Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
26M Ent. Carlos Vázquez Padín, candidato á alcaldía por C21 22.05.2019 26:30
Carlos Vázquez Padín, candidato á alcaldía por Converxencia 21 foi entrevistado esta mañá na rolda de conversas que estamos a manter cos números 1 dos seis partidos que se presentan ás eleccións do 26M en Tui.
Ent. Fran Nanda e Guillermo García "Willy" - Gala En Pé Paramos 21.05.2019 15:31
Este venres dende ás 20.30 h celébrase no Anubis a gala benéfica "En Pé Paramos". Fran Nanda e Guillermo García "Willy" déronnos conta das actuacións que poderemos disfrutar. As entradas están xa á venda en distintos establecementos ao prezo de 10€.
26M Ent. Carmen Núñez, candidata do BNG Tui 21.05.2019 25:37
Na rolda de conversas cos candidatos á alcaldía de Tui hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, a nº1 do BNG.
Debate Electoral 26M Tui 20.05.2019 2:10:06
Os candidatos e a candidata á alcaldía de Tui participaron na nosa sintonía nun debate electoral co gallo das eleccións municipais do 26M. Moderado por Jose Font participaron José Ángel Fernández Rodríguez do Partido Popular de Tui; Enrique Cabaleiro González do PSOE TUI; Carlos Vázquez Padín de Converxencia 21 - Tui; Carmen Núñez Méndez do Bng de Tui; Juan Miguel Diz Guedes de Cs Tui e Laureano A...
26M Ent. Laureano Alonso, candidato En Marea 20.05.2019 26:57
Laureano Alonso, candidato á alcaldía de Tui por En Marea, compareceu hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas cos candidatos de Tui.
26M Ent. Juan Miguel Diz Guedes de Ciudadanos 20.05.2019 26:07
Comezamos a rolda de entrevistas cos candidatos á alcaldía de Tui. Hoxe acompañounos Juan Miguel Diz Guedes, nº1 de Ciudadanos.
Programa Especial Día das Letras Galegas 17.05.2019 1:48:34
Neste 17 de maio na Radio Municipal de Tui fixemos un programa especial co gallo do Día das Letras Galegas. Achégamonos á XXII Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira en Tui. Falamos co Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, coa escritora Iria Misa, que leu o pregón deste ano, con Pili Fernández da Librería Iris e con Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel. Coñecemos a figura de Antón Fragu...
Ent. Paula Solla, Francisco Lana e Salvador García - En Pé Paramos Gala Benéfica 16.05.2019 14:15
O próximo venres, 24 de maio, precisamente un día despois de cumprirse un ano da explosión de Paramos, vaise celebrar en Tui a Gala benéfica “En pé Paramos” na discoteca Anubis. Serán máis de 3 horas de música, humor e sorpresas co fin de recadar fondos para os afectados pola traxedia.
Ent. Lino Martínez, XVIII Romaría do Cabalo 16.05.2019 11:47
Este fin de semana celébrase a décimo oitava edición da Romaría do Cabalo da peña cabalar Valle del Louro Dará comezo o venres ás 21.30h cunha cea e gincana con premios para os gañadores. A partir das 12 haberá música coa actuación dun DJ. A fin de semana serán os pratos fortes da cita, que comeza o sábado co RAid e pola tarde ruta cabalar, pola noite haberá un espectáculo de Miron Bococi e actuac...
Ent. Manuel Lage, organizador - I Encontro Volkswagen Ibérico Tui- Valença 16.05.2019 4:48
42 escaravellos de Galicia e Portugal participarán esta fin de semana no I Encontro Volkswagen Ibérico Tui- Valença. O sábado será en Tui, cunha programación que arranca ás 16.00h coa recepción dos vehículos Volkswagen escaravello, depois subirán o Monte Aloia e a partir das 20.00h volverán a Tui. O domingo o evento transcorrerá en Valença, a partir das 10.00h (HP) coa visita pola muralla, ás 11.1...
26M Ent. Jorge Lima, nº2 do Partido Popular de Tui 16.05.2019 22:19
Completamos a rolda de conversas cos membros das seis candidaturas que concorren ás eleccións municipais en Tui con Jorge Lima, nº2 do Partido Popular. Os temas que tratou foron Cultura e Deporte, Turismo, Servizos Sociais, Patrimonio Cultural e Natural e Eurocidade.
Ent. Mané Villa, pte A.C. Pintor Antonio Fernández - Pres libro “Historia da navegación de cabotaxe no río Miño” 15.05.2019 6:57
Este venres, ás 19 h, preséntase na cantina do Centro Goianés o libro “Historia da navegación de cabotaxe no río Miño” do tudense Ernesto Iglesias Almeida. O acto está organizado pola Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, dentro da iniciativa que levan a cabo cada ano de publicar un libro co gallo do Día das Letras Galegas. Falounos desta publicación Mané Villa, presidente da Asociación Cu...
Ent. María Cabaleiro, Andrés Cordeiro e Paula Estévez - Campaña crowfunding para edición de libros 15.05.2019 15:25
A tudense María Cabaleiro, Andrés Cordeiro e Paula Estévez, xunto Hugo Fernández, forman a empresa Micogalicia Plantae SL asociada á Universidade de Vigo. Hoxe presentáronnos no programa Día a Día o libro coloreable “A miña primeira guía micolóxica: macrofungos micorrícicos”. Tamén nos explicaron a campaña de crowfunding que teñen en marcha para poder editar tres libros máis que completan a colecc...
