Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Laura González, Juan C. Feijóo do Padel 8 e Gemma Triay e Lucia Sainz campioas do Wopen: 3º aniversario Padel 8 27.11.2019

O Club Padel 8 de Guillarei, Tui celebra o seu terceiro aniversario esta fin de semana. O sábado pola tarde realizarán un clinic e o domingo pola mañá un partido exhibición. No evento contarán coa participacion das actuais campioas do Wopen de Santander, Lucia Sainz e Gemma Triay.

Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos - ACITUI Black Friday e Nadal 26.11.2019

Son distintas as iniciativas que ten en marcha a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI. Das mesmas déronnos hoxe conta Juan Carlos Blanco, presidente, e Manuel Santos, membro da directiva. A primeira delas será o Black Friday que celebrarán este mesmo venres. E logo prepáranse xa para a campaña de Nadal colaborando co Concello no Mercadillo de Nadal, realizando unha decoración co...

Ent. Alejandro Da Cuña, escritor - Presentación de "Camino con historias" 26.11.2019

Alejandro Da cuña presenta o seu libro solidario “Camino con Historias” o próximo xoves 20:30 h no Teatro da Área Panorámica, de Tui. Historias tristes, divertidas e sorprendentes son a compilación do día a día de Alejandro Da Cuña, cando realizou o Camiño de Santiago.

Ent. Andrea González, pianista e xestora musical - Top 100 Mujeres Líderes en España 26.11.2019

A xoven tudense Andrea González foi elixida onte unha das "100 Mujeres Líderes de España". Un galardón a engadir aos tantos premios gañados pola súa carreira profesional.

Ent. Cielo Martínez e Juan Gaisse de Rodríguez Gil y Asociados - Pleito contra o Banco Popular 22.11.2019

A primeira sentencia ditada por un xulgado de Tui obliga ao Banco Popular a devolver os 40.000 euros ao matrimonio tudense que, invertiu en bonos e accións no 2014.

Ent. Alva Capón- Premio Xuventude Crea 21.11.2019

A xove tudense Alva Capón recibíu o premio Xuventude Crea pola súa serie de fotografías "Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa". Falamos hoxe con ela para saber máis do seu proxecto e da forma de vivir no mundo artístico.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Actos 25N en Tui 21.11.2019

"Tui en negro" é o título da campaña que gallo do 25N pon en marcha o Concello de Tui. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, deu conta dos actos previstos que inclúen o acto institucional o luns na praza de San Fernando, a I Andaina Camiño á Liberdade, ou un curso de autodefensa para mullleres.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Eurocidade e Río Minho Navegable 20.11.2019

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que as Eurocidades son unha oportunidade única para levar adiante programas de cooperación transfronteiriza. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía tras participar onte en Tomiño no encontro sobre as Eurocidades da raia ibérica centrou onte as xornadas sobre “Políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo”. Tamén falou d...

Ent. Alejandro Arroyo Rosada, pte. NNXX de Tui - I Campaña de Recollida de Xoguetes 19.11.2019

Novas Xeracións de Tui organiza este xoves e venres a I Campaña de Recollida de Xoguetes. Falamos da mesma co seu presidente Alejandro Arroyo Rosada. Aquelas persoas que desexen colaborar poderán deixar os xoguetes este xoves e venres de 16.30 h a 18 h na rúa Coruña.

Ent. Iván Martínez, José Quinteiro, José Gómez e Ruth Villar - Campaña Gran Recollida Banco Alimentos Vigo 19.11.2019

O Banco de Alimentos de Vigo realiza esta fin de semana a Gran Recollida, en toda a provincia. Aquí no Baixo Miño desenvolverase nos concello de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño. Para levala a cabo precisan 30 voluntarios que colaboren recollendo os alimentos durante catro horas nos distintos supermercados participantes. desta fin de semana. Os interesados e int...

Ent. Diego Vila, piloto - Gañador volante FGA e bolsa PXP 18.11.2019

O piloto tudense Diego Vila e o seu copiloto Alex Sampayo, gañaron onte o Volante FGA, tras participar no Rallie da Mariña Lucense. Cumplen así os dous obxectivos que tiñan nesta temporada xa que no Rallie de San Froilán lograran a bolsa PXP 20. Hoxe falamos con Diego Vila desta temporada que vén de rematar e da próxima que comezará en febreiro.

Ent Henrique Freixeiro de Xistra - Andaina 25km 18.11.2019

Este domingo celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui a derradeira proba do VI Open de Andainas 25km. Unha proba que reune deporte e patrimonio. Coma novidade presenta nesta edición unha andaina de 16 qm. Henrique Freixeiro presidente de Xistra, o club organizador deunos hoxe todos os detalles. O prazo inscrición está aberto até o mércores ás 23.59 h en www.xistra.org

Ent. Uxío Benítez e Martín Guillermo - Xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño 18.11.2019

O salón de plenos da casa do concello de Tomiño acolle hoxe e mañá as Xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo. O deputado de Mobilidade e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, falounos dos obxectivos deste evento. Martín Guillermo; o coordinador da ARFE Global Initiative deu conta dos pasos a seguir para a creación dun ITI, o Investimento Terr...

