Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Xacobe Morais, adestrador A Quinta de Tui - I Torneo A Quinta de Tui 27.06.2019 9:23
Este sábado terá lugar o primeiro torneo A Quinta de Tui de futbol sala no que van a participar as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete do Santiago Futsal, O Baiña Fútbol Sala e como anfitrións A Quinta de Tui. Será un torneo de fútbol pero ademáis haberá unha xornada de convivencia.
Ent. Gemma Marqués, directora de La Casa Taller de A Guarda- Propostas para o verán 26.06.2019 6:25
Na Casa taller da Guarda teñen previstas varias actividades cunha programación especial para celebrar o seu 10 aniversario. Haberá exposicións, un campamento creativo, un curso de Instagram para creativos, e un retiro de Ioga e meditación entre outras actividades.
Ent. Manuel Pedrares, adestrador Kayak Tudense Axuda Paramos - Cursillos de Piragüismo 26.06.2019 6:49
O club Kayak tudense organiza cursillos de piragüismo para os meses de verán para que os rapaces poidan coñecer este deporte, O único requisito para poder participar é saber nadar e ter entre os 8 e os 14 anos.
Ent. Emilia Rosende, Lavandeiras de Rio Muiños- XXII Festa das Lavandeiras 26.06.2019 6:36
Este sábado a partir das 11 da mañá celebrase a vixésimo segunda festa das lavandeiras no Barrio dos Muiños. Como novidade este ano van a participar preto de 20 lavandeiras dunha asociación de Fene, na Coruña.
Ent. Xosé Manuel Álvarez, Rodrigo Otero, Xosé Manuel Sánchez- IES Indalecio Pérez Tizón 25.06.2019 15:36
Continúa aberto o prazo de reserva de praza para os ciclos formativos do Ies Indalecio Pérez Tizón, que conta co ciclo medio e superior de actividades comerciais e o medio de instalacións eléctricas e automáticas.
Ent. Andrea González, directora do IKFEM - IKFEM 2019 25.06.2019 7:55
Tui acolle do 14 ó 21 de xuño a sétima edición do festival IKFEM baixo o lema Music & Fashion con dúas importantes novidades nesta sétima edición, aumenta a súa duración, e o territorio que vai percorrer.
Joaquin Cadilla e Celso Fariña, Asociación o Pieuro - XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 24.06.2019 13:46
Do 11 ó 14 de xullo vai ter lugar na Guarda o XIV encontro de embarcacións tradicionais de Galicia. Será a primeira vez que as embarcacións realicen unha travesía en mar aberto para aproximarse ao escenario de celebración. O punto de encontro para as embarcacións do norte e as do sur será as Illas Cíes, onde pernoitará a frota para saír ao día seguinte cara á Guarda. Haberá ademáis outras activida...
Ent. Elías Vieiro, presidente do Tyde- Torneo Internacional de Fútbol de Versmold 24.06.2019 5:51
Este fin de semana os alevíns do Tyde despuntaron o Torneo Internacional de Fútbol de Versmold en Alemaña onde o Tyde quedou cuarto no torneo e o valenciano quinto.
Ent. Manuel González e José Manuel Presa - Galimpiadas 24.06.2019 6:57
Este sábado terán lugar en Caldelas as primeiras Galimpiadas. Haberá 6 probas: tiro da corda, ra, tute, pulso, dardos e futbolín que se disputarán entre os 8 equipos participantes.
Ent. Eduardo Méndez, director do campionato - VI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade 21.06.2019 5:35
Este domingo o Pavillón municipal de Tui acollerá a preto de 350 deportistas que van a disputar o VI Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade onde disputarán probas de Kung Fu tradicional e de Kung Fu Moderno.
Ent. Patricia Muñoz, Costa dos Castros- Réplica do petróglifo de Auga dos Cebros 21.06.2019 8:06
Mañá sábado comezan en Oia os traballos para a elaboración dun molde e réplica do petróglifo de Auga dos Cebros. Comezan cunha xornada de limpeza na contorna inmediata do gravado. Hai dispoñibles 5 prazas para veciñas/os que desexen axudar, este sábado a partir das 10 horas.
Ent. José Manuel Martínez, Cándida Cabaleiro, e Gonzalo González - XIII Festival de Corais de Verán 20.06.2019 9:13
A igrexa de San Domingos acolle este sábado ás 20.30 h o XIII Festival de Corais de Verán. Do mesmo faláronnos Actuarán a Coral da Asociación de Maiores de Mondariz, a Coral Polifónica de Tomiño, Xosé Manuel, teclista e a Coral Polifónica do Centro Sociomunitario de Tui que é a organizadora.
Ent. Simón Ubeira do Grovias Fútbol Gaélico - Xornada de Portas Abertas 20.06.2019 8:57
O Grovias Fútbol Gaélico está a realizar unha xornadas de portas abertas para dar a coñecer este deporte no Baixo Miño. Comezaron onte no campo do Regatiño en Goián, o próximo mércores estarán no Álvarez Durán en Tui, e xa en xullo no Rosal, A Guarda e Oia.
