Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Jose Monte, vereador - Festas de Valença 09.08.2019 6:34
Hoxe comezan as festas na honra a Nosa Señora do Faro en Valença que se van celebrar até o próximo día 15. No programa festivo destaca hoxe o tributo a U2, ou mañá a actuación da orquestra Panorama. José Monte, vereador de Cultura de Valença, convidaba a gozar das festas.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - IX Festa do Miño 09.08.2019 3:46
Mañá celébrase en Tui a IX Festa do Miño. Hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente deunos todos os detalles para gozar deste evento.
Ent. Diego Piña, pte. Club Kaiak Tudense - Descenso Popular e Internacional 09.08.2019 7:51
Mañá celébrase o Descenso Popular que reunirá a preto de 800 padeeiros e o Descenso Internacional que sumará 536 padeeiros de 43 clubs. Hoxe falamos destas probas con Diego Piña, presidente do Club Kaiak Tudense, organizador deste eventos que da Romaría Popular que dende ás 12 h se celebra na Ribeira de Caldelas.
Ent. Manuel Heredero e Milagros Rodríguez - Semana Cultural e Festas da Virxe do Camiño 08.08.2019 11:53
A parroquia de Rebordáns inicia cunha andaina noctura este venres a Semana Cultural previa ás festas na honra á Virxe do Camiño que se celebran a próxima semana. Coma novidade estrearán torreiro de festas. Hoxe nolo contaron Manuel Heredero e Milagros Rodríguez , membros da comisión.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda – Festas do Monte 2019 08.08.2019 10:42
A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte que reúne a miles de persoas, e que agardan con ilusión este sábado o desfile dende a Alameda até o Porto e o domingo a subida ao Monte. Así nolo contaba hoxe o alcalde da Guarda,Antonio Lomba. Destacaba Antonio Lomba a fraternidade que se vive con esta festa que foi evolucinando cos tempos, e coa xente.
Ent. Carmen Manso Porto - Xornada sobre San Domingo: arte e historia 07.08.2019 8:51
Esta tarde celébrase a xornada "San Domingo:arte e historia" na que ás 19.30 h intervirá Carmen Manso Porto co tema “El arte gótico en Santo Domingo de Tui”. Hoxe falamos con ela no programa #DiaaDía.
Ent. Laureano Alonso, Javier Argüelles e Samuel Moreno - I Concurso Miño Máxico 07.08.2019 14:44
O sábado, 17 de agosto, vaise celebrar o I Concurso de Maxia na Rúa organizado polo Concello de Tui e Miñomáxico. Seis magos actuarán nas prazas do conxunto histórico entre as 19:30 h e as 23 h.
Ent. Javier Añoveros, pte Instituto de Estudos Tudense - Xornada sobre San Domingos 06.08.2019 11:07
A igrexa de San Domingos acolle mañá unha xornada organizada polo Instituto de Estudos Tudenses titulada “San Domingos: arte e historia”. O presidente do Instituto de Estudos Tudense, Javier Añoveros, explicou hoxe na nosa sintonía que logo do éxito rexistrado na xornada do ano pasado dedicada a San Bartolomeu teñen o obxectivo de continuar con estas xornadas con carácter anual. Este ano apostaron...
Ent. Ángel Giráldez Varela, bailarín - Admitido na escola Vaganova Ballet Academy 06.08.2019 16:35
Entrevistamos ao bailarín tudense admitido na escola Vaganova Ballet Academy de San Petersburgo, Ángel Giráldez Varela. O bailarín, acompañado da súa profesora de danza en Tui, Paula Cobián, e a súa nai, Ana Varela, explícanos como afronta este soño cumprido.
Ent. Carlos Vázquez Padín, exalcalde 05.08.2019 15:19
O exalcalde Carlos Vázquez Padín, non está nin condenado nin imputado por ningún delicto. Así o aclaraba no seu blog nos últimos días, e hoxe o explicaba na nosa sintonía no programa Día a Día.
Ent. Eduardo Dacuña - Caldelas’s Got Talent 02.08.2019 8:10
Asociación Cultural A Insua ten aberto o prazo de inscrición para o Caldelas’s Got Talent que se vai celebrar o sábado, 17 de agosto, no Centro Cultural de Caldelas. Se es músico, bailas, fas maxia, humor ou tes calquera outra habilidade podes participar anotándote antes do 11 de agosto no 676 158 520. Haberá máis de 300 euros en premios, trofeo e diplomas. Hoxe falamos deste evento con Eduardo Da...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Urbanismo en Paramos, Comisión Técnica da CHMS 02.08.2019 13:35
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que se está traballando con normalidade na tramitación urbanística relacionada con Paramos, e se está atendendo aos veciños. O luns convocou unha reunión cos grupos municipais sobre esta cuestión. Tamén avanzou que se correxirá un erro detectado na ordenanza municipal, o que beneficiará aos veciños.
Ent. Sara Vicente, concelleira de Cultura do Rosal - III Feira do Mirabel 01.08.2019 6:38
Este domingo celébrase no Mercado de San Miguel no Rosal a III Feira do Mirabel. O programa previsto comezará cunha andaina, e logo haberá actividades culturais, musicais e gastronómicas. Explicóunolo Sara Vicente, concelleira de Cultura do Rosal.