Ent María Rey, xornalista - Madriña da Gran Recollida do Banco Alimentos 15.11.2019

A xornalista tomiñesa María Rey será este ano a madriña da Gran Recollida que vai realizar o Banco de Alimentos de Vigo. Esta mañá falamos con ela desta iniciativa.

Ent. Koke de Novo Plan - Espectáculo 1980 Pop Festival 15.11.2019

“1980 Pop Festival” é o título do espectáculo que mañá sábado chega á Sala Queen en Mos. A apertura de portas será ás 23 h. Actuarán Novo Plan Big Band, Miguel Costa de Siniestro Total, e Santi Santos de Los Limones. Será un espectáculo de 3 horas dedicado á música dos anos 80’ para públicos de todas as idades no que soarán os grandes de éxitos de Alaska, Loquillo, Nacha Pop, Tequila. Teñen xirado...

Ent. Pepín Solleiro, da Protectora Aloia - SOS Aloia 14.11.2019

A Protectora de Animais Aloia de Tui precisa axuda para rematar o ano. Máis dun centenar de animais están baixo o seu cuidado, e os gastos van dende comida até o veterinario, o máis elevado.

Ent. Domingo González Prof. Dr. de Historia Moderna da USC - III Congreso Camino Portugués de Santiago 13.11.2019

‘Camino Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para la nueva Europa’ é o título do III Congreso internacional que se celebra dende mañá até o sábado en Tui, Valença e Santiago.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador - 86 anos da amerizaxe de Lindberg 13.11.2019

No río Miño entre Caldelas e Friestas amerizou hai 86 anos o aviador norteamericano Charles Augustus Lindbergh e a súa dona Anne Spencer Morrow no "Albatros". As malas condicións do tempo aconsellaban interrumpir o vo que tiña coma destino Lisboa. Deste feito histórico falamos hoxe con Rafael Sánchez Bargiela.

Ent. Jorge Gándara, veciño de Caldelas - Reclaman a humanización da PO 404 12.11.2019

Veciños de Caldelas quéixanse da falla de seguridade vial na estrada PO 404 de Caldelas, onde xa algúns deles levaron algún susto. Solicitan que se realice a humanización deste vial. Tras recoller máis de 300 sinaturas de veciños apoiando esta reivindicación presentaron o escrito tamén no Concello, para que este o eleve á Xunta.

Ent. Juan Pablo Álvarez e Dolores González do IES San Paio - Programa Erasmus+ 08.11.2019

Juan Pablo Álvarez e Dolores González son dous profesores do IES San Paio de #Tui que participan no Programa Erasmus+. Chipre e Francia foron os países aos que viaxaron para coñecer á súa realidade e os seus métodos educativos.

Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico - Adxudicación da obra de electrificación da vía Guillarei-tui 07.11.2019

O obra de electrificación da vía dende Guillarei ata a Ponte Internacional de Tui, está en marcha logo se 6 anos. Adif destinou 14,5 millóns de euros á empresa Enclavamientos y Señalización Ferroviaria.

Ent. Chao Quintana do Mercado de Tomiño - Mercado de Outono 07.11.2019

Cun obradoiro de elaboración de conservas artesanais de mexillóns en escabeche, e unha charla sobre os cogomelos hoxe comeza a programación do Mercado de Outono, no Mercado de Tomiño. Chao Quinta, deunos conta das actividades previstas até este domingo.

Ent. Ana Mª Rodríguez do Balneario de Caldelas - Sen liña telefónica en Caldelas 07.11.2019

Os veciños e veciñas de Caldelas levan 5 días sen teléfono. O sábado pola noite, un coche golpeaba o poste telefónico deixando incomunicado á parroquia. Por agora, os organismos non se están facendo cargo desta situación que acarrea graves problemas. Sobre todo, á xente que necesita asistencia médica.

Ent. Pedro Villaroel, director da Agrupación Musical de Goián - XIII Certame Galego de Bandas de Música 06.11.2019

A Agrupación Musical de Goián gañaba o 1º premio, na sección terceira, do XIII Certame Galego de Bandas de Música. Ademais deste premio, lograban á mellor interpretación dunha obra de temática galega con “Lobo de Río” de Andrés Álvarez.

Ent. Anabel Solla e Teresa Rubio da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui - Prestación Asociación 06.11.2019

A Asociación de Mulleres en Igualdade, Amei, é un entidade creada en Tui o pasado mes de setembro. No comezo da súa andadura, ten programada a primeira campaña para o 25 de novembro. O seu obxectivo é loitar polos dereitos das mulleres e lograr o empoderamento a nivel local.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.