Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Martínez Tato de Andatui - Camiño de Santiago en etapas de fin de semana 28.08.2019 12:50
Nas fin de semana do 21 e 22 e 28 e 29 de setembro a Eurocidade Tui-Valença, dentro do calendario de Andainas Saudables, organiza a realización do Camiño de Santiago Portugués. Ofértanse 50 prazas, e o prezo por participar é de 30 euros nos que se inclúe o desprazamento en autobús até o inicio da etapa e avituallamento.
Ent. Teté Cordo - Pecha a tenda de Purita 28.08.2019 4:36
Este sábado pechará as súas portas a tenda de Purita na rúa Martínez Padín, a derradeira das tendas de barrio situadas no centro urbano, que tras preto de 80 anos de servicio pecha agora pola xubilación da súa actual propietaria Teté Cordo. Este domingo os seus veciños do barrio de Riomuíños e os seus clientes, faranlle unha homenaxe por tanto anos de servizo á cidadanía no local da asociación ás...
Ent. Ignacio Rguez e Jaime López - Trampa velutina 27.08.2019 24:22
Hoxe falamos da vespa velutina e de trampas caseiras para capturalas con dous apicultores de Tui Ignacio Rodríguez de Malvas e Jaime López de Pexegueiro. Tamén compartimos uns minutos con Jesús Asorey presidente da Asociación de Apicultores de Galicia.
Ent. Jose Prada do Remo do Miño - Rodrigo Conde busca no Mundial a clasificación para os XXOO 27.08.2019 6:32
Mañá ás 11.49 h Rodrigo Conde, remeiro do Club Remo do Miño SETA competirá en cuarto de final no Campionato do Mundo de Remo, onde están xogo as prazas para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Rodrigo Conde compite no dobre scull peso lixeiro xunto a Manel Balastegui. José Prada, do Club Remo do Miño, falounos desta cita destacada.
Ent. Samuel Diz, músico tudense - Concerto en Oia e xira por América 23.08.2019 8:00
Hoxe ás 20.30 h no adro da igrexa do Mosteiro de Oia o tudense Samuel Diz ofrecerá un concerto titulado "Lorca Peregrino". Falamos con el deste evento musical, pero tamén dos próximos concerto en Madrid e Málaga antes de iniciar unha xira de tres meses por Chile e México.
Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra - Feira do Viño do Condado 23.08.2019 7:34
Ás oito desta tarde terá lugar a inauguración oficiala da LX Festa do Viño do Condado do Tea en Salvaterra. Un evento que ofrece durante toda a fin de semana ampla variedade de actividades e que teñen ao viño do condado coma gran protagonista. Falamos deste evento coa alcaldesa, Marta Valcárcel.
Ent. Carolina Guerrero e Lara González de Xuntanza - Carreira Popular Randufe 22.08.2019 8:18
Esta noite pecha o prazo de inscrición para a Carreira Popular de Randufe que organiza a Asociación Cultural Xuntanza. É o preámbulo da Semana Cultural que arranca o próximo día 31. Carolina Guerrero e Lara González faláronnos hoxe desta cita deportiva que se celebra o domingo.
Ent. Mino Álvarez - Semana Cultural da Peregrina de Estás 22.08.2019 9:08
A música de Jugones eo trío Addrede porá o peche hoxe e mañá á Semana Cultural da Peregrina en Estás, que comezou o pasado domingo. Así nolo contou Mino Álvarez, quen tamén convidaba tamén a visitar até o domingo a exposición de Suso Malone.
Ent. Laureano Alonso, Jesús Gomez e Luís Pimentel - Feira Cabalar de San Bartolomeu 22.08.2019 11:45
Multitudinaria se agarda que sexa este sábado a centenaria Feira dos Cabalos de San Bartolomeu. De falamos co concelleiro Laureano Alonso, con Jesús Gómez da Asociación de Veciños, e Luís Pimentel de Equigalia.
Ent. Alberto Romer - Xornada de Portas Abertas no Muíños do Tripes 21.08.2019 5:22
A asociación de Muiñeiros do río Tripes organiza dende mañá e ata o domingo unha xornada de portas abertas ao muíño Devesa de Abaixo. Xurde esta iniciativa ante o éxito que tiveron nas xornadas que celebraron en Semana Santa, segundo explicaba hoxe Alberto Romer. As persoas que se acheguen poderán coñecer a ruta dos 25 muíños do Tripes e o seu funcionamento. Haberá dous muíños abertos onde se pode...
Ent. Andrea Costa, dtora Arraianos - Edición 2019 21.08.2019 9:19
Do 30 de agosto ao 1 de setembro Tui volverá a época medieval co festival Arraianos. Unha cita da que hoxe coñecemos todos os detalles da programación prevista coa súa directora, Andrea Costa.
Ent. Begoña Santamaría, de Terras Gauda - Do Mar á Viña 20.08.2019 9:04
Gran acollida da iniciativa do “Do Mar á Viña” da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) e Bodegas Terras Gauda xa que a penas restan algunhas prazas vacantes. Trátase dun evento que se vai celebrar os venres 23 e 30 de agosto e o 6 de setembro, que combina unha experiencia enoturística cunha travesía marítima fluvial. Así nolo contaba hoxe Begoña Santamaría, coordinadora de Enoturismo de...
Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Cpo España de Maratón e Cpo Mundo Sprint 20.08.2019 7:40
Na fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato de España de Maratón de Piragüismo onde catro padeeiros do Kaiak Tudense lograron o pase para o Mundial de China, foron Manu Garrido, Tania Fernández, Óscar Graña e Pedro Areal. Esta semana outros dous padeeiros busca o pasaporte olímpico para Tokio 2020. son Roi Rodríguez e Sara Ouzande, que compiten no campionato do Mundo en Hungría. Alí est...