Ent. Rafael Estévez, José Monte e Juanjo España - 9ª Travesía a nado da Eurocidade 01.08.2019 13:31
Case mil metros serán os que terán que realizar os participantes na 9ª Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar este sábado. Saíra ás 18 h dende o cais de Valença e a meta estará na praia da Mariña en Tui.
Ent. José Moraleda, vicepte de Galifornia Beat - V Galifornia Beat 31.07.2019 8:01
O V Galifornia Beat vaise celebrar este venres e sábado no Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores nunha superficie de 30 mil metros cadrados. José Moraleda, vicepresidente de Galifornia Beat, explicounos o obxectivo deste evento e programa a realizar.
Ent. Diego Piña, pte do Kaiak Tudense Axuda Paramos - Descenso Popular e Descenso Internacional do Miño 30.07.2019 8:22
Este domingo pecha a inscrición para o Descenso Popular do Miño e para o Descenso Internacional do Miño, dúas probas que se van celebrar o sábado, 10 de agosto, que reunirán a 800 e 650 padeeiros respectivamente. Así nolo explicaba o presidente do Kaiak Tudense, Diego Piña. No caso do descenso popular xa non quedan piraguas individuais de aluguer, pero si dobres. Diego Piña daba conta do percorrid...
Ent. José Martínez Tato, presidente AndaTui - Andaina Histórica de Tui 30.07.2019 7:11
Este sábado, 3 de agosto, realizarase en Tui a sexta andaina do circuito de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença. Comezará ás 22h dende o Palco da Música na Corredoira e rematará na Alameda de San Domingos cunha chocolatada. Falamos co presidente da asociación AndaTui, José Martínez Tato, organizadora da ruta.
Fátima Rguez, concelleira de Eurocidade Mocidade e Participación Infantil de Tomiño - Ruta de Artes e Oficios e Xeiras 30.07.2019 8:54
O Concello de Tomiño organiza distintas xeiras este verán coma a nocturna que terá lugar este xoves ao Monte Tetón, amais a visita a distintos oficios centra a terceira edición da Ruta de Artes e Oficios. Así nolo explicou Fátima Rodríguez, concelleira de Eurocidade Mocidade e Participación Infantil do Concello de Tomiño.
Ent. Teresa Domínguez, dtora do CRA - Finalistas do Premio Acción Maxistral 26.07.2019 13:20
Até o 1 de agosto está aberto o prazo de votación on-line do Premio de Acción Maxistral, no que un proxecto de educación inclusiva do CRA Mestra Clara Torres é un dos finalistas. Hoxe explicounos o proxecto a súa directora Teresa Domínguez, que animou a votar pola proposta tudense. Tamén nos falou do proxecto Recantos con Encanto.
Ent. Dean Fletcher, presidente do club ciclista De La Fuente - Campionato Galego de ciclismo 26.07.2019 12:09
Este domingo, 28 de xullo, celebrarase en Tui o campionato de ciclismo galego de fondo de estrada máster. O presidente do club ciclista De La Fuente, Dean Fletcher, explícanos como se vai desenvolver a carreira.
Ent.Katia Rocha e Pablo González - XX Noite Internacional do Miño 23.07.2019 4:42
O folclore de México, Benín e Serbia protagonizará a XX Noite Internacional do Miño que se celebra hoxe a partir das 21.30 h no Parque do Laxal, Rebordáns. Katia Rocha e Pablo González da Escola de Baile e Gaitas San Fins, organizadores do evento, déronnos hoxe todos os detalles.
Ent. Joaquín Cadilla, presidente ORPAGU - Festa do peixe espada 23.07.2019 12:51
Esta fin de semana terá lugar no concello da Guarda a XVI Festa do Peixe Espada. Falamos co presidente da Organización de Palangreiros Guardeses, encargada de organizar a festa.
Ent. Abel Vila e Andrea Costa - Presentación de Empretui 22.07.2019 6:29
EmpreTui, a Asociación de Empresarios de Tui, presentarase mañá oficilamente nun acto aberto ás 21.30 h na Macoca. Abel Vila e Andrea Costa faláronnos hoxe deste novo colectivo, dos seus obxectivos, e do acto de mañá.
Ent. Marisa Giráldez, pta Bádminton Tui - Actividades agosto 22.07.2019 6:22
O Club Bádminton Tui organiza dúas actividades para o mes de agosto. Será unha Escola de Bádminton en iniciación e perfeccionamento e un Campamento de Verán para nenos de 6 a 14. Marisa Giráldez, presidenta do Bádminton Tui deunos todos os detalles.
Ent. Alumnado Master Classes - IKFEM 2019 19.07.2019 6:34
Hoxe coñecemos cómo están a ser as Masterclass do IKFEM, da man de tres dos seus alumnos José García, Victoria Pérez e Hugo González, e da súa titora e coordinadora Laura Lorenzo. Falamos con eles no programa Día a Día coñecemos
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.