Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Fernando Ferreira, pte Asoc. Pescadores - Río Miño 17.09.2019 8:38
A situación do río Miño tanto en canto á pesca coma coa presenza de plantas invasoras, foron dous dos temas que abordamos con Fernando Ferreira, o presidente da Asociación de Pescadores do río Miño.
Ent. Juan Díaz, Carlos Castro e Juanjo España - Prevención afogamentos 16.09.2019 22:50
No que levamos de ano en España 337 persoas faleceron afogadas. Hoxe quixemos abordar este tema, e sobre todo a preveción neste eido para que conversamos con Juan Díaz, comandante Naval do Miño, Carlos Castro, operador de grúa e rescatador do Pesca I Galicia, e Juanjo España do Club de Actividades Acuáticas Baixo Miño
Ent. Yolanda González, Vanesa Pereira e Raimundo Dacuña - Festas das Dores de Guillarei 13.09.2019 8:51
Esta fin de semana celébran as festas na honra a Virxe das Dores en Guillarei que esta noite presentan un tributo a Queen, na fin de semana actuarán bandas de música, e non faltarán as verbenas. Tamén contarán coa Banda de Guerra da Brilat que acompañará mañá á tarde a procesión xunto ao grupo Lembranzas da Terra. As festas continuarán até o luns.
Ent. José María Gude - Homenaxeado no Acto Cívico do Alivio 13.09.2019 13:15
O mestre José María Gude será o homenaxeado este domingo no Acto Cívico do Alivio en Tomiño. O acto terá lugar ás 11 h na praza do Seixo. Hoxe compartimos uns minutos con José María Gude.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Formación e Emprego - Foro Emprega Tui 13.09.2019 15:57
O próximo martes 17 pola mañá terá lugar o foro de emprego Emprega Tui que pretende ser un encontro entre empresas e persoas en busca de emprego. A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, explicounos en qué vai consistir.
Ent. María Cabaleiro da Facultade de Bioloxía - Xornadas A outra cara do Monte, aproveitamentos alternativos 12.09.2019 7:59
"A outra cara do Monte, aproveitamentos alternativos" é o título das xornadas que o mércores 18 e xoves 19 deste mes se van celebrar na Facultade de Bioloxía en Vigo. Das mesmas falamos con María Cabaleiro da Facultade de Bioloxía.
Ent. José Monte, Miguel Fernandes, Bruno Gonçalves - Deporte na Eurocidade 12.09.2019 14:28
Hoxe comeza o Torneo de Tenis da Eurocidade e na fin de semana ten lugar o Torneo de Hoquei, e os días 21, 22, 28 e 29 dentro das andainas saudables farase o Camiño Portugués por etapas. Destas propostas deportivas falamos hoxe con José Monte, vereador de Desporto de Valença, Miguel Fernandes, presidente do Valença Hoquei club, e Bruno Gonçalves de Celtas do Minho.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Repaso temas municipais e festas do Alivio 12.09.2019 15:04
Co gallo das Festas do Alivio que se celebran esta fin de semana hoxe visitounos a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, con quen aproveitamos para tratar distintos asuntos municipais coma a apertura da Avenida do Baixo Miño nun par de meses. Tamén falou das obras no campo do Alivio, entre outros temas.
Ent. Comandante Naval del Miño. D. Juan Díaz Rodríguez 10.09.2019 2:57
Os alcaldes dos oito municipios ribeiregos do Tramo Internacional do Río Miño no caso de Tui o Tte de alcalde Rafael Estévez, participaron durante a xornada de hoxe día na firma conxunta da Acta de Recoñecemento da Fronteira, xunto cos seus homólogos portugueses. Explicábanolo o Comandante Naval de Miño o Capitán de Corveta Juan Díaz Rodríguez
Ent. Anun Barriuso, José manuel Laureiro, Suso Vila, Laureano Alonso 10.09.2019 18:16
Despois de unha semana de actos celebrando as Xornadas da Cultura Xudía , faciamos balance cos seus reponsables e cos autores do libro¨Los criptojudíos de La Raya
Ent. Alex Rodríguez Canosa, Concelleiro de Cultura de Salceda e Abel Vila , hosteleiro, para falar do Pinchofolk 05.09.2019 7:36
Durante as fins de semana deste mes de setembro en Salceda os pinchos e a música xúntanse no Pinchofolk
Ent. José Lago, Josiño, organizador de Babuxa Rap Battles 05.09.2019 12:26
Este domingo en Guillarei poderemos gozar de unha "Pelexa de Galos" de gran nivel cos mellores rapeiros da zona , Josiño nesta entrevista nos da todos os datos.
