sábado, ás 22.30 h, o primeiro concerto das Festas de San Telmo. A viguesa presentará o temas do seu terceiro disco "Rock&Love" no Paseo da Corredoira.
Ent. Pablo Méndez - Espectáculo Quimera 17.04.2019 5:24
Dentro da programación das Festas de #SanTelmo Pablo Méndez Performances presenta o sábado ás 21.15 h o seu novo espectáculo "Quimera". Será na rúa Ourense, xa que por necesidades técnicas e espazo para público, apostouse por este emprazamento. O mundo máxico da natureza é o eixo central deste espectáculo que cativará ao público. Unha coidada selección musical, acróbatas, bailaríns... son elemento...
Ent. Andrea Costas, dtora de Arraianos - Premios da ruta TuiTapa 16.04.2019 8:14
Máis de 3 mil papeletas participaron esta mañá no sorteo da ruta TuiTapa celebrada ao longo do mes de marzo en establecementos tudenses coa organización do festival Arrianos. A súa directora, Andrea Costas, facía hoxe balance positivo desta iniciativa ao tempo que daba conta dos premios das tapas que onte entregaron xa a La de Manu, El Molino, Santiamén, co primeiro, segundo e terceiro premio, res...
Ent. Jesúz Vaz de Coplegal - Cartel da RMT 16.04.2019 3:41
A empresa Coplegal de Jesús Vaz e Manuel González realizaron un rótulo da Radio Municipal de Tui, que nos entregaron hoxe cando cumprimos 26 anos de Radio. Suso forma parte da familia da RMT xa que foi un dos locutores nos primeiros anos. Grazas!
Ent. Suso Vila, historiador - Presentación-visita do libro "O Teatro de Tui" 16.04.2019 13:04
O historiador tudense realizará mañá unha presentación-visita guiada do seu libro "O Teatro de Tui" sobre o Teatro Principal. A cita comezará ás 20 h na praza da Inmaculada e rematará na praza Fromista onde está o histórico teatro.
Ent. Jose Prada - Falecemento de José Antonio Corgo Jimmy 15.04.2019 3:56
Nas últimas horas falecía José Antonio Corgo "Jimmy", un histórico e peza vital do remo na cidade membro do Club Remo do Miño. José Prada, falounose precisamente desta perda, e do seu papel no remo tudense.
Ent. Mª Jesús Silva de APTUI - Rolda Abril 15.04.2019 15:02
Na rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal de Tui hoxe foi a quenda de Mª Jesús Silva, de APTUI, e concelleira de Urbanismo.
Ent. Jorge Fernándes de Casa DiMamma - Pizza solidaria pro Mozambique 15.04.2019 5:00
Hoxe dende ás 20.30 hora española na Tratoria Casa Di Mamma haberá un evento solidario Pro Mozambique. 30 pizzeiros de Portugal preparán pizzas que venderán ao prezo de 5€. Os cartos recadados serán doados a Cáritas con destino a Mozambique. Así nolo contou Jorge Fernándes. A solidariedade poderá ter premio xa que sortearán un bono de 5 días de vacacións en Portugal ou illas.
En. Marina Cruces - VI Cata de Colleiteiros de San Telmo 15.04.2019 6:46
O domingo 28, domingo de San Telmo, vaise celebrar a VI Cata de Colleteiros de San Telmo. Esta iniciativa busca por en valor o viño dos colleiteiros tudenses tanto de viños brancos coma tintos. Os que desexen participar deben deixar un par de botellas en Tapas e Viños, na praza de San Fernando, onde se vai celebrar a cata, até o sábado 27. Un panel de cata profesional será quen valore despois este...
Ent. Tino Baz - Cantares do Brueiro 12.04.2019 10:20
O obradoiro Cantares do Brueiro, que naceu en xaneiro de 2014, coa dirección do guardés Tino Baz, ofrece este domingo un concerto ás 19 h no Auditorio do Rosal. Hoxe Tino Baz falounos da actualidade do obradoiro e do concerto deste domingo. Sobre o escenario estarán entorno a 35 persoas que interpretarán música tradicional.
Ent. Uxío Benítez, deputado e dtor AECT Río Miño - Pres marca Río Miño 12.04.2019 4:58
Mañá ás 12.15h preséntase no parador de Turismo de Tui a marca turística Río Miño da AECT Río Miño. Hoxe Uxío Benítez, deputado provincial e director da AECT Río Miño explicaba que é esta marca que ofrece nun mesmo formato un destino de dous países.
Ent. Jorge Manuel Gonsalves, Presidente Irmandade Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia - Semana Santa 11.04.2019 10:52
Onte arrancaba a Semana Santa de Tui coa lectura do pregón a cargo do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela, na Capela das Reliquias na Catedral. Unha festividade que continuará este domingo, ás 11 da mañá coa procesión da beizón dos ramos seguida da Santa Misa. Retomaranse os actos o mércores até o vindeiro domingo de Resurreción.
Ent. Carmen Núñez, BNG -Rolda Abril 11.04.2019 17:39
Continuamos coa última rolda de entrevistas dos grupos políticos da corporación municipal antes das eleccións do 26 de maio. Hoxe foi a quenda da voceira do BNG e cabeza de lista para as eleccións, Carmen Núñez.
Ent. Pablo Ojea, Marisa Lagos e Maria José González - Rally Clásico do Atlas 11.04.2019 9:27
Mañá arranca o Rally clásico do Atlas, unha aventura que levará a afeccionados do motor a Marrocos cun fin solidario. Nos próximos sete días recorrerán os pobos e pequenas do Atlas marroquí con coches clásicos e todoterreos con ao menos vinte anos de antigüidade. Será unha competición dura, na que participan membros dos equipos a Parranda e Galicia Ride, que estiveron connosco esta mañá para conta...
Ent. Rafael Sánchez Bargiela - Semana Santa de Tui 10.04.2019 10:01
A Capela das Reliquias na Catedral acolle as oito desta tarde a lectura do Pregón da Semana Santa, a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense. O propio pregoeiro falaba na nosa sintonía esta mañá da Semana Santa tudense.
Ent. Amalia Otero e Maria Bravo, profesoras IES San Paio - Programa Erasmus + 10.04.2019 13:40
A internacionalización e a profesionalización da docencia son os pilares do proxecto do grupo de traballo Erasmus + do IEs San Paio formado por 6 profesores. Dentro deste programa traballan sobre 3 eixos, a Eurocidade, a introdución de novas metodoloxías nas aulas, e a interculturalidade e biodiversidade no centro educativo.
Ent. Miguel Capón de ALT - Rolda Abril 10.04.2019 21:16
Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense, estivo hoxe no programa Día a Día dentro da rolda de conversas cos grupos políticos que iniciamos o luns. Valorou os catro anos desta corporacións, e se referiu tamén á decisión do seu grupo de non presentarse ás próximas eleccións municipais.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.