Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Loli Castiñeira, candidata á alcaldía de Salceda- Negociacións para formar goberno 05.06.2019 7:36
Loli Castiñeira, candidata a alcaldía por Movemento Salceda, tralo anuncio da renuncia de Marcos Besada, deu conta do primeiro encontro entre Movemento Salceda e o Partido Socialista, asegurando que o primeiro de todo e Salceda e os intereses dos seus veciños, primando o sentido común.
Ent. Verónica Tourón, candidata á alcaldía PSOE Salceda - Negociacións para formar goberno 05.06.2019 7:51
En pleno proceso de negociacións para formar equipo de goberno, esta mañá falamos con Verónica Tourón, voceira do PSOE de Salceda, sobre como están a transcorrer as reunións cos demais partidos.
Ent. Carlos Vázquez Padín de C21 - Valoración 26M 05.06.2019 20:08
Carlos Vázquez Padín, actual alcalde en funcións, foi o candidato á alcaldía de Tui por C21, tras o resultados obtidos o 26 de maio renuncia a súa acta de concelleiro e deixará a política activa. Hoxe recoñecía que eses resultados, cun só concelleiro, foron malos. Afirmaba que agardaban un resultado mellor tras o traballo realizado o último ano e medio, onde afirmaba se sentaron as bases para un c...
Ent. Alfonso Ferreira, Secretario Iacobus, Juan José Sánchez, Presidente Iacobus - Forum Peregrino 04.06.2019 11:57
Esta fin de semana celébrase o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus. Será na antiga cárcere de Tui, na rúa Seixas. Esta mañá o secretario e o presidente de Iacobus nos detallaron a programación.
Ent. Sandra Gonzalez, alcaldesa de Tomiño - Mercado en Londres e outros 04.06.2019 11:26
A alcaldesa en funcións de Tomiño, Sandra González, viaxará mañá a Londres para participar 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos. Este foi un dos asuntos dos que falou hoxe no programa Día a Día con Jose Font, onde tamén fixo balanzo dos resultados do 26M e deu contra doutros proxectos en marcha.
Ent. Chus de la Torre, Marcos Sanromán, Aquilino Perez, Vera Carral, Mafalda Fontán , Viki Rodriguez - 50 anos CEIP Nº 1 03.06.2019 8:17
Este ano o CEIP número 1 celebra o seu 50 aniversario polo que levan todo o curso traballando en varias actividades. Concretamente este mércores teñen unha xornada de festa e reencuentro con varias actividades o longo de todo o día.
Ent. 030619 Laureano Alonso de En Marea - Balanzo resultados 20M 03.06.2019 11:46
Laureano Alonso, nº1 de En Marea, valorou hoxe os resultados das eleccións municipais do 26M, onde obtiveron un concelleiro na próxima corporación. En Marea acordou o pasado venres en asemblea a constitución dunha comisión negociadora integrada por 3 persoas para establecer diálogo co Partido Socialista tras o ofrecemento realizado polo seu líder, Enrique Cabaleiro, para formar parte do goberno mu...
Ent. Marcos Besada, Movemento Salceda - Renuncia acta de concelleiro 03.06.2019 9:43
Tralos resultados obtidos o pasado domingo nas eleccións municipais, nas que o PP obtiña 6 concelleiros, Movemento Salceda 4 e o PSOE 3, o candidato a alcaldía por Movemento Salceda anunciou a pasada semana a súa renuncia a súa acta de concelleiro de cara a tomar de posesión do 15 de xuño.
Ent. Alumnado Maristas - Día Mundial Sen Tabaco 31.05.2019 6:13
Co gallo do Día Mundial sen Tabaco, o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui levou a cabo unha serie de obradoiros nos centros educativos, traballando precisamente sobre este día. Hoxe puidemos escoitar na voz do propio alumnado unha serie de cartas que elaboraron dirixidas a algúns familiares. Mauro, Claudia, e Alba.
Ent. Víctor Coyote, músico - Presentación EP Cumbia de Milagro 31.05.2019 17:33
O tudense Víctor Coyote presentou hoxe no programa Día a Día o adianto do seu novo disco. O avance chega en forma de EP baixo título de "Cumbia de Milagro" con tres cancións "Cumbia de Milagro", "Costa Nova" e "Es tarde".
Ent. Pablo Castiñeira, director Vella Escola - Cultura Urbana no Espazo Xove de Tui 30.05.2019 8:03
Mozos e mozas de entre 14 e 30 anos poderán desfrutar en Tui de tres xornadas de cultura urbana impartidas pola asociación Vella Escola. As modalidades que se van a impartir son as referidas ó hip hop, cunha xornada centrada no Beatbox, outra de Dj e outra de rap.
Ent. Julia Rodríguez - Programa Recantos do Luar 30.05.2019 10:44
Julia Rodríguez participará mañá novamente no programa Luar da TVG na segunda rolda da quinta fase do concurso Recantos. Interpretará o "Vals das bolboretas" sobre á 1.15h. Queda unha rolda máis na que se decidirán aos finalistas.
