Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Monte e Guti Martín - Experiencias Blue Ways 10.07.2019 10:00
Experiencias Blue Ways é o título do programa de actividades entorno ao río Miño que se vai desenvolver no Parque de Nosa Señora da Cabeça en Valença do 16 ao 28 de xullo. Serán gratuítas e non será precisa inscrición previa. Haberá paseos en bicicleta, kaiak, barco, paddleboard... Así nolo contaron hoxe José Monte, vereador de Desporto de Valença, e Guti Martín de Sherpa Project.
Ent. Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal - XXVII Feira do Viño do Rosal 10.07.2019 7:51
Esta fin de semana celébrase no Rosal a XVII Feira do Viño que contará como pregoeira con Almudena Alberca, a primeira Master of Wine española. O acto inaugural correrá a cargo da alcaldesa e do conselleiro do Medio Rural, e numerosas autoridades confirmaron xa presenza. Presentarase a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal que nomeará aos seus primeiros confrades. Da feira falamos hoxe coa alc...
Ent. Tino Baz, cantautor - Novo disco "Se cantan es tí que cantas" 09.07.2019 13:04
Este xoves ás 23 h na Guarda, dentro da programación do Encontro de Embarcacións Tradicionais o cantautor guardés Tino Baz presenta en concerto o seu novo traballo "Se cantan es tí que cantas". Hoxe presentounolo no programa Día a Día.
Ent. Milucho Romero, CMVMC Areas - Andaina Nocturna coa lúa chea 09.07.2019 7:45
A Comunidade de Montes de Areas organiza para este sábado, 13 de xullo, a Andaina Nocturna coa lúa chea. Sairá ás 23h dende o Centro Cultural de Areas, para realizar un percorrido dunha hora polo monte veciñal. Ao remate os participantes gozarán dunha chocolatada con rosca. Forma parte do programa Verán no Monte.
Ent. Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda - Programación de Verán 08.07.2019 6:16
Está en marcha a programación de verán do Concello de Salceda que arrancou coa Feira Medieval e o Entroido de Verán. Mañá haberá cinema ao aire libre como explicaba o concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, quen avanzaba tamén os pratos fortes desta proposta.
Ent. José Manuel Quintana - Éxito de ascenso do Tyde a Primeira Rexional 05.07.2019 9:42
José Manuel Quintana, un home vinculado ao Tyde en moi diversos ámbitos, destacou hoxe na nosa sintonía o éxito do equipo que vén de ascender á Primeira Rexional. Trátase, explicaba, do éxito de toda unha xeración de xogadores nados na canteira do club que foi progresando ano a ano, e que a próxima temporada xogará en Primeira.
Ent. Conchi Sales e Verónica Morais e Manuel Fernández - Concurso de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira 05.07.2019 10:49
A Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui organiza dous eventos esta fin de semana. Mañá ás 20.30h no Pórtico da Catedral celébrase o V Concurso de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 20.30 h no Paseo da Corredoira o VI Día da Muiñeira. O sábado no certame renderase homenaxe ao gaiteiro tomiñés Manuel Fernández. Hoxe falamos con el e tamén con Conchi Sales e Verónica Morais da Asocia...
Ent. Argentina Sousa e Rui Ferreira - V Open de Judo Eurocidade 05.07.2019 7:46
120 judocas de Portugal e Galicia van participar mañá no pavillón municipal de Valença no V Open de Judo Eurocidade dende ás tres da tarde hora española. Déronnos os detalles Argentina Sousa , presidenta, e Rui Ferreira, adestrador do JuValença
Ent. Óscar Díaz, director deportivo do CB Tui - 1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Val 05.07.2019 4:59
Esta fin de semana celébrase o 1º Clinic Internacional de Entrenadores de Baloncesto Eurocidade Tui-Valença nos pavillóns municipais de Tui e Valença- Trátase dunha iniciativa da Asociación de Viana do Castelo e do CB Tui á que se sumaron a Eurocidade e a Federación Galega de Baloncesto.
Ent. Sonsoles Vicente Solla - Concelleira de Ensino e Cultura en Tui 05.07.2019 10:06
A fronte das áreas de Ensino e Cultura no goberno municipal de Tui está Sonsoles Vicente Solla, quen hoxe indicou que está emocionada e ilusionada nesta etapa coma concelleira. Hoxe deu conta dos obxectivos que plantexa nestes dous departamentos.
Ent. Alberto Magno Pereira de Castro - Presentación libro “Páginas Soltas de História de Valença do Minho" 04.07.2019 9:42
Alberto Magno Pereira de Castro presentará este sábado ás 16 hora española na Biblioteca Municipal de Valença o seu 18º libro titulado “Páginas Soltas de História de Valença do Minho. As instituçoes, as pessoas e os lugares”. No mesmo compila parte dos artigos publicados con carácter quincenal no Valenciano, e nos que aborda a historia de Valença. Así nolo explicaba esta mañá.
Ent. Toñin Martin e Xacobe morais - Campus de Fúbol Sala Toñin Martín 04.07.2019 13:08
Estase a celebrar en Tui o Campus de Fúbol Sala Toñin Martín coa participación de máis dun centenar de nenos e nenas. Contáronnos como se están a desenvolver Toñin Martin e Xacobe morais.
