Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Emprego, Formación, Comercio e Mercado - Plan Integrado de Emprego, Charla comercio... 04.11.2019 22:11
Un total de 73 persoas das 100 que participaron no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui traballaron ao longo do programa. Así o explicaba hoxe a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, destacando o balanzo positivo deste programa que rematou o pasado xoves día 31. Tamén falou da charla informativa que ás 14 h terá lugar na Sala Félix Rodríguez sobre a Rede de Comercios no Cam...
Ent. Padre Dr. Gonçalo - Feira dos Santos e das Trocas en Cerdal, Valença 31.10.2019 5:55
O venres e o sábado en Cerdal, Valença celébrase en Feira dos Santos e das Trocas. Haberá 400 postos con comida, viño novo, ropa ou calzado . O sábado celébrase a feira das Trocas coas Carreiras dos garranos a partir das tres e media, hora galega.
Ent. José Ramón Magán, concelleiro Seguridade - Campaña Limpeza e PMUS 30.10.2019 11:49
O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explicou hoxe na nosa sintonía as conclusión do PMUS, Plan de Mobilidade Sustentable do Concello de Tui. Tamén deu conta dos obxectivos da campaña de limpeza posta en marcha esta semana "Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos".
Ent. Rut Villar - Gran recollida do Banco de Alimentos 29.10.2019 5:52
O 22 e 23 de novembro terá lugar a Gran recollida do Banco de Alimentos en Tui, Tomiño, O Rosal e Oia. Os interesados e interesadas en participar como voluntarios poden chamar ao 986 26 30 22 ou cubrir o formulario na web do Banco de Alimentos de Vigo.
Ent. José Fernández do Motoclub Dalle Gas - XVI Mercadillo e exposición de motos antigas 29.10.2019 10:57
O sábado e o domingo, o Pavillón polideportivo de Goián en Tomiño, acolle o XVI o Mercadillo e Exposición de Motos antigas, onde se poderán atopar motos antigas, coches clásicos, recambios ou ferramentas.
Ent. Rafael Bargiela - Cambio de titularidade do Viveiro de Areas 29.10.2019 6:10
O historiador tudense, Rafael Sánchez Brigela, referiuse hoxe na nosa sintonía, ao igual que ten feito nos últimos días no seu blog Tudensia, a retirada de material histórico do Viveiro Forestal de Areas. Lamenta que este patrimonio deixe de estar en Tui.
Ent. Víctor Alvarellos Saravia - Concurso de Patrullas das Forzas Armadas Españolas 28.10.2019 6:31
Ás dez da noite terá lugar a saída dende Tui do concurso de Patrullas das Forzas Armadas Españolas que realiza o Camiño Portugués. O recorrido é de 120 qm e terán que superar sete probas militares no seu paso até Santiago, onde chegarán o mércores.
Ent. Mónica García - Concurso de Cabazas en Tui 28.10.2019 2:53
O I Concurso de Cabazas celébrase en Tui esta semana. Con motivo do Samaín, a Praza de Abastos en colaboración co Concello, organiza un concurso para premiar a cabaza máis orixinal. O premio son 100 euros en vales de compra nos postos da Praza de Abastos. O prazo para entregar a cabaza remata este xoves ás 12 h.
251019 Juan Carlos Blanco e Manuel Santos de Acitui - III Gala do Comercio 25.10.2019 4:07
ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, vai recoñecer esta noite aos seus asociados máis antigo na III Gala do Comercio. Vaise celebrar ás 21 h no Liceo Casino. O acto está dirixido só aos socios.
Ent. Alberto Montes, Miguel Martínez, Telmo Castiñeira, Tomás Fernández - 60 Aniversario do Seminario Menor de Tui 24.10.2019 11:20
O Seminario Menor de Tui está a celebrar ao longo deste ano o seu 60 aniversario. Ás actividades que se levan celebrando ao longo dos últimos meses súmase un concerto que terá lugar no Teatro Municipal de Tui a cargo da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Tui e do coro Gli Apasionatti.
Ent. Aurelio Rguez e Joaquín Valverde de Arume - VI Andaina Arume de Malvas 24.10.2019 7:13
Este sábado celébrase a VI Andaina Arume que este ano será solidaria coa Protectora de Animais Aloia. Joaquín Valverde e Aurelio Rodríguez de Arume de Malvas contáronnos coma vai ser o percorrido a realizar de dificultade baixa. A participanción ten un prezo de 4€ +1€ solidario. Os nenos deben aboar só o euros solidario.
Ent. Lito Pereira da CMMC de Areas - Curso de Cogomelos 23.10.2019 5:03
Oito anos levan na Comunidade de Montes de Areas organizando curso de cogomelos, nos que combinan a teoría e a práctica. A cita será o sábado 9 de novembro. Os interesados poden ampliar a información e inscribirse no 617 395 929 ou en seixosalbos@gmail.com.
Ent. Alfonso Ruso, director do IES San Paio - Roubo no instituto 23.10.2019 2:47
Esta pasada noite entraron a roubar no IES San Paio de Tui. Os desperfectos causados poden superar os 10 mil euros e foron substraídos 4 mil euros no interior dunha caixa forte. Así o explicaba o director do IES San Paio, Alfonso Ruso.
