Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda 100 días da nova corporación 30.09.2019

A piques de que se cumpran os primeiros cen días de goberno da nova corporación municipal hoxe comezamos unha rolda de entrevistas cos voceiros dos distintos grupos políticos. Esta mañá acompañounos José Manuel Palacín, voceiro de C21, que se estrea na corporación municipal.

Ent. Monica Rodríguez e Anail González- Barbería solidaria en Tomiño 30.09.2019

O domingo 6 de outubro, na Praza do Seixo en Tomiño celebrarase unha barbería solidaria para recadar fondos para a Asociación de Persoas con Discapacidade, Vontade. O prezo será de 7 euros. A xornada contará con música en directo da man de Argonat Band e a cantante Laura Ocampo, entre outros. Ademais de inchables e a participación dun tatuador profesional.

Ent. Esteban Lourido, pte Asoc Cervexeiros - I Festival da Cervexa Artesá de Tui 27.09.2019

Ás seis desta tarde comeza no Paseo Fluvial de Tui o I Tui Beer Fest, Festival da Cervexa Artesá. Até o domingo maridará cervexa con gastronomía, concerto e actividades familiares. Dos últimos preparativos dábanos conta Esteban Lourido, presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

Ent. Jacobo Vázquez, adestrador Tomiño feminino- O tomiño feminino busca xogadoras 27.09.2019

O equipo de futbol feminino de Tomiño cumpre dez anos, e o seu adestrador Jacobo Vázquez está en plena campaña de captación de rapazas para o equipo alevín (seis a 12 anos). O obxetivo esta tempada é aumentar o club e garantir o fútbol feminino na zona do Baixo Miño.

Ent. Diego Vila, piloto Rallie- Campión Rallie Ribeira Sacra 27.09.2019

Con tan só 23 anos, o piloto Diego Vila acaba de proclamarse campión do Rally Ribeira Sacra. Agora encontrase competindo polo volante FGA (Federación Galega de automobilismo) e loitando pola beca "PXP" para novos pilotos.

Ent. Héctor Catalá e Gustavo Rodríguez- Campiones do mundo de Paratriatlón 27.09.2019

O deportista valenciano Héctor Catalá e o seu guía, o tudense Gustavo Rodríguez, proclamáronse campions do mundo de Paratriatlón. Agora están cos preparativos para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Ent. Ana Mª Núñez e Laureano Alonso, concelleiro - Xornada de Turismo e Emprego 26.09.2019

A Aula da UNED acolle mañá a partir das 9.30 h a Xornada "Turismo e Emprego: un futuro mellor para todos" organizada polo Concello de Tui. Esta mañá a concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, e de Turismo, Laureano Alonso, explicaron os obxectivos desta iniciativa, destacando a importancia do turismo na cidade.

Ent. José Vidal Novoa, vicario de pastoral - O edificio da JUM en Paramos converterase en Residencia de Maiores 26.09.2019

O edificio da JUM, Juventud Unida en Marcha, situado en Paramos e que quedara gravemente danada na explosión do 23 de maio no barrio da Torre converterase nunha residencia de maiores. Así o confirmaba esta mañá na nosa sintonía José Vidal Novoa, vicario de pastoral da Diocese de Tui-Vigo. Tras os danos sufridos na explosión buscaron poder darlle un novo uso barallando en primeiro lugar que puidera...

Ent. Joaquín Agra e Julio Solleiro do Motoclub Papaya - Dirt Track Xacob Agra 26.09.2019

Pilotos de toda Galicia, entre eles recente campión de España junior, participarán este sábado no XIV Dirt Track Xacob Agra no Velódromo Municipal de Porriño. Será a partir das nove da noite na modalidade habitual de carreira en óvalo e coma novidade terán un cara a cara entre dous pilotos, e coa singulariedade será que se celebrará pola noite. A proba está organizada polo Motoclub Papaya, o seu p...

Ent. Anxo Baz, concelleiro de Mobilidade da Guarda - Reunión sobre rúa Concepción Arenal 25.09.2019

Ás 20.30h no Centro Cultural da Guarda está convocada a veciñanza a un acto informativo sobre a rúa Concepción Arenal. Está convocado pola Concellería de Mobilidade e Modelo Urbano da Guarda, que dirixe o nacionalista Anxo Baz, con quen falamos esta mañá.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Nova Escola Infantil 25.09.2019

A Consellería de Política Social construirá unha nova Escola Infantil na Guarda. Así llo trasladou onte a titular deste departamento, Fabiola García, ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na reunión que mantiveron en San Caetano. A nova escola infantil que formará parte da rede da Galiña Azul contará con tres unidades e 41 prazas . O alcalde da Guarda amosa a súa satisfacción por esta nova tan agar...

Ent. Alberto Romer - Denuncia uso de herbicida 24.09.2019

Alberto Romer denunciou hoxe na nosa sintonía o uso de herbicidas, o pasado xoves 19, no alto de San Antoniño, xunto á fonte.

Ent. Sara Quintana - curso Introdución ao mundo das antigüidades na UNED 24.09.2019

En outubro comeza na aula da UNED de Tui un curso de introdución ao mundo das antigüidades que será impartido pola tudense Sara Quintana. Hoxe con ela coñecemos o obxectivo desta actividade e en qué vai consistir. Pode participar calquera persoa interesada no tema.