Ent. Xesús Díaz - Concerto de Donicelas en Caldelas 19.08.2019 4:54
Hoxe o grupo Donicelas actúa na Semana Cultural A Insua en Caldelas. Xesús Díaz, un dos integrantes do grupo, deunos conta de cómo vai ser o concerto desta noite no que interpretarán tanto temas do seu segundo disco, coma do primeiro.
Ent. Laureano Alonso, Javier Argüelles e Samuel Moreno - Balance I Concurso de Maxia na rúa 19.08.2019 13:27
Éxito esta fin de semana o I Concurso de Maxia na rúa Miño Máxico do que disfrutaron centos de persoas ao longo do percorrido das actuacións, dende a Corredoira, a praza de San Fernando, Fromista e San Telmo. Samuel Moreno e Javier Argüelles relataban precisamente este éxito hoxe no programa Día a Día, xunto ao concelleiro Laureano Alonso. Unha resposta do público que da forzas para o concurso pen...
Ent. Laureano Alonso, Javier Argüelles e Samuel Moreno - I Concurso de Maxia na rúa 16.08.2019 13:57
Mañá ás 19.30h no Palco da Música no Paseo da Corredoira terá lugar a presentación e primeira actuación do I Concurso de Maxia na rúa. Cada media hora sucederanse as actuacións nos soportais, nas prazas de San Fernando, Fromista e San Telmo, para rematar novamente en San Fernando. Participarán 5 magos e 1 maga, e o público cos seus votos será quen decida o gañador.
Ent. Enrique Domínguez, adestrador Acanor Atl Novás - Torneo de Balonmán da Eurocidade 16.08.2019 7:41
O novo pavillón de deportes de Tui acolle mañá o VII Torneo de Balonmán da Eurocidade. Ás 20.30 h vanse enfrontar o Acanor Atlético Novás e o ABC Braga. Hoxe falamos con Enrique Domínguez, adestrador Acanor Atlético Novás.
Ent. Eduardo Dacuña - Semana Cultural A Insua en Caldelas 14.08.2019 7:59
Este venres comeza a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua de Caldelas. A programación vaise desenvolver até o venres 23. Eduardo Dacuña, de A Insua, explicounos os actos previstos coma o Caldelas' Got Talet que se celebrará este sábado ou a festa do neno o domingo.
Ent. José Ramón Magán, concelleiro e Javier Vázquez de EPTISA - PMUS 14.08.2019 15:00
Arestora está en redacción o Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui, PMUS. Estase a realizar o traballo de campo, estudo de datos do municipio, e tamén unha enquisa on line en tui.gal. Falamos deste traballo con José Ramón Magán, concelleiro e Javier Vázquez da empresa EPTISA.
130819 Ent. Yolanda Rodríguez, concelleira de Urbanismo - Situación urbanismo Paramos 13.08.2019 21:42
A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, lanzaba esta mañá unha mensaxe de tranquilidade aos veciños de Paramos. Explicaba que na oficina de Urbanismo situada en Guillarei, continua a realizarse a tramitación de licenzas e comunicacións previas con normalidade, e mañá mesmo se aprobará unha nova licenza en xunta de goberno. Proximamente convocarán unha reunión cos veciños para explicarlles a...
Ent. Marisa Giraldez e Javier Argüelles - Malestar no Badminton Tui 12.08.2019 11:12
Malestar no Club Bádminton Tui polo reparto dos horarios no uso dos pavillóns xa que lles foi asignado polo concello un día 5 horas, repartidas entre o pavillón do IES San Paio e o pavillón de Guillarei, cando prefiren dos días dúas horas e media. Así o explicaba hoxe a súa presidenta Marisa Giráldez. Agardan nos próximos días poder reunirse cos responsables municipais para explicarlles a súa situ...
Ent. Mª Jesús Álvarez, Mª Carmen Rguez e Nerea Fernández - Visitas guiadas novas rutas 12.08.2019 10:33
Éxito de acollida nas visitas guiadas que realizará o Obradoiro de Emprego Percorre Tui ás dúas novas rutas que deseñaron. De feito xa non quedan prazas a visita á Ruta dos Pasos da Auga que realizarán mañá en Ribadelouro. Si é posible inscribirse para a Ruta da Porta do río Tripes que terá lugar o próximo xoves 22. Faláronnos destas propostas Mª Jesús Álvarez, docente de Turismo, e Mª Carmen Rgue...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Licitación obras Plan Concello 2017 e Paramos 12.08.2019 10:41
Antes do 30 de novembro teñen que estar rematados os sete proxectos que veñen de ser licitados polo Concello de Tui e que pertencen ao Plan Concello 2017. Suporán un investimento de 500 mil euros. A reordenación dos xardíns de Troncoso e da rotonda de Guillarei son parte destes proxectos. Tamén traballan no Deporemse, como explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro.
Ent. Lupe Pérez da Asociación de Afectados de Paramos - Comunicado 12.08.2019 12:05
A asociación de Afectados de Paramos e Guillarei expón que a reforma da Lei do Solo de Galicia foi modificada para dar encaixe legal ás vivendas fóra de ordenación na zona afectada pola explosión en maio do ano pasado. Lembran que as licenzas que os afectados están a solicitar son un caso excepcional que coma tal require medidas excepcionais. Así o expoñen nun comunicado e o explicaba esta mañá na...
Ent. Pilar Casillas - Festas San Caetano Paramos 09.08.2019 4:23
Hoxe comezan en Paramos as festa na honra a San Caetano que se van celebrar até o luns. Hoxe terán polbo, a charanga A tú Ritmo e a banda de Balbina. Mañá actuarán a Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, ás 13 celebrarse a misa solemne e á noite verbena con Charleston e Lasser. Os festexos rematan o luns.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.