Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Victoriano Ordóñez - Concentración clásicos do Baixo Miño en Tui 16.10.2019

O domingo, o Paseo da Corredoira en Tui acollerá a concentración de clásicos do Baixo Miño. A cita será as once da mañá e, participarán coches de mais de trinta anos de antigüidade.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro En Marea - Rolda 100 días 15.10.2019

Laureano Alonso, concelleiro de En Marea e responsable das áreas de Turismo, Camiño de Santiago, Patrimonio e Novas Tecnoloxías, facía hoxe un balance positivo dos primeiros meses do goberno municipal.

Ent. Carlos Amil - 5° Budiñoraid 14.10.2019

O sábado celébrase a quinta edición do Budiñoraid, un raid de orientación que combina a condición física e a estratexia. Partirá dende Mos ás nove e media da mañá e rematará no Interfederado de Tui, ás sete e media da tarde. Falamos con Carlos Amil, un dos organizadores. O prazo de inscrición ramata maña e poderá realizarse a través da páxina web tracktherace.com, onde tamén poderá verse a carreir...

Ent. Jorge Enríquez - Exposición Cantos Somos 11.10.2019

Ás 18.30h inaugurarase na Sala de Exposicións da Área Panorámica a exposición "Cantos Somos. 30 anos de Entroido satírico en Tui. A mostra poderá visitarse até o 26 deste mes. Falamos con Jorge Enríquez, un dos promotores da exposición.

Ent. Gerado Calvo Moreno, Capitán Garda Civil de Tui - Festividade da Virxe do Pilar 11.10.2019

Con motivo da celebración da Festividad do Pilar o sábado, falamos con Gerado Calvo Moreno o capitán da Garda Civil, que nos fai un balazo do último ano vivido en Tui e a comarca. Ademais falamos dos actos previstos para mañá.

Ent. José Ángel Fernández do PP - Rolda 100 días 11.10.2019

Esta mañá acompañounos José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular en Tui. Con el fixemos balance dos cen primeiros días do goberno municipal e da nova corporación.

Ent. Tito Ucha e Xesús Alonso- Acto conmemorativo do 80º aniversario do campo de concentración en Camposancos 10.10.2019

A Guarda celebra hoxe, o acto conmemorativo do oitenta aniversario do Campo de Concentración de Camposancos, no antigo cemiterio de Sestás. Un acto que pretende recuperar a memoria histórica dos anos da Guerra Civil. Falamos con Tito Ucha, representante do sindicato de pensionistas de CCOO e o profesor Xesús Alonso Montero.

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda 100 días 10.10.2019

Hoxe acompañounos Carmen Núñez, voceira do BNG en Tui, dentro da rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui, para valorar os 100 primeiros días do goberno municipal.

Ent. Ramón Martínez da CM Randufe e José Covelo, da AFG - Acción formativa “Impacto do nematodo no mercado da madeira” 10.10.2019

A Asociación Forestal de Galicia realiza este sábado en Tui unha sesión de formación sobre “Impacto do nematodo no mercado da madeira”. Será ás 10 h no Centro Cultural de Randufe. Esta actividade vai dirixida ás persoas que compoñen as Xuntas Reitoras de Comunidades de Montes, técnicos e comuneiros e comuneiras en xeral. Hoxe falamos con Ramón Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Randuf...

Ent. Ángel Serto- II Carreira Internacional de Orientación Eurocidade 09.10.2019

O sábado celébrase en Valença ás 10:30 h e, en Tui ás 16:30 h a segunda Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Falamos con Ángel Serto, vogal do Club Aromón, organizador do evento.

Ent. Laureano Alonso e José Díez- IV Edición concurso Pinta Tui 08.10.2019

Este sábado as rúas de Tui acollen a cuarta edición do concurso de pintura ao aire libre, Pinta Tui. Falamos co concelleiro de Turismo, Laureano Alonso e con José Díez, membro de Acotui, empresa coorganizadora do evento.

Ent. Violeta de Santiago, voceira do PSOE en Tomiño - Obras campo do Alivio, Goián,... 08.10.2019

Violeta de Santiago é a voceira do PSOE en Tomiño. Hoxe falamos con ela de distintas cuestións da actualidade municipal como as obras no campo do Alivio, ou en Goián, tamén amosou a súa preocupación pola situación no Centro de Saúde en Tomiño.

Ent. Jorge Salgueiro Mendes - Deputado en Lisboa 07.10.2019

Jorge Salgueiro Méndes deixará de ser presidente da Cámara de Valença o próximo 20 deste mes tras ser elixido onte parlamentario coma membro da asemblea polo círculo de Viana do Castelo. Tras quinte anos na política local da agora o salto á política nacional, onde a cooperación transfronteiriza será un dos seus temas prioritarios. Manuel Rodríguez Lopes será o novo presidente da Cámara de Valença...

Ent. José Carlos Martínez do presidente CB Tui - CB Tui subcampión da Copa Galicia Junior 07.10.2019

O CB Tui foi este sábado subcampión da Copa Galicia Junior de Baloncesto, tras caer na final ante o Obradoiro Peleteiro por 70 -94. O presidente do CB Tui, José Carlos Martínez , explicaba que estar na final desta Copa Galicia foi un éxito tanto dende o punto de vista organizativo coma dende o punto de vista deportivo. Unha final na que se deron cita os catro mellores equipos junior de Galicia.