Ent. Nuria Garabal e Jenny Piñeiro do CEIP nº1 - Xornada Inclusión 23.09.2019

Mañá á tarde celébrase no CEIP nº1 de Tui unha xornada inclusiva organizada polo propio centro na que ao longo da tarde haberá distintas ponencias dende ás 16.30 h e pecharán cunha mesa redonda. Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 e Jenny Piñeiro, coordinadora de convivencia, déronnos conta dos obxectivos e programa desta xornada.

Ent. José Fernández e Carlos Estévez - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 23.09.2019

O sábado 28 e o domingo 29 de setembro celébrase o Campionato de España "Radiocontrol Térmico", en Tui. Falamos con José Fernández presidente da Federación Galega de Motonáutica e Carlos Estévez, vogal. Unhas xornadas cuxo obxetivo é a clasificacións dos cinco mellores pilotos para o Mundial.

Ent. Juan Carlos Rodriguez, Ismael Diz e Carmen González - Cultiva a Mente e Día do Coidados 23.09.2019

"Cultiva a mente" é o título dos talleres que se van celebrar en seis parroquias tudenses promovidos por AFAGA e o Concello de Tui. Amais este domingo celébrase en Tui unha andaina polo Camiño Portugués co gallo do Día do Coidador.

Ent. Manolo Crisostomo, José Ángel Villaverde e Gonzalo González - Campionato de tute 20.09.2019

Pazos de Reis acolle o Campionato de tute que se celebra no Centro Cultural do Anxo, este venres ás 11horas. A inscrición se abrirá as 22 horas.

Ent. Aroa Rendo e Diego das Dores do Remo Tui - II Regata Internacional Eurocidade De Remo En Iola E Batel 2019 20.09.2019

Mañá celébrase a II Regata Internacional Eurocidade De Remo En Iola E Batel 2019 organizada polo Club Remo Tui. O campo de regatas estará situado fronte ás instalacións do Centro Interfederado. As regatas terán unha distancia de 250 metros. As probas disputaranse dende ás 11 ás 19 h reunindo a preto de 200 deportistas de clubs de remo de España e Portugal, nas categorías infantís, cadetes, xuvenís...

Ent. Lola Soto e Arancha Giráldez do Liceo Casino -Actividades e cursos 20.09.2019

Comeza tamén un novo curso para as distintas actividades que se van celebrar no Liceo Casino de Tui. A oferta é variada para persoas de todas as idades. Va do novidoso Bright Mind, a robótica, pasando por ioga, Xadrez, ou coro pop-rock. Tamén preparán novas festas co gallo do outono ou Nadal.

Ent. Fernando Oliveira e Miguel Lourenzo - Centenario dos Bombeiros Voluntarios de Valença 19.09.2019

Combater os incendios urbanos foi o obxectivo co que naceu hai cen anos a Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Valença. Un corpo que celebra esta fin de semana con diversos actos o seu centenario coma hoxe nos explicaban Fernando Oliveira, presidente da Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios e Miguel Lourenzo, comandante dos Bombeiros. Hoxe o principal problema que afronta...

Ent. Lito Besada, pte Motoclub Os de Sempre - Festival Moteiro da Eurocidade 2019 19.09.2019

Mañá venres, o sábado e o domingo celébrase nas antigas instalacións de Cam-Fran na Avenida da Concordia O Festival Moteiro da Eurocidade. Reunirá aos afeccionados aos motos chegados de diversos puntos e haberá un amplo programa no que non faltará a música e coma novidade unha ruta desafío.

Ent. Carlos Lago "Brokktt" e Cristián Yenia - Novo tema "Decir adios" 19.09.2019

Hoxe Carlos Lago "Brokktt" de Tomiño e Cristian Yenia de Salceda presentáronnos o seu novo tema de música urbana "Decir adios". Dende hai ano e medio xuntaron as súas inquedanzas musicais tendo coma resultado diversos temas, parte deles producidos por Sete Sousa.

Ent. Juan Carlos Rodriguez, pte. AFAGA - Día Mundial do Alzheimer 2019 19.09.2019

Este sábado celébrase o Día Mundial do Alzheimer e por este motivo AFAGA, a Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outra demencias, organiza nestes días diversas actividades. Ao tempo fai fincapé na nova realidade que está a aparecer no referente ao perfil das persoas con alzheimer cada vez máis novas. Na nosa sintonía así o explicaba Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA. Hoxe t...

Ent. Iago Pérez de Consulving- Vendima 18.09.2019

Estamos en plena temporada de vendima nas grandes e pequenas fincas do Baixo Miño. Abordamos o tema con Iago Pérez, xerente de consulving, que espera bos resultados grazas a calidade do producto.

Ent. Pepín Solleiro e Sandra Corceiro, Protectora Aloia - Paseo Perrunos, e concerto solidario 17.09.2019

Un centenar de cans da protectora de animais Aloia sae cada domingo de paseo grazas á colaboración de persoas voluntarias que participan nos Paseos Perrunes, que teñen rexistrado unha excelente acollida. Amais este domingo organizan un concerto solidario a cargo de Alberto Cunha na terraza do Náutico.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.