Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Natividad Romero e Ana Valcárcel da AC Santa Columba - Festival de Verán 19.07.2019

Dende hoxe e até o domingo a Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro celebra o seu Festival de Verán no campo da festa. Hoxe será coa noite de playbacks e baile moderno, mañá con música e baile tradicional e o domingo cunha tarde de festa. Así nolo contaron Natividad Romero e Ana Valcárcel da AC Santa Columba.

Ent. Cristina Palomares de Ágatha Ruíz de la Prada - Desfile Fashion Brigde 19.07.2019

A colección homenaxe á revista Hola polo seu 75 aniversario, xunto a deseño relacionados coa música e sorpresas de Agatha Ruíz de la Prada serán os que poderemos ver esta noite na pasarela na que se converterá a Vella Ponte Internacional co gallo do Fashion Brigde que presenta o IKFEM. Así nolo explicaba Cristina Palomares de Ágatha Ruíz de la Prada. O desfile comezará ás 21 h e o acceso ao públic...

Ent. Aurelio Bargiela e Diego Alonso Vila - VI Festival Arume de Malvas 18.07.2019

Este sábado, 20 de xullo, ás 19 h celébrase no torreiro de Malvas o VI Festival Arume de Malvas. Participarán as bandas de Gaitas Arume de Malvas e O Mosteiro de Pexegueiro e o grupo folk Fol-K de Coiro como hoxe nos explicaban Aurelio Bargiela e Diego Alonso.

Ent. Alberto Montes, Seminario Menor - Concerto Benéfico no IKFEM 18.07.2019

As corais "O Son dos Cantares" e "Son de Acacias" ofrecerán esta tarde un concerto benéfico no claustro do Seminario Menor de Tui. Forma parte do programa do IKFEM 2019 e do actos do 60º aniversario do Seminario.

Ent. Patricia Múñoz, coordinadora de Costa dos Castros - Visitas Guiadas 18.07.2019

Cunha visita nocturna á Cabeciña este sábado comezan as visitas guiadas á Costa dos Castros en Oia, organizadas pola asociación do mesmo nome. Os martes haberá visitas ao Arrabal e os xoves como novidade á Chavella e A Valga. Patricia Múñoz é a coordinadora de Costa dos Castros.

Ent. Daniel Oyarzábal - Concerto de la Ritirata no IKFEM 2019 18.07.2019

Ás 22 h o IKFEM presenta na Catedral de Tui a La Ritirata en Concerto. Daniel Oyarzábal abrirá o concerto interpretando a Buxtehude e Bach no órgano barróco do templo Catedralicio. E logo xunto a Josetxu Obregón e Tamar Lalo farán un trío con clave para tocar a Telemann e Bach.

Ent. Andrea González do Ikfem - Xornada inaugural e Desfile 17.07.2019

Andrea González, directora do IKFEM, fixo hoxe balanzo positivo na nosa sintonía dos Concertos no río Miño que se celebraron coma preámbulo do festival. Convidou á inauguración oficial do IKFEM 2019, que terá lugar esta noite no Teatro Municipal, e deunos os detalles prácticos para acudir ao desfile Fashion Brigde previsto para este venres, ás 21 h, na vella Ponte Internacional.

Ent. Rafa Crespo Director Artístico O Fiadeiro - El viaje de José do Campo 17.07.2019

O festival IKFEM arranca oficialmente ás dez desta noite no Teatro Municipal de Tui co espectáculo A viaxe de José do Campo da man de O Fiadeira e a ESADG. A entrada ten un prezo de 5 euros, 4 con desconto, e se poden retirar dende ás 21h no despacho de billetes. Rafa Crespo, director de O Fiadeiro, falounos do espectáculo.

170719 Beatriz Lomba, concelleira de Turismo da Guarda - Visitas guiadas 17.07.2019

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ofrece dúas visitas guiadas até o 15 de setembro. Teñen carácter gratuíto e sairán ás 12h da Oficina de Turismo na praza do Reló. Terán unha duración aproximada dunha hora. Os mércores celebrarase a visita “Prazas antigas e novas” e os xoves a visita “Castelo de Santa Cruz”. Falounos das mesmas a concelleira de Turismo, Beatriz Lomba.

Ent. María Glez, Carla Vicente e Sonia Santos - 2º Campus Urbano CB Tui 16.07.2019

Estase a celebrar o 2º Campus Urbano do Club Baloncesto Tui que dende comezos de mes ofrece diversas actividades deportivas, de lecer, excursións... Hoxe comezou a segunda quenda, para a que quedan prazas vacantes. Hoxe falamos do campus con María González, coordinadora das actividades acutáticas, Carla Vicente, adestradora de baloncesto, e Sonia Santos, directiva do CB Tui.

Ent. Jorge Prego e Miguel Campinho de Mineus Dúo - Concerto no IKFEM 16.07.2019

Ás 21 h na Fortaleza de Valença Concerto a cargo “Mineus Dúo” formado polo tenor Jorge Prego e o pianista Miguel Campinho. O concerto titúlase “Cruzandoo Miño: cancións de Galicia e Portugal”.Hoxe falamos con eles. Este evento forma parte da programación de "Concertos no río Miño" do IKFEM

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina Nocturna do Monte Faro ao Aloia 16.07.2019

Dentro do circuito de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado realizarase a Andaina Nocturna do Monte Faro ao Aloia. Será menos de 19 quilómetros de percorrido, como hoxe explicaba José Martínez Tato do club Andatui. O punto de partida será o Monte Aloia á 23.30 h onde os participantes deixarán os seus vehículos para ir en autobús até Valença, onde comezará a andaina no Monte Faro...