Ent. José Ramón Magán, concelleiro de Persoal, Seguridade e Protección Civil 04.07.2019 14:42
José Ramón Magán é o concelleiro de Persoal, Seguridade e Protección Civil. Repite ao fronte destas áreas que xa dirixiu en 2015. Hoxe contonounos as prioridades que fixa para estes 4 anos.
Ent. Lucía e Alberto Vázquez- 5Special 03.07.2019 11:24
5 Special é o nome da empresa especializada en roupa e accesorios de motos Vintage dos tudenses Lucía e Alberto Vázquez. Tras dous anos no mercado con deseño e fabricación dos seus produtos hoxe nos contaron en qué momento están. Veñen de estar nun evento de referencia en Francia, onde presentaron a súas creacións.
030719 Rafael Estévez, concelleiro de Deportes e Medio Rural - Delegacións 03.07.2019 10:35
Rafael Estévez é o concelleiro de Deportes e Medio Rural do concello de Tui. Hoxe falamos con el no programa Día a Día, destas dúas áreas, dos obxectivos e prioridades.
Ent. Ismael Rodríguez, coordinador do CD Caldelas - Xornada de Portas Abertas 03.07.2019 3:30
O CD Caldelas realiza este sábado unhas Xornadas de Portas Abertas para dar a coñecer a actividade que realizarán de cara a próxima temporada, na que van incorporar un equipo de xuvenís. Contan xa con 120 nenos no club e buscan novas incorporacións coma explicaba o coordinador Ismael Rodríguez.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Remodelación Avenida de Portugal 03.07.2019 8:13
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientaba hoxe que a remodelación da Avenida de Portugal, dará cumprimento a unha vella demanda da cidade, e será a antesala do inicio das humanizacións que o goberno municipal proxecta no entramado urbano, onde os peóns serán a prioridade. O proxecto contempla a eliminación de aparcamentos nunha das beirarrúas da avenida. O alcalde explicaba que están en cont...
Ent. Encontro Intercultural Luso Galaico dos pobos da raia do río Miño 02.07.2019 10:39
Este sábado e domingo celébrase o Encontro Intercultural Luso Galaico dos pobos da raia do río Miño no Parque de Merendas de Friestras, en Valença, no que van participar os veciños de Fiestras, Caldelas, Verdoejo, Paramos, Ganfei e Guillarei. Hoxe coñecemos os obxectivos e o programa previsto.
Ent. Alumnado IES Indalecio Pérez Tizón - Programa Erasmus + 02.07.2019 13:10
Hoxe o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón falounos da súa experiencia no Programa Erasmus +. Estiveron traballando en Italia e Portugal tras completar a súa formación no instituto. Xosé Manoel Álvarez, vicedirector do IES Indalecio Pérez, viu acompañado de Estefanía Lago, Cristina Míguez, Miguel das Dores e Hanns Heironimus.
Ent. Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo, Facenda e Parque e Xardíns - 01.07.2019 14:26
A falla de persoal municipal e a situación dos orzamentos, esgotados en moitas partidas, son dúas das cuestións ás que se referiu hoxe Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, na nosa sintonía.
Ent. Bea Lomba, concelleira de Turismo da Guarda - Festa da Lagosta e da cociña mariñeira 01.07.2019 4:42
A Guarda celebra esta fin de semana a XXIX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda. A concelleira de Turismo guardesa Bea Lomba, explicounos os detalles desta cita gastronómica na que haberá amais da lagosta outros 20 pratos. O pregoeiro deste ano será Moncho Borrajo. O sábado actuará Luís Zahera, tamén haberá serán mariñeiro, actividades infantís...
Ent. Carlos Estévez - I Semana Náutica a Vela Eurocidade Tui-Valença 01.07.2019 7:56
O Club Náutico San Telmo organiza a I Semana Náutica a Vela Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar do 15 ao 26 de xullo. Consistirá nun curso de vela para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos que se impartirá de luns a venres de 10 a 13.30 h. O prezo do curso é de 50€ no que se inclúe a licenza, monitores, seguro, camiseta e gorra. Os interesados poden inscribirse no 670 50 84 99 ou no 657 878 716
Ent. María José, Josu e Quin, membros da Asociación Vontade - Festival Solidario 28.06.2019 9:51
O Pavillón da Carballa en Tomiño acolle este sábado o Festival Solidario da Asociación Vontade. A partir das 5 da tarde terá lugar unha masterclass de zumba co instrutor Vladimir e ademais haberá outros invitados como o guitarrista flamenco Salito, Zumba Stars, o grupo de baile Xamaraina e o Grupo de Gaitas Treboada Baixo Miño.
Uxo Pousa, OMIX de Tomiño- II Festa Agro LGTBI 28.06.2019 4:45
Mañá celébrase a segunda Festa Agro LGTBI, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil, que pretende con dar visibilidade ó colectivo LGTBI no entorno rural. A festa será no Mercado de Tomiño e dará comezo ás 11.30h cunha sesión vermú. Haberá ademais unha charla, talleres infantís, espectáculos e concertos.
Ent. Fernando Bandeira, Bodegas La Val e María Teresa Galisteo - Vendima Solidaria 27.06.2019 9:04
Bodegas la Val fixo entrega esta mañá dun cheque solidario á Asociación Aspanaex co importe da comercialización de 200 botellas resultado dunha xornada de vendima dos membros da asociación que tivo lugar o pasado mes de setembro. O recadado irá destinado ó proxecto “Axúdanos a construír un soño”, para a construción dunha unha residencia.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.