Ent .Adolfo Pereira e Anxo Álvarez do Motoclub Randufe, organizadores do " 1º Dirt-TracK Cidade de Tui 05.09.2019 8:10
Este sábado celebrase o 1º Dirt Track Cidade de Tui, na entrevista cos seus organizadores coñecemos algo mais desta modalidade de carreiras de motos
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo e Ptrimonio de Tui e Suso Vila, Historiador 04.09.2019 12:17
As Xornadas Europeas da Cultura Xudía chegan a súa edición número 20, con Tui coma membro da Rede de Xuderías de España, un amplo programa de actividades servirán para conmemoralo en Tui, no lo detallaron Laureano Alonso e Suso Vila
Ent. José Luís González Cespón, coordinador de Mareas de Coñecemento 04.09.2019 12:08
Mareas de Coñecemento é un proxecto de formación para maiores de 55 anos, que chegará a Tui entre o 23 de setembro e o 1 de outubro
Ent. Pilar Lago, Rosa Molinos, Ivonne Alves e Ana Concheiro, técnicas - PIE, Plan Integrado de Emprego 03.09.2019 18:01
Hoxe coñecemos con detalle o traballo que están a desenvolver as técnicas do Plan Integrado de Emprego en Tui do que se están a beneficiar un centenar de persoas. Falamos coas técnicas Pilar Lago, Rosa Molinos, Ivonne Alves e Ana Concheiro.
Ent. Gustavo Rodríguez e Héctor Catalá - Campións do Mundo de Paratrialtón 03.09.2019 10:43
Gustavo Rodríguez proclamouse esta fin de semana, xunto a Héctor Catalá, campion do Mundo de Paratrialtón en Lausana, Suiza. Conseguiron a praza para paticipar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Ent. Lara González e Bibi Vila de Xuntanza - Semana Cultural Xuntanza 02.09.2019 4:48
Prosegue a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Xuntanza. Hoxe a partir das 21.30h actuará o mago Samu e logo o grupo folclórico Xuntanza. Pero as propostas continúan até o venres coma hoxe nos explicaron Lara González e Bibi Vila.
Ent. Juan Díaz, Comandante Naval do Miño - Operativo de busca de triatleta desparecido no Miño 02.09.2019 3:59
Continúa en augas do río Miño o operativo de busca do deportista de 24 anos desaparecido onte mentres participaba na proba de natación no Triatlón da Amizade. O mozo deu aviso de que tiña algún problema pero as embarcacións de apoio non chegaron a tempo para rescatalo. O comandante Naval do Miño, Juan Diaz, explicaba esta mañá os feitos e o operativo de busca na nosa sintonía. Ás 7.30h retomouse o...
Ent. Andrea Costa, directora - IV Arraianos 30.08.2019 8:08
Dende esta tarde e até o domingo a última hora da noite Tui regresa á época medieval da man do festival Arraianos. Mercado Medieval, animación, espectáculos, visitas teatralizadas, xogos,... forman parte do programa previsto. Deunos todos os datos Andrea Costa, directora do Festival.
Ent. Alicia González, Pamela Casares e Ramón Corral – Setembro Cultural de Guillarei 30.08.2019 8:58
Cunha andaina comeza hoxe a programación do Setembro Cultural de Guillarei, que mañá celebra o VI Festival de Bandas de Gaitas e o domingo o IV Festival Folclórico. A programación continuará até o domingo 8 de setembro.
Noticias 13.30 h - Xoves, 29 de agosto de 2019 29.08.2019 19:12
A actualidade deste xoves, 29 de agosto de 2019, en Noticias 13.30 h
Ent. Mª Aurora Amorím, vereadora de Cerveira - Festa Infantil Eurocidade Tomiño-Cerveira 29.08.2019 6:58
A Eurocidade Tomiño-Cerveira celebra esta fin de semana o festival infantil "Aventura na terra da Amizade" que se vai celebrar este sábado. Do mesmo falounos Mª Aurora Amorím, vereadora de Cerveira. A cita será no Parque do Castelinho en Cerveira e na praza do Seixo en Tomiño.
Ent José Monte e Paulo Pacheco - Festa gastronómica do Anho no forno en Valença 29.08.2019 13:54
Esta fin de semana celébrase na freguesía de Gondomil en Valença a festa gastronómica do Anho no forno. Unha cita na que sepoderá degustar o año no forno, con arroz pingado, en alguidar, confecionado nos fornos a leña coma antigamente tanto o sábado coma o domingo.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Festa dos Callos 29.08.2019 6:09
Salceda servirá este domingo 20 mil racións de callos nunha festa xa consolidada pero que cada ano presenta novidades. A ración para degustar na praza do Concello terá un prezo de 8€, e para levar 6€. Deunos os detalles do festexo a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.