Ent. Juan Carlos Blanco e Tania Otero de ACITUI - Noite Aberta 16.07.2019

Este venres ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, celebra a Noite Aberta coa participación dunha véntena de locais. Tamén haberá distintas actividades de animación. E os que realicen as súas compras de 20 a 23 h entrarán no sorteo dun vale de 150€ para mercar no comercio local.

Ent. Davide Salvado - Concertos no Minho IKFEM 2019 15.07.2019

Davide Salvado presenta hoxe ás 21 h na rúa Olímpicos Tudenses fronte ao Centro Interfederado o seu espectáculo "Amarelo". Farao xunto a Pedro Pascual e Pablo Pascual. Este evento musical chega a Tui dentro dos Concertos do Miño do IKFEM.

Ent. Laureano Alonso e Suso Vila - Visitas guiadas á xudería de Tui 12.07.2019

Esta tarde, ás 20 h, comezan as visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui centradas este anos na xudería. Realizaranse durante o verán cada venres, sábado e domingo ás 20 h con saída dende a praza de San Fernando. Faláronnos das mesmas Laureano Alonso, concelleiro de Turismo, e Suso Vila, historiador que guiará os percorridos.

Ent. Rosana Rodríguez, pta - Festas na honra ao Santísimo Cristo da Agonía 12.07.2019

Esta fin de semana celébranse en Baldráns as Festas na honra ao Santísimo Cristo da Agonía que comezarán mañá ás 20 h coa XXVI Romaría do Polbo á Feira onde a tapa terá un prezo de 10€. O pregón correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro. Non faltarán as verbenas e os actos relixiosos até o luns como explicaba a presidenta Rosana Rodríguez.

Ent. Cris Márquez de Marqués de Vizhoja - Rallie Sur do Condado 12.07.2019

Por vez primeira na historia do motor un tramo dun rallie transcorrerá por uns viñedos privados. Será mañá nun dos tramos do Rallie Sur do Condado que pasará polos viñedos de Marqués de Vizhoja. Así nolo contou Cris Márquez, explicando que haberá espazos habilitados para que o público poida disfrutar do rallié na súa adega.

Ent- Nacho Dávila, director de carreira - Rallie Sur do Condado 11.07.2019

Esta fin de semana celébrase o Rallie Sur do Condado, que este sábado poderás seguir en directo na nosa sintonía. Hoxe coñecemos todos os detalles dos tramos e as recomendacións para o público seu director de carreira Nacho Dávila.

Ent. Lola Soto e Arancha Giráldez - Actividades do Liceo Casino 11.07.2019

O Liceo Casino de Tui programou para o sábado 20 de xullo unha festa de verán aberta ao público en xeral, e traballa xa nunha oferta de actividades para a próxima temporada. Así nolo contaron hoxe Lola Soto, presidenta, e Arancha Giráldez.

Ent. Sonsoles Vicente, Jose Monte e Andrea González - VII IKFEM 11.07.2019

O IKFEM tende ponte musicais entre Galicia e Portugal. Dende hai sete ano faino entre Tui e Valença, e neste 2019 tamén entre Tomiño e Cerveira. A música de instrumentos de tecla soará dende este domingo 14 até o domingo 21. Pero tamén haberá outras actividades coma cinema, mesas redondas, obradoiros,...e un desfile de moda na vella Ponte Internacional.

Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Rafael Yebra - IV Aula Internacional de Saxofón 11.07.2019

Este domingo comeza a IV Aula Internacional de Saxofón organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui. Unha véntena de persoas participarán nas clases previstas a cargo de Xosé Luis Miguélez, Rafael Yebra e Kyle Horch. Cada noite haberá concertos na praza de San Fernando, na igrexa de San Domingos e no Palco da Música na Corredoira.

Ent. Manuel García Sendón, pte Culturmar - XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 11.07.2019

Hai 26 anos que comezou a celebrarse o Encontro de Embarcacións Tradicionais que este ano recala na Guarda da man de Culturmar. O seu presidente, Manuel García Sendón, explicaba hoxe o singular da edición que hoxe comeza na vila guardesa.

Ent. Joaquín Cadilla, pte. O Piueiro - XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 11.07.2019

A Guarda vive dende hoxe e ata o domingo o XIV Encontro de Embarcacións tradicionais, onde precisamente este barcos, fondeados xa no porto, son os grandes protagonistas. Está previsto un amplo programa de actividades con concertos, presentación de publicacións, visitas guiadas... O pobo está engalado para a ocasión con elementos mariñeiros. Así nolo contou Joaquín Cadilla, presidente de O Piueiro.

Ana Mª Núñez Álvarez, concelleira de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado 10.07.2019

Hai menos dun mes que Ana Mª Núñez Álvarez está ao fronte de Emprego, Formación, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercadono Concello de Tui. Hoxe contounos cales son os obxectivos e prioridades en cada un destes departamentos.

Ent. Aloia Martínez e Rami Gº de Mistura Vocal - Participarán no Gran Premio Nacional 10.07.2019

Mistura Vocal participará no Gran Premio Nacional de Coros logo de gañar esta fin de semana o Certame da Canción Mariñeira en San Vicente de la Barquera. Tamén levaron o premio do público. Hoxe Aloia Martínez, directora do coro, e Rami García, un dos integrantes, contáronnos a experiencia vivida na fin de semana.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.