Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Primeiras horas na alcaldía 17.06.2019

Loli Castiñeira é a primeira alcaldesa de Salceda. O sábado foi investida coma rexedora tras un acordo in extremis co Partido Socialista para ter un goberno de esquerdas nos próximos catro anos. Catro anos de traballo compartido, que nos dous primeiros anos exercerá coma alcaldesa, e nos dous seguintes ocupará o cargo Verónica Tourón.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Primeiro día tras a investidura 17.06.2019

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, que continúa ao fronte do concello tomiñés explica que asume unha nova etapa con continuidade, con ilusión e con máis responsabilidade por ter logrado maior representación. Reunirse co novo equipo que entra no concello, reflexionar e continuar cos proxectos en marcha e cos 15 retos que plantexaron na campaña Como accións inmediatas sinalaba a biblioteca munici...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Primeiro día hábil do mandato 17.06.2019

Enrique Cabaleiro foi investido o sábado alcalde de Tui. Conta coa experiencia previa de ter sido alcalde entre 2015 e 2017, o que dicía esta mañá lle permite retomar o traballo que tiña quedado pendente, e é máis doado ao contar con esa idea previa do que había que facer no primeiro día na alcaldía. Enrique Cabaleiro explicou que hoxe están centrados na análise do persoal municipal onde hai unha...

Ent. Julián Iglesias - Actividades de Verán no Club Náutico San Telmo 14.06.2019

A celebración do San Xoán é unha das actividades previstas para este verán no Club Náutico San Telmo. Julián Iglésias daba conta deste evento, pero tamén avanzaba as vantaxes que terán os socios este verán coma a disposición de kaiak e táboas de padel gratuítas para socios, ou paseos en barco. Amais haberá o campamento de esquí para o que en breve abrirá o prazo de inscrición.

Ent. André Fernandes - VIII Feira das Tradiçoes de Verdoejo 14.06.2019

Esta fin de semana celébrase en Verdoejo, Valença a VIII Feira das Tradiçoes. Un dos atractivos será a exposición de xoguetes antigos con máis de 200 pezas, unha noite de fados, entre outras propostas, tamén gastronómicas.

Ent. Beatriz González, profesora CEIP Nº 2 de Tui - Aloiada 2019 13.06.2019

Esta mañá preto de 250 nenos e nenas de 6º de primaria de todos os colexios de Tui van a participar na Aloiada 2019, unha xornada de convivencia e actividades lúdicas, culturais e deportivas no entorno natural de Tui.

Ent. Julia Rodrúguez, concurso Recantos do Luar- Color Esperanza 13.06.2019

Mañá terá lugar a última rolda quinta fase do concurso Recantos do Luar, onde Julia Rodríguez cantará “Color esperanza” de Diego Torres. Actuará aproximadamente a unha e media da madrugada. Ao remate da súa actuación abriranse as liñas para a votación do público. Julia Rodríguez facía un chamamento a apoiala mañá xa que se xoga estar entre os catro finalistas.

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Paralización da máquinaria de glifosato 13.06.2019

Membros de Anabam, do Centro social Fuscalho e do Psoe de Oia protestaron onte contra o uso do Glifosato para a limpeza das marxes das estradas. Pola mañá percatáronse da presenza de maquinaria traballando con este herbicida, nun primeiro momento na Guarda e de camino a Oia, onde interromperon o seu paso onde estiveron preto de 2 horas. O mesmo ocorreu pola tarde no Rosal e en Tomiño.

Ent. Rubén López, dtor Conservatorio - Concerto de Fin de Curso 2018/19 13.06.2019

Ás 20.30 h no Teatro Municipal da Área Panorámica terá lugar o Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui. Explicaba Rubén López, director do Conservatorio, que o concerto deste ano será distinto ao de cursos anteriores, xa que no mesmo se plasmará o resultado do proxecto no que levan traballando coma é a estrea dunha Big Band. Interpretarán temas coma "Benny...

Ent. Elias Vieiro, Presidente do Tyde FC- Fase de ascenso 12.06.2019

Este domingo ás 18.00h o Álvarez Durán acolle a final da fase de ascenso na que o Tyde se medirá co Vilaboa logo de ter gañado no partido de ida 2-3. Esta mañá o seu presidente pediu óas afeccionados encher o campo para apoiar o equipo.

Ent. Xoan Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico - Electrificación da vñia entre Tui e Guillarei 12.06.2019

Adif ven de adxudicar a electrificación da vía ferroviaria de 5 km entre Tui e Guillarei. Este era o último tramo pendente dentro de Galicia para a mellora da conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal. Isto fará posible que Arriva poida enlazar A Coruña con Oporto en un tempo inferior.

Ent. José Quinteiro, SOS Tomiño Baixo Miño - Zampakilos Solidarios e XI Xantar Solidario 12.06.2019

Este venres e sábado levarase a cabo nos supermercados Eroski e Familia d Guarda unha campaña de recollida de alimentos co nome “Zampakilos solidarios”. Para levar a cabo esta campaña precisan neste momento 12 voluntarios. Ademáis o domingo terá lugar a XI Xantar Solidario para o que aínda quedan 20 prazas dispoñibles.

Ent. Laureano Alonso de En Marea - Negociación co PSOE 12.06.2019

Laureano Alonso considera que o ofrecemento realizado onte polo PSOE na reunion que mantiveron para negociar a entrada desta formación no goberno socialista é insuficiente. Mañá manterán un novo encontro.

Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Reunión con En Marea 12.06.2019

O Partido Socialista e En Marea reuníronse onte á tarde para abordar a posible entrada da segunda formación no goberno. O líder socialista Enrique Cabaleiro, considera que quedan flecos para pechar ese acordo. Reiteraba a súa intención de que calquera acordo de goberno, con En Marea e BNG, quede pechado esta semana antes da investidura deste sábado.

Ent. Xosé Martínez, Corazón de Carballo - Premios AGADER 10.06.2019

A Granxa Escola Musical de Corazón de Carballo foi galardoada nos Premios Agader de iniciativas de desenvolvemento rural na categoría de mocidade. Recoñécese con este premio o traballo que levan a cabo neste centro de ocio, tempo de lecer e servizos, que conxuga educación ambiental e educación artística con multitude de áreas de traballo.

Ent. Miguel Capón - 32 anos coma concelleiro en Tui 10.06.2019

Tras 32 anos como concelleiro na corporación municipal de Tui, un tempo no que ocupou tamén o cargo de alcalde, non estará presente na próxima corporación municipal, logo de que non se presentara ás eleccións. Hoxe fixemos con el balanzo destas tres décadas en política municipal de forma activa.

Ent. Antonio Lomba, nº1 PSOE A Guarda - Negociacións formación de goberno 07.06.2019

Dende o Partido Socialista, Antonio Lomba, actual alcalde en función, valoraba o primeiro encontro desta semana coma positivo, e na reunión do luns agardan comezar a concretar para lograr un goberno. Polo momento neste primeiro encontro non determinaron nin quen ocupará a alcaldía nin as competencias de cada partido. Para o Antonio Lomba, as liñas vermellas, que virían marcadas polo programas de c...

Ent. Anxo Baz do BNG A Guarda - Negociacións para a formación do goberno 07.06.2019

Esta semana Anxo Baz, o líder do BNG, reuniuse co nº1 tanto do PP, Roberto Álvarez Carrero, coma do PSOE, Antonio Lomba. Cos populares recoñecía esta mañá na nosa sintonía que non comparten criterios o que fai dificil chegar a acordos. Mentres cos socialistas na primeira reunión houbo dispoñibilidade de falar de ti a ti. O luns volverán reunirse.

Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Decisión Xunta Electoral Central 07.06.2019

O Partido Socialista terá finalmente oito concelleiros na próxima corporación municipal de Tui que tomará posesión o sábado 15 de xuño. A Xunta Electoral Central declarou nulo o voto emitido a favor do PP coa palabra sí escrita, e validou o voto a favor do PP nun sobre no que se introduciran dúas papeletas, unha delas tachadas. Deste xeito o PP obtivo o voto que lle da o terceiro concelleiro. Así...

Ent. Teresa Prieto e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - IV Festival de Corais e música tradicional 07.06.2019

A igrexa de San Domingos acolle mañá sábado ás oito da tarde o IV Festival de Corais e Música Tradicional organizado pola Coral San Telmo. Neste evento musical participarán a Escola de gaitas e percusión da Provincia de Pontevedra, a Coral Polifónica Mª Auxiliadora de Vigo, a Coral San Martín de Sotrondio de Asturias, o Grupo Lirolai do Rosal e a Coral San Telmo.

Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, ACITUI, Michigan, artista - IV Feira do Peregrino 07.06.2019

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui organiza esta fin de semana a IV Feira do Peregrino. A cita será na Praza de San Fernando, rúa Ordóñez e Paseo da Corredoira onde haberá até 15 postos con variedade de produto e actuacións musicais.

Ent. Carme Nuñez nº 1 Bng Tui - Valoracion 26M 06.06.2019

Carmen Núñez, nº1 do BNG de Tui valorou hoxe os resultados do 26M para a súa formación recoñecendo que non foron bos. Hoxe mesmo manterán unha reunión co PSdG, tras o ofrecemento de Enrique Cabaleiro para formar parte do goberno. Carmen Núñez recoñecía que lle gustaría volver a ser concelleira de Patrimonio, pero con condicións. Tamén avanzaba que formen parte ou non do goberno na sesión de invest...

Ent. Maximino Zumalave, dtor - No Bico un Cantar 06.06.2019

A voz de 500 nenos e nenas de Galicia e Portugal encherá mañá a praza de San Fernando na celebración de "No Bico un Cantar". Interpretarán “San Campio, romaría galega”, “Veira dó mar”, “Oh rama oh que rama linda”, “No Rego do Prado”, “San Campio, Romaría galega”, e “Maio longo”. Maximino Zumalave é o director deste evento musical que organiza o Consello da Cultura Galega da Conselleria de Cultura...

Ent. Santiago Dávila, candidato do PP á alcaldía de Salceda - Negociacións para formar goberno 06.06.2019

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Dávila, valorou esta mañá na nosa sintonía a posibilidade de pacto de goberno entre Movemento Salceda e o PSOE, o que os deixaría fora do goberno, a pesar de haber obtivo a maioría.

Ent. José Monte, vereador Valença - Rampa do Faro e Family Party 06.06.2019

Dúas citas destacadas unha co mundo do motor e outra para o público infantil haberá neste mes en Valença. A primeira será este sábado co regreso da Rampa do Faro. E do 20 de xuño ao 7 de xullo celebrarase a Valença 2019 Family Party. José Monte, vereador de Cultura e Deporte de Valença, deunos todos os detalles.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.