Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Martínez Tato, presidente do Club Andatui - XVI Andaina Tudense Solidaria 08.05.2019 7:13
O vindeiro sábado 18 terá lugar a XVI Andaina Tudense Solidaria cun percorrido de 26 km. A saída será ás 10.00h no Centro Interfederado con dirección a Areas. Serán 13 kilómetros de subida, con parada preto das 13.30h na Capela de San Xian. Despois será a baixada doutros 13 kilómetros.
Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui e C21 - Rolda Abril 08.05.2019 25:17
Hoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui coa entrevista con Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui e voceiro de c21. Con el fixemos balance destes catro anos.
Ent. Michigan - Actuación con Javier Gurruchaga 08.05.2019 7:00
Michigan actuou o domingo de San Telmo xunto a Javier Gurruchaga, un dos seus ídolos, interpretando "Viaje con nosotros". No programa "Día a Día" contounos como foi esta experiencia que non esquecerá e tamén dos seus proxectos.
Ent. Suso Pando - Documental sobre o pintor Antonio Fernández 07.05.2019 12:19
Hai tempo que o actor Suso Pando se meteu na pel do pintor Antonio Fernández dándolle vida na peza teatral elaborada dentro dos actos de homenaxe co gallo do 132 aniversario do nacemento do pintor realizados en 2014. Agora púxose ao fronte dun equipo para dirixir un documental sobre o pintor Goianés que foi estreado o pasado domingo. Hoxe falounos de cómo se xestou o proxecto e da acollida que tiv...
Ent. Santiago Fernández Dávila - Polémica tesoureiro 07.05.2019 13:12
O voceiro do PP de Salceda, Santiago Rodríguez Dávila, referiuse hoxe na nosa sintonía á polémica xurdida nos últimos días en Salceda entorno á convocatoria dunha praza de tesoureiro de habilitación nacional, que non recibiu o respaldo da oposición en pleno.
Ent. Mila González, voceira CsT - Rolda Abril 06.05.2019 17:45
Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos municipais presentes na corporación municipal de Tui que iniciamos en abril. Esta mañá foi a quenda de Mila González, voceira de CsT, e concelleira de Educación, Mercado, Persoal e Formación e Emprego.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Documental "A arte da humildade" 03.05.2019 9:52
Na mañá de hoxe a alcaldesa de Tomiño falou na nosa sintonía do documental "A arte da humildade" sobre o pintor Antonio Fernández, que se vai estrear este domingo no Auditorio de Goian. Aproveitou ademáis a ocasión para falar doutros asuntos da actualidade de Tomiño.
Ent. José Romero e Pedro Romero, B&A Formación - Curso de Iniciación á Robótica do Espazo Xove 02.05.2019 15:45
O próximo xoves dará comezo no Espazo Xove de Tui un curso de iniciación a robótica, gratuíto. Estará impartido por José Romero e Pedro Romero de B&A Formación. Contará dunha parte teórica e unha práctica e ademáis construirán o seu propio robot. É un curso básico para persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos que queiran iniciarse no mundo da robótica.
Ent. Marina Cruces - VI Cata de Colleteiros de San Telmo 02.05.2019 10:21
Tras dous anos de parón o domingo de San Telmo celebrouse a VI Cata de Colleiteiros, na que participaron 13 colleteiros, e cataron 16 viños. Marina Cruces, promotora desta actividade, daba conta dos premios outorgados a tres viños brancos e tres tintos. Gañadores brancos: 1.Furancho Trigal de Caldelas; 2. Antonio Campero de Pazos de Reis e 3. Serafín Ocampo de Caldelas Gañadores tintos: 1. Alberto...
Ent. Alberto Montes Rajoy, Seminario Menor - 60 Anos da colocación da imaxe da Virxe no claustro 02.05.2019 5:11
O Seminario de Tui continua a programación de actividades coas que está a celebrar o seu 60 aniversario. Hoxe mesmo celebran o 60 aniversario da colocación e beizón da imaxe da virxe ubicada nun dos claustros do Seminario. Os actos, dende ás 13 h, son presididos polo bispo da diocese de Tui-Vigo. A imaxe da Virxe é obra do canteiro Quinteiro, de Ponteareas.
Ent. Alberto Romer, Asoc Muiñeiros do río Tripes - Os Nosos Fariñeiros 30.04.2019 7:43
Mañá celébrase nos muíños do río Tripes a festa de Os Nosos Fariñeiros: burros e muíños. Actuacións de grupos tradicionais, muiñada, explicación dos muíños, percorrido polos sendeiros,... Alberto Romer deunos conta das actividades previstas.
Ent. Julia Rodríguez - Concursante Recantos no Luar 26.04.2019 7:55
"Caminito" é o tema que interpretará o próximo venres no programa Luar no concurso Recantos Julia Rodríguez. Hoxe falounos de cómo se prepara para esta actuación.
Ent. Carlos Alfaya, dtor Garabullada - XI Semana de Teatro Amador 26.04.2019 6:14
Mañá ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui a obra "O segredo de Daniel" da man do grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe. Hoxe Carlos Alfaya, o seu director falounos da obra. As entradas poranse á venda ás 18.30 h ao prezo de 1,5€.
Ent. Andrés Urseira, Jacobo Pérez, Luís Pimentel, Mª Rosa Moreira - Feira dos Cabalos de San Telmo 26.04.2019 16:49
Miles de persoas achegaranse o próximo luns á Feira de Cabalos de San Bartolomeu, unha cita centenaria e tradicional nas festas de San Telmo. Poni club, doma clásica, exhibición de doma en alta escola, competición de potencia de salto a cabalo son parte das actividades previstas.