Ent. Ramón Mtnez, pte CM Randufe - Festa do Comuneiro 20.06.2019 4:17
A Comunidade de Montes de Randufe adiou para o domingo día 30 a festa do comuneiro que inicialmente se ía celebrar este domingo 23 no Alto do Coello. As previsión de choiva son as que os levaron a tomar esta decisión segundo explicaba o seu presidente Ramón Martínez.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración o BNG non entra no goberno 20.06.2019 3:53
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, repecta e pode entender a decisión tomada onte polo BNG en Asemblea de non entrar a formar parte do goberno preside. Porén lamentaba este acordo dos nacionalistas xa que considera que farían un bo traballo. O rexedor deixa a man tendida e as portas abertas para entrar no goberno se o BNG así o desexa máis adiante.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - O BNG non estará no goberno de Tui 20.06.2019 6:10
O BNG de Tui non entrará no goberno que preside o socialista Enrique Cabaleiro. Así o acordaron onte á noite tras un longo debate en asemblea, onde a decisión de non entrar no goberno tudense tivo só dúas abstencións e ningún voto en contra. Así o explicaba a voceira do BNG, Carmen Núñez.
Ent. Hugo Lage, Buguina Turismo - Visitas Guiadas Tui 19.06.2019 8:53
Este sábado dan comezo as visitas guiadas "Free Tour" por Tui organizadas por Buguina Turismo. Serán de venres a luns e haberá dúas modalidades, unha ás 11.00h centrada no legado xudeo, e outra ás 12.30h que percorre todo o casco histórico da cidade. Non é necesario inscribirse, simplemente estar a hora de comezo diante da Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando.
Ent. Antonio Blanco, delegado de Manos Unidas - 60 aniversario de Manos Unidas 19.06.2019 6:42
Cunha serie de actos na Catedral este sábado Manos Unidos celebrará o seu 60 aniversario en Tui. Comezarán ás 18 h cunha Eucaristía de apertura da celebración presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, co acompañamento musical de Nuria Peláez, e logo con concerto a cargo da aula de órgano do Conservatorio de Ourense con Nicolás Varela, Carmen Valugo, David Maceira, Marta Vázquez e Roque Már...
Ent. José Martínez Tato, presidente de Andatui - Andainas da Eurocidade 19.06.2019 6:52
O ciclo de andainas da Eurocidade acolle este sábado unha andaina que percorre tres concellos: Tui, Tomiño e Gondomar. Será unha ruta circular, de 9 km e dificultade mínima como eixo central, o Monte Tetón.
Ent. Cristina Fernández Piña do Club Natación Baixo Miño - Campionato de Espala de Natación con aletas 18.06.2019 7:54
A tudense Cristina Fernández Piña do Club Natación Baixo Miño participará esta fin de semana no Campionato de España de Natacións con Aletas que se vai celebrar en San Feliu de Guixols. Participará nas probas de 50 metros apnea con mono, 50 metros e 100 metros con dúas aletas
Ent. Anxo Baz, BNG de A Guarda - Primeiros días trala investidura 18.06.2019 5:09
Anxo Baz, voceiro do BNG da Guarda daba conta das súas sensacións dous días despois da investidura e tralo acordo co partido socialista que o converterá no tenente de alcalde. Apuntou que están moi ilusionados con este novo reto.
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia- Primeiros días trala investidura 18.06.2019 4:16
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, nos falaba de como están a transcorrer os primeiros días trala investidura, dos que dicía que continúan a traballar,con normalidade, nos proxectos xa previstos anteriormente.
Ent. Elías Vieiro, pte do Tyde - Ascenso a Primeira 17.06.2019 5:38
O Tyde certificou onte con victoria ante o Vilaboa por 4-1 o seu ascenso a Primeira Autonómica a próxima semana. Hoxe falamos co seu presidente Elías Vieiro.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Primeiro día tras a investidura 17.06.2019 2:04
Tras a investidura do pasado sábado a de hoxe está a ser unha xornada intensa para a nova alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís do BNG, que gobernará con maioría absoluta. Estas primeiras horas están a reunirse cos traballadores, buscando establecer a organización interna, pero tamén teñen xa as primeiras reunións de traballos sobre proxectos.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Primeiros días tras a investidura 17.06.2019 3:48
Antonio Lomba segue ao fronte do Concello da Guarda tras ser investido como alcalde o pasado sábado logo do acordo co BNG para gobernar en coalición. Explicaba que será a primeira vez que o equipo de goberno estará conformado por 10 concelleiros. Precisamente estes primeiros días serán para a reorganización interna de delegacións, espazos… prestando tamén atencióna próximos eventos que se van cele...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.