Ent. Juan Miguel Diz Guedes, nº1 Ciudadanos - Valoración 26M 30.05.2019 14:10
Juan Miguel Diz Guedes, nº1 de Ciudadanos, valorou hoxe o resultado das eleccións municipais do pasado domingo onde lograron 2 concelleiros. Recoñecía que agardaban maior apoio con até 4 representantes.
Ent. María Meijide, ilustradora- Exposición de pintura en Tui 29.05.2019 8:50
A artista plástica María Meijide estivo esta mañá na nosa sintonía para falar da súa exposición que recolle obras como o calendario da Eurocidade Tui- Valeça e o seu proceso de elaboración entre outras. A exposición remata este sábado.
Ent. José Ángel Fernández, nº1 do PP - Valoración 26M 29.05.2019 10:50
O Partido Popular logrou este domingo nas eleccións do 26M dous concelleiros, perdendo dous con respecto á representación que obtivera en 2015. Hoxe o seu nº1 José Ángel Fernández valoraba estes datos.
Ent. Mercedes Martín, Verde Azul Aventuras - Campaña de recollida de plásticos no rio Miño 29.05.2019 12:17
Co gallo do Día do Medio Ambiente que se celebrará o vindeiro 5 de xuño, a empresa Verde Azul Aventuras organiza a segunda campaña de recollida de plásticos no Río Miño este sábado día 1. Pola mañá limparase a beira do río a pé e pola tarde en kaiak.
Ent. Juanjo Sánchez e Alfonso Ferreira, Iacobus, Xosé Martínez Tato, Andatui- Andaina 28.05.2019 12:25
Este sábado a Asociación Iacobus celebra dúas andainas en colaboración con Andatui nas que percorrerán o Camiño portugués no seu tramo de Caminha a Tui. Haberá dúas modalidades, unha de 30km, que irá dende Caminha até Tui e outra de 17 km de Vilanova de Cerveira até Tui.
Ent. Enrique Cabaleiro, nº1 do PSOE - Valoración resultados electorais 28.05.2019 11:56
O Partido Socialista gobernará con maioría absoluta nos próximos catro anos en Tui tras lograr este domingo uns resultados históricos con 9 representantes. Valoraba hoxe Enrique Cabaleiro, o seu nº1, estes resultados.
Ent. Montse Mon, presidenta da Asociación 1 Máis e Ana Vila, psicóloga de Anarela- Campamento "Xacobeo para todos" 27.05.2019 11:15
Na mañá de hoxe a Asociación 1Máis e Anarela estiveron na nosa sintonía para falar do campamento de verán "Xacobeo para todos. Este verán faite voluntario ou voluntaria". A próxima semana comezarán con charlas sobre voluntariado na Sala Félix da Área Panorámica de Tui.
Ent. Martín Peralta do Club Balonmán Tui - Fase final Copa División de Honra Xuvenil Masculina 24.05.2019 5:41
O novo pavillón de deportes de Tui acolle este sábado e domingo a fase final da Copa División de Honra Xuvenil Masculina de balonmán. O sábado 10.30h xogaranse as semifinais entre o Cisne Colexio Los Sauces - Seis do Nadal, e ás 12.30 horas Club Balonmán Tui- Laber Xiria. A final será o domingo ás 12.30h. Martín Peralta do Club Balonmán Tui facía un chamamento a encher o pavillón.
26M Ent. José Ángel Fernández, candidato PP Tui 24.05.2019 19:55
Hoxe completamos a rolda de conversas cos candidatos á alcaldía de Tui con José Ángel Fernández o candidato do Partido Popular.
Ent. Kike Biguri, Chemi Moreno, Luis Zahera, Paula Solla e Francisco Landa - Gala Benéfica En Pé Paramos 23.05.2019 20:37
Mañá día 24, celébrase na discoteca Anubis a Gala en Pé Paramos. Serán preto de 4 horas de espectáculo no que haberá música, baile e humor.
Ent. Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei- Un ano do 23M 23.05.2019 11:49
Hoxe cúmprese un ano da catástrofe de Paramos. Eran as 16.23 h do 23 de maio de 2018 cando unha explosión cambio a vida no barrio da Torre en Paramos. Hoxe Salvador García, presidente da Asociación de afectados, fixo un balance deste ano e dos actos previstos para esta tarde.
Ent. Julio Ferro, secretario xeral de AGAPEMA - Matemáticas na raia 23.05.2019 8:00
Este sábado e domingo Tui acolle a fase final do concurso “Matemáticas na raia” organizado pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA, e a Asociación de Profesores de matemática de Portugal, APM. Participarán 43 alumnos e alumnas de 9º da Escola Básica de Aroes de Santa Cristina de Portugal e de 3º da ESO do IES Nº1 de Ordes.
26M Ent Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía deTui polo PSOE 23.05.2019 29:00
Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía de Tui, polo Partido Socialista foi entrevistado esta mañá na nosa sintonía na quenda de conversas que estamos a manter cos nº1 dos partidos políticos que se presentan a estes comicios en Tui.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.