Ent. Juana Dávila e Tino Gándara - Grupo de Teatro San Fins con "Bar Manolo" 26.04.2019 3:59
"Bar Manolo" é o título da comedia que esta noite estrea o grupo de teatro "San Fins" de Rebordáns na XI Semana de Teatro Amador. A cita será ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Ás entradas poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.
Ent. José Martínez Tato, AndaTui - Andaina de San Telmo 26.04.2019 5:28
Mañá sábado ás 10 h sairá do palco da música da Corredoira sairá a Andaina de San Telmo para realizar un percorrido por Tui que pasará pola Catedral, a igrexa de San Telmo, o camiño de Sierpes, San Bartolomeu, a Veiga do Louro, Paramos, Guillarei, a Senda do Lagartón, e regreso a Tui. A inscrición está aberta ata hoxe ao mediodía en http://ow.ly/mUXV50scIk6. O prezo é de 6€, e ao remate haberá pet...
Ent. Montserrat Palacios, soprano e etnomusicóloga e Llorenç Barber, compositor e artista sonoro -Badaladas de San Telmo 26.04.2019 21:40
Este domingo ás 18.00h terá lugar en Tui o concerto “Badaladas de San Telmo” dende varios campanarios da cidade. Na mañá de hoxe a soprano e etnomusicóloga, Montserrat Palacios e o compositor e artista sonoro Llorenc Barber estiveron na nosa sintonía para falarnos do concerto e das particularidades das campás que van a soar este domingo.
Ent. Javier Gurruchaga - Concerto nas Festas de San Telmo 26.04.2019 11:15
Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón estarán en concerto este domingo, 28 de abril, ás 22.30 h na rúa Ourense dentro das Festas de San Telmo. Repasarán grandes éxitos como "Viaje con nosotros" que forman parte dos 40 anos de traxectoria que levan nos escenarios.
Ent. Micalip's e Factor 50 - Concerto nas festas de San Telmo 26.04.2019 10:50
Hoxe venres a partir das 22 h os grupos MiCalip’s e Factor 50 actuarán no Paseo da Corredoira. Carlos Cerqueira, Braian Fernández e Felipe Mejía, membros MiCalip’s , explicaronnos que van interpretar cancións de diversos estilos, con versións doutros grupos. Mentres Factor 50, grupo que nace a comezos deste ano achegará temas propios dun estilo moi particular como explicaba Adrián, un dos membros...
Ent. José Moliner - Apertura primeiro outlet de xoguetes de Galicia 26.04.2019 8:33
No Porriño, no poligono da Granxa, abrirá mañá sábado, 27 de abril, novamente a empresa Moliner, que coma novidade presenta o primeiro outlet de xoguetes de Galicia. José Moliner, o seu xerente contounos cómo será este novo establecemento. No mesmo terán unha parte outlet de xoguetes, que garante o prezo máis baixo que on line, pero continuarán tamén co seu negocio tradicional de menaxe de fogar....
Ent. Areta Bolado, directora de Chirlomirlo - XI Semana do Teatro Amador 25.04.2019 2:25
Hoxe terá lugar a cuarta xornada da XI Semana de Teatro Amador e a compañía Chirlomirlo da Asociación Xuntanza de Randufe vai representar a obra "Miles gloriosus". Será ás 21.00h no Teatro Municipal de Tui.
Ent. Marisa Giráldez, pta Bádminton Tui - Finais Autonómicas do Programa Bádmiton+ 25.04.2019 6:19
Este sábado temos cita co bádminton en Tui. De 10 a 14h celebrarase unha concentración galega de sub15 e sub17, e xa dende ás 16h celebraranse as finais Autonómicas do Programa Bádmiton+, da Federación Española de Bádmiton. Así nolo contou Marisa Giráldez, do Bádminton Tui.
Ent. Blas Cantó, cantante - Concerto San Telmo 2019 24.04.2019 9:09
Este sábado ás 23.00h terá lugar na rúa Ourense o concerto de Blas Cantó. Chega a Tui tralo éxito dos traballos do último ano, o single ” El no soy yo”, co que conseguiu disco de ouro e de platino, mais de 51 millóns de reproducións no videoclip oficial en Youtube, e número 1 na lista dos 40 Principales, e o seu primeiro álbum “Complicado” co que nunha semana logrou ser número 1 na lista de máis v...
Ent. Lorenza Pazo e Yerai Vergara, de Teatro Aloia - XI Semana de Teatro Amador 24.04.2019 4:29
O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea ás 21h no Teatro Municipal de Tui “Tres sombreiros altos" dentro da XI Semana de Teatro Amador. Da mesma faláronnos hoxe Lorenza Pazo e Yerai Vergara. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€. ?
Ent. Milucho Romero e Manolo Rodríguez, Banda de Gaitas de S. Xoán de Paramos - V Encontro de Bandas de Gaitas 24.04.2019 12:14
Este sábado a Praza de San Fernando acolle o V Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui As 21.30h da noite preto de 130 músicos tomaran Tui cun pasarúas até chegar, preto das 22.00h, a Praza de San Fernando para dar comezo ó concerto. Na edición deste ano participan a Píntega Marela de Madrid e os Coribantes de Buchabade de Pontearease, como banda anfitrioa participa a Banda de Gaitas de San Xoá...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.