Sección Turismo con Hugo Lage 22/10/2019 - Turismo de cemiterios 22.10.2019 14:50
O turismo de cemiterios foi o tema que hoxe centrou a Sección de Turismo que cada martes realiza no programa Día a Día Hugo Lage. En Galicia o cemiterio de Santa Mariña en Cambados, ou o dos ingleses en Camariñas, San Amaro na Coruña ou Lugo, son dos máis visitados.
Ent. Sonsoles Vicente e Rafael Sánchez Bargiela - Actividades do Día da Biblioteca en Tui 22.10.2019 12:58
Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Por este motivo falamos con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca, dos proxectos para este centro bibliotecario tudense e das actividades que se están a celebrar. Este xoves ás 18 h estará Marisa Irimia, e o sábado ás 17 h farase unha ruta literaria por Tui.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Escolleira provisional na Lamiña 22.10.2019 4:04
Esta mesma semana comezarán as obras para construir unha escolleira provisional que evite a erosión do litoral na Praia da Lamiña na Guarda. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, que onte visitou a zona xunto á subdelegada do gobernó, Maica Larriba, lembraba esta mañá na nosa sintonía que por fin se conseguiu a execución desta actuación de urxencia.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Formación e Emprego - Proxecto Extraordinarias 21.10.2019 7:01
Mañá comeza en Tui a formación presencial do proxecto “Extraordinarias” promovido polo Concello de Tui xunto á Fundación Cibervoluntarios e Zona From Facebook. A concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, explicaba hoxe a finalidade deste proxecto. As interesadas poden anotarse até ás 14 h no correo electrónico cfo@tui.gal, no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no teléfono 986 60...
Ent. Carlos Rodríguez, pte AECC Baixo Miño - Día Internacional contra o Cancro de Mama 18.10.2019 4:15
Mañá, 19 de outubro, celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. No Baixo Miño están previstas actividades a próxima semana en Tui (xoves) e no Rosal (mércores).. Contóunolo Carlos Rodríguez, presidente da Asociación Española Contra o Cancro no Baixo Miño.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - 100 días de goberno 18.10.2019 21:24
Co alcalde, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas para valorar os cen primeiros días do goberno municipal de Tui.
Ent. Jesica Pichel de Planstur - IV Feira de Vodas de Tui 18.10.2019 9:12
Unha véntena de empresas participan este domingo na IV Feira de Vodas que se vai celebrar no Parador de Tui de 12 a 20 h, organizada por Planstur. A entrada libre. Jesica Pichel explicounos hoxe a variedade e calidade dos servizos ofertados para os noivos. Haberá un desfile de moda, cun exhibición de baile, pero tamén diversos servizos coma fotografía, florería…Entre os asistentes sortearán unha e...
Ent. Uxío Benítez, dtor AECT Río Miño - I Congreso Turístico Río Miño 18.10.2019 7:02
A promoción turística de todo o territorio do Miño dende As Neves e Melgaço até a Guarda e Camiña centrou onte a primeira xornada do I Congreso Turístico do Río Minho, que se celebrou no Centro Cultural da Guarda. Uxío Benítez, director da AECT Río Miño, promotor do evento, destacaba precisamente a valoración que onte fixo o sector turístico. Hoxe a gastronomía centra a xornada que se celebra en C...
Ent. Brais Martínez - Creación do grupo Antiherbicidas do Baixo Miño 17.10.2019 5:58
No Baixo Miño vénse de crear un grupo Antiherbicidas, que naceu coa finalidade de loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc., por representar un risco para a saúde. Buscan que os concellos da comarca sexan "libres de herbicidas".
Ent. Justi Peixoto de Sra. Emilia - IV Urban Trail Night 17.10.2019 11:35
O próximo sábado 26 de outubro vaise celebrar a IV Urban Trail Night Eurocidade. Os organizadores agardan chegar este ano até os 400 participantes. Coma novidades están os cambios introducidos no percorrido para facelo máis atractivo, e que volverá ter coma principais punto de paso a fortaleza de Valença, e vella Ponte Internacional, e o conxunto histórico de Tui. Tamén que o triatleta Gustavo Rod...
Ent. Chao Quintana, organizadora - I Congreso Turístico do río Minho 17.10.2019 5:48
Un centenar de persoas participan no I Congreso Turístico do río Minho que ás 10 h comeza na Guarda coa mesa "Dándones a coñecer". Ao longo da xornada sucederánse as mesas, grupos de traballo e presentación de conclusións. Desta cita falamos con Chao Quintana, parte da organización. O Congreso continuará mañá en Caminha, e inclúe tamén actividade de lecer.
Ent. Abel Vila, Samuel Fernández e Daniel Pregal - Festa Orgullo no Amazonas 16.10.2019 11:50
O sábado e o domingo o Amazonas celebra a festa do orgullo, organizada pola Asociación PVLSE Vigo Habéra unha charla-coloquio sobre orientación sexual, contacontos, sorteo de premios, e moitas cousas mais.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.