Ent. Laura González Solla dos Scouts Alhoia - inicio xeira dos Scouts 04.10.2019

Comeza o inicio da xeira dos Scouts Alhoia, en Tui cun xogo ao aire libre, no Paseo da Corredoira, na porta do Seminario. Será mañá ás catro da tarde.

Ent. Celso Rodríguez Fariñas - situación política na Guarda e botadura do Volanteiro 04.10.2019

Mañá sábado pola mañá terá lugar a botadura do volanteiro O Piueiro, unha embarcación tradicional que recuperou a asociación O Piueiro. Deste asunto falamos con Celso Rodríguez Fariñas, da asociación O Piueiro. Tamén coma concelleiro de Converxencia Galega, falamos do pleno sobre Concepción Arenal deste luns, onde quedaron plasmadas as diferencias no equipo de goberno.

Ent. Narciso Gabriel- Presentación do libro “Xosé María Blázquez. Diario escolar e desterro” 04.10.2019

Liceo Casino acolle a presentación do libro de Narciso Gabriel “Xosé María Blázquez. Diario escolar e desterro”, ás oito da tarde. Falamos co autor que nos describe os tres núcleos sobre os que xira o argumento do seu libro.

Ent. José Monte, Narciso Luís Esteves, Silas Oliveira - Homenaxe mestre Sousa Morais 03.10.2019

Cunha sesión solemne e a apertura dunha exposición no Arquivo de Valença mañá comeza os actos de homenaxe ao mestre Sousa Morais. Amais mañá ás 22.30 h haberá un concerto da Banda Sinfónica do Exército Portugués no Teatro Municipal de #Tui. As entradas, de balde, poderanse retirar dende ás 22 h. Falamos da figura do mestre valenciano Sousa Morais e dos actos previstos con José Monte, vereador de C...

Ent. Óscar Pazos Rodríguez autor “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia” 03.10.2019

Hoxe, a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acolle a presentación do libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia” ás oito da tarde. Falamos co seu autor, o xeólogo vigués Óscar Pazos que nos conta como Galicia convertiuse na gran mina de ouro do Imperio Romano.

Ent. Juan Miguel Diz Guedes, voceiro C's - Rolda 100 días 03.10.2019

Juan Miguel Diz Guedes, voceiro de Ciudadanos fixo hoxe balance dos 100 primeiros días da nova corporación municipal, que tomou posesión o pasado 13 de xuño.

Ent. Reina D´Hoore- artista, terapeuta e coorganizadora de "I finding your way camino" - Saída dende Tui 01.10.2019

A iniciativa "I finding your way camino", o Camiño para mulleres estadounidenses en transición vital, está dirixido pola psicoterapeuta Patti Wiley e a artista e terapeuta Gestalt Reina D´Hoore. O proxecto reúne a dez peregrinas californianas que recorren o Camiño até chegar a capital galega. O obxectivo é dar apoio e axuda ás mulleres que se atopan nun momento de cambio na súa vida.

Ent. Roberto Carrero, voceiro do PP - r/Concepción Arenal 01.10.2019

Roberto Carrero, voceiro do PP, cualificou de lamentable o pleno celebrado onte sobre a rúa Concepción Arenal, cunha postura enfrontada entre os grupos de goberno de PSOE e BNG, con berros e insultos. Dicía que o alcalde, ten a sartén sobre o mango para que se arranxe a situación caótica de Concepción Arenal. E mesmo consideraba que unha vez aclarada esta situación o que debería dimitir é o propio...

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - r/Concepción Arenal 01.10.2019

A división de posturas con respecto á rúa Concepción Arenal entre os socios de goberno na Guarda, PSOE e BNG, pode por en xaque a continuidade do propio goberno tras o tenso pleno celebrado onte á noite. O alcalde, Antonio Lomba, amosou a súa preocupación por este imaxe de división institucional que se traslada á rúa. Os desencontros entre os socios de goberno provocaron a actual parálise da obra...

Anxo Baz, tentente alcalde e voceiro BNG - rúa Concepción Arenal 01.10.2019

Tras o pleno monográfico de onte sobre a rúa Concepción Arenal, o voceiro do BNG e tenente alcalde, Anxo Baz, explicaba que o seu grupo aposta por limitar o acceso rodado a esta rúa, permitindo só o tráfico de vehículos de servizo a unha velocidade non superior a 20 km/h, e que sexa un vial de prioridade peonil.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo e Aída Fernández- Curso de defensa persoal para mulleres, no Di Som 01.10.2019

Este mes de outubro comezará un curso de defensa persoal para mulleres, no Ximnasio Di som, en Tui. Unha actividade orientada á prevención da violencia de xénero e ao coñecemento das técnicas de defensa persoal. Falamos co xerente Eduardo Méndez e a psicóloga Aída Fernández para coñecer máis datos desta iniciativa no Baixo Miño.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.