26M Ent. Yolanda Rodríguez, nº2 PSOE Tui 15.05.2019 22:37
Yolanda Rodríguez, a nº2 da lista do Partido Socialista en Tui foi entrevistada hoxe no programa Día a Día dentro da programación especial co gallo das eleccións do 26M. Os temas que abordou foron Cultura e Deporte; Turismo; Servizos Sociais e Emprego e Vivenda. Patrimonio Cultural e Natural
26M Tui Ent. José Manuel Palacín, nº3 Converxencia 21 14.05.2019 22:08
No tempo de entrevistas co gallo das eleccións do 26M hoxe falamos con José Manuel Palacín, nº3 de Converxencia 21 en Tui. Os temas abordados foron Cultura e Deportes; Servizos Sociais; Emprego e Vivenda; Principais problemas de Tui e solución aportada e no caso de non haber maioría absoluta cal sería súa postura ou dispoñibilidade para formar goberno.
26M Ent. Paula Álvarez, nº2 de En Marea Tui 13.05.2019 18:44
Paula Álvarez, nº2 de En Marea Tui, foi entrevistada hoxe no programa Día a Día. Os temas que abordou foron Urbanismo, Patrimonio cultural e natural, Emprego e vivenda, e cales son os prinicipais problemas de Tui e solucións, e cara onde ten que camiñar Tui
26M Ent. José Martínez Tato, nº2 BNG 13.05.2019 18:24
O nº2 do Bloque Nacionalista Galego, BNG, en Tui, José Martínez Tato foi entrevistado no programa Día a Día dentro da rolda de conversas que estamos a manter esta semana de cara as eleccións municipais. Os temas que abordou foron Cultura e deporte; Turismo; Servizos Sociais; Emprego e Vivenda e Eurocidade
Ent. Luís Pimentel de Equigalia - Concurso de Saltos 10.05.2019 4:59
Este domingo no club hípico Equigalia, en Pexegueiro, celébrase a primeira das catro probas da Liga Galega Interclubs de Saltos. Será dende ás 10 h e contan con preto de 200 inscritos. Esta mañá deunos os detalles Luís Pimentel de Equigalia.
500 alumnos participan hoxe na X edición de Tui Le 10.05.2019 2:36
Na mañá de hoxe déronse cita no Pavillón do IES San Paio con motivo do X Tui le os alumnos de dez centros tudenses, os CEIPs nº 1 e 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, e Rebordáns, o CRA Mestra Clara Torres, o Seminario Menor de Tui e os IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio.
26M Ent. Manuel González Vázquez, nº 2 de Ciudadanos, C's Tui 10.05.2019 21:35
Hoxe comezamos a quenda de entrevistas cos partidos políticos que concorren ás eleccións municipais do 26M. Na nosa sintonía estivo esta mañá Manuel González Vázquez, nº 2 de Ciudadanos. Os temas abordados foron Cultura e Deporte; Patrimonio Cultural e Natural, Servizos Sociais; Emprego e vivenda.
Ent. Alba Fernández Fiuza de GIES 10 - Cómo favorecer a autonomía en educación infantil 09.05.2019 8:33
Alba Fernández Fiuza do grupo de investigación GIES 10 da Universidade de Vigo falou hoxe no programa Día a Día de "Cómo favorecer a autonomía en educación infantil"
Ent. María Meijide, artista plástica, Eduardo Freiría, concelleiro de cultura - Exposición María Meijide 09.05.2019 7:46
Este sábado, 11 de maio, ás 19.00h terá lugar na Sala de Exposición da Área Panorámica, a apertura da exposición de María Meijide, artista plástica, creadora do calendario da Eurocidade Tui-Valença.
Ent.Laura Villaverde, actriz e Eduardo Freiría, concelleiro Cultura - CDG con Neoretranca e posmorriña 09.05.2019 11:18
A tudense Laura Villaverde é unha das dez actrices que mañá estarán sobre o escenario do Teatro Municipal formando parte do elenco de "Neoretranca e posmorriña". Trátase da última montaxe do Centro Dramático Galego. Hoxe falounos da obra xunto a Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura de Tui. A cita será mañá venres ás 20.30 h. As entradas están xa á venda en www.culturatui.info ou mañá dende ás 1...
Ent. José Mª Lores, profesor IES San Paio - X Tui Le 09.05.2019 6:04
Mañá celébrase a décima edición de Tui Le no pavillón do IES San Paio de 9.15 h a 13.15h coa participación do alumnado de dez centros educativos tudenses: os CEIP’s nº1 e nº2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, o CRA Mestra Clara Torres, e os IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio. Serán máis de 500 alumnos e alumnas os que ao longo da mañá, xunto ao profesorado, fagan visible co seu trab...
Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral - Exposición sobre a ofrenda do Antigo Reino de Galicia 09.05.2019 6:11
Dende onte a capela das Reliquias da Catedral de Tui acolle unha exposición informativa "350 aniversario da institución da ofrenda ao Santísimo do Antigo Reino de Galicia". É unha mostra itinerante que percorre as sete antigas capitais. En Tui poderá visitarse durante quince días.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.